Saltar al contenido principal

Libros de Poesía en galego 784 resultados

Enxertos

Enxertos

Tembrás Campos, Dores

Hai neste libro un enxerto sostido por un corazón, unha procesión de palabras, a moeda paraCaronte; e todo nel é tempo de desconto, invoca e prepara para a despedida que non por esperadamitiga o seu impacto.Porén, existe luz na incisión sobre a febra. Na voz que guía sen descanso, afanada en recompilarprimeiras veces. ...

18,00 €

A Cousa Eterna

A Cousa Eterna

Fernández Sanmartín, Celso

A escoita, a oralidade no cotián, as referencias filosóficas, os ritos ou o poder do simbólico conforman A cousa eterna"Sempre mirei as flores de plástico, com0 flores de plástico, e nunca as vin tan claras coma agora, óleos tranquilos arremedan o perpetuo, coma o pavo duro no conxelador". Son versos deste libro, A cousa eterna, de Celso Fenández Sanmartín. Un contraerse e expa...

17,00 €

A Trasnoite

A Trasnoite

Maceda Fernández, Adrián

Esta obra rende homenaxe á literatura gótica e ao cine teenager estadounidense. O autor tráenos un libro de vampiros coming of age, pero tamén un poemario depurado (que non trasnoitado) que xoga coa lingua ata o delirio.Autor: Adrián MacedaIlustradora: Jessica Mariño ...

17,00 €

Apatria

Apatria

Riveiro De Dios, Antón

O terceiro poemario de Antón Recamán está atravesado pola soidade de pertencer a un fogar perdido.Autor: Antón RecamánPrólogo: Silvia PenasIlustración da capa: Ramon Trigo ...

13,00 €

A Cabeleira

A Cabeleira

Rodríguez Fer, Claudio

"A cabeleira (Fragmentos)" é un poema de Claudio Rodríguez Fer escrito en varios momentos do verán de 1984, concretamente durante unha estancia en Fisterra, unha viaxe a París e unha excursión ao Courel, motivado pola longa cabeleira de Carmen Blanco. Foi publicado por primeira vez na revista Grial en 1985, pero axiña apareceu en numerosas revistas e antoloxías tanto en galego ...

15,00 €

Advertencias para un Traxecto Boreal

Advertencias para un Traxecto Boreal

Alonso Ramos, Natalia

Advertencias para un traxecto boreal quere ser unha viaxe que abrangue Polos, illas, cabos, mares, sen destino o eu poético percorre unha cartografía íntima, onde o detalle se convirte en central e advirte daquelo ao que debemos prestar atención e adoita pasar inadvertido. Ditas advertencias lonxe de amedrentarnos infunden valor para convertirse case nunha fe de vida. Imposíbel...

16,00 €

La Flor, a mi Madre, Poesía Dispersa e Traducións

La Flor, a mi Madre, Poesía Dispersa e Traducións

Castro, Rosalía De

Despois de «Cantares gallegos» (1863), «Follas novas» (1880) e «En las orillas del Sar» (1884), esta entrega, que recolle o resto da produción poética de Rosalía de Castro, acaba por completar un conxunto lírico extraordinario que converte a autora nun referente contemporáneo da literatura europea. «La flor» (1857), «A mi madre» (1863) e o conxunto da súa poesía dispersa e trad...

23,50 €

Lugo Philadelphia

Lugo Philadelphia

Pérez, Lois / Díaz, Alba

A procura do rock and roll de Lugo a Philadelphia, vía Nova York. Imaxes e versos atrás do «azucre marrón». Un pé no profundo e outro na lama do que non brilla. Honky Tonk Husqvarna. Como un ollo aberto do que nace ao mundo. Estrofa, retrouso e riff. E as pintadas de Lito Pereira nas paredes da Piringalla. Canta o cuco na Terra Chá cando ouvean os Rolling Stones. Sempre vagabun...

18,95 €

Cartografía Dos Nomes

Cartografía Dos Nomes

Durán Paredes, Lucía

Cartografía dos nomes quere trazar unha ruta que visibilice a historia que reside detrás das vidas anónimas que nos rodean. Un certificado de existencia dende o A ao Z que busca resituar o que foi silenciado, e empuxa por saír á luz feito poema, malia o paso implacable do tempo e as sombras. ...

16,00 €

Barroco

Barroco

Otero Rodríguez, Antía

En palabras de Daniel Salgado Barroco é (...) escritura contra a desfeita xeral dos días e poemas como lugar da verdade, poemas azuis, velados, de materiais gastados e obxectos con quince vidas e rexistro e marcas e indicios deque todo, sempre está a piques de se esboroar e porén resiste (...) ...

17,00 €

Taramundi, Mil Versos

Taramundi, Mil Versos

Alberto Calvín Corredoira

Claro que podía escribir de outro xeitoe, anque pode facelo, non fago,pois gústame escribir tal como pensopois gústame escribir tal como falo.Non busco o aplauso dos entenditos,porque non son máis que un aficionadoe gústame escribir prós meus amigose gústame escribir pró pueblo llano.E gústame contar algunha historiade tantas como no pueblo pasaron,historias que con tempo son h...

17,50 €

Poesía Da Vida

Poesía Da Vida

Mora Fragoso, Ángeles

Poesía da vida es la primera antología poética en gallego de Ángeles Mora (Rute, Córdoba, 1952), una de nuestras escritoras más reconocidas. Con su libro Ficciones para una autobiografía, recibe el Premio Nacional de la Crítica y el Premio Nacional de Poesía en 2016.Bajo el título de Poesía da vida (Poesía de la vida) —propuesto por el crítico literario gallego Luciano Rodrígue...

12,00 €

Ex-Céntricas

Ex-Céntricas

Lema París, Ánxela / Villar Aira, Sara

Benvidas a este poemario de Ánxela Lema París e Sara Villar Aira a catro mans, dúas ex-céntricas, que chegaron para nos seducir coas súas palabras, levándonos da man por versos onde o desexo e o amor o constrúe todo, onde se reinventan as cidades, facendo de nós espectadoras dunha obra en construción abismal, dun xeito de vivir, de sentir e de amar torrencial.Enchéndonos de mús...

13,00 €

Cráter

Cráter

Novo, Olga

Comparece aquí o canto xeral das xentes que poboaban un mundo en extinción, nunha voz que chega desde o belvís da memoria facendo apoloxía dos traballos e os días da estirpe e a refutando o dano que lle causou á alma colectiva o abandono dos vellos vencellos coa terra; e di algunha vez a poeta: «Están os meus meus soños organizando o comité da noite». Comparece aquí tamén a fer...

15,00 €

Intraguerras

Intraguerras

Dourado, Beatriz

non foi doadopara lavar a louza coma se nadatendese a roupa da criatura ao sol cosorriso desinteresado de naique queda sen pinzas para que un calcetín xire nasmesmas carreiras coaterra aínda metida nas uñasentre os dentes e o bocascuspindo onomatopeas perfumadaspara que non lle falte o alentopara contar o conto da carapuchiñaque sempre leva a fouce no home mentres sentes ao tra...

8,50 €

Como Dúas Crebas

Como Dúas Crebas

Álvarez Landesa, María

Mil noites condensadas nesta luz solar de brea.Ti, eu e o son das ondas nesta fiestra mariña.A túa man satisfeita acaricia docemente as miñas costas.A miña man descansa en ti.Pecho os ollos.Respiro.Dúas crebas.Malandesa ...

11,90 €

O que Fica Fóra

O que Fica Fóra

Manuel Rivas

"Sen medo a perderse,/ sen medo a ficar fóra,/ movido polo vento/ movía o vento" ...

17,00 €

Darbo

Darbo

Otero, Pablo

É un réquiem delicado y velado que observa como modulaciones da luz.A chegada de Pablo á poesía "para adultos", que nos remite a una escenografía mínima y humilde, con gran protagonismo do mar. Una lectura entre el terreno y el onírico. ...

16,00 €

Ave Do Paraíso

Ave Do Paraíso

Conde Martínez, Lorena

Ave do paraíso é unha peza que amosa con elocuencia o poder da palabra á hora de reverter o modo en que nos miramos. Unha exploración do corpo e o movemento para liberar a percepción que o eu poético lles presupón de sí aos outros. Un espazo que arde por momentos e que nos obriga a entrar no cerne da víscera incesante. ...

15,00 €

Anxos Abandonados en Mosaicos Despois Do Combate

Anxos Abandonados en Mosaicos Despois Do Combate

Julio Fer

Poema escénico para ser levado dun xeito ceibe a escena, Un consxunto de voces que falan desde corpos imaxinados de anxos, pallasos e soldados e que nos transportan a un universo de conciencias sen ataduras, sen pechaduras. ...

7,00 €

Lixeiro

Lixeiro

Ramos, Ismael

«Lixeiro», o terceiro libro de Ismael Ramos, é unha reflexión sobre os desencantos do presente e a procura dunha transcendencia que non chega. A precariedade, a amizade no transo á idade adulta, unha parella que se desintegra, unha irmá que medra, lebres que cruzan a estrada sen mirar, traballadores en barco, tren, autobús... Todos eles atravesan este poemario, que foxe coma un...

13,50 €

Poesia Galega Reunida(1991-2017)

Poesia Galega Reunida(1991-2017)

Novo, Isidro

Escritor outsider, malia constituír un dos poetas máis arriscados e fulgurantes de Galicia,tal e como o definiu Román Raña, Isidro Novo resultou practicamente esquecido polo relato oficial e as antoloxías poéticas. Posuidor dunha lírica orixinal e moderna, foi acaso máis coñecido pola súa, tamén arriscada, escrita narrativa, con títulos tan sobranceiros coma Carne de can ou Un ...

25,75 €

Ano Mmxx / Año Mmxx

Ano Mmxx / Año Mmxx

Paz Montenegro, Conchita

Novo poemario da artista luguesa Conchita Paz Montenegro que desta volta fala de solidariedade, perda, soidade nuns tempos tan duros como este 2020. ...

12,00 €

Poesía Galega Novísima

Poesía Galega Novísima

Marcus Daniel Cabada [Coord.]

_sobre este livroSe ben existen, como en todas as literaturas, certas inercias —e é inevitábel, porén, que algúns patróns (referenciais, espaciais, de canal, emisión ou amizade) fagan que as temáticas e as voces se acheguen dunha forma non sempre desfavorábel, pois a semellanza tamén supón cohesión e concordancia—, sería precipitado nomear a poesía nova da Galiza como construct...

14,00 €

M-Talá

M-Talá

Pato, Chus

Denominada Edición do Vixésimo Aniversario, esta edición inclúese nun volume extra polo seu carácter de celebración e, sobre todo, polo significado singular que este poemario tivo tanto respecto da obra ata aquel momento publicada pola poeta coma pola forma en que foi recibido, recepción que outorgou a condición de feito extraordinario a esta obra.Trátase dunha nova edición, re...

17,00 €

Gramo Stendhal

Gramo Stendhal

Lado Lariño, María

"Gramo Stendhal é un libro de furia. De autodestrucción e procura.É un mundo pequeno reflexado no fondo dunha culleriña de café. Todo invertido do fondo da culleriña, os pequenos piñeiros, o pequeno pico do tellado da casa, a diminuta cabeza da muller que a mira como querendo ler o futuro nos pousos.E tamén a furia do océano e a paciencia. O desgaste deste sobre os cantís de pe...

15,00 €

E se a Memoria está Na Boca

E se a Memoria está Na Boca

Suanzes, Angel. Clara Honorato Soto (Fotografía)

_sobre este livroUnha querenza agreta e, polas fendas, cóanse, oportunistas, as incertezas, que invaden a rutina, asolan o desexo e culminan co derrubamento dos corpos. Intemperados xacen, pero as ascuas permanecen latentes, nun afán por tentar o rescate: as intencións minguadas insisten na confianza; as epidermes erosionadas esfórzanse no tacto; as bocas desaboridas buscan rep...

12,00 €

O Valo de Manselle

O Valo de Manselle

Angueira Viturro, Anxo

É este un valo de palabras para un valo de pedras. Unha homenaxe ao traballo comunal, a un territorio simbólico e poético no que o autor amosa as distintas voces que o compoñen. Un libro de libros no que descubrir o poder da vontade. Estamos ante un poemario de calidade granítica e con esta edición celebramos os 25 anos da súa construción. ...

15,00 €

Fragmento / Creba

Fragmento / Creba

Pérez, Abraham

Un poemario dun autor que, malia a súa xuventude, é quen de gravitar coa palabra no máis profundo da conceptualidade ontolóxica, esa en que hai que entrar para entender o mundo ou, cando menos, para significalo. A realidade non é uniforme. A existencia móstrasenos. E a través das súas fendas, o poeta penetra dende sílabas tamén feitas anacos. O poema é un mapa que encaixa na re...

17,50 €

Follas Novas

Follas Novas

De Castro, Rosalía

Rosalía de Castro (1837-1885) publicou Follas novas en 1880, comprometida como estaba na recuperación e dignificación da nosa lingua, despois da edición de Cantares gallegos en 1863. Posiblemente aquí están as páxinas e os versos máis intensos da nosa autora, os sentimentos máis desacougantes, as grandes preguntas universais, a sociedade, a morte, a inxustiza, o baleiro... Tam...

15,95 €