Saltar al contenido principal
Corazón de Can

Corazón de Can

Mikhaíl Bulgákov

Corazón de can sufriu a censura soviética, polo que en 1925 a súa publicación quedou restrinxida ao tipo de edición coñecida como samizdat, é dicir, copias clandestinas feitas case de forma amanuense e distribuídas só en círculos de confianza. Oficialmente, a súa comercialización na URSS non foi posible até 1987. Esa ocultación de décadas ten que ver coa visión incisiva que Mik...

Editorial:
Editorial Hugin e Munin
ISBN:
979-13-990150-2-7
16,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Corazón de can sufriu a censura soviética, polo que en 1925 a súa publicación quedou restrinxida ao tipo de edición coñecida como samizdat, é dicir, copias clandestinas feitas case de forma amanuense e distribuídas só en círculos de confianza. Oficialmente, a súa comercialización na URSS non foi posible até 1987. Esa ocultación de décadas ten que ver coa visión incisiva que Mikhaíl Bulgákov ofrece da sociedade da época. Sexa como for, o libro tornou nun dos textos máis valiosos e corrosivos da literatura rusa do século XX.

A historia desenvólvese en Moscova, onde o profesor Filip Filíppovich Preobrazhenski, cirurxián especializado en técnicas de rexuvenecemento, decide experimentar coa implantación das gónadas e o cerebro dun delincuente no corpo dun can sen dono. Contra todo prognóstico, o animal sobrevive e evoluciona, convertido nun suxeito grotesco que responde ao nome de Poligraf Poligráfovich.

En clave satírica, a novela retrata a tensión entre a ciencia e a ética, entre a orde natural e a experimentación social, e entre o individuo culto e a brutana masa. O escritor, partindo dun enfoque alegórico, cuestiona os intentos de transformar a natureza humana por decreto político, e faino cunha ollada implacable sobre os excesos da utopía revolucionaria. No plano estilístico, cabe destacar a combinación da perspectiva omnisciente coa focalización en certos personaxes, quer o can, quer o doutor Bormenthal, a través do seu diario médico.

Artículos relacionados

A Boca de Krishna

A Boca de Krishna

Pena, Xosé Ramón

Esta é a historia de dous irmáns fascinados polas estrelas desde nenos. Ernesto Estévez hase converter nun astrofísico de sona mundial, investigador de novas galaxias; Clara Estévez convencerase de que aí fóra hai vida extraterrestre que inflúe decisivamente no devir da súa familia. Xosé Ramón Pena volve a ollada cincuenta anos atrás para contarnos a microhistoria recente de Ga...

19,95 €

Diario Do Paraíso

Diario Do Paraíso

Dahlgren, Marta

Iria ten dezaseis anos cando comeza a traballar nun pazo decadente e inabarcable como criada para todo. Ela, e o seu irmán, que é xardineiro, traballan duro para que os misteriosos dona Ana e don Xan poidan sobrevivir. Este é o diario da relación entre todos eles, un diario dun paraíso. Pero os paraísos terreais non duran para sempre. A primeira novela de Marta Dahlgren revive ...

19,95 €

O Mundo Do Tarabelo

O Mundo Do Tarabelo

Monfadal,Luciano Do

Tarabelo naceu en maio de 1975 e finou en decembro de 1990. Viviu na aldea de Abrente cunha familia de labregos e pola noite ou pola mañá, dende a súa cama de palla, vainos relatando feitos do seu día a día. Tamén nos transmite algunhas conversas que se daban naqueles tempos e, por suposto, moitos contos de lareira.É como unha bitácora, só que en vez de escribilo no camarote do...

15,00 €

A Terceira Luz

A Terceira Luz

Keegan, Claire

Durante un verán, na Irlanda rural de comezos dos anos oitenta, unha nena é deixada polo seu pai ao coidado duns parentes a quen apenas coñece. A nai da nena está embarazada e teñen moitos fillos. Na casa dos Kinsella, en cambio, non hai ningún neno. Pero esa non é a única diferenza entre o seu fogar e e a nova casa que a acolle. Todo alí parece, de feito, moi distinto. E a nen...

18,00 €

Porto Escondido

Porto Escondido

Oruña, María

Un descubrimento inesperado nunha antiga vivenda saca á luz un segredo enterrado durante décadas. O que comeza como unha investigación aparentemente rutineira convértese nunha trama complexa onde pasado e presente se entrelazan con precisión milimétrica. Unha historia de misterio, memoria e tensión narrativa que marcou un antes e un despois na carreira da autora e que, dez anos...

22,95 €

Cáncara

Cáncara

Alonso, Fran

Outubro de 1983; o alcade da vila mariñeira de Cáncara ordena apresar e deter unha vaca por pastar herba pública e a Policía Municipal condúcea ao calabozo do Concello. A noticia do acontecido percorre o mundo, e publícase no «New York Times» e no «Washington Post». A partir deste feito insólito, Fran Alonso escribe unha novela sobre o poder, ateigada de humor, que reconstrúe ...

17,95 €