Saltar contido
A Herba de Namorar

A Herba de Namorar

Do Cebreiro, Maria

Vinte anos de poesía non son poucos. A herba de namorar condensa en cincuenta poemas a produción de María do Cebreiro dende a aparición de o estadio do espello en 1998 ata o recente Soños. Arquivos. Cartas (2018). Neste volume onde tamén atopamos poemas inéditos acompañamos o caudal e os meandros dunha das voces máis singulares e recoñecidas da poesía do novo século. A herb...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Ano de edición:
2019
ISBN:
978-84-9151-394-0
Páxinas:
142
Encadernación:
Rústica
17,10 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Vinte anos de poesía non son poucos. A herba de namorar condensa en cincuenta poemas a produción de María do Cebreiro dende a aparición de o estadio do espello en 1998 ata o recente Soños. Arquivos. Cartas (2018). Neste volume onde tamén atopamos poemas inéditos acompañamos o caudal e os meandros dunha das voces máis singulares e recoñecidas da poesía do novo século. A herba de namorar é un libro vello e novo ao mesmo tempo, un libro resultado de antologar, en palabras da autora, aqueles poemas que salvaría se só puidese escoller eses.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Terra Baixo As Uñas

Terra Baixo As Uñas

Aleixandre, Marilar

Editorial Galaxia, S. a.

Enmarcado nun proxecto literario chantado na memoria histórica e as violencias sociais, Terra baixo as uñas convócanos a determinados lugares Madrid, Valencia impactados por balas, obuses, alagamentos, exilios A través dunha escrita aberta en canle e tamén carnal, a autora realiza un exercicio de escavación que, ao tempo que se pensa a si mesmo, desenterra historias, exhuma cor...

14,50 €
Peixes de Luz

Peixes de Luz

Ferradáns, Miriam

Kalandraka Editora, S. l.

Estala a mañá no frío do porto. Uns homes fumanapoiados na varanda branca. Miran o mar.Miran o mar e mais o ceo. Nunca entre eles. Este libro armouse como un poema longo, fragmentario e coral, ambientado nun espazo portuario que é territorio físico e, asemade, simbólico. A autora observa os corpos dos homes do mar e busca as palabras que apreixen o vínculo entre o traballo, o c...

15,00 €
Forma Crúa de Vida

Forma Crúa de Vida

Cid, Rosendo

Editorial Galaxia, S. a.

Escrito desde a necesidade de entender os mecanismos do humano, e plasmado por quen posúe a intuición, a intelixencia e a perspicacia precisas para desentrañalos (ou inventalos), Forma crúa de vida é un libro de espírito aforístico e aproximación surrealista que indaga na individualidade como un construto imaxinario ou social. ...

18,20 €
O Milagre Da Pera no Tempo.

O Milagre Da Pera no Tempo.

Díaz Estévez, Suso

Diputación Provincial de Ourense

O milagre da pedra no tempo é un canto de amor, devoción e asombro ante un dos grandes tesouros do noso patrimonio: o templo visigótico de Santa Comba de Bande e a memoria mítica de San Trocado. Coincidindo co centenario da súa declaración como Monumento Nacional, o poeta Suso Díaz Estévez constrúe unha arquitectura de palabras e silencios que latexa coa forza dos séculos, as a...

15,00 €
Douche o que Non Teño

Douche o que Non Teño

Ferreiro, Mar

Medulia Editorial S. l.

: Alén disto, prégolles aos lectores e lectoras que se deteñan nestas páxinas con todo o cariño e admiración que merecen, que escoiten as palabras de Yeats no seu poema "Ofrenda": "E se eu tivese o pano brocado dos ceos, entretecido con luz de ouro e prata, o pano azul-escuro, tebr...

14,90 €
Desenfundo a Pistola

Desenfundo a Pistola

Alfaya, An

Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.

Desenfundo a pistola é un poemario que afronta sen concesións a violencia, a desigualdade e as feridas que o patriarcado grava no corpo e na memoria das mulleres. Cunha voz poética intensa e depurada, An Alfaya constrúe un itinerario de resistencia onde a dor convive coa dignidade, a rabia coa esperanza e o silencio coa necesidade de nomear o que durante demasiado tempo permane...

18,00 €

Outros libros do autor

A Lentitude

A Lentitude

Do Cebreiro, María

Chan Da Pólvora

16,00 €