Saltar al contenido principal

Libros de Narrativa en galego 1277 resultados

A Boca Do Río

A Boca Do Río

Lema, Alberto

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca do río» é unha novela que afonda nos abusos dos colaboradores da ditadura e amosa que o seu discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para promover inmensos negocios privados. Sen maniqueísmos nin leccións de historia disfrazada, esta o...

22,50 €
A Revolución Dos Vagalumes

A Revolución Dos Vagalumes

Rivas, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Como no peor pesadelo de ciencia ficción, unha Maquinaria de Facer Desacougar tomou o mando do rumbo do planeta. Unha apisoadora de aceleración retrógrada. A descivilización. A atmosfera intoxicouse cun «mal de aire», un pesticida do pensamento, un herbicida das palabras, un novo DDT cos ingredientes do Despotismo, a Depredación, e un Terror semántico que volve proclamar a cons...

18,50 €
Madriña

Madriña

Tizón, Antonio

Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.

No mesmo día de abril de 2010 aparecen os corpos de Ramiro Gallego Tenreiro e do delincuente coñecido como O Globero en Vigo: un no cemiterio de San Epitafio e outro enterrado nun descampado do barrio de Eirís. Estes sucesos abren un caso que define esta novela policiaca galega. O comisario Sánchez Pereiro, xa xubilado, e a súa filla Clara, incorporada recentemente ao Corpo de ...

25,00 €
O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

Monteagudo, Xosè

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

A directora dun complexo residencial intenta manter as normas de convivencia. Fronte dela, cada residente actúa conforme ás súas ideas, nunha sociedade onde as persoas se liberan dos roles tradicionais predeterminados polos vínculos. Os personaxes de «O club de lectura da fin do mundo» comezan a sentirse libres de ataduras familiares por primeira vez nas súas vidas. A unha idad...

21,50 €
Hamnet (Galego)

Hamnet (Galego)

O'farrell, Maggie

Rinoceronte Editora

Na década de 1580, unha parella que vivía en Henley Street, Stratford, tivo tres fillos: Susanna, e Hamnet e Judith, que eran xemelgos. O neno, Hamnet, morreu en 1596, aos once anos. Catro anos despois o pai escribiu unha obra de teatro titulada Hamlet.Maggie O'Farrell parte deste episodio real da vida dun dos meirandes autores da literatura universal para contarnos unha histor...

24,00 €
Dos Afectos, o Río

Dos Afectos, o Río

Ruvira, Sofía

Editorial Galaxia, S. a.

Volver á casa dos avós parecía unha forma de honrar o pasado e a memoria dos seus. Unha xornalista regresa á vila familiar na procura de respostas e atopa caixas cheas de cartas, documentos e lembranzas dunha historia que apenas coñecía: a dun avó que loitou pola súa xente e polo río, que se enfrontou ao poder e que chegou a converterse nun símbolo para a veciñanza. Pero invest...

18,80 €
A Boa Morte

A Boa Morte

Feijoo, Pedro

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Entre as paisaxes furiosas e impactantes da Ribeira Sacra non só se move a natureza. Agochadas no silencio comunal, pódense presentir historias que non se contan ou... que non se deben contar. Historias de silencios, de mortes, de dor. Dous falecementos, un deles o do herdeiro dun poderoso imperio do viño, son declarados pola Garda Civil como simples accidentes. Non obstante, e...

23,95 €
O Elixido

O Elixido

Perreault, Catherine

Aira

Isabelle vive co seu fillo Éli, o elixido, un neno con trastorno do espectro autista severo que apenas pode comunicarse e que terá que vivir nun centro. A súa nai esconxura a rabia e a pena pola separación cunha narración arrebatada, luminosa e violenta que transmite, pura e poderosa, toda a forza dun amor incondicional. Primeira novela de Catherine Perreault, un éxito de críti...

19,00 €
Nós, os Tolos

Nós, os Tolos

Castelo Martínez, Tania

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

«Nós, os tolos» narra en primeira persoa o día a día de Marta, terapeuta ocupacional nun equipo de saúde mental comunitaria que percorre o rural galego atendendo persoas con trastornos mentais graves. A través de historias como as de Berta, Modesto, Uxía, Aldara, Anxo, Samuel, Milagres ou Darío, a obra mostra vidas marcadas pola dor, o estigma e o illamento, pero tamén pola te...

15,50 €
Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €
O Derradeiro Gimlet

O Derradeiro Gimlet

Ameixeiras, Diego

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, men...

18,50 €
Buscando a Dalia

Buscando a Dalia

Fernandez, Miguel Anxo

Editorial Galaxia, S. a.

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra F...

21,50 €
Chao, Bicos

Chao, Bicos

Bennett, Claire-Louise

Rodolfo e Priscila

Claire-Louise Bennett ofrece nesta novela o acceso a unha conciencia e aos movementos sinuosos do pensamento arredor de sucesos aparentemente mínimos. Encontros e conversas, chamadas telefónicas e obxectos esquecidos, envíos de flores e correos electrónicos inesperados aparecen e reaparecen para descubrirnos que os momentos decisivos da nosa vida raras veces permanecen inaltera...

21,00 €
Oversize

Oversize

Boente, Marta

Editorial Galaxia, S. a.

A protagonista de Oversize é unha dependenta que avanza por Madrid para ir a unha formación de traballo entre a rutina do día, accidentes e titulares. Confeccionada a través dun álbum de recordos propio, esta historia procura falarnos do que pasa ao noso carón sen apenas rozarnos e, ao mesmo tempo, do que impacta en nós sen previo aviso. Da relación, en definitiva, que se tece ...

18,10 €
A Condición Humana

A Condición Humana

Malraux, Anré

Laiovento, S. l.

Cincuenta anos despois da súa morte, André Malraux continúa a ser unha das voces decisivas da literatura europea: escritor, combatente e testemuña directa dos grandes conflitos do século XX. A condición humana (1933), situada no Xangai convulso de 1927, recrea a insurrección obreira que precedeu a ruptura entre o Kuomintang e o Partido Comunista, un momento de incerteza extrema...

21,95 €
Diario Dunha Camareira

Diario Dunha Camareira

Mirbeau,Octave

Laiovento, S. l.

O Diario dunha camareira, cando aparece en 1900, a novela irrompe como unha denuncia feroz. Mirbeau entrégalle a voz a Celestine, criada que chega ao Priorado, en Normandía, onde a altivez cruel da señora Lanlaire e as insinuacións do señor compoñen un escenario abafante. No silencio do campo, Celestine decide escribir un diario: nel revive as casas onde serviu, oficio que ente...

24,95 €
O Caderno de Rutka

O Caderno de Rutka

Laskier, Rutka

Aira

En 1943, con apenas catorce anos, Rutka Laskier comeza a escribir un caderno no que deixa constancia da súa vida no gueto xudeu de Bedzin, na Polonia ocupada polos nazis. Entre as páxinas aparecen os seus medos, desexos, amizades, o primeiro amor e as preocupacións propias dunha adolescente, mais asemade a progresiva destrución do mundo que coñece. O que comeza como o diario ín...

16,00 €
Gustavos

Gustavos

Beltrám Carballeira, Ramón X.

Baía Edicións

Catorce anacos de vida que acontecen en escenarios e tempos moi diferentes. Un suicida, un amnésico, un home que soña, un opositor, un namorado... O único que teñen en común as historias é que por elas deambula alguén que se chama Gustavo, como protagonista ou como secundario.Ou talvez sexa un único Gustavo e o que cambia son as dimensións onde vive. Que cada quen resolva esa d...

13,90 €
O Lapis Do Carpinteiro

O Lapis Do Carpinteiro

Rivas, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

«O lapis do carpinteiro» é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega aos nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles...

19,50 €
Só os Mortos Saben a Verdade

Só os Mortos Saben a Verdade

Guzmán, Óscar M.

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

A morte por atropelo de Elixio Figueiras vai alterar a rutina de Secundino Santalices, taxista xubilado de 81 anos que cada día completa co seu andador o quilómetro que separa a residencia onde vive do bar que frecuenta. Elixio, amigo inseparable da mocidade e desaparecido durante máis de cincuenta anos, chegara a Vilamarín de forma inesperada uns meses antes para avivar record...

18,95 €
Espigas Queimadas

Espigas Queimadas

Rañales, Pablo J.

Calacan Libros

Os corpos violentados de Alba e Rafael trastocan a cotiandade de Piornedo, unha bucólica casa rural situada nas profundidades dos Ancares. Son, despois de sete días atrapados na súa habitación, unha muller esnaquizada a puñadas e un home colgado no baño. ...

15,00 €
Cara a Times Square

Cara a Times Square

Gonsar, Camilo

Editorial Galaxia, S. a.

Non vou contar como chegou ás miñas mans este relato, porque sería complicado de máis. Só direi que non coñezo o seu autor e que disto moito de ser a persoa a quen está dirixido. Disto tanto, que esta persoa seguramente é un cidadán de fala inglesa. Efectivamente, o orixinal viña en inglés, un pobre e incorrecto inglés; todo o relativo a esta circunstancia quedará claro para qu...

19,00 €
Miniaturas e Outras Dimensións

Miniaturas e Outras Dimensións

Alvarez Caccamo, Xose Maria

Editorial Galaxia, S. a.

Esta colección de relatos organízase en dúas unidades, onde os formatos reducidos das Miniaturas contrastan cos máis extensos do apartado Outras dimensións. O tempo comprimido das Miniaturas expándese no proceso de reinterpretación de motivos míticos e históricos, procedemento, non exclusivo no conxunto destas narracións, que dirixe, entre outras, a relectura da coñecida histor...

16,50 €
A Liberdade que me Habita

A Liberdade que me Habita

Cabaleiro, Beatriz

Aira

Zahira está a piques de competir na proba que pode decidir o seu futuro. Será a primeira triatleta que represente a Marrocos nuns Xogos Olímpicos? Mais a auténtica carreira foi chegar até alí. A emigración a Galicia, a tensión entre a cultura dos seus pais e a nova vida en Europa. O deporte é a súa maneira de reivindicar un lugar no mundo, o xeito de reclamar a liberdade que a ...

16,00 €
Boundaries Road

Boundaries Road

F. Santomé, Cecilia

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado. Nesa casa fermosa, exótica e fascinante, todos eles serán felices ata que unha crise insospeitada estale. Anos de...

18,95 €
A Identidade

A Identidade

Darriba, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Un personaxe, un eu, escritor insatisfeito, desdóbrase en catro diálogos sobre cuestións fundamentais (o sexo, o éxito, a familia, a morte) e dá a coñecer un feixe de relatos arredor do misterio da identidade. Como se forma? Como se modela? En que medida depende da contorna, da Historia e das dinámicas de poder? «A identidade» son relatos de iniciación, de guerra, psicolóxicos ...

19,50 €
Todos Aínda Aquí

Todos Aínda Aquí

Chuinn, Liadan Ní

Rodolfo e Priscila

Os seis contos de Todos aínda aquí transcorren baixo a sombra da violencia política no norte de Irlanda e exploran as formas en que o pasado histórico continúa poboando o presente íntimo dos seus inesquecibles e singularísimos personaxes. O eco dos medos herdados, dos silencios familiares e das identidades en disputa resoa en cada unha das historias de Liadan Ní Chuinn, quen, c...

19,50 €
A Cámara Das Marabillas

A Cámara Das Marabillas

Oruña, María

Edicions Do Cumio, S. a.

O crime perfecto tamén pode ser unha obra de arte. O novo misterio da raíña do thriller. Máis de 1.500.000 lectores. No maxestoso Palacio Dourado, situado no centro de Madrid, o máis selecto do mundo da arte reuniuse para a inauguración de Pentimento, un museo que amosa reproducións de obras de arte icónicas no contexto no que se exhibiron por primeira vez. Amanda Mendoza, a an...

23,95 €
Lovers

Lovers

Porteiro, María Xosé / Avendaño, Alberto / Alberto Avendaño,

Editorial Galaxia, S. a.

Amor, desamor, tensión, paixón, encontros e desencontros... e moito humor hai neste universo das emocións. Un tour de force literario onde unha muller e un home, que poden ser a mesma e o mesmo en diferentes etapas da súa existencia, ou da súa emocionalidade, poñen sobre a mesa as prendas do seu amor para descubrir gozos e carencias. Nunha xeografía de peripecias vitais que ab...

19,00 €
A Lingua Estranxeira

A Lingua Estranxeira

Lamela, Brais

Editorial Galaxia, S. a.

Dous mozos pérdense por unha terra allea na procura dun antigo asentamento colonial. Mentres foxen dos incendios e buscan acubillo en hoteis perdidos na selva, unha fráxil intimidade xorde entre eles, sempre ameazada pola posibilidade de que cada palabra signifique o contrario do que parece. Esta viaxe é a porta de entrada a un mundo narrativo expansivo e único: un viaxeiro dec...

22,50 €