Saltar al contenido principal

Libros de Narrativa en galego 1287 resultados

Apropiación Indebida

Apropiación Indebida

Andersson, Lena

Editorial Hugin e Munin

Apropiación indebida: unha novela sobre o amor supuxo un auténtico fenómeno editorial en Suecia. No suxestivo escenario dun Estocolmo que irá mudando co paso das estacións, a douta ensaísta Ester Nilsson principia unha relación non sempre clara co artista Hugo Rask a partir dunha conferencia que imparte sobre a súa obra. Con tal premisa, e por medio dos actos e das elucubración...

15,00 €
Bestiario Do Vestiario Segundo Tempo

Bestiario Do Vestiario Segundo Tempo

Suárez Fraga, Martiño

Carlos Meixide

Chega a segunda parte de Bestiario do vestiario e, como na anterior entrega, coñecemos historias de fracasos, de desastres... Non todo vai ser triunfar no deporte. ...

15,00 €
A Impaciencia Do Corazon

A Impaciencia Do Corazon

Stefan Zweig

Editorial Hugin e Munin

A impaciencia do corazón é unha das derradeiras obras de Zweig publicadas en vida do autor (1939), a súa novela máis longa e, por múltiples motivos, un dos textos de ficción que mellor aborda o tema da compaixón alén do sentimentalismo e das connotacións relixiosas. En 1914, no declive do Imperio austrohúngaro, nun ambiente de preguerra, o tenente Hofmiller é convidado polos Ke...

19,00 €
Nós

Nós

Zamiatin, Evgenii

Editorial Hugin e Munin

Evgenii Zamiatin escribiu esta novela nutricia da ciencia ficción distópica entre 1919 e 1921. Porén, debido á censura soviética -suprimida en 1988-, o autor non puido vela publicada na súa lingua orixinal e tivo que se conformar coa tradución ao inglés na editorial norteamericana Dutton, en 1924. Sucederíanse entón as traducións, tanto dende o manuscrito ruso (ao checo, por ex...

16,00 €
Unha Muller Perdida

Unha Muller Perdida

Cather, Willa

Editorial Hugin e Munin

Unha muller perdida, novela publicada orixinalmente en lingua inglesa no ano 1923, ten como protagonista a suxestiva Marian Forrester, que Willa Cather, gañadora dun premio Pulitzer, presenta a través da voz narrativa e da mirada fascinada e esperta de Niel Herbert dende cativo. A historia, enriquecida cun fato de personaxes perfilados con habelencia -como o capitán Forrester, ...

15,00 €
Senlleiras (Ii Premio Illa Nova)

Senlleiras (Ii Premio Illa Nova)

Yañez Rodriguez, Antia

Editorial Galaxia, S. a.

PREMIO DE NARRATIVA ILLA NOVA 2018 A novela das mulleres que rachan co silencio. Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta. A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes séculos. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes, baixo as es...

24,00 €
O Xogo Das Cadeiras

O Xogo Das Cadeiras

Alberdi, Uxue

Editorial Hugin e Munin

O xogo das cadeiras é unha novela de carácter intimista que, a través dos testemuños de varias mulleres -Martiña, Teresa e Eulali, eixes que sosteñen a narración-, indaga nas engrenaxes da memoria. O pasado, que abrangue dende a primeira infancia até case os intres finais da vida, ten pois un peso capital, en tanto que arquivo de experiencias e lembranzas dos distintos personax...

14,50 €
A Nena Do Abrigo de Astracán

A Nena Do Abrigo de Astracán

Docampo, Xabier P.

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

A vila de Ribadaínsua é narradora e protagonista dos acontecementos dramáticos dos últimos meses de 1947, que algúns quixeron agochar, para amosar aos seus habitantes como aniñara o mal entre eles e como os abranguera dunha forma asfixiante. Don Amancio, o crego que todo o controla; Agustina, a muller que pretende trazar o destino dos que a rodean; Isidoro, o alfaiate mártir; ...

22,50 €
Deixe a Súa Mensaxe Despois Do Sinal

Deixe a Súa Mensaxe Despois Do Sinal

Portabales Santomé, Arantza

Editorial Galaxia, S. a.

As historias poden contarse de moitas formas. Mais poucas tan orixinais coma esta, deslumbrante, que nos propón Arantza Portabales neste segundo libro logo do éxito sen discusión da súa anterior novela, Sobrevivindo. Un mollo de voces que deixan mensaxes nun contestador. Historias de moitas almas que imos construíndo a medida que escoitamos o que se deixa nun aparello, frío, qu...

22,10 €
Os Europeos en Abrantes

Os Europeos en Abrantes

Risco Y Agüero, Vicente

Urco Editora

Os europeos en Abrantes é unha novela desgraciadamente inconclusa onde Vicente Risco parodia e fai mofa desa especie de intelectuais «de libro» que abondaban nos cafés da época.A aldea de Abrantes, no interior de Ourense, está a piques de ollar un acontecemento histórico. O seu médico, home intelectual que cultiva as máis refinadas amizades na cidade de Oria, ten a intención de...

13,00 €
Os Salgueiros

Os Salgueiros

Blackwood, Algernon

Editorial Hugin e Munin

Os salgueiros, publicado en 1907 como parte da colección The Listener and Other Stories, é, en palabras de H. P. Lovecraft, «o mellor relato sobrenatural xamais escrito» e «conforma en por si unha categoría especial da literatura espectral». Dous aventureiros -o narrador e mais o sueco- emprenden unha viaxe en canoa polo maxestoso río Danubio que nun momento dado os leva a acam...

11,50 €
Detrás Da Máscara

Detrás Da Máscara

Alcott, Louisa May

Editorial Hugin e Munin

Detrás da máscara: o poder dunha muller publicouse por vez primeira en 1866 nas páxinas literarias do semanario de noticias de Boston The Flag of Our Union. Así a todo, non sería até un século máis tarde cando acadase a posición de privilexio que hoxe ten no conxunto da obra de Alcott. En 1975, unha editora independente neoiorquina e experta en Alcott, Madeleine B. Stern, resca...

15,00 €
Os Fillos Do Lume

Os Fillos Do Lume

Feijoo, Pedro

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Poucas cousas cambian a vida dunha persoa. Presenciar un asasinato é unha delas. A Porta do Sol é unha festa. Risos, barullo. Na praza ateigada de xente só uns poucos saben o que está a piques de acontecer. E, aínda así, ningún dos asistentes esquecerá xamais esta tarde de domingo. Un disparo camuflado no rebumbio, o alcalde botando a man ao peito antes de caer. Aí está o comez...

24,50 €
A Morte Do Meu Pai

A Morte Do Meu Pai

Eiré López, Afonso

Hércules Ediciones, S. a.

A morte do meu pai. Unha historia, un mar de sentimentos, un relato persoal que se fai, ao mesmo tempo, universal ao vernos reflectidos nos episodios, nas reflexións, nas arelas e nas angustias, medo e dor, pero tamén esperanza, calma e resignación... E retranca. E anacos de historia persoal que transcenden e se converten en leccións de vida que nos explican o pasado (a proclam...

17,90 €
Cans

Cans

Meixide, Carlos

Carlos Meixide

Nova nóvela de Carlos Meixide na que os protagonistas de ONS chegan ao Festival de Cans. Un libro que xorde da residencia que o autor fixo nesta aldea de cine invitado polo Festival dentro da sección Miradas de Cans. ...

12,00 €
A Ira Dos Mansos

A Ira Dos Mansos

Esteban, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

O cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e internacional. O inspector móvese habilmente polos diversos escenarios da cidade e vive, ao tempo, un proceso que derruba as súas barreiras emocionais. A ira dos mansos é unha magní...

18,95 €
Colleita Vermella

Colleita Vermella

Hammett, Dashiell

Editorial Hugin e Munin

Colleita vermella publicouse por vez primeira nos Estados Unidos de América en 1929. Trátase dunha obra pioneira do xénero negro, hoxe considerada pola crítica como unha das mellores novelas en lingua inglesa do século XX. Para amantes do hard-boiled, é de lectura inescusable: porque serve de modelo para a multitude de obras pulp que virían despois (non só na literatura senón t...

16,00 €
A Dúbida

A Dúbida

Reimóndez, María

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Unha muller é sorprendida pola chegada da policía á súa casa para deter o seu home, un político, por un presunto delito de abusos sexuais de menores. A acción de "A dúbida" desencadéase a partir dese feito, que provoca o conflito psicolóxico desa muller que empeza a dubidar se coñecía realmente ao home. Un ritmo áxil, a profundidade do conflito psicolóxico e a sutileza con que ...

19,95 €
A Fuga a Exipto

A Fuga a Exipto

Graña Villar, Bernardino

Editorial Galaxia, S. a.

Cóntase nela os cinco anos que María, Xosé e o seu fillo pasan en Exipto, escapando da furia de Herodes, rabioso por matar a Xesús, proclamado polo pastores rei de Israel. Escrita co ritmo, a organización argumental e a penetración nos personaxes das mellores novelas, A fuga a Exipto aproveita os máis novidosos achados da investigación histórica para transmitir a quen le o acon...

21,10 €
Fosca

Fosca

Tarchetti, Igino Ugo

Editorial Hugin e Munin

Fosca, asinada por Igino Ugo Tarchetti aínda que concluída por Salvatore Farina, editouse por entregas en Il Pungolo en 1869, ano no que tamén foi recollida en volume exento.Tarchetti foi o primeiro escritor italiano en utilizar un caso de histeria como centro para unha novela; Fosca naceu tras a experiencia dun dobre amor que el mesmo vivira. En 1863, en Varese, mantivo unha r...

12,00 €
Botchan

Botchan

Soseki, Natsume

Sushi Books (Rinoceronte)

Botchan é un mestre criado en Toquio que vai traballar a un afastado colexio de provincias. Alí converterase en vítima das falcatruadas dos seus alumnos e das manobras dos seus colegas. Baseado na propia experiencia do autor, Botchan é tan famoso na literatura xaponesa como pode selo Tom Sawyer na norteamericana. ...

16,00 €
Un Mapa Do Lar

Un Mapa Do Lar

Jarrar, Randa / Constante, Benxamín

Editorial Hugin e Munin

Un mapa do lar dá conta, mediante a narración en primeira persoa, das andanzas de Nidali, unha rapaza nada por azar en Boston, froito do complexo casoiro entre un palestino e unha greco-exipcia. A vida da cativa está marcada pola ocupación de Kuwait, escenario ao que se engade o campo de batalla doméstico. Nesta realidade plural, o lar sempre ausente é Palestina, a patria que N...

16,00 €
Kallocaína

Kallocaína

Boye, Karin

Editorial Hugin e Munin

Kallocaína, publicada orixinalmente en 1940, é a última e máis importante novela de Karin Boye, unha autora fundamental das letras suecas, tanto na súa faceta de narradora como na de poeta. Trátase dunha novela de ciencia ficción cun evidente carácter distópico. A súa aparición é posterior en oito anos a Un feliz mundo novo, do inglés Aldous Huxley, anterior tamén en oito a 198...

15,00 €
Un Animal Chamado Néboa

Un Animal Chamado Néboa

Costas, Ledicia

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir. Tampouco o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano. É en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal. No escenario da II Guerra Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns deles resultan imposibles de dixerir...

19,95 €
Dende o Conflito

Dende o Conflito

Reimóndez, María

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Premio Xerais de Novela 2014Saínza Combarro, unha xornalista galega que cobre conflitos bélicos para a BBC, vive en carne propia o dilema de optar polo cinismo e a resignación á hora de relatar o que ve cos seus propios ollos ou optar por defende ...

20,50 €
A Industria Do Sexo e Do Peixe Empanado

A Industria Do Sexo e Do Peixe Empanado

Pierrat, Emmanuel

Editorial Hugin e Munin

Cansas da precariedade do seu oficio de pescadoras e limita-das por unha sexualidade vilega con escasas alternativas, as xemelgas bretoas Gaëlle e Gwenaëlle, con dezaoito anos acabados de facer, acordan viaxar a París co obxectivo de se internaren nas prácticas sexuais da modernidade. Será Yann, un seu curmán afastado, o que se encargue de lles facer de cicerone polos máis senl...

10,00 €
A Memoria Da Choiva

A Memoria Da Choiva

Feijoo, Pedro

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que non encaixa na esce...

24,95 €
Derradeiro Libro de Emma Olsen, o (Vii Premio Repsol 2013)

Derradeiro Libro de Emma Olsen, o (Vii Premio Repsol 2013)

Davila, Berta

Editorial Galaxia, S. a.

Emma Olsen afronta os seus derradeiros meses de vida afectada por unha enfermidade terminal e sabe que a morte non tardará en chegarlle. Mais Emma Olsen é escritora, e decide dedicar o tempo que lle queda a rematar unha novela que non é exactamente unha novela, senón unha crónica en primeira persoa dos anos máis importantes da súa vida, os do final da adolescencia. Escribe para...

16,35 €
A Asasina

A Asasina

Papadiamandis, Alexandros

Editorial Hugin e Munin

Unha pequena illa grega, Skiathos, e unha muller de sesenta anos, Khadula, son os dous piares sobre os que Alexandros Papadiamandis asenta a súa desconcertante novela A asasina, unha obra publicada orixinalmente en 1903 que a día de hoxe é considerada de forma unánime pola crítica unha obra mestra das letras gregas. A novela móstranos unha sociedade pobre, ensumida na penuria, ...

15,00 €
As Voces Baixas

As Voces Baixas

Rivas, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Esta obra é unha construción de humor e dor. Unha novela da vida para chorar e rir. Quen son as voces baixas? Son as criaturas, os nenos e nenas, as mulleres que falan soas, os mortos, os animais... É a ironía a que sostén as palabras, a que terma das «voces baixas» para que non se afundan, para que resistan e mesmo procuren unha segunda vida á marxe das relacións de dominio ...

20,95 €