Saltar al contenido principal

Libros de Narrativa en galego 1209 resultados

Sempre Vivimos no Castelo

Sempre Vivimos no Castelo

Jackson, Shirley

Na casa dos Blackwood, onde viven Merricat, a súa irmá Constance e o tío Julian, tratan de manter o seu modo de vida. Pero dende que Constance foi exculpada de asasinar o resto da familia, a xente non os deixa en paz. Cando chega o curmán Charles para facerse un oco entre eles, Merricat fará todo o posible por protexer o seu mundo. ...

20,00 €

Luceiro Da Mañá

Luceiro Da Mañá

Negri, Ada

Luceiro da mañá publicouse en 1921 e deseguida contou co aplauso de crítica e público, talvez por recoñecer na obra a fidelidade ao xénero autobiográfico característico da autora e pola súa aposta formal, cunha estrutura fragmentaria e lírica.Ada Negri baséase en feitos da súa infancia e adolescencia para construír un relato de formación que, escrito en terceira persoa, se abre...

14,50 €

Branco Xiz Tirando a Negro

Branco Xiz Tirando a Negro

Felpeto Carballeira, Xosé Manuel

Un corpo cae ao baleiro, leva un camisón branco cunhas flores azuis e malvas case inapreciábeis, penduran del fitas que fan debuxos deformes asemellando farrapos movidos polo vento coma monstros. Con certa maridanza saúdan o etéreo e inerte espazo na súa vertixinosa caída, coma un monicreque que quixese buligar cos sons dunha grande orquestra. Escoito lamentos, calmos lamentos ...

17,00 €

Matadoiro Cinco

Matadoiro Cinco

Vonnegut, Kurt

Ficción histórica, autobiografía, ciencia ficción e sátira mestúranse neste relato das experiencias de Billy Pilgrim durante a Segunda Guerra Mundial, concretamente na destrución de Dresden.Matadoiro cinco é unha delirante novela antibélica con viaxes no tempo e no espazo, que se converteu nun dos maiores clásicos da literatura estadounidense. ...

21,00 €

As Tres Vidas de María de Murias

As Tres Vidas de María de Murias

Pardo De Neyra, Xulio

As tres vidas de María de Murias é un destecer.É a historia dun dos moitos desdouros que nos fixeron sufrir. E o percurso dunhas almas desenfiadas. Un devalar tecido desde o fielmente real (agás naqueles fragmentos en que todo é invención), velaí as pedras asfixiadas entre o desvendar as vidas dos países de Miranda, Burón e Meira.O menstruo apouvigado polo demo do espermático, ...

19,00 €

O Meigallo Dos Soños

O Meigallo Dos Soños

Lamelas, Juanjo

Un trasno argallou este libro de relatos onde se mesturan historias de labregos e mariñeiros, de emigrantes, de afiadores e músicos, de mulleres de inusitada forza. Esistencias chreas de valentía, de risco d e esperanza. Existencias cheas de valentía, de risco e de esperanza. Tamén atoparás seres que viven nos soños e nas lendas: meigas, mouras, trasnos, aveloíñas, maruxaiñas.....

17,00 €

Fume

Fume

Turguénev, Iván

Fume, publicada en 1867, é a penúltima novela de Turguénev, e talvez sexa a que mellor expón o seu ideario político, de tendencia moderada e europeísta. O protagonista é Grigori Mikháilovich Litvínov, un mozo ruso que, mentres agarda en Baden-Baden pola súa prometida, Tatiana, bate coa moza coa que estivo a punto de casar anos atrás, Irina, convertida nunha aristócrata sofistic...

16,50 €

Asasinatos, S. L.

Asasinatos, S. L.

London, Jack

Asasinatos, S. L. é unha obra peculiar xa dende a súa xestación, pois Jack London mercoulle a idea ao tamén novelista Sinclair Lewis a comezos da década de 1910. Con todo, a morte de London deixou o proxecto inacabado, e non sería até moitos anos despois cando a familia do escritor lle encargase a conclusión a Robert L. Fish a partir das notas conservadas. Ao cabo, a novela pub...

16,00 €

A Señorita Corazóns Solitarios

A Señorita Corazóns Solitarios

West, Nathanael

A señorita Corazóns Solitarios é o pseudónimo dun xornalista que mantén un consultorio sentimental nun diario de Nova York. A súa sección é unha manobra para vender máis exemplares. Tras varios meses respondendo cartas con torpes palabras de esperanza, a farsa escapa do seu control. Decátase de que as confesións dos lectores son humildes expresións dun sufrimento verdadeiro que...

15,00 €

A Honrada Estafadora

A Honrada Estafadora

Jansson, Tove

É inverno en Västerby, unha pequena localidade na costa do mar de Botnia. A neve acugúlase e a vida parece suspendida. Anna Aemelin, afamada ilustradora de libros infantís, vive illada do mundo nunha ampla e solitaria casa de campo que outrora foi dos pais. Pero a súa vida cambia coa chegada de Katri Kling, unha moza seria, intelixente e implacable que se fai acompañar dun impo...

15,00 €

Cabo Do Mundo

Cabo Do Mundo

Juan Andrés Fernández Castro

Conxunto de relatos nos que o autor traslada ao lector, como se dunha posta en escena se tratase, para dar vida a historias que demostran a inmensa capacidade de ficción do seu creador.Dragóns xenerosos e lagartos observadores, utopías onde a felicidade existe, ermitáns que a todo renuncian, relembranzas da guerra mundial, episodios dos tempos clásicos da nosa emigración, manus...

20,00 €

Sete Amigas en Dous Coches

Sete Amigas en Dous Coches

Teresa Pérez Tilve

Verán de 1972. Un grupo de sete mestras organizan unhas vacacións, de cámping en cámping, por España, Francia e Italia en dous coches e dúas tendas de campaña. Tres delas xa eran amigas e coas outras catro compartían soamente a súa profesión. Ao longo desa viaxe, terán que se enfrontar a situacións imprevistas, algunhas divertidas e outras non tanto, que lles obrigarán a tomar ...

18,00 €

O Trebón Do Norte

O Trebón Do Norte

Agra, Aguntín

Corre o ano de 1066, co paso da estrela Cometa a enseñorarse do ceo. O drakkar Cabalo das Ondas foxe do río de sangue que abrolla tras a batalla de Stamford Bridge e desembarca na convulso reino de Galicia. Os navegantes que o pilotan carrexan sobre as costas con trinta anos de combates na compaña de Harald Hardrada último rei viquingo de Noruega...... ...

14,00 €

Tempo de Amoras

Tempo de Amoras

Roca, Tereixa

Son contos, ao mesmo tempo, independentes -ningún precisa chamar polos outros- e moito cohesos e non apenas porque a escritora posúa unha voz de seu. Esa unidade provén de todos eles remitiren a un período da vida das personaxes a decorrer entre a infancia e o final da xuventude. tal como esta era entendida no termo do século pasado. É, nese sentido, unha colección de relatos d...

18,00 €

Corazón de Can

Corazón de Can

Mikhaíl Bulgákov

Corazón de can sufriu a censura soviética, polo que en 1925 a súa publicación quedou restrinxida ao tipo de edición coñecida como samizdat, é dicir, copias clandestinas feitas case de forma amanuense e distribuídas só en círculos de confianza. Oficialmente, a súa comercialización na URSS non foi posible até 1987. Esa ocultación de décadas ten que ver coa visión incisiva que Mik...

16,00 €

O Caldeiro de Ouro

O Caldeiro de Ouro

E. T. A. Hoffmann

Publicada orixinalmente en 1814 e subtitulada «Un conto de fadas moderno», O caldeiro de ouro é probablemente a novela curta máis celebrada do gran mestre alemán da fantasía romántica, E. T. A. Hoffmann, quen aquí se serve da ironía e dun humor un tanto críptico para, en doce episodios intencionadamente denominados «vixilias», condensar o seu rico universo máxico.O protagonista...

15,00 €

A Menina Da Ribeira

A Menina Da Ribeira

Moncho Do Fidalgo

É uma novela realista e em partes histórica, várias histórias numa mantendo duas personagens constantes: A menina da Ribeira e Ricardo Aveiro. O autor recupera o tempo do passado e imagina situaçoês novas de um tempo qualquer, que pode ser o de hoje ou de amanhâ, num país real ou imaginário. ...

15,00 €

Contos Da Miña Terra

Contos Da Miña Terra

De Castro, Rosalia

Con toda probabilidade, este texto publicado en 1864 era o primeiro dunha serie concibida en paralelo de Cantares gallegos.Nel pode verse a intención de abordar un conto popular de raíces misóxinas desde unha óptica crítica e realista. ...

4,00 €

A Vinganza de Paquiño

A Vinganza de Paquiño

Guzmán, Alba

O videoclip do «Thriller» de Michael Jackson rebentou as pantallas televisivas do rural galego no Nadal de 1983. Foi entón cando Francisco, para gañar a popularidade que nunca antes tivera, se rebautizou como Paquiño Jackson. Agora está morto, pero, xunto coa súa vaca Marela, volve ao mundo dos vivos para atopar vinganza. «A vinganza de Paquiño Jackson» é unha verbena estrafala...

15,50 €

A Lei Do Mar

A Lei Do Mar

Esteban, Manuel

«A lei do mar» narra unha historia real sucedida no Mediterráneo, un mar que é a patria dos que non teñen fogar, unha invernía salvaxe onde non chegan as leis dos homes. Manuel Esteban comparte con nós un estremecedor relato de morte e de supervivencia, de solidariedade e de egoísmo. Unha historia sórdida impensable en terra firme pero cotiá alén de augas territoriais. Unha ben...

17,50 €

Vista Chinesa

Vista Chinesa

Salem Levi, Tatiana

No ano 2014 percíbese no Río de Xaneiro a euforia pola inminente celebración do Mundial de Fútbol no Brasil e a cidade estase preparando para a acollida dos Xogos Olímpicos en 2016. Nese momento en que semella que prevalece a sensación dun tempo de esperanza, de autoestima e de felicidade social, Júlia, arquitecta, é vítima dunha brutal violación nun miradoiro do Río coñecido c...

16,50 €

O Aristócrata Boëtius Von Orlamünde

O Aristócrata Boëtius Von Orlamünde

Weiß, Ernst

Publicada orixinalmente en 1928, esta espléndida novela de formación aborda a decadencia aristocrática en vésperas da Gran Guerra. Partindo de aí, o abano temático axiña se ramifica noutras cuestións igual de interesantes, coma a perda das certezas herdadas e a indagación na identidade propia.O protagonista, Boëtius von Orlamünde, alumno interno na exclusiva escola de Onderkuhl...

16,50 €

A Tolemia

A Tolemia

Oller, Narcís

A tolemia é unha novela realista de 1899 que, baseada nun feito real, a tráxica morte dun cliente de Oller, garda relación directa coas concepcións políticas e sociais que se derivan da revolución de setembro de 1868.O narrador, que tamén é un personaxe desta historia, segue ao longo dos anos a vida de Daniel Serrallonga, unha estrambótica figura marcada polas súas veleidades p...

15,00 €

Corpus

Corpus

Raquel Miragaia

Ausência. Silêncio. Futuro. Beleza. Entre estes quatro pontos cardinais, Raquel Miragaia constrói os corpos. A ausência da distância, da morte, da solidão. O silêncio da vingança, do segredo, da cumplicidade. O futuro do horizonte, da indignação, o futuro que se estraga, o solipsismo sem futuro. A beleza do delírio, do mar, da infância.Os corpos destes catorze relatos cuidam ou...

14,00 €

1943. Todo o Mundo Vén Ao Universal

1943. Todo o Mundo Vén Ao Universal

Vicente Piñeiro

"1943. Todo o mundo vén ao Universa" conforma e fecha a terceira parte da triloxía de narrativa histórica de Vicente Piñeiro: "Lola Touza. A Schindler galega"(Toxosoutos, 2015) que, entre 1941 e 1945, axudou a fuxir a máis de 500 xudeus da persecución nazi, e "Arístides de Sousa mendes. O Schindler portugués"(Toxosoutos, 2017), o cónsul de Portugal en Bordeaux, que, en xuño do ...

13,00 €

Terra de Sacrificio

Terra de Sacrificio

Toro, Suso De

Esta novela, que ensaia unha nova e polémica interpretación da historia recente de Galicia, consegue xuntar os personaxes de Ramón Piñeiro e de Castelao coa intención de que afronten a verdade do que ocorreu cando o mozo Ramón Piñeiro non agardou por Castelao en París. O autor da entrevista imaxinada en que se basea toda a narración pon o foco en aspectos culturais, políticos e...

17,95 €

Teresa

Teresa

Neera (Anna Maria Zuccari)

Teresa (1886), traducida a varias linguas e cualificada por algúns especialistas como unha das mellores obras do seu tempo, é unha das novelas máis famosas da escritora lombarda Anna Maria Zuccari, máis coñecida como Neera.Ambientada nun contexto provinciano, cunha prosa rica e un realismo incisivo, a heroína medra nun ambiente marcado polo dominio dun pai severo e unha nai inf...

16,50 €

Felicidade Conxugal

Felicidade Conxugal

Tolstoi, Lev

Que é a felicidade conxugal? Velaí o tema que explora Tolstoi nesta novela publicada orixinalmente en 1859. A través da voz da protagonista, María Aleksándrovna, o relato detalla as diferentes fases polas que transita co correr do tempo a súa relación con Serguei Mikháilovich.Sendo moi nova, María namórase do seu titor, Serguei, un vello amigo do pai. Malia que el teme entregar...

15,00 €

As Tres Esposas (Unha Espiña e Dúas Rosas)

As Tres Esposas (Unha Espiña e Dúas Rosas)

Estévez López, José

" Que mágoa, pero adeus..., así falou, que digo!, así zorregou na miña filosofía vital e no meu equilibrio filosofal a miña segunda muller o día que abandonou definitivamente o noso fogar", comenta Oswaldo L.P. " Como non recordar -engade apesarado-, o que dixo o primeiro día que entrou nel!: Ata que a morte nos separe".Foi Oswaldo, con apoio externo, quen tomou a decisión de e...

15,00 €

Das Miñas Conversas con Tatá

Das Miñas Conversas con Tatá

Rovira Magariños,Pedro X.

He leído Das miñas conversas con Tatá y me ha parecido una ?ópera prima? muy lograda. Y diversa. Verso y prosa. Cuentos infantiles y literatura del yo. Lugo y Ribeira. Costumbrismo y fino humor. Habilidad al jugar con el viejo recurso del ?manuscrito encontrado?, en este caso el ?atadallo herdado que Tatá deixou para min?. Aprovecha también certeramente los recuerdos y vivencia...

18,00 €