Saltar al contenido principal

Libros de Narrativa en galego 1228 resultados

As Tres Beiras

As Tres Beiras

Estévez, Marta

O barco de Ulises, en plena pandemia do 2020, retorna á illa na que pasou aquel inesquecible verán da súa infancia xunta os seus avós, na dura década do 1980. A década da heroína, a década da sida, a década do retorno de moitos galegos emigrantes a Venezuela. Nesta novela, Marta Estévez retrata a infancia da xeración nacida no 1970 e a dor dos que tiveron que abandonar a súa te...

21,90 €

As Palabras de Morfeo

As Palabras de Morfeo

Beltran, Ramon

Un home ten un soño peculiar e deberá viaxar a Madrid cunha completa descoñecida para pedirlle a un experto en lingua friulana que lle axude a descifrar o seu sentido. A tradución do seu soño embarcarao nunha aventura que mestura pasado e presente. ...

15,00 €

Merlin e Familia

Merlin e Familia

Cunqueiro, Alvaro

Publicada en 1955, esta é a novela coa que Cunqueiro comezou a súa obra narrativa logo de escribir varios libros de poemas. A historia dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Miranda luguesa chega ao lector a través do relato dunha testemuña directa, o paxe Felipe de Amancia, que lembra os tempos nos que traballou como criado do mago. A historia desenvólvese cunha permane...

17,00 €

Tres Mulleres

Tres Mulleres

Zweig, Stefan

A acomodada Irene Wagner, a anciá Mrs. C. e unha anónima descoñecida son as mulleres que protagonizan estas tres breves obras mestras de Stefan Zweig, Medo, Vinte e catro horas na vida dunha muller e Carta dunha descoñecida. Tres retratos femininos, dos seus desexos, fracasos, pensamentos e medos, obra dun narrador extraordinario e elegante capaz de afondar dun xeito maxistral...

15,50 €

En Galego, en Curto, en Galicia

En Galego, en Curto, en Galicia

Pedro Naveira

Este conxunto de relatos curtos ten un contexto común, tan pequeno en aparencia como infinito en realidade: o da nosa terra galega. Unha visión crúa e sen ambaxes da alma mariñeira. A Galicia profunda. A solidariedade en clave galega. Un achegamento ao mundo das meigas e os espíritos, que habelos hainos. Unha viaxe pola liña, ás veces imperceptible, que delimita o mundo real e ...

14,00 €

A Mais Recondita Memoria Dos Homes

A Mais Recondita Memoria Dos Homes

Mbougar Sarr, Mohamed

Diégane Latyr Faye, escritor senegalés emigrado en París, descobre o mítico libro O labirinto do inhumano, publcado no 1938, que convertera nun maldito o seu autor, T. C. Elimane, polas acusacións de plaxio. Fascinado por el, Faye pescuda o seu rastro a través dos relatos das persoas que o coñeceron e o amaron. Esta novela lese como un policial literario, unha viaxe de Francia ...

22,90 €

E Ti, por que Queres Falar Diso?

E Ti, por que Queres Falar Diso?

Leirós De La Peña,Paz

Quen foron os que apoiaron o golpe de Estado de 1936 en Santiago de Compostela? Por que o fixeron? Este libro é un testemuño literario cunha enorme carga de verdade, honestidade, dor e contradicións, que plasma un tiempo difícil e incómodo dun xeito extraordinariamente orixinal, un tempo que expresa ademais a dificultade das mulleres para tomar decisións sobre a súa propia vida...

16,50 €

Canto Máis Negra é a Amora..

Canto Máis Negra é a Amora..

Thurman, Wallace

A pel de Emma Lou Morgan é negra, tanto que lle provoca tristeza e humillación non só na comunidade maioritariamente branca da súa cidade natal de Boise (Idaho), senón tamén entre a súa familia e amizades, de pel máis clara. Na procura dun círculo onde a acepten, aos dezaoito anos deixa o fogar familiar e viaxa primeiro a Los Angeles e despois a Nova York, onde nun Harlem en pl...

18,50 €

O Axente Secreto

O Axente Secreto

Conrad, Joseph

Na súa vida diaria, o señor Verloc é propietario dun comercio no Soho, mais baixo esa máscara de normalidade agóchase un axente provocador que, a soldo dunha embaixada, finxe ser membro dun grupo revolucionario. Cando, obrigado polo seu xefe, se ve envolto nun complot terrorista para poñer unha bomba no observatorio de Greenwich e desacreditar así os anarquistas, os acontecemen...

17,00 €

Dracula

Dracula

Stoker, Bram

Unha sombra, sepultada durante séculos, esperta na Transilvania. O seu poder maléfico está a piques de estremecer as barulleiras rúas de Londres. Mais un equipo liderado por Mina Harker e Abraham Van Helsing está preparado para enfrontarse ao vampiro entre vampiros. Drácula é unha das obras máis famosas da literatura popular. Adaptada centos de veces ao cine e á televisión, pro...

32,50 €

Contubernio Picacho

Contubernio Picacho

Fandiño, Xaime

¿Què hace una familia menonita viviendo en el ayuntamiento de Cangas do Morrazo?¿Cómo llegaron a asentarse en el valle de Coiro Sigmund, Emily y sus hijos: el adolescente Blaz y las gemelas Agneta y Eda?¿Cuál es el secreto que se oculta tras esos recién llegados que venden en el mercadillo de pueblo productos de la tierra de cultivo ecológico, vestidos con los ropajes tradicion...

25,00 €

Menos que Humano. (Literatura Universal)

Menos que Humano. (Literatura Universal)

Dazai, Osamu

Por medio de tres fotografías e varios documentos autobiográficos que caen en mans do narrador, revélansenos algúns episodios da infancia e da mocidade de Yozo Oba, un inadaptado nato, benxamín dunha podente familia de provincias que cuestiona, desde a máis tenra idade, a hipocrisía, as incongruencias e todo o negativo que para el a humanidade comporta. Na súa incapacidade de c...

16,00 €

Cranford. (Literatura Universal)

Cranford. (Literatura Universal)

Cleghorn Stevenson, Elizabeth

Cranford é a obra máis popular de Elizabeth Gaskell. A través da figura de tres irmás solteiras, asistimos aos pequenos e grandes acontecementos da vila: matrimonios, mortes, estreiteces económicas? Un fráxil microcosmos rural que as grandes mudanzas sociais da Revolución Industrial estaban a transformar axiña para pasmo dos seus veciños.A paisaxe, a ambientación, o humor e a i...

20,50 €

A Familia Das Curandeiras (Literatura Accesible)

A Familia Das Curandeiras (Literatura Accesible)

Castro, Marisa

Esta novela conta a vida dunha curandeira galega que viviu nos anos duros da Guerra Civil e da ditadura franquista. Seguindo o fío da historia de España coñeceremos a Rosalía, unha muller humilde e sabia que traballou moito para axudarlles aos demais, aliviando os seus problemas e dándolles esperanza. ...

16,00 €

Aprendede Dos Lirios

Aprendede Dos Lirios

Smith, Iain Crichton

Esta novela está ambientada na época dos desaloxos das Terras Altas escocesas entre 1792 e a década de 1850, cando os terratenentes expropiaron a terra aos pequenos agricultores para sacarlle un maior rendemento co pastoreo de ovellas e obrigaron a poboación a trasladarse á costa para dedicarse á pesca.O proceso de desaloxo levouse a cabo con grande inhumanidade, e o nome que m...

18,00 €

Cayo Hueso

Cayo Hueso

Amantegi, Oihane

"A tempada de lagostas comeza en Cayo Hueso a principios de agosto. Vén sendo así dende que o mundo e mundo". E sempre é motivo de celebración. Virgil, crítico musical, chega á illa un martes, atraído polo engado dos ritmos sureños. Maudey chega o sábado coa súa banda de jazz para cantar durante as festas. Os dous axiña se coñecen, se desexan e namoran. Ou non, pois é difíci...

18,00 €

Morrer Sabendo Poucas Cousas

Morrer Sabendo Poucas Cousas

Barcelo, Joan Enric

Homes derrotados polo desamor, xubilados que estrañan recoñecemento, a historia nunca contada do máis rebelde creador de realities... Joan Enric Barceló crea un universo cheo de contrastes, malentendidos, momentos gloriosos entre o patetismo e o ridículo. Nos once relatos que compoñen este libro hai unha galería de personaxes inesquecibles en situacións aparentemente cotiás, pe...

19,00 €

O Trevo de Catro Follas

O Trevo de Catro Follas

Duro Mansilla, Maria / Ugarte, Daniel

Unha muller galega residente en Bruxelas comeza a escribir un diario por recomendación da psicóloga do hospital no que vai someterse a un tratamento de quimioterapia.Trala súa morte, o seu marido le os cadernos e reconstrúe a historia dos últimos anos xuntos, coa esperanza de manter viva a memoria dela e así ser quen de pasar o dó. ...

17,50 €

A Praza Do Diamante

A Praza Do Diamante

Rodoreda, Mercè

Na Barcelona convulsa da preguerra e da posguerra, Natlia ûColometaû arrástrase entre as tarefas domésticas, os fillos, o pan e a escaseza, sen apenas saber quen é. A súa é a historia dunha muller sometida a un matrimonio opresivo nun mundo que lle impón silencio e obediencia, pero tamén a dunha conciencia que esperta, a dunha linguaxe que se abre paso ata atopar a súa verdade....

21,00 €

Á Hora Sinalada

Á Hora Sinalada

Catoira, Rafael

A emigración foi ata hai pouco unha viaxe natural dos galegos. Detrás do verde intenso dos fentos e dos toxos, detrás do verde gris das ondas do océano, os emigrantes buscaron en América e logo nos países prósperos da Europa do século XX, os lugares aos que os empurrou a necesidade de mellora económica e a adversidade das circunstancias sociais. No pulo da épica de enfrontarse ...

18,00 €

Annete, Unha Epopea

Annete, Unha Epopea

Weber, Anne

Contar a vida de Anne Beaumanoir é contar a historia do século XX (versaletas). Unha muller que loitou na Resistencia francesa con só 19 anos. Que desafiou as ordes cando lles salvou a vida a dous adolescentes xudeus. Que cando os alxerianos se ergueron contra o colonialismo francés, preferiu pórse do lado dos seus supostos inimigos independentistas, malia que iso supuxese ir a...

19,00 €

O Nariz de Cirano e Outros Nobelos

O Nariz de Cirano e Outros Nobelos

Iglesias, Bieito

Neste libro de relatos, Bieito Iglesias fai un percorrido a medias nostálxico a medias irónico sobre varios dos grandes temas presentes de sempre na súa literatura: A pegada da doenza e mais da infancia, a lembranza dos seres queridos, o final do mundo tradicional... Gran variedade de personaxes e atmosferas onde conviven o sentido do humor e moita, moita música italiana. ...

18,00 €

Nós Estamos Ben, Non ?

Nós Estamos Ben, Non ?

Vilar Landeira, Ramón

Estas crónicas da sociedade que se nos vai das mans foron publicadas en La Voz de Carballo como material de valor e agora recobran nova vida en forma de libro. Adquieren outra dimensión e convértese en relatos intemporais. Solidificaron. O tempo deulles un pouso e un peso de profundidade literaria. Seguen sorprendendo por moito que se lean do dereito ou do revés. E son, sobre t...

18,00 €

Compostela

Compostela

Varios Autores

«A arte de escribir consiste en dicir moito con poucas palabras», afirmaba Chéjov, o pai do conto moderno. Un reto para quen crea e unha aventura para quen le. Nestes vinte e dous relatos de «Compostela» achegámonos á cidade dende diversas voces e olladas, mais tamén fuximos dela a arrabaldes de grandes urbes, a vilas pequenas ou a barrios con encanto. Neste paseo literario goz...

20,95 €

66

66

Queipo, Xavier

Xavier Queipo, un dos narradores galegos que máis se ten prodigado na narrativa breve, celebra o seu 66 aniversario con esta colección de sesenta e seis relatos breves, aos que engade un limiar esclarecedor. A primeira parte do libro, «Relatos atópicos», recolle contos no sentido estrito, aínda que con sorpresas; «Gabinete de curiosidades» fai lembrar as prosas das súas entrega...

21,50 €

O Loito e esa Cousa con Plumas

O Loito e esa Cousa con Plumas

Porter, Max

Nun piso de Londres dous nenos enfróntanse á insoportable tristeza pola morte repentina da súa nai. O seu pai, un sentimental experto na obra de Ted Hughes,?imaxina un futuro baleiro.Neste momento de desesperación, visítaos o Corvo (antagonista, trapalleiro, curandeiro e neneiro), que ameaza con quedar nesta familia ata que xa non o necesiten. ...

17,00 €

O Lanzador de Coitelos

O Lanzador de Coitelos

Castro Paredes, Fernando

Premio Galaxia 75 anos 2025. Un sicario é contratado para raptar unha figura prominente das letras, un poeta húngaro emigrado a París. A operación terá un xiro inesperado e ambos os dous protagonistas acabarán confrontados co seu pasado. Con esta premisa arrinca O lanzador de coitelos, unha novela que parte dos códigos do thriller máis clásico para transcender o xénero cunha es...

23,20 €

Odio. (Premio Xose Neira Vilas Literatura Xuvenil 2025)

Odio. (Premio Xose Neira Vilas Literatura Xuvenil 2025)

Romero De Avila, Gabriel

Premio Neira Vilas de Literatura Xuvenil 2025. Todo apunta ao comezo dunha nova guerra entre humanos e droides nas Terras de Poñente. Neo Vigo, a cidade dos neons e os rañaceos antigravitatorios, aínda lembra a bomba atómica que estourou sobre o estadio de Balaídos hai dez anos e que terminou coa revolta da Nai Computadora. Pero agora hai un influencer que se dedica a reavivar ...

15,50 €

Medio Sol Amarelo

Medio Sol Amarelo

Ngozi Adichie, Chimamanda

Medio sol amarelo ambiéntase nun momento clave da historia contemporánea africana: o da loita de Biafra por conseguir a independencia de Nixeria, a finais da década de 1960, e a guerra civil a que deu lugar. Este conflito cambiará a vida de Olanna, que abandona a comodidade da capital nixeriana para vivir nunha cidade pequena e poeirenta con Odenigbo, profesor universitario de ...

23,00 €

Sarela

Sarela

Tojo, Marga

Unha xornalista de volta en Compostela, un trompetista, o cadáver dunha muller no río Sarela, unha forense que foi psiquiatra, unha aparición, unha compañeira, un amor, moito desexo, demasiadas superviventes, unha trama de corrupción e de violencia sexual, un feixe de homes necios e varios fíos dos que tirar. ...

15,00 €