Saltar al contenido principal
A Malferida

A Malferida

Vi Premio Illa Nova Narrativa 2022

Rega Jul, Irene

Premio Illa Nova de Narrativa 2022 O medo é un sentimento forte e poderoso, unha arañeira que te atrapa nos seus fíos e da que custa saír por unha mesma. Mariña sente esa impotencia con só catorce anos. É intelixente, ten unha nai que a quere, pero a súa vida enmaráñase nos fíos do terror cada vez que vai ao colexio. O seu único desexo é pasar desapercibida, ser invisible aos ...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Ano de edición:
2022
ISBN:
978-84-9151-954-6
Páxinas:
212
Encadernación:
Rústica
Colección:
Literaria
19,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Premio Illa Nova de Narrativa 2022

O medo é un sentimento forte e poderoso, unha arañeira que te atrapa nos seus fíos e da que custa saír por unha mesma. Mariña sente esa impotencia con só catorce anos. É intelixente, ten unha nai que a quere, pero a súa vida enmaráñase nos fíos do terror cada vez que vai ao colexio. O seu único desexo é pasar desapercibida, ser invisible aos ollos dos seus acosadores, pero a escalada de violencia increméntase día a día, mentres segue atrapada nunha situación da que ninguén parece decatarse. Hai quen mira para outro lado e hai quen non quere ver, ata que unha tarde desaparece.

Azucena denuncia a ausencia da súa filla e os axentes da policía comezan a investigación coa esperanza de atopar a Mariña con vida. O medo domina agora a toda a vila, tamén a aqueles que saben da súa culpabilidade.
É tempo de que os segredos saian á luz, de que falen os que sempre calaron, de que se rompa a arañeira.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Comerás Flores

Comerás Flores

Solla Sobral, Lucía

Un día de festa e verán, Marina queda prendida na mirada dun home e sente como lle aparecen arañiñas na pel. A pesar de que é vinte anos máis vello, a moza atopa nel a parella ideal. Pero axiña descubrirá que unha casa pode gardar dentro de si un inferno. O debú de Lucía Solla Sobral gaña público e admiración día tras día pola súa gran capacidade de relatar unha situación moi ...

19,95 €

Conventículo

Conventículo

Moreda, , Eva

A Nena visita a súa media irmá, estudante en Gran Bretaña. Lonxe de Lucián, a vila onde se criaron, ambas atoparán novos vínculos entre si e coas persoas e ambientes que van coñecendo. Unha obra de gran brillo literario na que Eva Moreda demostra os seus dotes para captar a esencia da lingua galega oral e a súa capacidade de innovación expresiva. ...

19,00 €

Maña, Cando Sexamos Luns

Maña, Cando Sexamos Luns

Nuñez, Xaquin

Un xubilado que coida unha esposa encamada, unha funcionaria en risco de expulsión, un dependente de ferraxaría envolto nun asunto turbio e unha empregada brasileira que espanta un trauma. Estas catro persoas, con vidas converxentes malia non o saberen, coinciden nunha sala de espera mentres fóra a noite é un tornado de barullo e xente. Son nómades dunha cidade que ve sorprendi...

19,50 €

Vidas para Lelas

Vidas para Lelas

Fernández, César Fernández

Neste libro de relatos, os seus personaxes teñen as súas vidas moi marcadas pola época que lles toca vivir e polo sorprendente e azaroso da mesma. Dende un varredor portuario até un concertista de guitarra, loitan por facerse un oco na escuridade dun sistema que sutilmente garda un sitio inamovíbel para cada un. ...

13,00 €

Que Quede entre nós

Que Quede entre nós

Pereira, Josefa Suárez

Ambientada na priemeira metade do século XX, Que quede entre nós é un relato cunha clara pegada poética uqe busca honrar e, dalgún xeito, resarcir o sufrimento de quen loitou nunha batalla allea. A historía entrelázase coas vivenvias de Pepa, nacida nas Edreiras (Concello de Zas), onde comeza o debullar dunha vida que, para min, merece ser contada. Mais serán as lectoras e...

13,00 €

Ocaso e Fascinación

Ocaso e Fascinación

Baltasar, Eva

A protagonista desta novela está a piques de perder a casa. Está a piques de perder o traballo. Está a piques de perder a súa dignidade como ser humano e a esperanza. Pero a protagonista desta novela vaise resistir a claudicar. Eva Baltasar volve demostrar que a alta literatura pode ollar temas tan actuais coma a crise no acceso á vivenda e o abuso nas relacións laborais. ...

19,00 €

Outros libros do autor

Tecendo Redes (Premio Novela Vilar Ponte 2022)

Tecendo Redes (Premio Novela Vilar Ponte 2022)

Rega Jul, Irene

V Premio de novela Vilar Ponte 2022 Que farías se che ofrecen o posto de traballo que estabas a agardar, pero debes compartir espazo coa persoa que arruinou a túa vida? Verónica, a protagonista desta novela, non renuncia ao seu soño profesional, mais tampouco a vingar os feitos que marcaron a súa vida para sempre. De súpeto todo se torce, ao día seguinte de firmar o contrato e ...

21,05 €