Saltar al contenido principal

Libros de Narrativa en galego 1260 resultados

Ninguén Queda

Ninguén Queda

Brais Lamela

Entre o verán sufocante de Nova York e as montañas neboentas de Negueira de Muñiz, Ninguén queda segue os pasos dun mozo galego na metrópole nor­teamericana mentres rastrexa a historia dunha muller desaparecida nos asentamentos de colonización da Terra Chá levantados pola ditadura na década de 1960.Os pisos de estudantes no estranxeiro, as comunas que emerxen dos restos dos enc...

18,00 €

Sempre Vivimos no Castelo

Sempre Vivimos no Castelo

Jackson, Shirley

Na casa dos Blackwood, onde viven Merricat, a súa irmá Constance e o tío Julian, tratan de manter o seu modo de vida. Pero dende que Constance foi exculpada de asasinar o resto da familia, a xente non os deixa en paz. Cando chega o curmán Charles para facerse un oco entre eles, Merricat fará todo o posible por protexer o seu mundo. ...

20,00 €

Luceiro Da Mañá

Luceiro Da Mañá

Negri, Ada

Luceiro da mañá publicouse en 1921 e deseguida contou co aplauso de crítica e público, talvez por recoñecer na obra a fidelidade ao xénero autobiográfico característico da autora e pola súa aposta formal, cunha estrutura fragmentaria e lírica.Ada Negri baséase en feitos da súa infancia e adolescencia para construír un relato de formación que, escrito en terceira persoa, se abre...

14,50 €

Branco Xiz Tirando a Negro

Branco Xiz Tirando a Negro

Felpeto Carballeira, Xosé Manuel

Un corpo cae ao baleiro, leva un camisón branco cunhas flores azuis e malvas case inapreciábeis, penduran del fitas que fan debuxos deformes asemellando farrapos movidos polo vento coma monstros. Con certa maridanza saúdan o etéreo e inerte espazo na súa vertixinosa caída, coma un monicreque que quixese buligar cos sons dunha grande orquestra. Escoito lamentos, calmos lamentos ...

17,00 €

Matadoiro Cinco

Matadoiro Cinco

Vonnegut, Kurt

Ficción histórica, autobiografía, ciencia ficción e sátira mestúranse neste relato das experiencias de Billy Pilgrim durante a Segunda Guerra Mundial, concretamente na destrución de Dresden.Matadoiro cinco é unha delirante novela antibélica con viaxes no tempo e no espazo, que se converteu nun dos maiores clásicos da literatura estadounidense. ...

21,00 €

As Tres Vidas de María de Murias

As Tres Vidas de María de Murias

Pardo De Neyra, Xulio

As tres vidas de María de Murias é un destecer.É a historia dun dos moitos desdouros que nos fixeron sufrir. E o percurso dunhas almas desenfiadas. Un devalar tecido desde o fielmente real (agás naqueles fragmentos en que todo é invención), velaí as pedras asfixiadas entre o desvendar as vidas dos países de Miranda, Burón e Meira.O menstruo apouvigado polo demo do espermático, ...

19,00 €

O Meigallo Dos Soños

O Meigallo Dos Soños

Lamelas, Juanjo

Un trasno argallou este libro de relatos onde se mesturan historias de labregos e mariñeiros, de emigrantes, de afiadores e músicos, de mulleres de inusitada forza. Esistencias chreas de valentía, de risco d e esperanza. Existencias cheas de valentía, de risco e de esperanza. Tamén atoparás seres que viven nos soños e nas lendas: meigas, mouras, trasnos, aveloíñas, maruxaiñas.....

17,00 €

Fume

Fume

Turguénev, Iván

Fume, publicada en 1867, é a penúltima novela de Turguénev, e talvez sexa a que mellor expón o seu ideario político, de tendencia moderada e europeísta. O protagonista é Grigori Mikháilovich Litvínov, un mozo ruso que, mentres agarda en Baden-Baden pola súa prometida, Tatiana, bate coa moza coa que estivo a punto de casar anos atrás, Irina, convertida nunha aristócrata sofistic...

16,50 €

Asasinatos, S. L.

Asasinatos, S. L.

London, Jack

Asasinatos, S. L. é unha obra peculiar xa dende a súa xestación, pois Jack London mercoulle a idea ao tamén novelista Sinclair Lewis a comezos da década de 1910. Con todo, a morte de London deixou o proxecto inacabado, e non sería até moitos anos despois cando a familia do escritor lle encargase a conclusión a Robert L. Fish a partir das notas conservadas. Ao cabo, a novela pub...

15,00 €

A Señorita Corazóns Solitarios

A Señorita Corazóns Solitarios

West, Nathanael

A señorita Corazóns Solitarios é o pseudónimo dun xornalista que mantén un consultorio sentimental nun diario de Nova York. A súa sección é unha manobra para vender máis exemplares. Tras varios meses respondendo cartas con torpes palabras de esperanza, a farsa escapa do seu control. Decátase de que as confesións dos lectores son humildes expresións dun sufrimento verdadeiro que...

15,00 €

A Honrada Estafadora

A Honrada Estafadora

Jansson, Tove

É inverno en Västerby, unha pequena localidade na costa do mar de Botnia. A neve acugúlase e a vida parece suspendida. Anna Aemelin, afamada ilustradora de libros infantís, vive illada do mundo nunha ampla e solitaria casa de campo que outrora foi dos pais. Pero a súa vida cambia coa chegada de Katri Kling, unha moza seria, intelixente e implacable que se fai acompañar dun impo...

15,00 €

Tempo de Amoras

Tempo de Amoras

Roca, Tereixa

Son contos, ao mesmo tempo, independentes -ningún precisa chamar polos outros- e moito cohesos e non apenas porque a escritora posúa unha voz de seu. Esa unidade provén de todos eles remitiren a un período da vida das personaxes a decorrer entre a infancia e o final da xuventude. tal como esta era entendida no termo do século pasado. É, nese sentido, unha colección de relatos d...

18,00 €

Corazón de Can

Corazón de Can

Mikhaíl Bulgákov

Corazón de can sufriu a censura soviética, polo que en 1925 a súa publicación quedou restrinxida ao tipo de edición coñecida como samizdat, é dicir, copias clandestinas feitas case de forma amanuense e distribuídas só en círculos de confianza. Oficialmente, a súa comercialización na URSS non foi posible até 1987. Esa ocultación de décadas ten que ver coa visión incisiva que Mik...

16,00 €

O Caldeiro de Ouro

O Caldeiro de Ouro

E. T. A. Hoffmann

Publicada orixinalmente en 1814 e subtitulada «Un conto de fadas moderno», O caldeiro de ouro é probablemente a novela curta máis celebrada do gran mestre alemán da fantasía romántica, E. T. A. Hoffmann, quen aquí se serve da ironía e dun humor un tanto críptico para, en doce episodios intencionadamente denominados «vixilias», condensar o seu rico universo máxico.O protagonista...

15,00 €

A Menina Da Ribeira

A Menina Da Ribeira

Moncho Do Fidalgo

É uma novela realista e em partes histórica, várias histórias numa mantendo duas personagens constantes: A menina da Ribeira e Ricardo Aveiro. O autor recupera o tempo do passado e imagina situaçoês novas de um tempo qualquer, que pode ser o de hoje ou de amanhâ, num país real ou imaginário. ...

15,00 €

Contos Da Miña Terra

Contos Da Miña Terra

De Castro, Rosalia

Con toda probabilidade, este texto publicado en 1864 era o primeiro dunha serie concibida en paralelo de Cantares gallegos.Nel pode verse a intención de abordar un conto popular de raíces misóxinas desde unha óptica crítica e realista. ...

4,00 €

A Lei Do Mar

A Lei Do Mar

Esteban, Manuel

«A lei do mar» narra unha historia real sucedida no Mediterráneo, un mar que é a patria dos que non teñen fogar, unha invernía salvaxe onde non chegan as leis dos homes. Manuel Esteban comparte con nós un estremecedor relato de morte e de supervivencia, de solidariedade e de egoísmo. Unha historia sórdida impensable en terra firme pero cotiá alén de augas territoriais. Unha ben...

17,95 €

O Aristócrata Boëtius Von Orlamünde

O Aristócrata Boëtius Von Orlamünde

Weiß, Ernst

Publicada orixinalmente en 1928, esta espléndida novela de formación aborda a decadencia aristocrática en vésperas da Gran Guerra. Partindo de aí, o abano temático axiña se ramifica noutras cuestións igual de interesantes, coma a perda das certezas herdadas e a indagación na identidade propia.O protagonista, Boëtius von Orlamünde, alumno interno na exclusiva escola de Onderkuhl...

16,50 €

A Tolemia

A Tolemia

Oller, Narcís

A tolemia é unha novela realista de 1899 que, baseada nun feito real, a tráxica morte dun cliente de Oller, garda relación directa coas concepcións políticas e sociais que se derivan da revolución de setembro de 1868.O narrador, que tamén é un personaxe desta historia, segue ao longo dos anos a vida de Daniel Serrallonga, unha estrambótica figura marcada polas súas veleidades p...

15,00 €

Terra de Sacrificio

Terra de Sacrificio

Toro, Suso De

Esta novela, que ensaia unha nova e polémica interpretación da historia recente de Galicia, consegue xuntar os personaxes de Ramón Piñeiro e de Castelao coa intención de que afronten a verdade do que ocorreu cando o mozo Ramón Piñeiro non agardou por Castelao en París. O autor da entrevista imaxinada en que se basea toda a narración pon o foco en aspectos culturais, políticos e...

18,50 €

Teresa

Teresa

Neera (Anna Maria Zuccari)

Teresa (1886), traducida a varias linguas e cualificada por algúns especialistas como unha das mellores obras do seu tempo, é unha das novelas máis famosas da escritora lombarda Anna Maria Zuccari, máis coñecida como Neera.Ambientada nun contexto provinciano, cunha prosa rica e un realismo incisivo, a heroína medra nun ambiente marcado polo dominio dun pai severo e unha nai inf...

16,50 €

Felicidade Conxugal

Felicidade Conxugal

Tolstoi, Lev

Que é a felicidade conxugal? Velaí o tema que explora Tolstoi nesta novela publicada orixinalmente en 1859. A través da voz da protagonista, María Aleksándrovna, o relato detalla as diferentes fases polas que transita co correr do tempo a súa relación con Serguei Mikháilovich.Sendo moi nova, María namórase do seu titor, Serguei, un vello amigo do pai. Malia que el teme entregar...

15,00 €

Das Miñas Conversas con Tatá

Das Miñas Conversas con Tatá

Rovira Magariños,Pedro X.

He leído Das miñas conversas con Tatá y me ha parecido una ?ópera prima? muy lograda. Y diversa. Verso y prosa. Cuentos infantiles y literatura del yo. Lugo y Ribeira. Costumbrismo y fino humor. Habilidad al jugar con el viejo recurso del ?manuscrito encontrado?, en este caso el ?atadallo herdado que Tatá deixou para min?. Aprovecha también certeramente los recuerdos y vivencia...

18,00 €

Oso. Un Retrato

Oso. Un Retrato

Pontoppidan, Henrik

Oso. Un retrato (1887), talvez a novela breve máis famosa do premio Nobel Henrik Pontoppidan, está protagonizada por Thorkild Müller, un cidadán xutlandés de presenza impoñente e modos bruscos que, tras se converter en pastor case por inercia, é destinado a unha modesta parroquia en Groenlandia.Lonxe dos convencionalismos e das restricións do continente, tan singular personaxe ...

14,50 €

Tiña Eu Razón

Tiña Eu Razón

Pinal, Victoria

Unha muller nova que un día deixa de ver partes do corpo doutras persoas, unha misteriosa sombra no mar, unha aldea onde os habitantes parecen tolear, un neno que empeza a moverse cada vez máis lento, unha insistente vendedora de seguros, un insufrible proído na cabeza... Estas son algunhas das inquietantes historias que conforman este libro. Os relatos de «Tiña eu razón» desv...

18,50 €

Pacto de Silencio

Pacto de Silencio

Viéitez, Ana

Cando o corpo de Álex aparece brutalmente asasinado nun monte de Deva, a xornalista Sofía vese arrastrada de novo a un pasado que cría enterrado. Oito anos atrás, a súa mellor amiga Aloia fora condenada por un crime que non cometera, vítima dunha trama de traizóns que agora rexorde con violencia. Mentres Sofía investiga o asasinato xunto cos seus compañeiros Irene e Iago, as am...

19,50 €

Gilead

Gilead

Robinson, Marilynne

No final da súa vida o reverendo John Ames decide facerlle un último regalo ao seu fillo: unha extensa carta que o neno poderá entender cando o seu pai xa non estea.Ambientada na pequena vila de Gilead (Iowa) en 1956, a historia descóbrenos a mirada dun home que atopa o sagrado no máis cotián. Porén, a súa paz vese sacudida polo regreso de Jack, cuxa presenza obriga a Ames a en...

22,00 €

Un John Deere Envorcado Na Cuneta

Un John Deere Envorcado Na Cuneta

Ferreiro Chao-Abella, Fran

Se tivésemos que mandar unha sonda Voyager cun libro que lles explicase Galicia aos extraterrestres ben podería ser este, o mesmo que aos galegos que pensan que o seu país é pequeno cando realmente é un mundo: realidades que pouco transcenden, e cando o fan cóntanse doutra maneira. Os incendios, os xubilados que non saben facer ca vida, os fillos que non saben que facer cos pai...

16,00 €

Land Rover

Land Rover

De Toro, Suso

Dous irmáns reencóntranse na cidade para repartir a herdanza da nai, unha muller temida e case meiga que marcou alá na aldea de orixe as súas vidas como unha sombra inevitable. Os dous, Abelardo (home honrado e ferido dende a infancia) e Sindo (trapalleiro e sedutor, vividor nato e sempre a un paso da ruína), percorren bares, confesións e vellos resentimentos nun día que se vai...

18,95 €

Goma de Borrar

Goma de Borrar

Caneda, Valeria G.

A través dunha narrativa fragmentada e introspectiva, «Goma de borrar» aborda a experiencia da violencia sexual na adolescencia. A historia dunha muller que, aos quince anos, comeza un proceso de desconexión progresiva de si mesma e da súa colectividade de amigas, mergullándose nunha relación abusiva que se prolonga durante anos. Unha vivencia que se incuba silenciosamente no c...

15,95 €