Saltar al contenido principal

Libros de Narrativa en galego 1209 resultados

Escola de Menciñeiros

Escola de Menciñeiros

Cunqueiro Mora, Álvaro

Libro de saudadores, de estrafalarios, de aluados, de bichería e de soños. Escrito sen excluír unha pinga de grata inquedanza, afirma Domingo García-Sabell no limiar. Coma un espello que agacha algo nunca descuberto. A xente de Cunqueiro é a xente de nós, ferida polo mundo, do que cómpre sandar. ...

16,65 €

Non Hai Noite Tan Longa

Non Hai Noite Tan Longa

Fernández Paz, Agustín

Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun delito polo que foi condenado e encarcerado, nun proceso que provocou a súa morte, en 1972. Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súa nai é o que o forza a regresar. E...

19,95 €

Memorias Dun Neno Labrego (C)

Memorias Dun Neno Labrego (C)

Neira Vilas, Xosé

Memorias dun neno labrego, primeiro título en prosa do autor, saíu publicado con data de xaneiro de 1961. Nesta nova edición reprodúcese o limiar ou proemio que Xesús Alonso Montero escribiu para a vixésima edición, no ano 1999. Durante moitos anos, esta obra foi case que o único texto de iniciación á lectura en galego, antes de que a lingua estivese recoñecida nos programas de...

22,35 €

Marcial Valladares. Majina Ou a Filla Espúrea

Marcial Valladares. Majina Ou a Filla Espúrea

Xosé A. Fernández Salgado

Majina, a primeira novela galega moderna. Apareceu publicada por entregas na revista madrileña La Ilustración Gallega y Asturiana en 1880, o annus mirabilis da literatura galega en que tamén viron luz os libros Follas novas, Aires da miña terra e Saudades gallegas, de Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Lamas Carvajal, respectivamente. Malia publicarse neste ano, actualmente s...

18,50 €

Memorias Dun Neno Labrego

Memorias Dun Neno Labrego

Neira Vilas, Xosé

O que o lector, ou a lectora, ten nas mans é o libros máis lido e máis traducido da literatura galega. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe: "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo [...]Ninguén me di para que serven as estrelas nin onde morrren os paxaros". Con...

14,40 €

Cartas a Lelo

Cartas a Lelo

Neira Vilas, Xosé

Mais Lelo se vai cos pais para o Brasil. E os dous amigos cartéanse. Balbino comeza a contarlle todo ao seu compañeiro de aventuras que está lonxe, máis alá do mar. Un día vai á súa aldea e fala desta correspondencia. E outro rapaz, Toño, comeza tamén a escribirlle a Lelo. E Lelo contéstalle dende o Brasil. Estas son, pois, as cartas de Toño nas que algunha vez alude ao contido...

13,50 €

Contos Completos Iii

Contos Completos Iii

Poe, Edgar Allan

Nestas páxinas de fasquía singular, o autor de A carta roubada e O enterro prematuro abre novos vieiros á narrativa ao tempo que profunda na imaxinación do ser humano sen desbotar aquelas rexións que abeiran o descoñecido. O escritor norteamericano, un dos fundadores da narrativa moderna, é iniciador de xéneros literarios ao tempo que crítico mordaz das ideas convencionais. A f...

24,55 €

Futuro Imperfecto

Futuro Imperfecto

Alonso Díaz, Xulia

Durante as décadas de 1980 e 1990, moitos mozos descubriron simultaneamente o amor e a droga. As consecuencias desa vivencia marcáronos para sempre, a algúns de xeito dramático. Este libro é un reencontro con ese tempo, coa súa presenza proxectada no futuro. Un futuro que xa non pode ser perfecto mais é esperanzado. ...

20,95 €

A Esmorga

A Esmorga

Blanco Amor, Eduardo

A fuxida do Bocas pola Auria máis marxinal na novela que cambiou a narrativa galega. A esmorga é a obra máis popular e lida de Eduardo Blanco Amor. Tivo que publicarse por vez primeira en Bos Aires ante a negativa da censura franquista a permitir que circulasen libremente as traxicómicas peripecias do Cibrán, o Bocas e o Milhomes nunha noite de bebedela polos arredores de Auria...

16,45 €

Que me Queres, Amor?

Que me Queres, Amor?

Rivas Barros, Manuel

Este libro, un dos máis recoñecidos do autor, é un conxunto de relatos que rescatan a grandeza do pequeno. Manuel Rivas ofrécenos unha interpretación lírica, dura e delicada á vez, dun país habitado polo tempo e por xentes que reclaman o seu dereito a ter unha historia que contar. Un libro de extrema sensibilidade, que contén os contos que foron levados ao cine no filme A lingu...

19,70 €

Confusión e Morte de María Balteira

Confusión e Morte de María Balteira

Campo, Marica

Non sorprende que o libro Confusión e morte de María Balteira teña acadado unha cuarta edición [...]. Porque é un libro de relatos dun alto nivel literario. Dicir iso non sería máis que loanza baleira, a non ser pola verdade que conteñen estas palabras, desde a calidade e riqueza da lingua galega na que están escritos até as moitas facetas que ofrecen con respecto ao contexto g...

13,80 €

O Cabo Do Mundo

O Cabo Do Mundo

Quiroga, Xabier

«Que farías se non che quedase nada de vida?» Esta é a pregunta á que se dispón a responder un profesor diagnosticado de cancro terminal. Comeza así a súa procura do esencial da vida, unha investigación centrada en dúas teimas do pasado relacionadas co seu pai e coa muller que sempre amou. A urxente busca de si mesmo achegarao sen remisión ao cerne dun segredo amoroso e duns cr...

23,50 €

Areaquente

Areaquente

An Alfaya

ENCONTRO FOTOGRÁFICO-LITERARIONA BUSCA DAS FOTOS CON CHEIRO PONTECESO - SÁBADO, 18 DE XUÑOFotografía e literatura únense neste Encontro Fotográfico-Literario de miradas poéticas sobre o espazo (des)habitado coa consciencia de que detrás de ningures sempre hai algo que permanece. Entrar nese mundo baleiro é habitar Areaquente, o lugar das sombras ás que lles cazar a súa luz, o s...

12,00 €

Contos Completos Ii

Contos Completos Ii

Poe, Edgar Allan

Poe escribiu contos coma "Os crimes da rúa Morgue", precursor do xénero policial, e "A caída da casa Usher", obra mestra da narración de misterio, ademais de contos de imitación humorística, paródicos e filosóficos. Por outra banda, a obra narrativa de Poe está considerada como unha das que marcan o inicio da literatura moderna; a orixinalidade dos seus temas e o xeito no que s...

24,55 €

Antoloxía Do Conto Popular Galego

Antoloxía Do Conto Popular Galego

Barrio, Maruxa / Harguindey, Henrique

Contos de animais, contos realistas e de burla e contos de tema marabilloso fan que este libro sexa unha boa representación do xeito que ten a nosa xente de ver o mundo. Fala a literatura coinciden e son manifestación dun pobo que se conta a si mesmo, que se retrata con humor, que se achega ao mundo coa sabedoría cultivada e transmitida de xeración en xeración. ...

19,80 €

O Soño Da Febre

O Soño Da Febre

Murado, Miguel Anxo

Este libro ten un protagonista singular: a febre. A febre como personaxe, como metáfora da imaxinación, do soño, da literatura en definitiva.Partindo dun episodio real da súa vida (un ataque febril no Cairo), o autor vai presentando unha galería ...

17,35 €

Made In Galiza

Made In Galiza

Sende, Sechu (Xosé Luís González)

Un libro que procura a fórmula da liberdade na punta da lingua. Un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou soñamos: únicos. Un libro que conta contigo para ler o mundo con palabras que tamén son túas. Un libro difícil de soñar, como a vida mesma. Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza. Este l...

17,60 €

Reencontro

Reencontro

Uhlman, Fred

Hans é fillo dun médico xudeu e Konradin é un aristócrata descendente dunha das familias máis vellas de Alemaña. As súas afinidades e o seu xeito de ver as cousas convérteos en amigos íntimos. Pero cando Hitler chega ao poder, Konradin entre no exército nazi e Hans ten que marchar de Alemaña. Esta novela, publicada por ver primeira en 1971, converteuse rapidamente, sen ningún t...

12,90 €

Retrincos. Un Ollo de Vidro

Retrincos. Un Ollo de Vidro

Castelao

Varios dos relatos que fan de Castelao un mestre da prosa galega moderna atópanse nestes Retrincos, anacos autobiográficos convertidos en contos tan sinxelos como ben construídos. A noveliña Un ollo de vidro foi o primeiro traballo de ficción narrativa publicado polo autor, e achégase a unha sorte de expresionismo arraigado no popular. ...

15,80 €

O Club Da Calceta

O Club Da Calceta

Reimóndez, María

Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Ferananda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde un multiperspect...

19,95 €

Pepa a Loba

Pepa a Loba

Reigosa, Carlos G.

Pepa A Loba, a muller por antonomasia do bandoleirismo galego, ten por fin a súa novela de raigame histórica, xurdida dos propios alicerces desta afouta e rebelde capitá de gavela, que acadou sona no século XIX por máis de media Galicia. A súa memoria medrou imparablemente nunha lendahistoria forxada polo pobo galego dende entón, para ofrecer, ao cabo, a imaxe libre e inapreixa...

19,95 €

Mércores de Cinza

Mércores de Cinza

Murado, Miguel Anxo

Un libro no que Miguel Anxo Murado segue encarándose coa dor secreta do corazón humano.Mércores de cinza xunta dezaseis relatos que remexen nas zonas pantanosas da alma ou que indagan sobre o momento final coa lírica sobriedade que caracteriza a ...

17,90 €

Lendas Galegas de Tradición Oral

Lendas Galegas de Tradición Oral

González Reboredo, Xosé Manuel

Estas historias son tomadas do pobo, referidas a mouros, encantamentos, tesouros e cidades asolagadas. A súa riqueza é ben representativa do mundo rural tradicional. Estas lendas non piden do lector un enfoque meramente literario, senón que deben ser apreciadas como a expresión simbólica dunha cosmovisión fraguada ó longo dos séculos. Xosé Manuel González Reboredo (Lugo, 1946) ...

18,90 €

Xente de Aquí e de Acolá

Xente de Aquí e de Acolá

Cunqueiro, Álvaro

Un dos xéneros literarios que Álvaro Cunqueiro cultivou con gran mestría e acerto foi o retrato. Personaxes con vida propia coma o picapreitos Somoza de leiva, que tiña un can que só lle ladraba á parte contraria, ou Leiras de Parada, que adormecía os capóns léndolles artigos de prensa. Xente nosa, verdadeira, recreada con maxistral dominio da arte literaria. ...

20,65 €

Un Autobús Camiño Da Cidade

Un Autobús Camiño Da Cidade

Rodríguez, Robustiano

É a viaxe ao descoñecido dun rapaz prendido as carballeiras que mira o mundo con ollos de asombro: con barro nos pés e brétema nos ollos, mais cun toque de aire fresco. Pequenos anacos significativos da súa vida nese camiñar cara ao misterio, nese camiño incerto que vai despexando néboas. Sentimentos que abrollan ante situacións concretas camiño da cidade, na rúa, na escola,......

11,05 €

Ruído. Relatos de Guerra

Ruído. Relatos de Guerra

Murado, Miguel Anxo

Un libro sobre a guerra e o seus desastres froito da estadía do autor na exIugoslavia en 1991 e 1994Este libro trata sobre a guerra e sobre o comportamento das persoas en situacións límites. Os contos que forman este volume naceron das vivencias ...

13,45 €

A Mennulara

A Mennulara

Hornby, Simonetta Agnello

Premio de novela europea 2004. Un premio concedido por un xurado de lectores e lectoras, organizado polo Casino de Santiago de Compostela e que se concede a obras publicadas en calquera país de Europa. No 2004 a novela gañadora foi A Mennulara, da autora italiana Simonetta Agnello Hornby. A Editorial Galaxia en colaboración coa Consellería de Cultura do Concello de Santiago, pu...

22,10 €

Si o Vello Sinbad Volvese Ás Illas

Si o Vello Sinbad Volvese Ás Illas

Cunqueiro, Álvaro

A materia de Si o vello Sinbad volvese ás illas son as memorias do mítico mariño contadas por Al-Faris Ibn Iaquim Al Galizí. O pasado convive co presente, no que Sinbad fai tertulia con viaxeiros de todo o mundo e soña con volver ao mar pilotando a nao Venadita. ...

17,00 €

Cousas

Cousas

Rodríguez Castelao, Alfonso

Cousas é a creación literaria máis orixinal que nos deixou o artista de Rianxo. Con este libro publicado por primeira vez no ano 1926, Castelao inventa un xénero novo e persoal. A través destas breves narracións consegue expresar a realidade esencial do pobo galego. Emoción e sentimento únense a un senso do humor extraordinario que fai da súa lectura unha experiencia única. Edi...

16,55 €

Á Lus Do Candil

Á Lus Do Candil

Fole, Anxel

A Biblioteca de autor que Galaxia dedica ao autor lugués inclúe este libro que é fundamental para entender a evolución da literatura galega do século XX. A cuberta do libro reproduce un cadro de Carlos Maside e conserva o limiar que para a primeira edición fixera Salvador Lorenzana. Publicado no 1953, Á lus do candil é unha colección de quince relatos nos que a imaxinación e o ...

18,50 €