Saltar al contenido principal
A Señorita Corazóns Solitarios

A Señorita Corazóns Solitarios

West, Nathanael

A señorita Corazóns Solitarios é o pseudónimo dun xornalista que mantén un consultorio sentimental nun diario de Nova York. A súa sección é unha manobra para vender máis exemplares. Tras varios meses respondendo cartas con torpes palabras de esperanza, a farsa escapa do seu control. Decátase de que as confesións dos lectores son humildes expresións dun sufrimento verdadeiro que...

Editorial:
Editorial Hugin e Munin
ISBN:
979-13-990150-0-3
15,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

A señorita Corazóns Solitarios é o pseudónimo dun xornalista que mantén un consultorio sentimental nun diario de Nova York. A súa sección é unha manobra para vender máis exemplares. Tras varios meses respondendo cartas con torpes palabras de esperanza, a farsa escapa do seu control. Decátase de que as confesións dos lectores son humildes expresións dun sufrimento verdadeiro que reclaman consello moral e espiritual, e vese na obriga de examinar os valores polos que se rexe. Este exame demóstralle que, nuns tempos de desafección, el non é o autor da burla, senón tamén unha vítima.

Ambientada na época da Gran Depresión, a escritora Flannery O'Connor considerábaa a mellor novela moderna, canda En canto agonizo, de Faulkner. Para o crítico Harold Bloom, era un dos cumios da ficción norteamericana. Interpretada pola crítica como proba do gnosticismo xudaico (e tamén en clave de simbolismo freudiano), dramática e mordaz, parodia ou farsa tráxica, os seus dous protagonistas antitéticos brindan momentos excepcionais: a señorita Corazóns Solitarios, co seu complexo de Cristo salvador, que devén nun vórtice imparable, e o seu mefistofélico e descrido xefe Shrike.

A señorita Corazóns Solitarios é unha novela cargada de ironía e humor negro, cunha estrutura impecable, de admirable economía verbal. Unha sátira contra a relixiosidade da sociedade estadounidense e a amoralidade dos medios que acaba por tornar nunha parábola nihilista.

Artículos relacionados

A Miseria

A Miseria

Quintia, Xerardo

Editorial Galaxia, S. a.

PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2026 No medio dunha cidade ateigada de guindastres onde os edificios non paran de crecer, A miseria amósanos a físgoa pola que, nun determinado momento, todo se vén abaixo, nomeadamente para os máis febles. Como forma de procurar a beleza e de afrontar a debacle, o narrador enfócase nos pequenos detalles coma se fosen luminarias. Así, nesta nove...

17,10 €
A Boca Do Río

A Boca Do Río

Lema, Alberto

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca do río» é unha novela que afonda nos abusos dos colaboradores da ditadura e amosa que o seu discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para promover inmensos negocios privados. Sen maniqueísmos nin leccións de historia disfrazada, esta o...

22,50 €
A Revolución Dos Vagalumes

A Revolución Dos Vagalumes

Rivas, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Como no peor pesadelo de ciencia ficción, unha Maquinaria de Facer Desacougar tomou o mando do rumbo do planeta. Unha apisoadora de aceleración retrógrada. A descivilización. A atmosfera intoxicouse cun «mal de aire», un pesticida do pensamento, un herbicida das palabras, un novo DDT cos ingredientes do Despotismo, a Depredación, e un Terror semántico que volve proclamar a cons...

18,50 €
Madriña

Madriña

Tizón, Antonio

Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.

No mesmo día de abril de 2010 aparecen os corpos de Ramiro Gallego Tenreiro e do delincuente coñecido como O Globero en Vigo: un no cemiterio de San Epitafio e outro enterrado nun descampado do barrio de Eirís. Estes sucesos abren un caso que define esta novela policiaca galega. O comisario Sánchez Pereiro, xa xubilado, e a súa filla Clara, incorporada recentemente ao Corpo de ...

25,00 €
O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

Monteagudo, Xosè

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

A directora dun complexo residencial intenta manter as normas de convivencia. Fronte dela, cada residente actúa conforme ás súas ideas, nunha sociedade onde as persoas se liberan dos roles tradicionais predeterminados polos vínculos. Os personaxes de «O club de lectura da fin do mundo» comezan a sentirse libres de ataduras familiares por primeira vez nas súas vidas. A unha idad...

21,50 €
Hamnet (Galego)

Hamnet (Galego)

O'farrell, Maggie

Rinoceronte Editora

Na década de 1580, unha parella que vivía en Henley Street, Stratford, tivo tres fillos: Susanna, e Hamnet e Judith, que eran xemelgos. O neno, Hamnet, morreu en 1596, aos once anos. Catro anos despois o pai escribiu unha obra de teatro titulada Hamlet.Maggie O'Farrell parte deste episodio real da vida dun dos meirandes autores da literatura universal para contarnos unha histor...

24,00 €

Otros libros del autor

O Día Da Lagosta

O Día Da Lagosta

West, Nathanael

Irmás Cartoné

Ante os ollos desencantados de Tod, un pintor chegado a California en busca de inspiración, desfilan personaxes estrafalarios ansiosos por atopar o seu sitio no soño de ouropel hollywoodense: Faye, bela aspirante a actriz e bailarina, sempre a piques de rematar no prostíbulo; Harry, pai dela, artista de vodevil nas últimas; Homer Simpson, en recuperación tras sufrir un ataque d...

13,00 €