Saltar al contenido principal
A Educación Sentimental

A Educación Sentimental

Gustave Flaubert (Isabel Soto Tr.)

ISABEL SOTOA educación sentimental publicouse en dous volumes en 1869 e nela Flaubert quixo retratar, a partir da súa experiencia persoal e a dos seus amigos, a historia moral e sentimental da súa xeración. Deste xeito, fusiona as regras da novela histórica coas do realismo para abordar en tres partes os feitos acaecidos entre 1840 e 1868, ao tempo que reinventa a novela de apr...

Editorial:
Editorial Hugin e Munin
Ano de edición:
2022
ISBN:
978-84-123933-5-4
Páxinas:
540
Encadernación:
Rústica
21,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

ISABEL SOTO

A educación sentimental publicouse en dous volumes en 1869 e nela Flaubert quixo retratar, a partir da súa experiencia persoal e a dos seus amigos, a historia moral e sentimental da súa xeración. Deste xeito, fusiona as regras da novela histórica coas do realismo para abordar en tres partes os feitos acaecidos entre 1840 e 1868, ao tempo que reinventa a novela de aprendizaxe.

O fío condutor é Frédéric Moreau, un mozo de provincias que se traslada a París e verá fracasadas todas as súas expectativas e ilusións. A súa historia de amor cunha muller casada bastantes anos maior ca el, inspirada en feitos autobiográficos, é o auténtico motor da trama.

Malia que cando se publicou foi duramente tratada pola crítica, incómoda ante o reflexo dunha realidade inmediata pintada co pesimismo característico do autor, a obra converteuse nun clásico de inmensa influencia, tanto polas súas escenas memorables, que cabe saborear liña a liña, coma polas innovacións que contén: a escasa importancia concedida á trama, a prol da descrición; un narrador impersoal; o uso de técnicas como o estilo indirecto libre e o contrapunto; e, sobre todo, as elipses e as rupturas temporais, por veces dunha secuencia a outra -«os brancos de Flaubert», en palabras de Proust-, que case parecen anticipar a fotografía e a montaxe cinematográfica.

Artículos relacionados

Comerás Flores

Comerás Flores

Solla Sobral, Lucía

Un día de festa e verán, Marina queda prendida na mirada dun home e sente como lle aparecen arañiñas na pel. A pesar de que é vinte anos máis vello, a moza atopa nel a parella ideal. Pero axiña descubrirá que unha casa pode gardar dentro de si un inferno. O debú de Lucía Solla Sobral gaña público e admiración día tras día pola súa gran capacidade de relatar unha situación moi ...

19,95 €

Ocaso e Fascinación

Ocaso e Fascinación

Baltasar, Eva

A protagonista desta novela está a piques de perder a casa. Está a piques de perder o traballo. Está a piques de perder a súa dignidade como ser humano e a esperanza. Pero a protagonista desta novela vaise resistir a claudicar. Eva Baltasar volve demostrar que a alta literatura pode ollar temas tan actuais coma a crise no acceso á vivenda e o abuso nas relacións laborais. ...

19,00 €

Maña, Cando Sexamos Luns

Maña, Cando Sexamos Luns

Nuñez, Xaquin

Un xubilado que coida unha esposa encamada, unha funcionaria en risco de expulsión, un dependente de ferraxaría envolto nun asunto turbio e unha empregada brasileira que espanta un trauma. Estas catro persoas, con vidas converxentes malia non o saberen, coinciden nunha sala de espera mentres fóra a noite é un tornado de barullo e xente. Son nómades dunha cidade que ve sorprendi...

19,50 €

Vidas para Lelas

Vidas para Lelas

Fernández, César Fernández

Neste libro de relatos, os seus personaxes teñen as súas vidas moi marcadas pola época que lles toca vivir e polo sorprendente e azaroso da mesma. Dende un varredor portuario até un concertista de guitarra, loitan por facerse un oco na escuridade dun sistema que sutilmente garda un sitio inamovíbel para cada un. ...

13,00 €

Conventículo

Conventículo

Moreda, , Eva

A Nena visita a súa media irmá, estudante en Gran Bretaña. Lonxe de Lucián, a vila onde se criaron, ambas atoparán novos vínculos entre si e coas persoas e ambientes que van coñecendo. Unha obra de gran brillo literario na que Eva Moreda demostra os seus dotes para captar a esencia da lingua galega oral e a súa capacidade de innovación expresiva. ...

19,00 €

Que Quede entre nós

Que Quede entre nós

Pereira, Josefa Suárez

Ambientada na priemeira metade do século XX, Que quede entre nós é un relato cunha clara pegada poética uqe busca honrar e, dalgún xeito, resarcir o sufrimento de quen loitou nunha batalla allea. A historía entrelázase coas vivenvias de Pepa, nacida nas Edreiras (Concello de Zas), onde comeza o debullar dunha vida que, para min, merece ser contada. Mais serán as lectoras e...

13,00 €