Saltar al contenido principal

Libros de Narrativa en galego 1209 resultados

Si o Vello Sinbad Volvese Ás Illas

Si o Vello Sinbad Volvese Ás Illas

Cunqueiro, Álvaro

A materia de Si o vello Sinbad volvese ás illas son as memorias do mítico mariño contadas por Al-Faris Ibn Iaquim Al Galizí. O pasado convive co presente, no que Sinbad fai tertulia con viaxeiros de todo o mundo e soña con volver ao mar pilotando a nao Venadita. ...

17,00 €

Cousas

Cousas

Rodríguez Castelao, Alfonso

Cousas é a creación literaria máis orixinal que nos deixou o artista de Rianxo. Con este libro publicado por primeira vez no ano 1926, Castelao inventa un xénero novo e persoal. A través destas breves narracións consegue expresar a realidade esencial do pobo galego. Emoción e sentimento únense a un senso do humor extraordinario que fai da súa lectura unha experiencia única. Edi...

16,55 €

Á Lus Do Candil

Á Lus Do Candil

Fole, Anxel

A Biblioteca de autor que Galaxia dedica ao autor lugués inclúe este libro que é fundamental para entender a evolución da literatura galega do século XX. A cuberta do libro reproduce un cadro de Carlos Maside e conserva o limiar que para a primeira edición fixera Salvador Lorenzana. Publicado no 1953, Á lus do candil é unha colección de quince relatos nos que a imaxinación e o ...

18,50 €

Os Biosbardos

Os Biosbardos

Blanco Amor, Eduardo

Os biosbardos é un conxunto de "contos para a xente", postos todos en boca de sete rapaces de diferentes idades que van contando experiencias persoais do intenso e ás veces dramático mundo infantil. Estes relatos pertencen, sen dúbida, ao núcleo das mellores páxinas que nos deixou este mestre da moderna narrativa galega. Son, quizais, as máis sinceras e menos académicas de cant...

16,80 €

As Rulas de Bakunin

As Rulas de Bakunin

Riveiro Coello, Antón

As rulas de Bakunin nace do gromo da sensibilidade dos derrotados e os perdedores. Antón Riveiro Coello, un dos escritores galegos actuais de meirande pulo narrativo, fai con esta novela un acto restitutorio e tamén de rebeldía. Recuperar a memoria dos heroes silenciosos que loitaron pola liberdade: velaquí a vida de Camilio Sabio Doldán, un vello anarquista case centenario que...

21,55 €

Ilustrísima

Ilustrísima

Casares, Carlos

Ilustrísima é un canto á bondade e á humanidade da xente e un alegato en contra do dogmatismo e da violencia. Situada nos primeiros anos do século XX, nunha pequena cidade galega que ben podería ser o Ourense natal de Casares, relata os conflitos entre un bispo intelixente e bo e algúns dos membros máis intransixentes da curia diocesana, enfrontados entre si por culpa da chegad...

16,35 €

Vento Ferido

Vento Ferido

Casares Mouriño, Carlos

A obra literaria de Carlos Casares é unha das máis interesantes da literatura galega do século XX, e iníciase en 1967 con Vento ferido. Nestes doce relatos marcados pola violencia, a soidade e o fatalismo, abrolla a mirada, xa orixinal, tinxida pola necesidade de comprensión e o impulso solidario, do autor. Narrativa innovadora, que busca a plena comunicación co lector para afo...

16,05 €

Os Dous de Sempre

Os Dous de Sempre

Castelao

Esta novela, publicada por primeira vez en 1934, converteuse, desde a súa recuperación por Galaxia en 1967, nun dos libros preferidos polos nosos lectores, que fixeron del unha das obras de máis difusión de toda a historia da literatura galega. É a historia de dous tipos universais, Pedriño e Rañolas, que encarnan dúas maneiras de ser de sempre. O primeiro, que ve o mundo desde...

19,10 €

Contos Da Néboa

Contos Da Néboa

Fole, Anxel

Nos contos de Ánxel Fole conflúen a tradición do conto popular coa modernización e renovación do xénero. O autor manexa maxistralmente a fala coloquial, conservando todo o seu sentido do humor e engadindo pingadelas de misterio que manteñen o interese da lectura ata o remate. Este libro publicado por primeira vez en 1973 presenta como novidade o escenario no que se desenvolven ...

17,60 €

Historias que Ninguén Cre

Historias que Ninguén Cre

Fole, Anxel

Unha recompilación de relatos breves, escritos en diferentes épocas, que amosa a extraordinaria capacidade de Ánxel Fole para converter en literatura calquera sucedido real ou imaxinario. ...

16,80 €

O Sol Do Verán

O Sol Do Verán

Casares, Carlos

O suicidio de Carlos desata as lembranzas de Helena, que evoca os veráns compartidos da nenez, á vez que indaga nos motivos desa acción brutal e sorprendente. Unha historia de amor e morte; tamén, canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida; a enorme riqueza de O sol do verán reside no poder evocador das lembranzas e na capacidade do autor para compartilas. Xu...

19,75 €

As Crónicas Do Sochantre

As Crónicas Do Sochantre

Cunqueiro, Álvaro

Son as crónicas dos espectros as que chegan ao lector na voz do Sochantre Pontivy. Nos tempos da Revolución Francesa, o sochantre viaxa polos camiños da Bretaña acompañado por unha comitiva de mortos contadores de historias. En palabras de Carballo Calero, "asombra a coherencia xeográfica e histórica" do libro, no que se bota de ver o fondo coñecemento que Cunqueiro posuía do p...

17,85 €

Ánxel Fole. Obra Literaria Completa Iii. Obra en Castelán

Ánxel Fole. Obra Literaria Completa Iii. Obra en Castelán

Fole, Anxel

Os dous primeiros volumes reúnen a obra en galego do autor de Lugo, volumes que xa se publicaran por primeira vez no ano 1997; por iso era agora necesario reunir a súa dispersa obra poética e narrativa en castelán e unha mostra significativa da súa extensísima producción xornalística, pois non parece posible coñecer ou comprender a traxectoria creativa e profesional foleana sen...

34,75 €

Ánxel Fole. Obra Literaria Completa I. Obra en Galego

Ánxel Fole. Obra Literaria Completa I. Obra en Galego

Fole, Anxel

Os dous primeiros volumes reúnen a obra en galego do autor de Lugo, volumes que xa se publicaran por primeira vez no ano 1997; por iso era agora necesario reunir a súa dispersa obra poética e narrativa en castelán e unha mostra significativa da súa extensísima producción xornalística, pois non parece posible coñecer ou comprender a traxectoria creativa e profesional foleana sen...

30,10 €

Ánxel Fole. Obra Literaria Completa Ii. Obra en Galego

Ánxel Fole. Obra Literaria Completa Ii. Obra en Galego

Fole, Anxel

Os dous primeiros volumes reúnen a obra en galego do autor de Lugo, volumes que xa se publicaran por primeira vez no ano 1997; por iso era agora necesario reunir a súa dispersa obra poética e narrativa en castelán e unha mostra significativa da súa extensísima producción xornalística, pois non parece posible coñecer ou comprender a traxectoria creativa e profesional foleana sen...

30,10 €

Contos Do Camiño e Da Rúa

Contos Do Camiño e Da Rúa

Otero Pedrayo, Ramón

A capacidade de imaxinación creadora e unha técnica case cinematográfica para recrear ambientes, combínanse de maneira maxistral e poñen diante do lector o espírito dun tempo, a crise dun modelo de sociedade, unha forma de vivir. Velaquí "O fidalgo", unha das mellores mostras da narrativa breve contemporánea. O final dunha estirpe que estiña. ...

17,20 €

Resistencia

Resistencia

Aneiros, Rosa

Resistencia, a obra que constitúe o debut de Rosa Aneiros en Xerais Narrativa, percorre a historia política e social de Portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século XX. Mercé ao relato, a través dunha voz narrativa omnisciente, preferentemente presentada en terceira persoa, que protagonizan os person...

22,95 €

Historias para Ler á Noite

Historias para Ler á Noite

Martín, Paco

Unha crecente sensación de ameaza, a intelixente disposición dos feitos e unha poderosa imaxinación presiden o desenvolvemento destes contos de medo que o acreditan como un dos mellores narradores galegos de hoxe. Na súa quinta edición este libro inclúe os tres relatos publicados orixinalmente baixo o título Tres historias para ler á noite así como a magnífica narración "Autoví...

17,60 €

Obras Castelao T. vi

Obras Castelao T. vi

Castelao

Este tomo ofrece 274 cartas -186 delas inéditas- do epistolario de Castelao. É así a escolma máis ampla de cartas do autor publicada. Ó longo das máis de 700 páxinas do volume pódense ler epístolas datadas entre 1902 e 1949 nas que o de Rianxo escribe a Risco, Otero Pedrayo, Josep Tarradellas... A edición, a cargo de Xosé Manuel Núñez Seijas, inclúe unha introducción e numerosa...

32,25 €

Obras Castelao T. iii

Obras Castelao T. iii

Castelao

A edición deste libro supón reunir nun só volume os escritos de carácter político que Castelao espallou en publicacións e lugares diversos ó longo da sua vida. Os artigos aparecen agrupados por décadas e veñen precedidos por unha introducción de Justo Beramendi. ...

29,95 €

Menú de Degustación

Menú de Degustación

Arellano, Ana María

Numerosas son as maneiras de organizar un libro. Máis que entregarnos unha escolma de relatos, o que fai Ana María Arellano é transformar as páxinas do seu libro nunha bandexa na que nos ofrece todo un menú literario. A lóxica subxacente a este procedemento é un xogo nada inocente pero sempre ameno e curioso, un xogo con consecuencias. A quen lle guste a literatura, que colla g...

3,00 €

As Calexas Do Cigurat

As Calexas Do Cigurat

Carro, Francisco Javier / Carro, Xavier

Este libro apareceu por primeira vez en 1973, moi danado pola acción da censura do réxime de Franco. Esta edición de Galaxia restaura os textos maltratados e preséntaos íntegros. Incorpora ademais tres novos contos. ...

16,45 €

Berra Liberdade

Berra Liberdade

Escritores Galegos Por Amnistía Internacional

Este libro recolle textos de escritores galegos que ceden os seus dereitos de autor en beneficio de Amnistía Internacional, unha organización independente dedicada a denunciar en todo o mundo os abusos contra os dereitos humanos. ...

17,45 €

Terra Nullius

Terra Nullius

Momán Noval, Alberte

Nesta nova entrega de Alberte Momán fálase da terra de ninguén, un espazo de individualización, de emancipación fronte ao corpiño social e familiar que condiciona os actos da protagonista. Pero, ao mesmo tempo, fálase da terra queimada, de como ese mesmo elemento que a cingue e a constrinxe vai minando a súa capacidade para ser dona da propia existencia. A violencia estrutural ...

9,50 €

O Lector

O Lector

Schlink, Bernhard

Cun propósito catártico, Michael Berg plasma por escrito a historia que, na adolescencia, o vinculou para sempre con Hanna Schmitz, a muller coa que, malia lle dobrar a idade, mantivo unha relación secreta caracterizada pola descuberta, o erotismo e unha atmosfera tan enigmática coma atractiva, na que tamén tiña cabida a lectura: día tras día, o mozo líalle en voz alta os grand...

16,00 €

Noventa Anos Despois

Noventa Anos Despois

GliŠIc, Milovan

Nunha pequena aldea serbia, Radojka, a filla do kmet Živan Dušman, está en tratos cun mozo, Strahinja. Porén, o amor que xorde entre ambos non abonda para que o pai dela acepte dala en matrimonio. A raíz desa negativa, o home novo marcha ver mundo e axiña sabe que na aldea veciña teñen un serio problema coa xestión do muíño, pois, un tras outro, aqueles que ocupan o posto de mu...

7,00 €

Historia Do Bondadoso Vello e Da Fermosa Moza

Historia Do Bondadoso Vello e Da Fermosa Moza

Svevo, Italo

Un adiñeirado vello, con todas as contradicións e manías que lle corresponden por idade e por clase social, e que amais se lucra coas desgrazas derivadas da Primeira Guerra Mundial, aventúrase na sedución dunha fermosa moza tras coñecela no tranvía de Trieste, crendo chegada a súa derradeira oportunidade para gozar do amor. O relato aborda, polo tanto, un tema recorrente na lit...

12,00 €

O Estoico

O Estoico

Galsworthy, Jhon

Sylvanus Heythorp, cuxas empresas se atopan na bancarrota, pasa os derradeiros días da súa axitada vida centrado en asegurarlles un futuro á súa nora, Rosamund, e aos seus netos, Phyllis e Jock, malia seren os descendentes dun seu ?llo ilexítimo froito dun amor de xuventude. A pesar dos modos brutáns e da expresión seca do vello, hai nel, no fondo, unha certa dignidade e nobrez...

14,00 €

Narradores Ocasionais de Comezos Do Seculo Xx (1901-1916)

Narradores Ocasionais de Comezos Do Seculo Xx (1901-1916)

Vv.aa. Centro Ramón Piñeiro

Volumen que compila la narrativa de diversos autores que publicaron sus cuentos en cabeceras de prensa de la Galicia de la Tierra y la Galicia de la Emigración en los primeros años del siglo XX. ...

23,48 €

Ninguén Queda

Ninguén Queda

Brais Lamela

Entre o verán sufocante de Nova York e as montañas neboentas de Negueira de Muñiz, Ninguén queda segue os pasos dun mozo galego na metrópole nor­teamericana mentres rastrexa a historia dunha muller desaparecida nos asentamentos de colonización da Terra Chá levantados pola ditadura na década de 1960.Os pisos de estudantes no estranxeiro, as comunas que emerxen dos restos dos enc...

18,00 €