Saltar al contenido principal
Luceiro Da Mañá

Luceiro Da Mañá

Negri, Ada

Luceiro da mañá publicouse en 1921 e deseguida contou co aplauso de crítica e público, talvez por recoñecer na obra a fidelidade ao xénero autobiográfico característico da autora e pola súa aposta formal, cunha estrutura fragmentaria e lírica.Ada Negri baséase en feitos da súa infancia e adolescencia para construír un relato de formación que, escrito en terceira persoa, se abre...

Editorial:
Editorial Hugin e Munin
ISBN:
978-84-126007-7-3
Encuadernación:
Otros
14,50 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Luceiro da mañá publicouse en 1921 e deseguida contou co aplauso de crítica e público, talvez por recoñecer na obra a fidelidade ao xénero autobiográfico característico da autora e pola súa aposta formal, cunha estrutura fragmentaria e lírica.

Ada Negri baséase en feitos da súa infancia e adolescencia para construír un relato de formación que, escrito en terceira persoa, se abre no entanto coa presenza dun eu e se achega á técnica do fluxo de conciencia. Deste xeito, mediante a suma de unidades narrativas, vaise plasmando a realidade de Dinin: as súas orixes humildes, a vida na portaría na que medra, os xogos no Xardín do Tempo, a chegada da menstruación ou a toma de conciencia da vocación poética, ao tempo que se exalta a relación con múltiples elementos da natureza (o sol, as árbores, as flores...) cos que a protagonista mantén un diálogo íntimo. Ademais, a autora conxuga o seu presente co pasado remoto da avoa e, sobre todo, co da nai, Vittoria, unha obreira explotada nunha fábrica á que a miseria obrigou a renunciar a un fillo por non poder mantelo na casa e, emporiso, caracterizada pola súa alegría vital. A cativa que observa e reflexiona converterase máis adiante nunha moza que traballará como mestra.

Con aparente sinxeleza, mediante frases que semellan anotacións e sen artificios retóricos, plásmanse feitos cotiáns, o visto e o sentido, os misterios da infancia, as primeiras preguntas, a precoz madureza e a curiosidade innata da rapaza, a súa avidez pola lectura ou a indignación ante a miseria e a desigualdade.

Artículos relacionados

A Boca de Krishna

A Boca de Krishna

Pena, Xosé Ramón

Esta é a historia de dous irmáns fascinados polas estrelas desde nenos. Ernesto Estévez hase converter nun astrofísico de sona mundial, investigador de novas galaxias; Clara Estévez convencerase de que aí fóra hai vida extraterrestre que inflúe decisivamente no devir da súa familia. Xosé Ramón Pena volve a ollada cincuenta anos atrás para contarnos a microhistoria recente de Ga...

19,95 €

Diario Do Paraíso

Diario Do Paraíso

Dahlgren, Marta

Iria ten dezaseis anos cando comeza a traballar nun pazo decadente e inabarcable como criada para todo. Ela, e o seu irmán, que é xardineiro, traballan duro para que os misteriosos dona Ana e don Xan poidan sobrevivir. Este é o diario da relación entre todos eles, un diario dun paraíso. Pero os paraísos terreais non duran para sempre. A primeira novela de Marta Dahlgren revive ...

19,95 €

O Mundo Do Tarabelo

O Mundo Do Tarabelo

Monfadal,Luciano Do

Tarabelo naceu en maio de 1975 e finou en decembro de 1990. Viviu na aldea de Abrente cunha familia de labregos e pola noite ou pola mañá, dende a súa cama de palla, vainos relatando feitos do seu día a día. Tamén nos transmite algunhas conversas que se daban naqueles tempos e, por suposto, moitos contos de lareira.É como unha bitácora, só que en vez de escribilo no camarote do...

15,00 €

A Terceira Luz

A Terceira Luz

Keegan, Claire

Durante un verán, na Irlanda rural de comezos dos anos oitenta, unha nena é deixada polo seu pai ao coidado duns parentes a quen apenas coñece. A nai da nena está embarazada e teñen moitos fillos. Na casa dos Kinsella, en cambio, non hai ningún neno. Pero esa non é a única diferenza entre o seu fogar e e a nova casa que a acolle. Todo alí parece, de feito, moi distinto. E a nen...

18,00 €

Porto Escondido

Porto Escondido

Oruña, María

Un descubrimento inesperado nunha antiga vivenda saca á luz un segredo enterrado durante décadas. O que comeza como unha investigación aparentemente rutineira convértese nunha trama complexa onde pasado e presente se entrelazan con precisión milimétrica. Unha historia de misterio, memoria e tensión narrativa que marcou un antes e un despois na carreira da autora e que, dez anos...

22,95 €

Cáncara

Cáncara

Alonso, Fran

Outubro de 1983; o alcade da vila mariñeira de Cáncara ordena apresar e deter unha vaca por pastar herba pública e a Policía Municipal condúcea ao calabozo do Concello. A noticia do acontecido percorre o mundo, e publícase no «New York Times» e no «Washington Post». A partir deste feito insólito, Fran Alonso escribe unha novela sobre o poder, ateigada de humor, que reconstrúe ...

17,95 €