Saltar al contenido principal

Libros de Narrativa en galego 1259 resultados

Libro Das Contrarias

Libro Das Contrarias

Agra, Agustin

Sofía, unha prestixiosa fotógrafa, intérnase nun agreste parque nacional de Suecia onde só é posible subsistir durante o estío. McClaunasey, investigadora sobre o papel das mulleres na ciencia, avisa a Fátima da desaparición da amiga de ambas. Pretende que dean con ela baseándose nunhas indicacións ocultas nos libros e poemas que, con tal finalidade, Sofía deixou á mantenta. Fá...

16,95 €

A Inquilina de Wildfeld Hall

A Inquilina de Wildfeld Hall

Bronte, Anne

A mansión de Wildfell Hall recibe unha nova inquilina, unha misteriosa muller chamada Helen Graham, acompañada polo seu fillo pequeno. A chegada desta habitante desata todo tipo de rumores entre a veciñanza. Grazas ás páxinas do seu diario, que chega ás mans do seu namorado, Gilbert Markham, coñeceremos o pasado turbulento do que fuxiu a protagonista.Presentada a miúdo como unh...

22,00 €

Washington Square

Washington Square

James, Henry

Washington Square publicouse por primeira vez por entregas na revista inglesa Cornhill (xuño-novembro de 1880) e como novela en decembro dese mesmo ano. A obra, protagonizada por unha fea e parva Catherine (en palabras da protagonista), afonda nas relacións familiares dunha rica vinculeira cando o atractivo Morris Townsend pousa os seus ollos nela con intencións matrimoniais. O...

21,05 €

Vantaxes e Inconvenientes de Case Todo

Vantaxes e Inconvenientes de Case Todo

Cermeño, Xose

Este é un libro de prosas breves escrito para persoas escépticas e perplexas. E non só para elas. Son benvidos a estas páxinas amantes da lectura a quen lles guste ir peteirando un pouco de aquí e un pouco de acolá, deixándose levar e sorprender. Vantaxes e inconvenientes de case todo fala de libros, de cidades, de cociñas, de xentes ilustres, de persoas anónimas, de paisaxes e...

16,45 €

O Albatros Negro

O Albatros Negro

Oruña, María

O albatros negro de María Oruña presenta unha trama de misterio e suspense ambientada en Vigo, unha cidade que, co seu mar e a súa historia, se converte nun personaxe máis da narración. A autora entrelaza o presente e o pasado nunha investigación que conecta un crime recente con feitos do pasado, guiando os lectores a través dunha serie de pistas que os levarán a descubrir segr...

24,95 €

Os Médicos Tamén Enferman

Os Médicos Tamén Enferman

Noriega Sánchez,Martiño

O ex-alcalde de Santiago e Teo, Martiño Noriega, publica Os médicos tamén enferman (Alvarellos Editora), unha crónica persoal onde relata o seu regreso á Medicina despois de doce anos na política activa. Escrito entre 2021 e 2024, este libro permítenos descubrir directamente o sentir dun médico no duro contexto da sanidade pública nestes anos, mais tamén está inspirado nas voce...

16,90 €

Birken

Birken

Alfonsin, Diego

Birken só quere saber onde comezan e onde acaban as preguntas, por iso pon os signos de interrogación ao comezo e ao final. Birken quere saber por que os holandeses si e os galegos non. Birken acaricia as árbores da horta coma se fosen seres queridos. Durante unha viaxe en tren, recoñece un antigo compañeiro da facultade no mesmo vagón e descobren que van visitar a mesma exposi...

15,20 €

Ata que a Morte nos Separe

Ata que a Morte nos Separe

Gallego Abad, Elena

Marta Vilas, redactora xefa do «Xornal Galaico», recibe unha invitación para participar na viaxe inaugural do «Xacobus», un cruceiro deseñado para proporcionar unha experiencia única aos pasaxeiros de alto nivel económico que buscan facer a ruta marítima do Camiño de Santiago sen renunciar a todo luxo de comodidades. Entre a selecta pasaxe, parten de Vigo unha parella multimill...

19,95 €

Cereixas Roubadas

Cereixas Roubadas

Comadres Das Letras

As Comadres das Letras regresan cunha nova e suxestiva proposta literaria. O colectivo de escrita feminista rende homenaxe a Luísa Villalta. Trece voces asinan as súas creacións nuns textos que transitan do verso á prosa, da peza dramática ao caligrama. ...

18,50 €

Hortensias, Camelias, Palmeiras

Hortensias, Camelias, Palmeiras

Moreda, Eva

Teresa é unha adolescente de Lucián, o trasunto literario dunha vila calquera no norte de Galicia. Teresa é unha boa alumna e forma parte do coro da escola de Música local. Cun estilo envolvente e magnético, Eva Moreda constrúe un universo literario único e inesquecible, unha biografía colectiva dun tempo recente, pero xa pasado, que se evoca con elegancia e firme pulso litera...

18,00 €

En Canto Agonizo

En Canto Agonizo

Faulkner, William

En canto Addie Bundren agoniza, o seu fillo máis vello, Cash, comeza a construírlle o cadaleito. Así que falece, en pleno mes de xullo, o seu marido e mais os cinco fillos cargan o corpo nun carro tirado por mulas para ir enterrala a Jefferson, cos seus parentes.Todos os personaxes van narrando, cada un á súa maneira, os pormenores desta odisea, que transita entre a traxedia e ...

20,00 €

Ítaca

Ítaca

Besteiros, María

Penélope é unha muller de corenta e cinco anos que vive co seu home, Ulises, e o seu fillo adolescente, Telémaco, no ano 2024. Forman unha familia convencional que un día recibe a inesperada noticia de que ela está embarazada. Tras o impacto inicial, nai e fillo comparten ilusión e preparativos para recibir o novo membro da familia, ante a aparente indiferenza de Ulises, os pre...

16,95 €

Asasinato Na Casa Rosa (Os Crimes de Loeiro 1)

Asasinato Na Casa Rosa (Os Crimes de Loeiro 1)

Portabales, Arantza

Tras a espectacular acollida das súas anteriores novelas negras, Arantza Portabales inicia unha nova serie, Os crimes de Loeiro, protagonizada por Santaclara & Araújo. A inspectora Iria Santaclara, de baixa para atender o seu home convalecente, recibe a sorprendente chamada do millonario Ulises Villamor. O empresario cre que a súa muller foi asasinada hai catro anos e quere que...

21,40 €

Son Coma Glaciares os Barcos de Aceiro

Son Coma Glaciares os Barcos de Aceiro

Menéndez, Cynthia

Son coma glaciares os barcos de aceiro é unha novela artesá, soldada con precisión liña a liña, palabra a palabra, como fan os traballadores coas chapas metálicas nas bancadas dos estaleiros. Unha carta de amor ao Vigo industrial e combatente, aos fillos e fillas do traballo e da dignidade, a través dos recordos dun neno que medra entre as manifestacións, as folgas e a loita si...

19,00 €

As Despedidas

As Despedidas

F. Santome, Cecilia

«O avó morreu hoxe. Ou quizais foi onte». Así, entre titubeos, arrinca esta crónica íntima dun dó con sabor a outro tempo. Un en que os defuntos eran velados nas casas, en que as capelas ardentes permanecían abertas día e noite e en que os curas eran salvadores de almas... e mesmo de pelellos cando a loxística non acompañaba. Velaquí setenta e dúas horas nunha burbulla de silen...

17,95 €

O Bo Vasalo

O Bo Vasalo

Narla, Francisco

Principios do século XII: O Galego é un xeseiro que leva mal as inxustizas. Mais baixo o seu perenne silencio garda un segredo. O segredo do que ocorreu en Valencia tras a conquista do Cide uns anos antes. Francisco Narla recrea un dos episodios máis coñecidos e peor contados da historia medieval: as fazañas dun guerreiro que se enfrontou por igual a cristiáns e musulmáns, que ...

23,90 €

O Clan Das Barbies

O Clan Das Barbies

Yañez, Antía

Nun mundo onde semella que os cartos poden comprar todo, tres persoas atópanse na clínica de fertilidade Eva. Non se coñecen, pero ese encontro fortuíto será o inicio dunha amizade xurdida da desesperación e da carraxe. A Alma gustaríalle ser invisible, pero as cargas familiares, as do presente e as do pasado, impídenllo. Carla fixo o imposible por salvar un pai que só sabía q...

19,95 €

Comida para Gatos e Outras Delicatessen Indixestas

Comida para Gatos e Outras Delicatessen Indixestas

Darriba, Luz

>, di Roberto Juarroz, en Como amar o imperfecto. As cousas, a vida e as historias son imperfectas. Estas, as de Comida para gatos e outras delicatessen indixestas, navegan entre a imperfección e as ganas de ser aceptadas, de atopar complicidades, acubillo. Dez relatos sobre desexos e desexos reprimidos, sobre traizóns e culpas, sobre a procura incansábel do amor, a loita por a...

16,00 €

Narrativa e Teatro

Narrativa e Teatro

Rodriguez Castelao, Alfonso

La narrativa y el teatro completo de Castelao, acompañados de las ilustraciones realizadas por el propio autor para cada libro. Alfonso Rodríguez Castelao es una figura sin la cual no se puede comprender la significación de Galicia contemporánea. Su obra escrita, ampliamente diversificada en distintos géneros -narrativa, teatro, ensayo, pensamiento, discurso, articulos de prens...

17,00 €

Monsieur Maurice (Galego)

Monsieur Maurice (Galego)

Edwards, Amelia B

A presente obra, publicada orixinalmente en 1873, está ambientada na Prusia posnapoleónica. A acción principal desenvólvese nun palacio rexio en Brühl, a onde por orde ministerial trasladan un prisioneiro para que fique baixo a custodia do coronel Bernhard, o novo intendente. A raíz dese feito, Gretchen, a filla única do mandatario, establece case de inmediato unha intensa rela...

14,50 €

O Mono Xouth

O Mono Xouth

Iakovos Pitsipios

Esta novela, cuxa tradución ao galego é a primeira a unha lingua romance, considérase pioneira da literatura fantástica escrita en grego moderno. Como adianta o título, céntrase nas peripecias de Xouth, un enigmático escritor e viaxeiro alemán que acabou metamorfoseado nun orangután e posto ao servizo dun home grego europeizado que finxe pertencer a unha nobre estirpe.As peculi...

15,00 €

Detective Ferruchi

Detective Ferruchi

Villar, Marta

Sol Cortés decide darlle un xiro radical á súa vida. Deixa a cidade onde vive e o seu traballo como padronista en Inditex para regresar á súa vila natal, despois de moitos anos, e abrir unha libraría. Aos poucos días aparece brutalmente asasinado Xan Sequeiro, un veterinario introvertido e cun don especial para curar animais. A trama céntrase na investigación paralela deste cri...

21,95 €

Retorno

Retorno

Reimóndez, María

Nun mundo onde a «Cobiza» deu paso á destrución, no momento en que as «Multitudes» se atopan na encrucillada, «Retorno» desentraña as capas que compoñen a cerna desta «Triloxía dos seres completos». Nesta nova e derradeira novela conflúen todas as voces, os tempos e as historias dos libros precedentes para enfrontarse a unha pregunta vital: en mans de quen deben estar as decisi...

18,95 €

Cousas Pequenas Coma estas

Cousas Pequenas Coma estas

Claire Keegan

O inverno de 1985 é frio e húmido na pequena vila irlandesa de New Ross. Bill Furlong, dono dun almacén de leña e carbón, ocúpase con dilixencia dos numerosos pedidos. Furlong é un home honrado, un xefe xusto e un pai de familia bondadoso. A súa única preocupación é dar conta do traballo e que non lles falte de nada ás súas cinco fillas e á súa muller Eileen. Pero unha mañá, ao...

18,00 €

Tres Irmáns

Tres Irmáns

Meixide, Carlos

Norte de Francia, xaneiro de 1971. Ao volver de xogar no río coa súa amiga C´cile, o pequeno Antoine, de doce anos, descobre que o exércitoprusiano matou a toda a súa familia. Como a de Cécile correu a mesma sorte, xuntos deciden camiñar até París na procura de Jacques Jouvet, un parente afastado do que só saben que vive no barrio de Montmartre. No camiño uniráselles Caroline, ...

16,50 €

Outono. A Muller Sen Nome

Outono. A Muller Sen Nome

Paula Castro

A muller sen nome representa a moitas persoas. Probablemente, en gran parte do discurso sintas que podes identificar a alguén, sexas ti mesma a identificada ou simplemente empatices coas verbas que aquí se narran.Esta historia transmite a ambivalencia que existe entre o amor e a dor que unha persoa pode experimentar no camiño da vida. O esforzo, o valor e a coraxe dunha nai que...

17,90 €

Indolente

Indolente

Mancebo Soto, Alberto

Estamos no ano 2041 e o Ministerio da Presidencia acaba de emitir un comunicado para alertar a cidadanía dunha gran tormenta xeomagnética causada por unha erupción solar que afectará o planeta nas próximas horas. Este contundente fenómeno atmosférico xa sucedera sete anos antes, con intensas auroras boreais atravesando o ceo de todo o mundo e con fallos xeneralizados nos sistem...

17,95 €

Tras Do Ceo

Tras Do Ceo

Rivas, Manuel

Unha cuadrilla de cazadores, urbanos e con relacións de amizade e negocios, participa nunha batida na que o obxectivo é «O Solitario», un lendario porco bravo, considerado moi perigoso, a quen se lle atribúe unha morte e ataques a participantes noutras cazarías. No escenario agreste da batida, dúas mulleres sendeiristas afrontan una situación de risco e os cazadores acoden na s...

19,95 €

Contos Gringos.

Contos Gringos.

Dopazo Ruibal, Lara

Nestes Contos gringos hai tornados, campos de millo, animais salvaxes, reptilianos, mortes inesperadas e moito, moito frío. Unha ducia de relatos que propoñen unha viaxe cara ao profundo dos Estados Unidos. Desacougo e violencia, fenómenos naturais e segredos, bestas animais e bestas humanas. A realidade e o sobrenatural mestúranse, ata que é imposible distinguilos. ...

16,85 €

Runrun

Runrun

Varela Miño, Ana

Tras a prematura morte dos seus pais, Aldara sofre un episodio psicótico, e a súa irmá, Uxía, faise cargo, soa, da situación. Esta é a historia de Uxía, unha xanela para asomarnos á súa vida. Apenas unhas horas que nos deixan ver os seus afectos, os escollidos e os que veñen dados, que por veces se volven caníbales, das circunstancias e dos prexuízos que nos atrapan, e de como ...

16,85 €