Saltar contido
Un Libre Favor

Un Libre Favor

Pato, Chus

Que lea esta obra hase atopar coa poesía nun estadio material, de cousa. Non esa poesía que está dentro dunha urna e non se pode tocar. Ao contrario, a sensación da apalpar algo maleable e ao tempo firme, sereno e desacougante, inasible e propio. A sensación dunha apropiación que non é propiedade. Poesía cun ton e unha intención, cunha forma e unha música que, con distorsións ...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Ano de edición:
2019
ISBN:
978-84-9151-331-5
Páxinas:
116
Encadernación:
Rústica
Colección:
Dombate
14,35 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Que lea esta obra hase atopar coa poesía nun estadio material, de cousa.

Non esa poesía que está dentro dunha urna e non se pode tocar. Ao contrario, a sensación da apalpar algo maleable e ao tempo firme, sereno e desacougante, inasible e propio. A sensación dunha apropiación que non é propiedade. Poesía cun ton e unha intención, cunha forma e unha música que, con distorsións e melodías varias, se escoita como tal. A materia poética como iso que podemos tocar e nos afecta mais do que non nos podemos apropiar. Esa é a finalidade dos obxectos: deixar de amosarse como un mecanismo puro, darse a quen os contempla, a quen por iso parecen facerlle un favor libre, desinteresado. A beleza á o indicio desa relación.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Terra Baixo As Uñas

Terra Baixo As Uñas

Aleixandre, Marilar

Editorial Galaxia, S. a.

Enmarcado nun proxecto literario chantado na memoria histórica e as violencias sociais, Terra baixo as uñas convócanos a determinados lugares Madrid, Valencia impactados por balas, obuses, alagamentos, exilios A través dunha escrita aberta en canle e tamén carnal, a autora realiza un exercicio de escavación que, ao tempo que se pensa a si mesmo, desenterra historias, exhuma cor...

14,50 €
Peixes de Luz

Peixes de Luz

Ferradáns, Miriam

Kalandraka Editora, S. l.

Estala a mañá no frío do porto. Uns homes fumanapoiados na varanda branca. Miran o mar.Miran o mar e mais o ceo. Nunca entre eles. Este libro armouse como un poema longo, fragmentario e coral, ambientado nun espazo portuario que é territorio físico e, asemade, simbólico. A autora observa os corpos dos homes do mar e busca as palabras que apreixen o vínculo entre o traballo, o c...

15,00 €
Forma Crúa de Vida

Forma Crúa de Vida

Cid, Rosendo

Editorial Galaxia, S. a.

Escrito desde a necesidade de entender os mecanismos do humano, e plasmado por quen posúe a intuición, a intelixencia e a perspicacia precisas para desentrañalos (ou inventalos), Forma crúa de vida é un libro de espírito aforístico e aproximación surrealista que indaga na individualidade como un construto imaxinario ou social. ...

18,20 €
O Milagre Da Pera no Tempo.

O Milagre Da Pera no Tempo.

Díaz Estévez, Suso

Diputación Provincial de Ourense

O milagre da pedra no tempo é un canto de amor, devoción e asombro ante un dos grandes tesouros do noso patrimonio: o templo visigótico de Santa Comba de Bande e a memoria mítica de San Trocado. Coincidindo co centenario da súa declaración como Monumento Nacional, o poeta Suso Díaz Estévez constrúe unha arquitectura de palabras e silencios que latexa coa forza dos séculos, as a...

15,00 €
Douche o que Non Teño

Douche o que Non Teño

Ferreiro, Mar

Medulia Editorial S. l.

: Alén disto, prégolles aos lectores e lectoras que se deteñan nestas páxinas con todo o cariño e admiración que merecen, que escoiten as palabras de Yeats no seu poema "Ofrenda": "E se eu tivese o pano brocado dos ceos, entretecido con luz de ouro e prata, o pano azul-escuro, tebr...

14,90 €
Desenfundo a Pistola

Desenfundo a Pistola

Alfaya, An

Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.

Desenfundo a pistola é un poemario que afronta sen concesións a violencia, a desigualdade e as feridas que o patriarcado grava no corpo e na memoria das mulleres. Cunha voz poética intensa e depurada, An Alfaya constrúe un itinerario de resistencia onde a dor convive coa dignidade, a rabia coa esperanza e o silencio coa necesidade de nomear o que durante demasiado tempo permane...

18,00 €

Outros libros do autor

Poesía Reunida Volumen Vii [Sonora]

Poesía Reunida Volumen Vii [Sonora]

Pato, Chus

Ultramarinos

Después de su colosal m-Talá (Poesía reunida. Volumen III), adelantamos el séptimo volumen de la poesía de Chus Pato para publicar su reciente obra, Sonora, otra muestra de la maestría de una autora con un proyecto poético apabullante. Un poemario en nueve ondas concéntricas (y un excurso) que aborda la pérdida de la madre, la muerte en diálogo con el poema. Como de costu...

22,00 €
Sonora

Sonora

Pato, Chus

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

«Sonora» é unha conversa entre o poema e a morte. Sonoro é o ollo do lago: algo cae e produce nove acordes, nove ondas no fulgor da noite. Sonora é a alianza que se herda, o anel que grava o nome na cara interna do metal. Sonoro é o coito, a éxtase. Sonora, a orfandade materna que sitúa a escrita deste libro na rompente da estirpe. ...

13,95 €
M-Talá

M-Talá

Pato, Chus

Fundación Euseino?

Denominada Edición do Vixésimo Aniversario, esta edición inclúese nun volume extra polo seu carácter de celebración e, sobre todo, polo significado singular que este poemario tivo tanto respecto da obra ata aquel momento publicada pola poeta coma pola forma en que foi recibido, recepción que outorgou a condición de feito extraordinario a esta obra.Trátase dunha nova edición, re...

17,00 €
Charenton

Charenton

Pato, Chus

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Charenton de Chus Pato é un mecanismo de captura: flexibiliza as fronteiras entre o «real» (que non existe, e que si existe) e a ficción (que sempre existe) nunha dirección inversa ao habitual e a ficción tórnase realidade nos impactos do idioma. Charenton é tamén un fluído de fugas ou reflexión sobre fragmentos textuais e políticos do noso pasado e presente. Charenton inventa ...

17,50 €
Poesía Reunida Vol Iii (2000)

Poesía Reunida Vol Iii (2000)

Pato, Chus

Ultramarinos

No hay forma más clara de decirlo: m-Talá, la obra que contiene este tercer volumen de la poesía reunida de Chus Pato traducida al castellano es un monumento. Publicada originalmente en gallego en el año 2000, rematando el siglo XX, resulta difícil pensar en un texto poético en cualquiera de las lenguas de la península que iguale su osadía lingüística y el calado de un pen...

18,50 €
Carne de Leviatan

Carne de Leviatan

Pato, Chus

Editorial Galaxia, S. a.

Trátase dunha poética que, por ausentarse totalmente dos obxectos, da expresión e da significación, intenta dar conta dos corpos, do mundo, dun eu e do seu pensamento. Así e todo, a identidade esfarélase fronte á idea enorme do tempo: algo lingüístico que quita o alento... Pois o significado en ningún idioma, podería dicir a conmoción do corpo. Só a estrañeza articula a fala na...

16,80 €