Saltar al contenido principal
A Casa Do Pai

A Casa Do Pai

Karmele Jaio (Isaac Xubín Tr.)

Jasone e Ismael son unha parella que arrastra certa crise dende que as fillas abandonaron a casa familiar. El, escritor, pasa por un momento de bloqueo creativo que cadra coa responsabilidade de ter que coidar do pai namentres a nai está ingresada, o cal provoca que agromen recordos traumáticos que derivan na reinterpretación da vida familiar. Jasone, pola súa banda, fai balanc...

Editorial:
Editorial Hugin e Munin
Ano de edición:
2022
ISBN:
978-84-123933-6-1
Encadernación:
Rústica
16,50 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Jasone e Ismael son unha parella que arrastra certa crise dende que as fillas abandonaron a casa familiar. El, escritor, pasa por un momento de bloqueo creativo que cadra coa responsabilidade de ter que coidar do pai namentres a nai está ingresada, o cal provoca que agromen recordos traumáticos que derivan na reinterpretación da vida familiar. Jasone, pola súa banda, fai balance das renuncias e as perdas e sente que debe recuperar dalgún xeito os soños relegados, como a escrita e a ilusión de montar unha editorial coa súa cuñada e grande amiga da mocidade.

Os máis de trinta capítulos curtos de A casa do pai presentan unha hábil alternancia de tres voces, algúns cambios de perspectiva e sucesivas analepses. A canda estas particularidades, outras opcións estruturais, como a narración en segunda persoa -que consegue un efecto literario de gran potencia- ou a sutil escolla de temas e subtemas, foron, de certo, elementos de peso á hora de que a novela fose distinguida co Premio Euskadi de Literatura, amais de recoñecida como Mellor libro do ano en éuscaro pola Asociación de Librarías de Navarra e mais pola 111 Akademia. Nese abano temático -a miúdo máis suxerido ca evidente- figuran as complexas relacións entre a masculinidade e o feminismo, o inmobilismo, a culpa, a complicidade, a identidade, os segredos, a memoria ou os roles convencionais.

Artículos relacionados

Nós, os Tolos

Nós, os Tolos

Castelo Martínez, Tania

«Nós, os tolos» narra en primeira persoa o día a día de Marta, terapeuta ocupacional nun equipo de saúde mental comunitaria que percorre o rural galego atendendo persoas con trastornos mentais graves. A través de historias como as de Berta, Modesto, Uxía, Aldara, Anxo, Samuel, Milagres ou Darío, a obra mostra vidas marcadas pola dor, o estigma e o illamento, pero tamén pola te...

15,50 €

O Derradeiro Gimlet

O Derradeiro Gimlet

Ameixeiras, Diego

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, men...

18,50 €

Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €

Buscando a Dalia

Buscando a Dalia

Fernandez, Miguel Anxo

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra F...

21,50 €

O Elixido

O Elixido

Perreault, Catherine

Isabelle vive co seu fillo Éli, o elixido, un neno con trastorno do espectro autista severo que apenas pode comunicarse e que terá que vivir nun centro. A súa nai esconxura a rabia e a pena pola separación cunha narración arrebatada, luminosa e violenta que transmite, pura e poderosa, toda a forza dun amor incondicional. Primeira novela de Catherine Perreault, un éxito de críti...

19,00 €

Gustavos

Gustavos

Beltrám Carballeira, Ramón X.

Catorce anacos de vida que acontecen en escenarios e tempos moi diferentes. Un suicida, un amnésico, un home que soña, un opositor, un namorado... O único que teñen en común as historias é que por elas deambula alguén que se chama Gustavo, como protagonista ou como secundario.Ou talvez sexa un único Gustavo e o que cambia son as dimensións onde vive. Que cada quen resolva esa d...

13,90 €