Saltar al contenido principal
Unha Muller Perdida

Unha Muller Perdida

Cather, Willa

Unha muller perdida, novela publicada orixinalmente en lingua inglesa no ano 1923, ten como protagonista a suxestiva Marian Forrester, que Willa Cather, gañadora dun premio Pulitzer, presenta a través da voz narrativa e da mirada fascinada e esperta de Niel Herbert dende cativo. A historia, enriquecida cun fato de personaxes perfilados con habelencia -como o capitán Forrester, ...

Editorial:
Editorial Hugin e Munin
Año de edición:
2018
ISBN:
978-84-948805-6-8
Encuadernación:
Rústica
15,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Unha muller perdida, novela publicada orixinalmente en lingua inglesa no ano 1923, ten como protagonista a suxestiva Marian Forrester, que Willa Cather, gañadora dun premio Pulitzer, presenta a través da voz narrativa e da mirada fascinada e esperta de Niel Herbert dende cativo. A historia, enriquecida cun fato de personaxes perfilados con habelencia -como o capitán Forrester, o matrimonio Ogden ou o avogado Ivy Peters-, está ambientada en Sweet Water, unha localidade ficticia que, coma noutras obras de Cather, se enmarca nos tempos do gran desenvolvemento do Vello Oeste americano.

A prosa sinxela, nostálxica e evocadora da escritora permite penetrar nunha historia salientable en canto ao tratamento do paso do tempo ou á súa capacidade para transmitir a beleza e a decadencia dun estilo de vida refinado que esmorece de forma inexorable. Tamén, no que se refire a Niel Herbert, contén moitos dos trazos característicos da novela de formación, entre outros a decepción que a miúdo acompaña a entrada na madureza.

Artículos relacionados

Diario Do Paraíso

Diario Do Paraíso

Dahlgren, Marta

Iria ten dezaseis anos cando comeza a traballar nun pazo decadente e inabarcable como criada para todo. Ela, e o seu irmán, que é xardineiro, traballan duro para que os misteriosos dona Ana e don Xan poidan sobrevivir. Este é o diario da relación entre todos eles, un diario dun paraíso. Pero os paraísos terreais non duran para sempre. A primeira novela de Marta Dahlgren revive ...

19,95 €

A Boca de Krishna

A Boca de Krishna

Pena, Xosé Ramón

Esta é a historia de dous irmáns fascinados polas estrelas desde nenos. Ernesto Estévez hase converter nun astrofísico de sona mundial, investigador de novas galaxias; Clara Estévez convencerase de que aí fóra hai vida extraterrestre que inflúe decisivamente no devir da súa familia. Xosé Ramón Pena volve a ollada cincuenta anos atrás para contarnos a microhistoria recente de Ga...

19,95 €

O Mundo Do Tarabelo

O Mundo Do Tarabelo

Monfadal,Luciano Do

Tarabelo naceu en maio de 1975 e finou en decembro de 1990. Viviu na aldea de Abrente cunha familia de labregos e pola noite ou pola mañá, dende a súa cama de palla, vainos relatando feitos do seu día a día. Tamén nos transmite algunhas conversas que se daban naqueles tempos e, por suposto, moitos contos de lareira.É como unha bitácora, só que en vez de escribilo no camarote do...

15,00 €

Cáncara

Cáncara

Alonso, Fran

Outubro de 1983; o alcade da vila mariñeira de Cáncara ordena apresar e deter unha vaca por pastar herba pública e a Policía Municipal condúcea ao calabozo do Concello. A noticia do acontecido percorre o mundo, e publícase no «New York Times» e no «Washington Post». A partir deste feito insólito, Fran Alonso escribe unha novela sobre o poder, ateigada de humor, que reconstrúe ...

17,95 €

A Terceira Luz

A Terceira Luz

Keegan, Claire

Durante un verán, na Irlanda rural de comezos dos anos oitenta, unha nena é deixada polo seu pai ao coidado duns parentes a quen apenas coñece. A nai da nena está embarazada e teñen moitos fillos. Na casa dos Kinsella, en cambio, non hai ningún neno. Pero esa non é a única diferenza entre o seu fogar e e a nova casa que a acolle. Todo alí parece, de feito, moi distinto. E a nen...

18,00 €

Porto Escondido

Porto Escondido

Oruña, María

Un descubrimento inesperado nunha antiga vivenda saca á luz un segredo enterrado durante décadas. O que comeza como unha investigación aparentemente rutineira convértese nunha trama complexa onde pasado e presente se entrelazan con precisión milimétrica. Unha historia de misterio, memoria e tensión narrativa que marcou un antes e un despois na carreira da autora e que, dez anos...

22,95 €

Otros libros del autor

Lucy Gayheart

Lucy Gayheart

Cather, Willa

El padre de Lucy Gayheart, relojero y director de la banda municipal del pueblo de Haverford, ha costeado con ilusión y esfuerzo la educación musical de su hija en Chicago. Esta es una joven sensible, impulsiva y brillante. Un día le surge la oportunidad de acompañar al famoso barítono Clement Sebastian, un hombre mucho mayor que ella a quien el contacto con la juventud parece ...

14,00 €

El Caso de Paul

El Caso de Paul

Cather, Willa

El caso de Paul fue publicado por primera vez en 1905 dentro del primer libro de cuentos de Willa Cather, El jardín de los Troll, que lanzó su carrera. El relato, considerado uno de los mejores de la literatura norteamericana de todos los tiempos, explora las contradicciones de muchos jóvenes con vocación artística que viven en un mundo materialista. Cather se basó en un hecho ...

11,95 €

La Muerte Llama Al Arzobispo

18,95 €