Saltar al contenido principal

Libros de Narrativa en galego 1259 resultados

Suite Francesa

Suite Francesa

Némirovsky, Irène

Verán do 1940. O exército alemán avanza cara a París. A poboación foxe das súas casas na capital e inicia un éxodo por estrada para evitar a guerra. Nese mesmo momento, Irène Némirovsky empeza a escribir a que vai ser a súa magna obra: un fresco coral sobre ese tempo de incerteza e medo. Suite francesa é o testemuño en tempo real da ocupación nazi de Francia, que a súa autora n...

29,90 €

A Herdanza Ferramonti

A Herdanza Ferramonti

Chelli, Gaetano Carlo

Esta novela, a máis lograda de Gaetano Carlo Chelli, publicouse por vez primeira en 1883 na revista Cronaca Bizantina. O autor participa da estética do verismo, ao se inspirar na realidade para retratar os esforzos de pequenos empresarios e burócratas por se enriquecer e lograr o ascenso social e a respectabilidade. De feito, a obra apareceu ao tempo que saltaba á esfera públic...

17,00 €

Como Chega o Sal Ao Mar

Como Chega o Sal Ao Mar

Schwaiger, Brigitte

Como chega o sal ao mar, a primeira e máis coñecida novela de Brigitte Schwaiger, publicouse orixinalmente en 1977 e converteuse decontado nun incontestable éxito editorial. Vendeu case medio millón de exemplares no conxunto de territorios xermanófonos e alzouse como unha das dez novelas en lingua alemá con mellor acollida internacional no século XX grazas ás traducións publica...

15,00 €

Felicidade Clandestina

Felicidade Clandestina

Lispector, Clarice

Felicidade clandestina contén unha serie de relatos escritos en diferentes épocas da vida da autora e recollidos por primeira vez en 1971.Tras o banal e cotián atopamos revelacións inesperadas arredor das grandes cuestións existenciais, como a amizade, o amor ou o pensamento. Mediante a técnica do fluxo de conciencia, a autora consegue dotar de gran profundidade psicolóxica per...

18,00 €

A Capital Do Mundo

A Capital Do Mundo

Alcala, Xavier

1957. Un adulterio ferinte, un amor tolo, imposible, impulsan a unha rapaza coruñesa a emigrar. Nova York, A capital do mundo, sempre atraera a Nieves Ocampo e cara alá marcha cunha parada previa na Habana. Ese alto na ruta, inicialmente curto, devirá en peripecia vital nunha viaxe por un mundo inimaxinable ata ese momento da Historia. A emigración é tema principal na obra de X...

23,70 €

A Miña Vida Noutro Lugar

A Miña Vida Noutro Lugar

Rosa Suárez Redondo

Mercedes volveu de EUA embarazada dunha filla,Indira, á que nunca lle desvelou a identidade do seu pai. Tres décadas transcorren entre esa viaxe de ida e volta de Ribadomar a Denver, para cursar estudos universitarios, e a de Indira, quen segue as pegadas da súa nai e regresan de América con información inesperada e reveladora. Con prosa sinxela e ritmo áxil, cun chisco de...

13,00 €

Os Mortos que Amei

Os Mortos que Amei

Collazo López, Iria

Celeste decidiu fuxir con 83 anos, un día de abril, o mes en que abren as rosas das cerdeiras. Atopou a maleta onde levaría as súas pertenzas entre mantas e mantóns de estopa, la e angora; blusas de seda en tons pasteis e colo con brocado; bolsos de coiro de res criada coa mesta herba eterna da Pampa; broches dourados con forma de coleópteros máxicos... O can Elvis e o seu cons...

18,50 €

Somos un Pestanexo Radiante Na Terra

Somos un Pestanexo Radiante Na Terra

Vuong, Ocean

Un fillo escríbelle unha longa carta á súa nai, que non sabe ler. A carta é en realidade un exame de conciencia, un repaso aos elementos clave que foron conformando a súa identidade como fillo dunha familia de vietnamitas que fuxiu do seu país rumbo aos Estados Unidos e como mozo que descobre e asume a súa homosexualidade. Esta novela é asemade un testemuño do amor tenso pero i...

19,00 €

A Discreta Beleza Dos Tulipáns

A Discreta Beleza Dos Tulipáns

Gutiérrez Alonso, Eva

"Non hai mal da alma que non poida curar a beleza dos tulipáns." Porén, esa beleza perfecta pode ocultar un interior inesperado. Así son os protagonistas destes relatos, como tulipáns que esconden con discreción as súas sombras dentro dunha vida aparentemente común. Porque, quen non ten unha pequena parte escura? Talvez ninguén puidese superar a proba de ser examinado co foco a...

16,45 €

Pel de Cordeiro

Pel de Cordeiro

Costas, Ledicia

Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiadas. Lo...

19,95 €

O Teu Perfil Na Miña Sombra

O Teu Perfil Na Miña Sombra

Vega, Rexina

"O teu perfil na miña sombra" non é exactamente unha narración, tampouco un libro de poesía nin un ensaio, pero baixo a forma de diario recolle todos eses rexistros para indagar nun dos temas esenciais da reflexión sobre o "ser muller": a maternidade. Durante moito tempo, este aspecto, absolutamente decisivo, estivo infrarrepresentado, unha experiencia agochada dentro de corpos...

17,60 €

Contrabiografia

Contrabiografia

Lopez Lopez, Xabier

Contrabiografía non é unha biografía á contra. Máis ben é unha autobiografía inversa, unha velada chiscadela ao Everybody's Autobiography, de Gertrude Stein, onde se nos ensinou que a mellor maneira de falar dun mesmo é falar deles, dos outros, daquelas persoas e espazos contra os que nos recortamos coma unha sombra. Texto da estirpe dos híbridos, o motor de Contrabiografía é u...

20,55 €

Memoria para Xoana

Memoria para Xoana

Marica Campo

Xoana, a que está por vir, a desexada, resultado dun acto libre de compromisos, recibe de súa nai o legado da memoria persoal e colectiva, legado que a sitúa na realidade das mulleres da familia e que lle entrega a modo de advertencia e prevención, mais tamén como impulso para buscar a propia felicidade e lugar no mundo. Non exenta de crítica social, esta historia, encadeada ...

12,00 €

Esperta Do Teu Sono

Esperta Do Teu Sono

Rontano, Lola

«Esperta do teu sono» toma como motivo central o conflito da mina de Corcoesto, en Cabana de Bergantiños, para presentar en clave de intriga unha ficción que mestura ecoloxía, desobediencia civil, loita pola terra e solidariedade entre comunidades rurais e urbanas. Entre misteriosas mortes e vellos rancores, Vila Amparo, un porto de mar da Costa da Morte, será testemuña da pau...

19,50 €

A Ferida Imaxinaria

A Ferida Imaxinaria

Davila, Berta

«A ferida imaxinaria» conta a historia de dúas parellas de irmás distanciadas, dous peixes laranxas e un ganso doméstico. E tamén a dos habitantes da aldea de Soutelo, cerca de Viveiro. Falta pouco tempo para que se produza unha eclipse solar total, pero ningunha das protagonistas ten un interese especial no fenómeno. As catro están mergulladas na súa propia escuridade. Un acu...

18,95 €

Tríptico Do Silencio

Tríptico Do Silencio

Vasallo, Brigitte

Co material da miseria, o desarraigo, a diáspora e o silencio, lánzase aquí un berro de vinganza polas historias negadas. Narrativa imposible en tres linguas.A miña lingua materna é a miseria, a diáspora, o silencio, a intemperie. As miñas linguas maternas son todas estas a pesar meu ou para alegría miña, todas estas que escribo mal, con faltas de ortografía, con pouco vocabula...

18,95 €

Delicioso Suicidio en Grupo

Delicioso Suicidio en Grupo

Paasilinna, Arto

Onni Rellonen, un home de negocios golpeado pola vida, e o coronel Hermanni Kemppainen, oficial frustrado, atópanse nunha vella pallota, ambos co mesmo propósito de suicidarse. Tras o estraño encontro deciden levar a cabo un plan: xuntar todas as persoas do país que están pensando en suicidarse e pasar os seus últimos días no grupo axeitado.Paasilinna trata a sombría cuestión d...

21,00 €

Groenlandia

Groenlandia

Fernandez Davila, Fran

PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL 2023. Comeza 1995, o ano da guerra do fletán entre Canadá e os pesqueiros galegos que traballan preto de Terra Nova. Un mariñeiro case moribundo é atopado nunha balsa salvavidas e levado ata as illas dos Azores, onde esperta sen memoria e, mentres reconstrúe a súa identidade, nun dilema entre a lealdade matrimonial e o amor pola enfermeira que o co...

22,10 €

O Cantar Dos Musicos Errantes

O Cantar Dos Musicos Errantes

Lopez Valcarcel, Xulio

"Como músico de vello e escritor, non podo por menos que felicitarme dobremente pola aparición deste libro de Xulio Valcárcel. Como músico, porque se trata dunha obra que recolle, gaba e restitúe a memoria daqueles músicos anónimos que, con maior ou menor "afinación", mantiveron viva a chama da nosa tradición(e mesmo importaron outras) naquela España en branco e negro do século...

17,90 €

Ninguén Contará a Verdade

Ninguén Contará a Verdade

Feijoo, Pedro

Marosa Vega, unha talentosa e hábil xornalista que foi despedida por querer sempre investigar de máis, acepta un encargo moi especial dun antigo compañeiro: Salva Lamas pídelle axuda para desentrañar un caso de corrupción política que afecta ao presidente da Xunta de Galicia e que está a deixar un regueiro de vítimas. Construtores, banqueiros, avogados, altos cargos políticos, ...

25,50 €

Tecendo Redes (Premio Novela Vilar Ponte 2022)

Tecendo Redes (Premio Novela Vilar Ponte 2022)

Rega Jul, Irene

V Premio de novela Vilar Ponte 2022 Que farías se che ofrecen o posto de traballo que estabas a agardar, pero debes compartir espazo coa persoa que arruinou a túa vida? Verónica, a protagonista desta novela, non renuncia ao seu soño profesional, mais tampouco a vingar os feitos que marcaron a súa vida para sempre. De súpeto todo se torce, ao día seguinte de firmar o contrato e ...

21,05 €

Jane Eyre

Jane Eyre

Charlotte Brontë

Orfa e rexeitada polos parentes a quen se lles encomendou o seu coidado, Jane Eyre pasa nos seus primeiros anos dunha casa hostil a un internado. Alí, con todo, consegue unha boa educación e, tras un tempo exercendo de profesora, marcha para traballar de institutriz na espléndida mansión do señor Rochester. A vida por fin parece sonrrirlle, pero algo terrible espreitano faiado ...

26,00 €

Eva e Lucy

Eva e Lucy

Pavón, Cris

Ciencia, maxia, relixión. De que xeito nos explicamos o mundo? Con que mestura de relatos damos sentido ás existencias? As mulleres protagonistas de Eva e Lucy amosan e agochan as súas estratexias para vivir, para loitar por un lugar no mundo, para acougar a dor. Andar, facer, falar. Camiños na evolución e camiños en Compostela. Migracións e peregrinacións, sendas que nos condu...

21,40 €

O Azul entre o Ceo e Auga

O Azul entre o Ceo e Auga

Abulhawa,Susan

"O azul entre o ceo e a auga", de Susan Abulhawa, xa traducido a máis de 20 idiomas, achégase agora en galego. Conta a historia dunha familia palestina, os Baraka, que a través de diversas xeracións de mulleres, enleadas no tempo e no espazo, nos amosan a dura realidade da franxa de Ghaza.Unha historia de resiliencia, onde vemos como podemos resistir malia todas as condicións e...

23,95 €

Contármonos

Contármonos

Comadres Das Letras

As catorce voces reunidas neste volume xurdiron no Obradoiro da Escrita. Son textos creados arredor das historias de vida das mulleres e que sitúan ás mulleres no centro. A partir daqueles obradoiros naceu o colectivo Comadres das Letras. ...

18,50 €

Diario de Dúas Casas

Diario de Dúas Casas

Villamarín, María

A protagonista de Diario de dúas casas experimenta un desprazamento dobre. A distancia entre a cidade na que vive e estuda e a aldea onde naceu —e onde está a súa casa familiar— convértese nun camiño de ida e volta. O seu tránsito frecuente é tamén un movemento interior, atravesado e unido pola escri­tura de cadernos. Neles agroma unha sorte de desconcerto, a colisión entre dou...

18,00 €

Ouro en Po

Ouro en Po

Diego Ares

James Gastrell é un xornalista inglés que na primavera de 1862 agarda en Damasco a que chegue o momento de coller un barco de volta a Inglaterra nalgún dos portos do Levante. Alí decide visitar a Jane Digby para ver se consegue chegar a Palmira ou que polo menos lle conte algún dos episodios da súa escandalosa existencia.No canto da súa historia ela cóntalle a vida de Lady Hest...

21,90 €

Crime en Compostela

Crime en Compostela

G. Reigosa, Carlos

Gañadora da primeira edición do Premio Xerais de Novela, "Crime en Compostela" está considerada un fito da literatura galega por ser a obra que inaugura o xénero de novela policial e é un indiscutido best-séller da narrativa galega dos últimos corenta anos. Protagonizada polo aventureiro Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, presenta as pescudas arredor dun escuro asa...

13,95 €

Coa Man Esquerda

Coa Man Esquerda

Quiroga, Xabier

En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén unha nota e un cartafol cheo de follas atropeladamente manuscritas. Nelas, un vello moribundo que moraba nunha residencia de anciáns asolada pola pandemia conta os desacougantes sucesos que viviu sendo neno na súa casa afastada da aldea e que o marcaron para sempre. Esa especie de confesión ou lega...

17,95 €

O Pracer Da Chuvia

O Pracer Da Chuvia

Vázquez, Manuel

"A novela, á parte de ser unha defensa e reivindicación do rural, é unha novela tamén de carácter urbano, representado fundamentalmente por cinco cidades: Lugo, A Coruña, Lisboa, París e Madrid.Aquí podemos atopar personaxes reais do rural propios de García Márquez, coma o seu grande mestre da vida, Dositeo; o labrego Quinto de Serés; Marité, a súa sogra; Servando, aquel home ...

17,90 €