Saltar al contenido principal

Libros de Narrativa en galego 1287 resultados

Contos de Lama e Alcatram

Contos de Lama e Alcatram

Bernal, Diego

Edicións Embora

Esclarecerei, memso assim, e para que ninguém se sinta enganado, que estas páginas som só relevam um humor fino e atraente. Som, polo contrário, umha mistura de humor e luita de classes.Do prefácio de Carlos Taibo" O que ides ler a seguir nom é mais do que isso: vivências de cidade e aldeia, de cimento e poeira, convertidas nesta moreia de relatos. Porque, no fim de contas, tod...

16,00 €
Voos Diarios

Voos Diarios

Trigo, Xose Manuel G.

Editorial Galaxia, S. a.

Dicía Gregorio Marañón médico moi afeccionado ao xénero que a lectura dun diario literario sempre inspira un diagnóstico freudiano: un autor edípico (apaixonado pola súa nai, dicía don Gregorio), un autor onanista (apaixonado por si mesmo), un autor con complexo de Peter Pan, un autor fetichista, narcisista Por iso os diaristas ocultan con frecuencia o seu pecado. Tolstoi, por ...

15,90 €
Non Creo en Mais Vida Ca esta

Non Creo en Mais Vida Ca esta

Fernandez Dominguez, Jose Benito

Editorial Galaxia, S. a.

Non creo en máis vida ca esta relata os últimos días dun pai ao coidado do seu fillo, quen repasa a súa propia traxectoria. Desgarrada purga da memoria do narrador. A escritura como ferramenta introspectiva. O drama humano do éxodo rural e a emigración. Sofren desarraigamento, deixan atrás a pobreza en busca dun soño, pero teñen desigual sorte na procura de fortuna ou sinxelame...

18,50 €
Mulleres que Viven Xuntas

Mulleres que Viven Xuntas

Camino, Abril

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

En 1955, despois da morte de seu pai, Isabel, que aínda non fixo os dez anos, vese na obriga de marchar para Londres, onde será acollida polos tíos. Cando en 1968 regresa á súa aldea, preto de Compostela, coñece a Chus, unha mestra que coidou da súa nai mentres ela non estaba e con quen vai iniciar unha relación de amor que durará toda a vida. O medo ao que dirán e a manifestar...

19,50 €
Ventre de Madeira

Ventre de Madeira

Carou, Jose

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Ás tres menos vinte da madrugada do xoves 11 de outubro de 1990 Filucha pousou a súa copa na barra dun local das aforas de Santiago e dixo que era mellor marchar porque había exame á segunda hora. Xiao caía co sono e pasou a noite no meu cuarto, na miña cama. Erguémonos ás oito e media e saímos os dous en dirección ao campus. A cidade notábase distinta, triste. Despois, na cafe...

18,50 €
Triquiñons

Triquiñons

Ruibal Argibay, Jose

Editorial Galaxia, S. a.

No centenario do nacemento de José Ruibal, recupérase a obra narrativa que en galego escribe un autor que, desde un teatro en acción simbolista contra o franquismo, sería recoñecido internacionalmente no último terzo do século XX. Rematada en 1956, o orixinal de Triquiñóns sufriu de diversas vicisitudes que frustraron a súa publicación por causa dunha censura que tamén persegui...

20,50 €
Empatías

Empatías

Dacosta,Fernando

Laiovento, S. l.

En Empatías Fernando Dacosta interroga un dos conceptos máis complexos da experiencia humana. Doce pezas narrativas e poéticas articúlanse como un mosaico inquietante. A empatía non aparece aquí como territorio seguro, senón como unha zona ambigua onde a comprensión pode ser transformadora, perigosa ou imposible. Un mozo de dereitas, obsesionado coa perfección do seu peiteado, ...

14,94 €
A Vida a Arder

A Vida a Arder

Pérez, Abraham

Editorial Galaxia, S. a.

Un mozo que vai vivir coa súa parella, un home divorciado que vai comezar a súa xornada laboral, unha rapaza que perdeu o traballo visita os seus pais, unha carta desde Seúl vinte anos despois, un exconvicto que regresa á casa, dous amigos que asisten a un concerto... Cuestionando a clase, a masculinidade, o desexo, as relacións sociais e o devir da época, nestes relatos, escri...

18,50 €
Nailía

Nailía

Rodríguez Rodríguez, Loli

Editorial Galaxia, S. a.

Nailía é unha historia de historias. De amor, desamor e rancor; de superación, de esperanza e de perdón. Lía, a protagonista, nai e avoa, coidadora, tantas veces vagalume na escuridade para os seus, vai guiándonos por un universo de mulleres diferentes, de personaxes vulnerables, entrañables, mentres loita por non perderse no camiño. A pesar dos atrancos da vida, conserva a led...

21,70 €
Contos de San Petersburgo

Contos de San Petersburgo

Gógol, Nikolai Vasílievich

Rinoceronte Editora

Contos de San Petersburgo reúne cinco relatos de Nikolai Gógol, publicados entre 1835 e 1842, que pivotan sobre a maxestosa capital da Rusia do século XIX.Os personaxes destes relatos son seres comúns e solitarios que viven algún conflito universal que Gógol aborda con ironía, fantasía e tenrura. ...

18,00 €
Merlin e Familia

Merlin e Familia

Cunqueiro, Alvaro

Editorial Galaxia, S. a.

Publicada en 1955, esta é a novela coa que Cunqueiro comezou a súa obra narrativa logo de escribir varios libros de poemas. A historia dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Miranda luguesa chega ao lector a través do relato dunha testemuña directa, o paxe Felipe de Amancia, que lembra os tempos nos que traballou como criado do mago. A historia desenvólvese cunha permane...

17,00 €
Tres Mulleres

Tres Mulleres

Zweig, Stefan

Editorial Galaxia, S. a.

A acomodada Irene Wagner, a anciá Mrs. C. e unha anónima descoñecida son as mulleres que protagonizan estas tres breves obras mestras de Stefan Zweig, Medo, Vinte e catro horas na vida dunha muller e Carta dunha descoñecida. Tres retratos femininos, dos seus desexos, fracasos, pensamentos e medos, obra dun narrador extraordinario e elegante capaz de afondar dun xeito maxistral...

15,50 €
En Galego, en Curto, en Galicia

En Galego, en Curto, en Galicia

Naveira, Pedro

Toxosoutos, S. l.

Este conxunto de relatos curtos ten un contexto común, tan pequeno en aparencia como infinito en realidade: o da nosa terra galega. Unha visión crúa e sen ambaxes da alma mariñeira. A Galicia profunda. A solidariedade en clave galega. Un achegamento ao mundo das meigas e os espíritos, que habelos hainos. Unha viaxe pola liña, ás veces imperceptible, que delimita o mundo real e ...

14,00 €
A Mais Recondita Memoria Dos Homes

A Mais Recondita Memoria Dos Homes

Mbougar Sarr, Mohamed

Aira

Diégane Latyr Faye, escritor senegalés emigrado en París, descobre o mítico libro O labirinto do inhumano, publcado no 1938, que convertera nun maldito o seu autor, T. C. Elimane, polas acusacións de plaxio. Fascinado por el, Faye pescuda o seu rastro a través dos relatos das persoas que o coñeceron e o amaron. Esta novela lese como un policial literario, unha viaxe de Francia ...

22,90 €
E Ti, por que Queres Falar Diso?

E Ti, por que Queres Falar Diso?

Leirós De La Peña,Paz

Alvarellos Editora

Quen foron os que apoiaron o golpe de Estado de 1936 en Santiago de Compostela? Por que o fixeron? Este libro é un testemuño literario cunha enorme carga de verdade, honestidade, dor e contradicións, que plasma un tiempo difícil e incómodo dun xeito extraordinariamente orixinal, un tempo que expresa ademais a dificultade das mulleres para tomar decisións sobre a súa propia vida...

16,50 €
Canto Máis Negra é a Amora..

Canto Máis Negra é a Amora..

Thurman, Wallace

Irmás Cartoné

A pel de Emma Lou Morgan é negra, tanto que lle provoca tristeza e humillación non só na comunidade maioritariamente branca da súa cidade natal de Boise (Idaho), senón tamén entre a súa familia e amizades, de pel máis clara. Na procura dun círculo onde a acepten, aos dezaoito anos deixa o fogar familiar e viaxa primeiro a Los Angeles e despois a Nova York, onde nun Harlem en pl...

18,50 €
O Axente Secreto

O Axente Secreto

Conrad, Joseph

Irmás Cartoné

Na súa vida diaria, o señor Verloc é propietario dun comercio no Soho, mais baixo esa máscara de normalidade agóchase un axente provocador que, a soldo dunha embaixada, finxe ser membro dun grupo revolucionario. Cando, obrigado polo seu xefe, se ve envolto nun complot terrorista para poñer unha bomba no observatorio de Greenwich e desacreditar así os anarquistas, os acontecemen...

18,50 €
Dracula

Dracula

Stoker, Bram

Aira

Unha sombra, sepultada durante séculos, esperta na Transilvania. O seu poder maléfico está a piques de estremecer as barulleiras rúas de Londres. Mais un equipo liderado por Mina Harker e Abraham Van Helsing está preparado para enfrontarse ao vampiro entre vampiros. Drácula é unha das obras máis famosas da literatura popular. Adaptada centos de veces ao cine e á televisión, pro...

32,50 €
Contubernio Picacho

Contubernio Picacho

Fandiño, Xaime

Elvira Editorial

¿Què hace una familia menonita viviendo en el ayuntamiento de Cangas do Morrazo?¿Cómo llegaron a asentarse en el valle de Coiro Sigmund, Emily y sus hijos: el adolescente Blaz y las gemelas Agneta y Eda?¿Cuál es el secreto que se oculta tras esos recién llegados que venden en el mercadillo de pueblo productos de la tierra de cultivo ecológico, vestidos con los ropajes tradicion...

25,00 €
Menos que Humano. (Literatura Universal)

Menos que Humano. (Literatura Universal)

Dazai, Osamu

Editorial Galaxia, S. a.

Por medio de tres fotografías e varios documentos autobiográficos que caen en mans do narrador, revélansenos algúns episodios da infancia e da mocidade de Yozo Oba, un inadaptado nato, benxamín dunha podente familia de provincias que cuestiona, desde a máis tenra idade, a hipocrisía, as incongruencias e todo o negativo que para el a humanidade comporta. Na súa incapacidade de c...

16,00 €
Cranford. (Literatura Universal)

Cranford. (Literatura Universal)

Cleghorn Stevenson, Elizabeth

Editorial Galaxia, S. a.

Cranford é a obra máis popular de Elizabeth Gaskell. A través da figura de tres irmás solteiras, asistimos aos pequenos e grandes acontecementos da vila: matrimonios, mortes, estreiteces económicas? Un fráxil microcosmos rural que as grandes mudanzas sociais da Revolución Industrial estaban a transformar axiña para pasmo dos seus veciños.A paisaxe, a ambientación, o humor e a i...

20,50 €
O Trevo de Catro Follas

O Trevo de Catro Follas

Duro Mansilla, Maria / Ugarte, Daniel

Morgante

Unha muller galega residente en Bruxelas comeza a escribir un diario por recomendación da psicóloga do hospital no que vai someterse a un tratamento de quimioterapia.Trala súa morte, o seu marido le os cadernos e reconstrúe a historia dos últimos anos xuntos, coa esperanza de manter viva a memoria dela e así ser quen de pasar o dó. ...

17,50 €
A Praza Do Diamante

A Praza Do Diamante

Rodoreda, Mercè

Rodolfo e Priscila

Na Barcelona convulsa da preguerra e da posguerra, Natlia ûColometaû arrástrase entre as tarefas domésticas, os fillos, o pan e a escaseza, sen apenas saber quen é. A súa é a historia dunha muller sometida a un matrimonio opresivo nun mundo que lle impón silencio e obediencia, pero tamén a dunha conciencia que esperta, a dunha linguaxe que se abre paso ata atopar a súa verdade....

21,00 €
O Nariz de Cirano e Outros Nobelos

O Nariz de Cirano e Outros Nobelos

Iglesias, Bieito

Aira

Neste libro de relatos, Bieito Iglesias fai un percorrido a medias nostálxico a medias irónico sobre varios dos grandes temas presentes de sempre na súa literatura: A pegada da doenza e mais da infancia, a lembranza dos seres queridos, o final do mundo tradicional... Gran variedade de personaxes e atmosferas onde conviven o sentido do humor e moita, moita música italiana. ...

18,00 €
Compostela

Compostela

Varios Autores

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

«A arte de escribir consiste en dicir moito con poucas palabras», afirmaba Chéjov, o pai do conto moderno. Un reto para quen crea e unha aventura para quen le. Nestes vinte e dous relatos de «Compostela» achegámonos á cidade dende diversas voces e olladas, mais tamén fuximos dela a arrabaldes de grandes urbes, a vilas pequenas ou a barrios con encanto. Neste paseo literario goz...

21,50 €
O Loito e esa Cousa con Plumas

O Loito e esa Cousa con Plumas

Porter, Max

Rinoceronte Editora

Nun piso de Londres dous nenos enfróntanse á insoportable tristeza pola morte repentina da súa nai. O seu pai, un sentimental experto na obra de Ted Hughes,?imaxina un futuro baleiro.Neste momento de desesperación, visítaos o Corvo (antagonista, trapalleiro, curandeiro e neneiro), que ameaza con quedar nesta familia ata que xa non o necesiten. ...

17,00 €
O Lanzador de Coitelos

O Lanzador de Coitelos

Castro Paredes, Fernando

Editorial Galaxia, S. a.

Premio Galaxia 75 anos 2025. Un sicario é contratado para raptar unha figura prominente das letras, un poeta húngaro emigrado a París. A operación terá un xiro inesperado e ambos os dous protagonistas acabarán confrontados co seu pasado. Con esta premisa arrinca O lanzador de coitelos, unha novela que parte dos códigos do thriller máis clásico para transcender o xénero cunha es...

23,20 €
Os Castelos de Athlin e Dunbayne. (Literaria Universal)

Os Castelos de Athlin e Dunbayne. (Literaria Universal)

Radcliffe, Ann

Editorial Galaxia, S. a.

Os castelos de Athlin e Dunbayne (1789) é unha das obras aurorais da novela gótica. Ambientada nas Highlands escocesas, o relato mergúllanos nunha intensa historia de amores, crimes, traizóns e vinganzas onde a procura da honra, a nobreza dos sentimentos e a rectitude no obrar constitúen os esteos dun mundo de valores medieval que alcanza, aquí, unha das súas máximas expresións...

17,25 €
Comandantes e Familiares. (Biblioteca Xavier Alcala)

Comandantes e Familiares. (Biblioteca Xavier Alcala)

Alcala, Xavier

Editorial Galaxia, S. a.

1961. Na Habana, Nieves Docampo non dá esquecido o seu amor coruñés, mais acepta a oferta simpática dun dos seus pretendentes, cardiólogo famoso e declarado ?imprescindible? polo sistema castrista. A partir do casamento, as relacións da emigrante multiplícanse e chegan ata o núcleo profundo dos mayimbes. Para Fidel, Raúl, Celia Sánchez, o Che e outros comandantes, pasa a ser La...

23,70 €
Nais

Nais

Valcárcel, Charo

Baía Edicións

Nais é unha historia de mulleres, de nais que teñen que afrontar unha vida marcada polas perdas, pola dor, polo engano, pola violencia... Son mulleres de varias xeracións da mesma familia que imos coñecendo a través da súa relación con Sara, enlace entre o presente e o pasado. Sara nai, Sara muller, Sara avoa, pero tamén a Sara filla, vítima dunha carencia afectiva incomprensib...

15,00 €