Saltar contido
Tempo Fósil

Tempo Fósil

Pallarés, Pilar

Pallarés comezou a escribir Tempo Fósil a finais do ano 2011, cando a ampliación do aeroporto de Alvedro levou por diante a casa familiar, que o seu pai construíra coas súas propias mans. O libro medrou deste xeito arredor da destrución do lugar, da familia e da imposibilidade de deixar pegadas indelebles. Máis que unha indagación na nostalxia, estamos ante un libro extraordina...

Editorial:
Chan Da Pólvora
Ano de edición:
2018
ISBN:
978-84-126863-2-6
Páxinas:
46
Encadernación:
Rústica
15,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Pallarés comezou a escribir Tempo Fósil a finais do ano 2011, cando a ampliación do aeroporto de Alvedro levou por diante a casa familiar, que o seu pai construíra coas súas propias mans. O libro medrou deste xeito arredor da destrución do lugar, da familia e da imposibilidade de deixar pegadas indelebles. Máis que unha indagación na nostalxia, estamos ante un libro extraordinario sobre o paso do tempo, obsesión dunha autora que contempla e sente a aniquilación como extinción colectiva.
Tras case unha década de silencio, Pilar Pallarés regresa cunha poesía desapacible e brillante, rigorosa e hipnótica. Tempo fósil marca, sen dúbida, unha inflexión de poderosa radicalidade na súa obra.

Pilar Pallarés (Culleredo, 1957) converteuse desde os seus dous primeiros libros, "Entre o lusco e fusco" (1979) e "Sétima soidade" (1983), nunha figura referencial da poesía galega contemporánea. Nesa posición consolidouse, e mesmo agradouse, ao publicarse "Livro das devoracións" (1996), considerado unánimemente pola crítica como un auténtico acontecemento literario. Fiel a un ritmo lento de escrita e cautelosa na exposición pública, posteriormente entregoulle aos lectores "Leopardo son" (2011). Pallarés foi alumna de Ricardo Carvalho Calero e tamén unha das máis admiradas estudiosas da súa obra. Adoita dicir con frecuencia que o país e o nacionalismo llo descubriu Moncho Valcarce, o cura de Sésamo. Foi a única escritora do colectivo "De amor e desamor".

Artículos relacionados

O Patio

O Patio

Eduardo Estévez / Marga Crespo

O Bidueiro

este libro é o froito do encontro de dúas maneiras moi diferentes de mirar o mundo que se encontraron por casualidade e comezaron a construír sen ter moi claro onde ir (como sucede case sempre).Marga Crespo é unha artista galega-arxentina. Naceu en Chacabuco, provincia de Buenos Aires, en 1960. Vive e traballa en Compostela desde hai moitísimo tempo. Pódese ver información sobr...

15,00 €
Terra Baixo As Uñas

Terra Baixo As Uñas

Aleixandre, Marilar

Editorial Galaxia, S. a.

Enmarcado nun proxecto literario chantado na memoria histórica e as violencias sociais, Terra baixo as uñas convócanos a determinados lugares Madrid, Valencia impactados por balas, obuses, alagamentos, exilios A través dunha escrita aberta en canle e tamén carnal, a autora realiza un exercicio de escavación que, ao tempo que se pensa a si mesmo, desenterra historias, exhuma cor...

14,50 €
Forma Crúa de Vida

Forma Crúa de Vida

Cid, Rosendo

Editorial Galaxia, S. a.

Escrito desde a necesidade de entender os mecanismos do humano, e plasmado por quen posúe a intuición, a intelixencia e a perspicacia precisas para desentrañalos (ou inventalos), Forma crúa de vida é un libro de espírito aforístico e aproximación surrealista que indaga na individualidade como un construto imaxinario ou social. ...

18,20 €
Polos Fíos Da Memoria

Polos Fíos Da Memoria

Castro García, Matilde

O Bidueiro

iniciamos a colección con este pequeno libro de poemas que revisitan a paisaxe da guerra civil desde o relato dunha nai peneirado pola ollada dunha filla pequena, nunha linguaxe poética diáfana e agudamente contemporánea.Matilde Castro é unha poeta de Fene. A súa chegada (con outra xente) á directiva do CMI-Unidade propiciou a transformación do Premio Pérez Parallé no certame d...

10,00 €
Calixe

Calixe

Sara Plaza / Blado Ramos

O Bidueiro

o segundo título da colección "folla de bido" é a primeira parte do intercambio poético entre dúas voces que, por camiños moi diferentes, teñen xa un lugar de relevo na poesía galega contemporánea. Son, ademais, dúas persoas moi queridas para a nosa casa.Sara Plaza, gañadora do Premio Pérez Parallé en 2020 co vibrante todos os pasos fan ruído leva desde aquela tecendo unha voz ...

14,00 €
Irreversible

Irreversible

Sanchez, Oscar

Edicións Malafera

"comprendédeme só no irreversible,neste punto á marxe onde toda cousa é allea"Autor: Óscar SánchezIlustrador: Óscar Sánchez ...

17,00 €

Outros libros do autor

Contra Humana Parte

Contra Humana Parte

Pallarés, Pilar

Espiral Maior

16,90 €
Unha Escriba

Unha Escriba

Pallares, Pilar

Chan Da Pólvora

20,00 €