Saltar al contenido principal

Libros de Poesía en galego 785 resultados

Do Amor Salgado

Do Amor Salgado

Fraga, Modesto

Do amor salgado, cando se publicou a súa primeira edición no 1997, converteuse nun referente da nova poesía que estaba a escribir unha nova xeración, a dos 90, que rápido se consolidou nas letras contemporáneas. Agora ve a luz a súa segunda edición, revisada e aumentada con dez poemas inéditos até agoa. O seu autor, que formou parte do mítico Batallón Literario da Costa da Mort...

16,00 €

A Caligrafía Das Espigas

A Caligrafía Das Espigas

Negro, Carlos

En palabras de Carlos Negro: "Aínda que na orixe do texto resulta ineludible aexperiencia da morte, o libro invoca unha resurrección, maniféstase como ofrenda etrata de ser un ensalmo para que a voz se abra á marabilla, a un asombro que entrapolos cinco sentidos e que fai do universo unha algarabía onde conviven merlos eburros no mesmo trazo". ...

18,00 €

Rosalía de Castro

Rosalía de Castro

Padrón García, Belén / Rosalia De Castro

Belén Padrón dálle forma e cor a cada poema, plasmando nas súas ilustracións a súa visión do imaxinario 'rosaliano'. Imaxes de contido onírico e simbólico, sobre o desamor, a morriña, a beleza da paisaxe, a vida da paisanaxe, as inxustizas sociais, a saudade, o desacougo interior... Fráxil e profunda, Rosalía de Castro transitou pola vida con palabras de revelación e misterio...

16,00 €

Inventaria Poesia Reunida 1999-2009. (Esp;Gal)

Inventaria Poesia Reunida 1999-2009. (Esp;Gal)

Pedreira, Emma

O uso dunha ironía claramente mordaz, a creación dunha linguaxe arrequentada e única, así como a innovación lírica son, sen dúbida, os trazos que mellor definen Inventaria. Poesía reunida 1999-2009. Edición bilingüe. Nesta recompilación da obra inicial de Emma Pedreira, a lectora atopará unha das voces máis fortes e feministas da literatura galega do último cuarto de século. A ...

24,90 €

Eira

Eira

Martínez Bello, Sara

Eira é un poemario que se sostén na complicidade da lectora de comezo a fin. A autora desenvolve nel un traballo magnífico sostido na contención e a dignidade do común. Hai revelación e rebeldía xunto a unha atención extrema á linguaxe. A importancia de recoñecer a violencia e o poder da memoria colectiva para vencela. ...

16,00 €

Penelope Tecee. (Poesia)

Penelope Tecee. (Poesia)

Besteiros, Maria / Gregores, Bea

Penélope tece e lembra. E os fíos do seu recordo cóntannos unha historia onde a nostalxia e a beleza van construíndo un tapiz cheo de cor. María Besteiros toma o mito homérico como punto de partida para compor un poema ilustrado por Bea Gregores. Unha celebración literaria do amor e da resistencia. ...

17,00 €

Manual de Camuflaxe

Manual de Camuflaxe

Merino, Samuel

«Manual de camuflaxe» é unha expedición creativa que nos envolve e nos interroga, coma unha fenda luminosa. Máis aló da adaptación á contorna, a camuflaxe sinala o paradoxal desexo de ser visto, de ser recoñecido no mesmo medio da disolución. Nesa tensión entre o visíbel e o velado, os versos de Samuel Merino adquiren unha calidade especular, devolvéndonos a nosa propia fraxili...

12,95 €

Conecta Co Íntimo

Conecta Co Íntimo

Otero Fernández,David

?... e velaí a proposta sen perder a frecuencia, nin o sinal, no desexo de ?conecta co íntimo?. E así a complicidade do sentepensar. Nada de perdas innecesarias, que unha , das dúas oportunidades que se dean, non será moito pedir, que sexa a de querer ler e así quedarse dando voltas e máis voltas, nas vivencias, nas experiencias. No posible destes versos, na lectura de conquist...

14,96 €

Sereas Afonicas

Sereas Afonicas

Abad Abad, Maria Luisa

Este poemario, dividido en cinco apartados: A foto en sepia, Cada pedra fai camiño, Facendo niño, Recoñecerse noutras voces e Con voz propia, percorre a traxectoria dunha muller, de calquera muller contemporánea.Denuncia a violencia simbólica que se exerce sobre elas, as dificultades para rachar coa orde «natural» das cousas, o modelado social que fai que calquera rotura co est...

17,00 €

Insomnia

Insomnia

Valle Regueiro, Luís

Un fotopoemario que se instala nese espazo recóndito entre a vixilia e o delirio.Autor: Luís ValleFotógrafo: Luís Valle ...

15,00 €

Vendoche un Poema

Vendoche un Poema

Alonso, Fran

Teñen algo que ver a poesía e a publicidade A publicidade invade as nosas vidas, omnipresente. O que pode sorprender é que a publicidade bota man constantemente de moitos recursos propios da poesía. Ás veces, mesmo emprega a propia poesía para dirixirse a nós e tratar de convencernos. A partir da relación entre poesía e publicidade, Fran Alonso convídanos a explorar esa conexió...

13,50 €

Bosque

Bosque

Blanco Casas, Anton

En Bosque, o poema revela un mundo se cadra anterior, mais tamén atemporal. Sinala os movementos e as articulacións do que é natural; e reclámaas para si coma linguaxe. A través de recursos como a polifonía e a partición, o espazo ou o poema, sóñase concéntrico, circula: ábrese. ...

12,20 €

A Falsa Autónoma

A Falsa Autónoma

Castaño, Yolanda

Escuro e descarado como a mellor Yolanda Castaño, «A falsa autónoma» solta un obús sobre contidos infrecuentes para a poesía e sinala o impacto emocional que poden ter as dificultades económicas. Faino cun fondo simbolismo capaz de falar de débeda, obediencia e autoexplotación dun xeito transcendente. Un poemario sobre a fustrigante servidume do traballo, nomeadamente o dun cam...

13,50 €

As Ninguén

As Ninguén

Elisabeth Oliveira

Chega a poética de Elisabeth Oliveira enfundada de palabras contra o silencio asoballante. Aquelas desprovistas de nomes atoparán nestas ninguén un acubillo, unha trincheira desde a que calcular onde poñer as bombas. Reduto para a vinganza, aquí ecoan séculos de violencia, memoria dunha identidade fragmentada e dócil, portadora dunha carga demasiado invisible para testemuñar o ...

16,00 €

A Arbore Desvelada.

A Arbore Desvelada.

Seoane, Xavier

A deste libro é unha voz que entende a poesía como o labor de tecer verbas e urdir signos e sons cos vimbios esvaradíos do tempo e do aire. Isto é, á fin, o mellor que o poeta ten para dar as grazas en homenaxe e celebración de persoas, feitos ou lugares que o acompañaron ao longo dos anos, deixándolle un pouso impagable. Son versos que nos levan desde o abraio ante a obra ou a...

15,00 €

Trece Maneiras de Mirar un Almanaque

Trece Maneiras de Mirar un Almanaque

Mosquera, X.l.

«Trece maneiras de mirar un almanaque» é o canto do merlo que lles pon banda sonora aos amenceres da vida do autor dende un loureiro próximo á súa casa. Ese canto e ese merlo son sempre os mesmos e son tamén sempre outros. Mais ese merlo, algún dos merlos, non é acaso o que cantou Wallace Stevens E un mira dende os seus limitados ollos, mira de trece inesgotables e ubicuas mane...

12,95 €

As Trobadoras Silenciadas

As Trobadoras Silenciadas

Clara Pino / Ángeles Garrido

As trobadoras silenciadas é o segundo poemario de Clara Pino. Nel, a autora fai un percorrido íntimo por aqueles oficios desempeñados tradicionalmente por mulleres que foron o gran piar de moitos sectores da economía da nosa terra. Traballadoras como as muiñeiras, leiteiras, redeiras, labregas, aleitadoras e moitas outras que sempre realizaron tarefas moi duras e pouco recoñeci...

18,00 €

As Poetas Da Colección Salnès

As Poetas Da Colección Salnès

Vv.aa.

Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950 traendo aos lectores e lectoras do século XXI moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade. Esta colección conmemorativa ábrese co presente volume: As poetas da colección Saln...

19,00 €

O Rumor Do Distante

O Rumor Do Distante

Sánchez Iglesias, Cesáreo

As humildes trazas dos camiños, comunicando a montaña e o mar, ao longo da historia da Galiza, vertebraron a cultura de noso, e a xeografía de parte da Europa. Trouxo a camiñantes coa súa cultura e a súa visión do mundo e levou de retorno á súa terra, a ollada marabillada polas imaxes do sagrado, dunha terra e dun pobo cunha cultura milenaria. Este longo poema que percorre...

19,95 €

As Flores Do Baleiro

As Flores Do Baleiro

Romero, Medos

"As flores do baleiro" é un pranto contido diante dunha inmensa traxedia humana, un testemuño poético e persoal desde o ventre dunha pandemia, a dor en extrema soidade. Tamén é a fraxelidade do ser humano, o seu egoísmo e a súa necidade, e a barbarie na súa dimensión máis salvaxe, onde "somos máscaras desta traxicomedia debuxando cicatrices que espantan". ...

14,40 €

Os Pozos Elegantes Das Clavículas

Os Pozos Elegantes Das Clavículas

Álvarez Landesa, María

Os versos doces e firmes dunha muller atravesada polo dó. Velaquí a nova obra da poeta María Álvarez Landesa (Vigo, 1970). «A voz inmaculada dunha muller orfa que sabe que perdeu a súa condición de filla», en palabras da tamén poeta Míriam Ferradáns, que asina o limiar. Os pozos elegantes das clavículas é unha homenaxe da autora á súa nai. O libro inclúe un código QR onde escoi...

14,50 €

Desenfoque

Desenfoque

Gómez Calvo, Noelia

Desenfoque é un canto á distorsión, a súa orixe e os seus efectos, unha escrita consciente sobre afraxilidade do corpo e do entorno que o rodea. Poema a poema a lectora acompaña a evolución daenfermidade individual sen perder contacto coas doenzas do colectivo. Un salto ás cegas, un desafíoonde a cura persoal e a mancadura das outras constrúense sobre a mesma cicatriz ata ser u...

18,00 €

... Agroma Primavera... brota Primavera

... Agroma Primavera... brota Primavera

Paz Montenegro,Conchita

Neste mundo convulso de horrores, inxustizas, opresións..., os meus versos son unha valoración positiva aos actos de amor, amizade, comprensión, aceptación...estalidos de primavera, raiolas de Sol que sempre están connosco se sabemos ollar! ...

13,00 €

A Vixilia Do Bosque

A Vixilia Do Bosque

Álvarez Torneiro, Manuel

Neste outro título inédito e de aparición póstuma fai o autor simultáneos os anos dunha soa existencia, estremecida e sensible, cos séculos todos do mundo, que bulen nas copas das árbores mentres as súas raíces descansan no infinito. Ocorre, ese encontro da sensibilidade coa verdade, na hora en que o bosque flota entre o sono e o real agasallándolle epifanías a quen ten os sent...

15,00 €

A Teta Sobre o Sol

A Teta Sobre o Sol

Novo, Olga

Desde todos os confíns da terra e dos tempos se sabe onde residen a beleza e a verdade, aínda que todo se cale e todo se tema porque a paixón se controla furiosamente baixo o disfrace do decoro, baixo a presión da conveniencia, baixo as sete chaves do inferno da mentira e do desamor. Por iso onde escribamos lugar entenderán patria e onde digamos desexo entenderán provocación: t...

12,95 €

Cartas de Conxo

Cartas de Conxo

Xurxo Alonso

Dúas irmás, as Távora, envían cartas contando o que está a suceder ao seu redor nos primeiros días da Guerra Civil. Un destes escritos é interceptado pola Garda Civil e elas acaban ingresadas no Manicomio de Conxo, en Compostela. A partir de aquí Xurxo Alonso tece unha historia, en verso, que podería ter acontecido en calquera lugar de Galcia. ...

16,50 €

O Cantar Das Miñocas

O Cantar Das Miñocas

Lopez Veiga, Roberto

"Intemperies, podredumes, e outros renacementos" pretende, nada máis nin nada menos, ser unha pílula alquímica que nos permita navegar unha miguiña mellor entre o caos da mente humana, usando á natureza como vehículo conductor. A natureza non está fora de nós, se non que somos natureza, e como tal, somos interconexión e, aínda que as veces pareza o contrario, buscamos a homeost...

14,90 €

Trans0

Trans0

Trigo Cabaleiro, Branca

Unha noite de eclipse parcial, milleiros de persoas teñen o mesmo soño ao redor do mundo. Actívanse o pánico, a adoración e a dúbida. O traballo de fin de grao de Branca Trigo defende a poesía como transxénero literario por medio da poesía mesma.Autora: Branca Trigo CabaleiroFotógrafo: im.alexbalea ...

17,00 €

Aquiles e a Bágoa

Aquiles e a Bágoa

Ramil, Ana

Di Ana Ramil: «Lembra os sucos que labrei a bicos mentres eras terra / e reptaba arrastrando o meu corazón sobre ti». Entrar nestas páxinas é entrar na verdade fonda da gran poesía. A ruliña do bo amor tende ante nós, nestes poemas, unha suma de versos trenzados nos remuíños da memoria. Volve neles a condena á fugacidade do tempo xunto ao antídoto da palabra, que axuda a embele...

15,00 €

A Outra Patria

A Outra Patria

Simón Rodríguez

Este libro explora unha identidade en pleno proceso de mudanza e autodescubrimento desencadenado por la migración dende Venezuela a Galicia. O xurado que lle otorgou a esta obra o Premio de Poesía O Facho 2023 valorou "a súa transparencia e interese pola comunicación, a temática do retornado con isotopías que desenvolve á maneira de puzzle, non exentas de pinceladas impresionis...

11,90 €