Saltar contido

Libros de Poesía en galego 796 resultados

Poeta en Nova York

Poeta en Nova York

García Lorca, Federico

Editorial Galaxia, S. a.

A Editorial Galaxia publica en galego a obra poética cume de Federico García Lorca coincidindo co gallo dos 80 anos da súa saída. Texto hipnótico, serviulle ao seu autor para explicar que os negros poden ser xitanos andaluces, e que o blues é flamenco, que todas as persoas senten igual en calquera lugar do mundo e que debaixo do asfalto de Manhattan latexa unha vida extraordina...

16,80 €
O Valo de Manselle

O Valo de Manselle

Angueira Viturro, Anxo

Apiario

É este un valo de palabras para un valo de pedras. Unha homenaxe ao traballo comunal, a un territorio simbólico e poético no que o autor amosa as distintas voces que o compoñen. Un libro de libros no que descubrir o poder da vontade. Estamos ante un poemario de calidade granítica e con esta edición celebramos os 25 anos da súa construción. ...

15,00 €
Fragmento / Creba

Fragmento / Creba

Pérez, Abraham

Editorial Galaxia, S. a.

Un poemario dun autor que, malia a súa xuventude, é quen de gravitar coa palabra no máis profundo da conceptualidade ontolóxica, esa en que hai que entrar para entender o mundo ou, cando menos, para significalo. A realidade non é uniforme. A existencia móstrasenos. E a través das súas fendas, o poeta penetra dende sílabas tamén feitas anacos. O poema é un mapa que encaixa na re...

17,50 €
Follas Novas

Follas Novas

De Castro, Rosalía

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Rosalía de Castro (1837-1885) publicou Follas novas en 1880, comprometida como estaba na recuperación e dignificación da nosa lingua, despois da edición de Cantares gallegos en 1863. Posiblemente aquí están as páxinas e os versos máis intensos da nosa autora, os sentimentos máis desacougantes, as grandes preguntas universais, a sociedade, a morte, a inxustiza, o baleiro... Tam...

15,95 €
Heloísa

Heloísa

Chus Pato

Urutau

Heloísa, entón, finxe ser tragada por referencias mitolóxicas, permite que os falsos augures e as alfaias certas do simbólico se acomoden baixo a súa lingua. E alí sitúa a voz. A esmeralda, logo. Con dificultade contén o riso polas cóxegas que lle fan, que aos poetas sempre lles produciron, os formularios da Tradición Unánime a cen pesos, igual que a primavera. Lentamente recor...

12,00 €
Atlas

Atlas

Cid, Alba

Editorial Galaxia, S. a.

Velaquí este poemario de Alba Cid, unha poeta chamada a ocupar un lugar de seu na poesía galega próxima. Recoñecida dende moi nova en moitos certames poéticos, publica agora Atlas, un texto singular en que a palabra e a imaxe viaxan da man canda a ollada asombrada da poeta. Etimoloxías, historias naturais, prácticas culturais diversas Os poemas e as fotografías fan calas nos c...

13,60 €
A Herba de Namorar

A Herba de Namorar

Do Cebreiro, Maria

Editorial Galaxia, S. a.

Vinte anos de poesía non son poucos. A herba de namorar condensa en cincuenta poemas a produción de María do Cebreiro dende a aparición de o estadio do espello en 1998 ata o recente Soños. Arquivos. Cartas (2018). Neste volume onde tamén atopamos poemas inéditos acompañamos o caudal e os meandros dunha das voces máis singulares e recoñecidas da poesía do novo século. A herb...

17,10 €
Un Libre Favor

Un Libre Favor

Pato, Chus

Editorial Galaxia, S. a.

Que lea esta obra hase atopar coa poesía nun estadio material, de cousa. Non esa poesía que está dentro dunha urna e non se pode tocar. Ao contrario, a sensación da apalpar algo maleable e ao tempo firme, sereno e desacougante, inasible e propio. A sensación dunha apropiación que non é propiedade. Poesía cun ton e unha intención, cunha forma e unha música que, con distorsións ...

14,35 €
Con Pólvora e Magnolias

Con Pólvora e Magnolias

Méndez Ferrín, X. L.

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Con pólvora e magnolias (1976) é unha referencia obrigada na lírica contemporánea. Unha certa perspectiva histórica salienta cada vez máis a significación deste libro, que marcou un fito, unha mudanza radical e necesaria na poesía galega dos últimos anos. Amor e desamor, paixón pola vida e afirmación de vellos e inconmovibles soños constitúen a base principal deste poemario re...

12,50 €
Feliz Idade

Feliz Idade

Novo, Olga

Faktoria K de Libros, S. a.

Con "Feliz Idade", Olga Novo tende unha mecha desde a xeración que a precedeu á que lle segue; entre o onte e o mañá da estirpe, alén do pasamento do pai e da nenez da filla. Nese punto, no territorio puro e esperanzado do presente, estes versos ofrécennos o avanzar dun lume libertario ao que os seus lectores asistimos enmeigados e pampos. ...

15,00 €
Ostraka

Ostraka

Valle, Luis

Editorial Galaxia, S. a.

Aborda o esquecemento dunha parte das palabras e dos contextos vitais do eu poético. Nestes versos constrúese e noméase a desmemoria e todo aquilo que, aos poucos, vai caendo na insignificancia. Cunha escrita fragmentaria, precaria e marxinal, coma os fragmentos cerámicos nos que se rexistraba o nome dos condenados ao ostracismo, o poeta reflexiona sobre a vida, a linguaxe e o ...

17,50 €
Todo Isto Antes Era Noite

Todo Isto Antes Era Noite

Aldao Sánchez, Lucia

Apiario

Di Lucía Aldao "Todo isto antes era noite é un libro que abre tantas cousas como pecha, que ilumina ensombrece a partes iguais. Nel trázase o mapa da aprendizaxe sentimental, e hai unha ruta nocturna que atravesa o mellor e o peor das relación coas demais e comigo mesma. Todo isto antes era noite é un paseo pola intimidade, é entrar e saír. Vas ter que ir de cañas coa autora de...

16,00 €
Carne Da Minha Carne

Carne Da Minha Carne

Susana Sánchez Aríns

Apiario

Nesta plaquette Susana Sánchez Aríns calcula a "aritmética do grão", descubrindo as mans e "os braços que sostenhen o mundo. O doméstico amósase como símbolo que ha de marcar ao eu poético para cantar esta carne con "caligrafia milha". ...

12,00 €
Tempo Fósil

Tempo Fósil

Pallarés, Pilar

Chan Da Pólvora

Pallarés comezou a escribir Tempo Fósil a finais do ano 2011, cando a ampliación do aeroporto de Alvedro levou por diante a casa familiar, que o seu pai construíra coas súas propias mans. O libro medrou deste xeito arredor da destrución do lugar, da familia e da imposibilidade de deixar pegadas indelebles. Máis que unha indagación na nostalxia, estamos ante un libro extraordina...

15,00 €
Long Play

Long Play

Pérez Díaz, Lois

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

" Long Play " soa coma unha poesía incitada polas persuasións da aventura e do risco, conformando unha sorte de " jukebox de autoxeografía " . Estes versos teñen un pé no feitizo do estético, transitando pola benévola tiranía da rima; e outro, na inm ...

19,50 €
O Gran Rexeitamento

O Gran Rexeitamento

Salgado García, Daniel

Apiario

El laboratorio NUMAX fue el encargado del diseño de la publicación, que formará parte de la colección Cera de Abella . El autor, Daniel Salgado, es xornalista en Sermos Galiza . Licenciado en Ciencias da Comunicación e xa conta con outros poemarios como Éxodo (2006, Ed. Xerais), Os poemas de como se rompe todo (2007, Sotelo Blanco), Ruído de fondo (2012, Ed. Xerais), Dos tempos...

12,00 €
Migrant Shores

Migrant Shores

Manuela Palacios

Salmon Poetry

The poems in this collection trace the steps of migrants from north and south, male and female, of lighter and darker complexion, young and old, because to exist is to move forward, as the etymology of the verb "exist" implies. Migrant Shores brings together writers from three Atlantic countries, Morocco, Galicia, and Ireland, aware as they are of the shared ordeal of migration...

12,00 €
Desescribindo

Desescribindo

Aleixandre, Marilar

Apiario

Se alguén que escribía poesía morría afirmábase que non se enterraba, antes ben «enversábase» e, cando alguén lía os seus poemas, «desenversábase», isto é, cobraba vida de novo. Tamén hai algo felizmente novo no proceso de «desescribir» ao que alude Marilar Aleixandre desde o título deste libro de poemas. Desescribindo -é significativo o emprego do xerundio que apunta a un...

16,00 €
Follas Novas

Follas Novas

Castro, Rosalía De

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Despois de "Cantares gallegos" (1863) e o remuíño que esta obra supuxo, Rosalía de Castro dá un paso decisivo no proceso de emerxencia do campo literario galego con "Follas novas" (1880). O seu lirismo intrasubxectivo e radical, lonxe do romanticismo convencional, a nova flexión realizada da alegoría nacional de Galicia e a renovada concepción estética e autónoma do feito liter...

24,50 €
Os Fillos Da Fame

Os Fillos Da Fame

Ramos, Ismael

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Sentiredes que o vento asubía nas gaiolas dos pescadores. Notaredes como os pés se vos afunden nos areais. Miraredes nais alimentando os fillos na praia. Veredes gaivotas atragoarse con peixes. Escoitaredes «el camaleón, el camaleón» no café Plantacións. Entraredes no templo. Iredes recibir o pai, por suposto con camisa branca, para logo despedilo. A verdadeira poesía crea ter...

14,90 €
Poesía Hexágono

Poesía Hexágono

Vvaa

Apiario

Poesía Hexágono. Ollada e Experiencia. Proposta e resposta nas aulasEstíbaliz Espinosa Yolanda Castaño Carlos Negro Celso Fernández Sanmartín Antía Otero Dores Tembrás Mauro TrastoyNunha ollada a seis bandas sobre Poesía *s autor*s falan e escriben dende a súa propia experiencia. Destinado a docentes mais tamén a tod*s aquel*s interesad*s na palabra, Poesía Hexágono dá resposta...

15,00 €
Celebración

Celebración

Gonzalo Hermo González

Apiario

A poesía aparece cando non abondan as palabras. Por iso o poema acredita na linguaxe e desconfía dela a partes iguais. Consciente da época en que agroma, onde o vello esmorece pero o novo non acaba de nacer, este libro ensaia un tipo de escrita antinostálxica, que renega da ruína e celebra o que está por vir. Premio da Crítica 2014. Premio Nacional Miguel Hernández. Modalidad J...

15,00 €
Anamnese

Anamnese

Eli Ríos

Sotelo Blanco, Edicions

Carolina, unha filla da burguesía que vai pasar uns días ao balneario coa súa avoa, unha vella dama da alta sociedade que encarna os valores rancios dunha clase que non dubidaba en facer valer os seus privilexios, convértese en protagonista involuntaria, xunto ao seu amigo Tomás, dunha confabulación contra a Xefatura de Goberno da España riverista.As Escaleiras de Honor do Baln...

6,00 €
Bretemada

Bretemada

López Abente, Gonzalo

Alvarellos Editora

"Un acontecimiento literario de altísima importancia". Así define este descubrimiento editorial el presidente de la Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, en el prólogo a "Bretemada", el poemario inédito de Gonzalo López Abente (Muxía, 1878-1963) el escritor a quien, hace precisamente 40 años, en 1971, se le dedicaba el "Día das Letras Galegas". El libro contiene un tot...

20,00 €
Antoloxía Poética

Antoloxía Poética

Pereiro, Lois

Editorial Galaxia, S. a.

Cunha introdución na que o poeta Daniel Salgado propón unha nova lectura da obra de Lois Pereiro, esta antoloxía inclúe 51 poemas que testemuñan a homoxeneidade dunha obra concibida case a xeito de poema único, case coma as follas dun diario. Unha poesía en tensión que só resiste ao fracaso, á claustrofobia vital, mediante a rebeldía contra un mundo convulso. ...

13,45 €
Tempo de Elexía

Tempo de Elexía

Novoneyra, Uxío

Alvarellos Editora

Libro+CD de uno de los poetas gallegos más destacados de todos los tiempos. Uxío Novoneyra alcanza, con Tempo de elexía (su segundo libro) el culmen de su creatividad e inspiración. Versos que, en palabras del autor, "buscan los estados límite del Hombre delante del Amor y la Muerte, la angustia y la distancia interior". ...

20,00 €
Herba de Aquí e de Acolá

Herba de Aquí e de Acolá

Cunqueiro, Álvaro

Editorial Galaxia, S. a.

Un feixe de poemas do mellor Cunqueiro foron recollidos neste libro, que amosa unha vez máis a modernidade da súa escritura. Gárdanse nas súas páxinas pezas mestras, nun conxunto que resultou clave na modernización da lírica galega a partir dos anos 80. ...

17,50 €
Obra Completa

Obra Completa

Pimentel, Luís

Editorial Galaxia, S. a.

A Academia Galega dedicou en 1990 o Día das Letras Galegas a Luís Pimentel como recoñecemento á obra dun poeta que publicaba en 1950, na mítica colección Benito Soto, o seu primeiro libro, Triscos, ao que seguiría en 1959 o que se considera o seu poemario central, Sombra do aire na herba, publicado postumamente por Editorial Galaxia cunha introdución de Celestino Fernández de l...

32,95 €
Cantares Gallegos

Cantares Gallegos

Castro, Rosalía De

Editorial Galaxia, S. a.

A importancia literaria mais tamén simbólica deste poemario bótase de ver no feito de que a data da súa publicación, o 17 de maio, fose instaurada pola Real Academia Galega como Día das Letras Galegas. A obra da poeta inclúe outro dos poemarios máis sobranceiros da literatura galega, Follas novas (1880), e En las orillas del Sar, escrito en castelán, lingua na que tamén escribi...

15,20 €
Ouveo e Outros Poemas

Ouveo e Outros Poemas

Ginsberg, Allen / Hidalgo, Xoán Carlosil.

Edicións Positivas, S. l.

Allen Ginsberg naceu en Paterson, New Jersey. Andou no movemento beat dos anos cincuenta, cos hippies e con Jack Kerouac, Neal Cassady, William S. Burroughs ou Gregory Corso. A poesía de Ginsberg estivo influida polo modernismo, o romanticismo, o beat e a cadencia do jazz, e mais a práctica do budismo Kagyu e a súa orixe xudía. Sempre se considerou herdeiro de William Blake e W...

10,00 €