Saltar contido
Desescribindo

Desescribindo

Aleixandre, Marilar

Se alguén que escribía poesía morría afirmábase que non se enterraba, antes ben «enversábase» e, cando alguén lía os seus poemas, «desenversábase», isto é, cobraba vida de novo. Tamén hai algo felizmente novo no proceso de «desescribir» ao que alude Marilar Aleixandre desde o título deste libro de poemas. Desescribindo -é significativo o emprego do xerundio que apunta a un...

Editorial:
Apiario
Ano de edición:
2016
ISBN:
978-84-943210-6-1
Páxinas:
88
Encadernación:
Rústica
16,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Se alguén que escribía poesía morría afirmábase que non se enterraba, antes ben «enversábase» e, cando alguén lía os seus poemas, «desenversábase», isto é, cobraba vida de novo. Tamén hai algo felizmente novo no proceso de «desescribir» ao que alude Marilar Aleixandre desde o título deste libro de poemas.

Desescribindo -é significativo o emprego do xerundio que apunta a un traballo sempre en proceso- non apela ao antónimo de escribir; ao contrario talvez apunte ao feito de volver escribir tras escribir e, por extensión, reformular as dimensións do escrito desde outra perspectiva, desde as marxes, se cadra desde as fronteiras para revelar novas paisaxes.

Sen dúbida «desescribir» é reescribir tamén, iluminar a escrita cun foco diferente que sistematice un proceso de reflexión onde se nos conduza a cuestionar e subverter o porqué das cousas e demostrar, con efectividade, a validez do pensamento crítico en todas as ordes da vida, tamén na poesía.

Marilar Aleixandre, así pois, fertiliza o territorio poético empuñando un lapis nun caderno fantasticamente editado por Apiario. Nel «desescribe», xa se dixo, e faino inicialmente «desde as marxes da folla» para gabear polas paredes dos abismos e situarse nese espazo concreto que posibilita escaravellar no celme dos prexuízos, desvelar o que se considera tóxico e cales son as dimensións da resiliencia, afondar tamén no ámbito máis íntimo e persoal para reivindicar un canto á «ledicia da rebelión».

Pasa logo pola denominada «lembranza de Babel», onde a alegoría da confusión e dos conflitos magmatiza historias -algunhas delas débedas que cumpría saldar- e conclúe con «de quen a voz»: un complemento onde se percorren os sucos da vida con tributos e homenaxes á memoria, individual ou colectiva, de persoas, vivencias e espazos concretos. Unha flor de abruñeiro para Marilar Aleixandre por este libro desasosegante e reividicativo. Outra por converterse mañá en académica da Real Academia Galega: un orgullo para moitas persoas que a admiramos.

Artículos relacionados

O Patio

O Patio

Eduardo Estévez / Marga Crespo

O Bidueiro

este libro é o froito do encontro de dúas maneiras moi diferentes de mirar o mundo que se encontraron por casualidade e comezaron a construír sen ter moi claro onde ir (como sucede case sempre).Marga Crespo é unha artista galega-arxentina. Naceu en Chacabuco, provincia de Buenos Aires, en 1960. Vive e traballa en Compostela desde hai moitísimo tempo. Pódese ver información sobr...

15,00 €
Terra Baixo As Uñas

Terra Baixo As Uñas

Aleixandre, Marilar

Editorial Galaxia, S. a.

Enmarcado nun proxecto literario chantado na memoria histórica e as violencias sociais, Terra baixo as uñas convócanos a determinados lugares Madrid, Valencia impactados por balas, obuses, alagamentos, exilios A través dunha escrita aberta en canle e tamén carnal, a autora realiza un exercicio de escavación que, ao tempo que se pensa a si mesmo, desenterra historias, exhuma cor...

14,50 €
Forma Crúa de Vida

Forma Crúa de Vida

Cid, Rosendo

Editorial Galaxia, S. a.

Escrito desde a necesidade de entender os mecanismos do humano, e plasmado por quen posúe a intuición, a intelixencia e a perspicacia precisas para desentrañalos (ou inventalos), Forma crúa de vida é un libro de espírito aforístico e aproximación surrealista que indaga na individualidade como un construto imaxinario ou social. ...

18,20 €
Calixe

Calixe

Sara Plaza / Blado Ramos

O Bidueiro

o segundo título da colección "folla de bido" é a primeira parte do intercambio poético entre dúas voces que, por camiños moi diferentes, teñen xa un lugar de relevo na poesía galega contemporánea. Son, ademais, dúas persoas moi queridas para a nosa casa.Sara Plaza, gañadora do Premio Pérez Parallé en 2020 co vibrante todos os pasos fan ruído leva desde aquela tecendo unha voz ...

14,00 €
Polos Fíos Da Memoria

Polos Fíos Da Memoria

Castro García, Matilde

O Bidueiro

iniciamos a colección con este pequeno libro de poemas que revisitan a paisaxe da guerra civil desde o relato dunha nai peneirado pola ollada dunha filla pequena, nunha linguaxe poética diáfana e agudamente contemporánea.Matilde Castro é unha poeta de Fene. A súa chegada (con outra xente) á directiva do CMI-Unidade propiciou a transformación do Premio Pérez Parallé no certame d...

10,00 €
Irreversible

Irreversible

Sanchez, Oscar

Edicións Malafera

"comprendédeme só no irreversible,neste punto á marxe onde toda cousa é allea"Autor: Óscar SánchezIlustrador: Óscar Sánchez ...

17,00 €

Outros libros do autor

Terra Baixo As Uñas

Terra Baixo As Uñas

Aleixandre, Marilar

Editorial Galaxia, S. a.

Enmarcado nun proxecto literario chantado na memoria histórica e as violencias sociais, Terra baixo as uñas convócanos a determinados lugares Madrid, Valencia impactados por balas, obuses, alagamentos, exilios A través dunha escrita aberta en canle e tamén carnal, a autora realiza un exercicio de escavación que, ao tempo que se pensa a si mesmo, desenterra historias, exhuma cor...

14,50 €
As Malas Mulleres (Lectura Facil)

As Malas Mulleres (Lectura Facil)

Aleixandre, Marilar

Editorial Galaxia, S. a.

Esta é unha novela sobre meigas. Pero as meigas desta novela non son como ti cres: estas non rouban nenos e non lle fan dano á xente. As meigas desta novela viven entre nós, fan grupos de WhatsApp e axudan a quen o pide. Pero tamén se enfadan, bailan e van xuntas de festa. A protagonista desta novela é Xiana, unha rapaza de 16 anos que é neta dunha meiga. Xiana quere ser meig...

18,50 €
As Bocas Cosidas

As Bocas Cosidas

Aleixandre, Marilar

Editorial Galaxia, S. a.

Xaneiro de 2010. O pai da autora conta que lle pediron saliva para identificar un seu curmán, soterrado nunha fosa común en Valencia. Guerrilleiro comunista, morto en 1947. Nunca lles falaran del; descoñecían a súa existencia. Sobre a guerra, as bocas estaban cosidas. A partir destes silencios, a novela reconstrúe a vida de Antonio G., seguindo os seus pasos na familia, "desbri...

24,00 €
A Cabeza de Medusa

A Cabeza de Medusa

Aleixandre, Marilar

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser vio...

15,50 €
Lobos Nas Illas

Lobos Nas Illas

Aleixandre, Marilar

Editorial Galaxia, S. a.

Pode lerse como unha novela, pode lerse como relatos encadeados sobre a memoria, os segredos das familias, unha casa habitada durante séculos que agora se pechará, aldeas nun proceso acelerado de mudanza, a Costa da Morte que constitúe o territorio literario de Aleixandre Publicado en 1996, traducido para o castelán e reeditado en 2022, pois, segundo a autora, a súa intención é...

17,35 €
Las Malas Mujeres

Las Malas Mujeres

Aleixandre, Marilar

Xordica Editorial

A través de las páginas de Las malas mujeres Premio Nacional de Narrativa 2022 y Premio Blanco Amor 2020 nos embarcamos en un viaje duro y apasionante por el tramo final del siglo XIX, en una historia a varias voces: la de Sisca, de quince años, encarcelada porque las mujeres no son dueñas de su cuerpo; las de Concepción Arenal, visitadora de prisiones, y Juana de Vega, mujeres...

17,95 €