Saltar al contenido principal

Libros de Narrativa en galego 1228 resultados

O Pracer Da Chuvia

O Pracer Da Chuvia

Vázquez, Manuel

"A novela, á parte de ser unha defensa e reivindicación do rural, é unha novela tamén de carácter urbano, representado fundamentalmente por cinco cidades: Lugo, A Coruña, Lisboa, París e Madrid.Aquí podemos atopar personaxes reais do rural propios de García Márquez, coma o seu grande mestre da vida, Dositeo; o labrego Quinto de Serés; Marité, a súa sogra; Servando, aquel home ...

17,90 €

A Muller Xabaril

A Muller Xabaril

Casalderrey, Fina

Ninguén sabía os motivos polos que unha moza de refinado encanto e elevada altura, tanto física coma intelectual, se fora convertendo nun repulsivo esperpento, nun animal. A Muller Xabaril percorría o mundo cun saco ao lombo e nel, ademais de quincallas do seu cotián vagabundo, levaba libros. Deambulaba acompañada do Luís, o seu can e fiel escudeiro. O relato de Ramiro, envolto...

18,95 €

Multitudes

Multitudes

Reimóndez, María

Entre o desastre e a esperanza, os seres completos -parte humana e parte árbore- e as súas aliadas tentan cambiar o rumbo dun destino que, tras a Gran Desconexión, parecía de novo encamiñado á escravitude e á explotación. Desta volta, os seres humanos que procuran liberarse das cadeas que estableceron as Familias non están sós. Nunha travesía que as leva a explorar o pasado e a...

18,95 €

Non Temerás os Coches Amarelos

Non Temerás os Coches Amarelos

Villar, Marta

A vida de Dina Souto, que traballa como bolseira nun xornal, abala nunha contradición permanente: intentar ser unha persoa normal ou deixarse levar pola violencia brutal que prendeu nela durante a infancia e que lle gusta máis do que quere recoñecer. O asasinato que presenciou sendo cativa e a pertenza a unha entidade secreta son elementos que se cruzan cunha traxedia persoal e...

19,50 €

Moza Falangueira Procura Lingua Materna

Moza Falangueira Procura Lingua Materna

Evans-Corrales,Carys

"O relato dunha peregrinación á procura da verdade e da identidade a través do son das plabras". Así define este particular libro de memorias a súa autora, Carys Evans-Corrales (1949-2020), lingüistica, profesora, tradutora (traduciu ao inglés numerosos ...

16,95 €

Azucre

Azucre

Candia, Bibiana

Galiza, mediados do século xix. O país está asolado pola fame e a enfermidade. A única saída para os mozos como Orestes Veiga pasa por buscar un futuro mellor en Cuba. Inxenuos pero cargados de ilusión, acabarán traballando nos campos de azucre de Urbano Feijóo de Sotomayor. Pero este empresario non espera traballadores, senón escravos . E é que o seu obxectivo é substituír os ...

22,00 €

A Malferida

A Malferida

Rega Jul, Irene

Premio Illa Nova de Narrativa 2022 O medo é un sentimento forte e poderoso, unha arañeira que te atrapa nos seus fíos e da que custa saír por unha mesma. Mariña sente esa impotencia con só catorce anos. É intelixente, ten unha nai que a quere, pero a súa vida enmaráñase nos fíos do terror cada vez que vai ao colexio. O seu único desexo é pasar desapercibida, ser invisible aos ...

19,00 €

A Culpa

A Culpa

Solar, María

Cada seis meses, coma un cravo, os empregados dunha pequena sucursal bancaria reciben a visita desagradable da señora Gondar, unha muller de aspecto miserable e cun fedor corporal insoportable que controla ata o mínimo detalle as súas contas millonarias. Amanda, unha novísima empregada da oficina, aténdea unha soa vez. Un mes despois do encontro, a señora Gondar falece e Amanda...

19,95 €

O Talento Do Señor Ripley

O Talento Do Señor Ripley

Highsmith, Patricia

Tom Ripley sobrevive en Nova York grazas ao seu enxeño para a estafa mentres soña cunha vida fácil. É un experto na falsificación de documentos e ten un extraordinario talento para imitar características persoais. Un día, o millonario Herbert Greenleaf ofrécelle unha viaxe a Europa para traer de volta o seu fillo Dickie, quen leva unha vida bohemia e pracenteira na costa itali...

18,00 €

Rewind

Rewind

Tallón, Juan

Paul comparte piso no centro de Lion con outros tres estudantes: Ilke, Marco e Emma. Alí gozan da independencia, a liberdade e dun estado de festa perpetua. Ata que un venres pola noite todo salta polos aires. Tras unha explosión inesperada o piso queda derrubado e o mundo xa non volverá a ser o mesmo. A partir desta traxedia, superviventes e testemuñas reconstrúen o momento, r...

18,00 €

Carol

Carol

Highsmith, Patricia

Un encontro fortuíto entre dúas mulleres solitarias conduce a un apaixonado romance neste clásico de culto. Therese, unha xove e frustrada dependenta, e Carol, un ama de casa no medio dun amargo divorcio, abandonan os seus opresivas rutinas pola liberdade da estrada, onde o seu amor pode florecer. Pero a súa felicidade faise cachizas cando Carol vese obrigada a elixir entre o s...

18,00 €

O Camiño Do Lume

O Camiño Do Lume

Oruña, María

Arthur Gordon, o pai do mozo de Valentina Redondo, atopa no castelo de Huntly, que acaba de comprar, nun cuarto secreto, unha pista sobre o paradoiro das memorias de Lord Byron, supostamente queimadas hai case douscentos anos, xusto cando a tenente está de vacacións en Escocia. A nova chama a atención da prensa, pero algo horrible vai complicalo todo. Ao tempo, viaxaremos ao A...

22,90 €

O Verán no que Miña Nai Tivo os Ollos Verdes

O Verán no que Miña Nai Tivo os Ollos Verdes

Tibuleac, Tatiana

Aleksy rematou os seus estudos e planea pasar as vacacións cos seus amigos en Amsterdam, pero todo se torce cando a súa nai -a persoa que máis odia no mundo- o suborna para que pase con ela un último verán nunha pequena vila de Francia. Alí deberá enfrontarse ao seu vínculo roto e ao segredo que garda súa nai.Mediante un relato cru, agresivo e convulso -feito polo propio Aleksy...

20,50 €

Nossa Concha de Retalhos

Nossa Concha de Retalhos

Gaspar Jorge, Thayane

Essa história aconteceu, mas não é real. Eu nunca conheci essas pessoas, mas você as conhece. "A palavra falada voa e a escrita fica" não diz o ditado latino? A minha palavra falada era um pássaro de asas quebradas. Caiu da árvore. Perdeu-se do ninho e nunca saiu da minha garganta. Decidi escrever para colocar um pouco de sangue em cada letra pra que ela viva e essa história mo...

10,00 €

Outono Aquí

Outono Aquí

Regueira, Mario

A viaxe que leva Guillerme para a cidade flamenga de Gante con a intención de reclamar unha herdanza ao seu irmán doente, significará o regreso a un escuro pasado familiar marcado pola violencia. Os descubrimentos emerxentes abalarán a identidade do mozo protagonista durante un percurso físico e musical que brindou ao seu autor, Mario Regueira, o Premio Manuel Lueiro Rey de Nov...

10,00 €

A Educación Sentimental

A Educación Sentimental

Gustave Flaubert (Isabel Soto Tr.)

ISABEL SOTOA educación sentimental publicouse en dous volumes en 1869 e nela Flaubert quixo retratar, a partir da súa experiencia persoal e a dos seus amigos, a historia moral e sentimental da súa xeración. Deste xeito, fusiona as regras da novela histórica coas do realismo para abordar en tres partes os feitos acaecidos entre 1840 e 1868, ao tempo que reinventa a novela de apr...

21,00 €

A Casa Do Pai

A Casa Do Pai

Karmele Jaio (Isaac Xubín Tr.)

Jasone e Ismael son unha parella que arrastra certa crise dende que as fillas abandonaron a casa familiar. El, escritor, pasa por un momento de bloqueo creativo que cadra coa responsabilidade de ter que coidar do pai namentres a nai está ingresada, o cal provoca que agromen recordos traumáticos que derivan na reinterpretación da vida familiar. Jasone, pola súa banda, fai balanc...

16,50 €

Curros & Holmes no Misterio D'o Kapital

Curros & Holmes no Misterio D'o Kapital

Calveiro, Marcos

Corre o derradeiro terzo do século XIX e Karl Marx escribe, na biblioteca do British Museum, a segunda parte da súa obra máis senlleira, O kapital, cando lle rouban parte do manuscrito. Un noviño e espelido Sherlock Holmes, acompañado do poeta Curros Enríquez, un mozote acabado de chegar ao Reino Unido tras a súa fuxida de Galicia, onde esperaba atopar un mundo novo de progreso...

13,85 €

Non Penses Nun Elefante Rosa

Non Penses Nun Elefante Rosa

Yañez, Antía

Aurora é nova, independente, ten traballo, amigas, vive soa na cidade, le novelas eróticas, sae cando quere e déitase con quen lle prace. Todo sería perfecto... se non fose porque na súa existencia case nada vai como debería. A súa vida cambalea, a súa parella abandonouna, foxe das súas amigas para non ter que dar explicacións e prefire manterse afastada da familia. Un día, por...

19,50 €

Os Camiños Da Vida

Os Camiños Da Vida

Otero Pedrayo, Ramón

A historia dun século e a nostalxia dunha Galicia desaparecida; o pasado e o presente do país. Unha das obras máis representativas da narrativa de Otero Pedrayo é Os camiños da vida, onde, de par da historia de dúas familias fidalgas do século XIX, os Doncos e os Puga, retrátasenos de forma nostálxica a fin dun tempo e dunha sociedade co desartellamento da fidalguía rural como ...

25,30 €

Paseando Canguros

Paseando Canguros

Trashorras Nogueira, Xesús

Teño que dicilo claramente. Son un psicópata. Non de nacemento, iso non. Antes fun gato, dos de catro patas. Un gato vulgar, sen dono, vagabundo, montaraz...E case sen darme conta, da noite para a mañá, vinme convertido nun psicópata, dos de dúas patas. Un psicópata elegante, cariñoso, listo e de boa presenza. Un auténtico psicópata, dos que usan chapeu, bastón, e paraugas, aín...

17,90 €

Frankenstein Ou o Prometeo Moderno

Frankenstein Ou o Prometeo Moderno

Shelley, Mary

Subtitulado O Prometeo Moderno. Versión inédita en galego da edición do 1818 (considerada canónica) deste clásico da literatura inglesa. Edición de luxo dentro da colección ‘Clásicos Ilustrados en galego', con ilustracións de Miguel Robledo e tradución de Samuel Solleiro. Considerada a primeira novela de ciencia ficción, a obra de Shelley segue a ser unha obra indispensable, ...

18,00 €

Oito Dias Sen Eva Cortes

Oito Dias Sen Eva Cortes

Vila Alonso, Sara

A desaparición dunha rapaza en Pontevella sacode a cidade mentres a prensa local comeza a furgar na súa vida familiar e nas relacións persoais. Moitos prexuízos sociais pesan sobre Eva Cortes: ser muller, pertencer a unha familia humilde e frecuentar aplicacións de contactos. Na redacción do Correo de Pontevella non desperdician ningunha información morbosa, aínda que Antía Ube...

18,50 €

O Nome Da Rosa

O Nome Da Rosa

Eco, Umberto

Por fin en galego a obra mestra de Umberto Eco. A novela detectivesca medieval que engaiola lectores desde o 1980. Guillerme de Baskerville e Adso falan coma nós nesta marabillosa aventura sobre libros, crimes e as marabillas da Europa medieval. Corre o mes de novembro do 1327. Dous viaxeiros chegan á máis famosa abadía beneditina do norte de Italia no medio de grandes conflito...

29,00 €

O Conto Da Criada

O Conto Da Criada

Atwood, Margaret

Tras un golpe de Estado , os Estados Unidos de América convértese na República de Galaad , un réxime teocrático cristián no que as mulleres fértiles que os seus mandatarios consideran indignas de exercer como nais son condenadas a servir como >. Pero os servizos que deben prestar non son domésticos , senón reprodutivos : a súan función é exendrar os fillas das mulleres estérile...

19,50 €

Unha Rapaza de Provincias

Unha Rapaza de Provincias

F. Santomé, Cecilia

1979. Carrexando unha maleta cargada de entusiasmo, Carmen chega a unha Barcelona vibrante, moderna e chea de contrastes para pasar o verán. Coa súa irmá Pilar e o seu cuñado Gabino como guías, descubrirá os paseos polas Ramblas, os almorzos no ultramarinos do barrio, as expedicións ao SEPU, as tardes dos sábados no parque. Dunha punta a outra da cidade, daranlle a coñecer aque...

17,50 €

O Porco de Pe

O Porco de Pe

Risco, Vicente

Aínda que o pretexto da obra é o ascenso de don Celidonio cara á cúspide da sociedade nunha Galicia caciquil, as súas páxinas son en realidae un cadro paródico amargo da época, onde o narrador dispara o torto e a dereito contra todas as ideoloxías, correntes artísticas, agrupacións políticas e estamentos sociais, para pintar unha imaxe global e esperpéntica da Galicia de comezo...

17,95 €

O Deus Das Pequenas Cousas

O Deus Das Pequenas Cousas

Roy, Arundhati

«O deus das pequenas cousas», debut literario de Arundhati Roy en 1997, é a historia de tres xeracións da familia Ipe, marcada polo amor prohibido e a morte. En 1969, Ammu abandona o seu marido, alcohólico e maltratador, e marcha á casa familiar en Kerala, no suroeste da India, cos seus fillos xemelgos, Rahel e Estha. Como muller divorciada, é considerada unha paria, mesmo por ...

18,00 €

Xoguetes para Nenos Cegos

Xoguetes para Nenos Cegos

Darriba, Luz

Xosé rememora os anos da posguerra xunto a Xan, o fillo cego dos Pena Moura, co que medrou servíndolle como fiel guía e recibindo en pago os refugos dos vencedores.Xoguetes para nenos cegos é un relato sórdido, doloroso nalgúns momentos, anguriante noutros, dun tempo non afastado de opresión, miseria e incultura. Luz Darriba impregna a narración dun ritmo in crescendo para reme...

15,00 €

Deixádenos Remar

Deixádenos Remar

Cabaleiro, Ana

A vida nun modesto arrabalde vese trastornada coa construción dunha flamante urbanización de chalés acaroados. A medida que as vivendas se venden e os novos veciños se van asentando, o muro exterior da urbanización transfórmase en fronteira e o microcosmos do barrio acaba por se dividir en dous bandos. Mais non se trata dunha rivalidade polo territorio, senón da colisión entre ...

18,50 €