Saltar al contenido principal

Libros de Narrativa en galego 1209 resultados

A Vida Secreta de Úrsula Bas

A Vida Secreta de Úrsula Bas

Portabales, Arantza

Dun día para outro, e sen que se saiba o motivo, desaparece unha escritora de sona. O seu home pon unha denuncia na comisaría de Compostela á que, logo dunha baixa prolongada, se acaba de reincorporar Santi Abad. Tras a resolución do "caso Alén", o asasinato que pouco máis dun ano antes fixera abalar os alicerces do mundo da arte e da sociedade galega, o inspector Abad e Ana Ba...

22,70 €

As Malas Mulleres (Premio Blanco Amor 2020)

As Malas Mulleres (Premio Blanco Amor 2020)

Marilar Aleixandre

A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal, visitadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para entendermos a nosa historia e as do "mudo coro das malas mulle...

22,55 €

A Nosa Negra

A Nosa Negra

Wilson, Harriet E.

A nosa Negra, publicada orixinalmente en 1859, é unha das primeiras novelas da literatura estadounidense escrita por unha afroamericana.Limítrofe coa crónica autobiográ?ca, a obra narra a crúa vida de Frado, unha muller negra libre que, malia se criar nun estado non escravista do norte, foi vítima do racismo imperante; entronca, polo tanto, coa coñecida como narrativa da escrav...

14,00 €

Cobiza

Cobiza

Reimóndez, María

Esta apaixonante novela de ciencia ficción feminista foi merecedora do I Premio Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero organizado polo Concello de Pontevedra e Xerais. O xurado destacou «a súa altísima calidade literaria e unha nova e revolucionaria reflexión sobre a construción do sexo e do xénero, das identidades e das orientacións sexuais, así como unha profunda o...

19,95 €

Entre a Vendima e a Castañeira

Entre a Vendima e a Castañeira

Otero Pedrayo, Ramon

CONTOSEn 1957 Ramón Otero Pedrayo deu ao prelo vinte relatos que sitúa entre o tempo da vendima e a castañeira, seleccionados no seu momento a partir dun considerable conxunto de textos inéditos, onde predominan, como liñas temáticas xerais, o reflexo dun mundo en crise en que se está a dar unha profunda transformación do sistema de valores e da orde tradicional, e a narración ...

18,15 €

Abril

Abril

Darriba Magadán, Luz

N LUZ DARRIBA a vila de Muxía, na máxica Costa da Morte, entrecrúzanse historias de ida e volta atravesadas por décadas de falso ou meditado silencio. Andrea Neumann quere fuxir de canto a feriu nun pasado innomeábel na Arxentina. Luísa está alí, tentando ceibarse da súa caixa de cristal, para lembrarlle que o máis sinxelo é fuxir, porén, o máis doloroso é regresar. O be...

18,00 €

Illa Decepción

Illa Decepción

Dávila, Berta

PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2020 ¿Que queda de nós nas casas onde vivimos noutro tempo? Se algo permanece nelas, ¿pódese acceder a aqueles momentos, ás sensacións idas? A protagonista desta novela expándese en dúas direccións aparentemente opostas: a do vencello cotián co seu fillo durante o confinamento e a do resto daquela nena que aínda perdura na súa imaxinación. Así, ...

17,20 €

Xa Vai o Griffon no Vento

Xa Vai o Griffon no Vento

Conde Cid, Alfredo

EDICIÓN COMEMORATIVA DO XXXV ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓNDurante o reinado de Filipe II de Habsburgo, na década do 1580, chega a Compostela o novo Inquisidor, coa misión de rematar co contrabando de libros prohibidos.Na década do 1980, un escritor en crise dá clases de Literatura en Aix-en-Provence, Francia, buscando algunha idea para unha nova novela.Ambas historias, aparentemen...

9,95 €

Morrerei Outro Día

Morrerei Outro Día

Isabelle Alonso

O destemido Ángel Alcalá Llach ofrécenos a crónica do seu percorrido vital, dende a súa nacenza até acabada a guerra civil. Nado en Valencia na década de 1920, no seo dunha familia de ideas liberais, igualitarias e anticlericais, axiña vive en Madrid o tempo de entusiasmo e esperanza reinante nos prolegómenos da proclamación da II República, cuxa chegada celebra. Xa adolescente...

15,00 €

O Amante

O Amante

Duras, Marguerite

«O amante» é unha das obras mestras de Marguerite Duras. Publicada en 1984 cando a autora tiña 70 anos, esta novela autobiográfica e de tintes eróticos gañou o Premio Goncourt e foi traducida a máis de 45 idiomas. A protagonista é unha ferm osa adolescente de orixe francesa que vive en Saigón, na Indochina colonial de principios do século XX. A súa familia está arruinada e a mo...

12,00 €

Contos Populares Da Provincia de Lugo

Contos Populares Da Provincia de Lugo

Centro Estudios Fingoi

Prólogo de Ricardo Carballo Calero Recollidos a través de colexios da provincia de Lugo e trans­critos polo poeta Bernardino Graña —bolseiro nesa época no Colexio Fingoi—, estes contos publicáronse por primeira vez en 1963 coa aspiración de "proporcionar ao público unha colleita de narrativa tradicional", como escribe no prólogo Ricardo Carballo Calero, profesor do devandito ce...

21,55 €

O Mal Querer

O Mal Querer

Carou Figueira, Natalia

Cibrán Ulloa ten todo canto un rapaz de dezaseis anos puidera desexar: é fillo único dunha respectada familia da alta sociedade, vive nunha magnífica mansión, estuda nos mellores colexios privados, viaxa cos seus pais a países exóticos, visita praias paradisíacas, ten teléfonos e ordenadores dotados coa última tecnoloxía e recursos económicos sen límites. É un gran amante do m...

14,35 €

Oxala Puidesen Falar

Oxala Puidesen Falar

Herriot, James

If Only They Could Talk é un libro de memorias que relata o primeiro ano de James Herriot nunha práctica veterinaria na pequena cidade inglesa de Darrowby. ...

17,16 €

A Praia Dos Afogados

A Praia Dos Afogados

Villar, Domingo

A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico ...

23,65 €

O Tatuador de Auschwitz

O Tatuador de Auschwitz

Morris, Heather

" O tatuador de Auschwitz " , de Heather Morris, conta a historia real de Lale e Gita, dous xudeus eslovacos que conseguiron sobrevivir ao Holocausto. Lale era un tatuador ao que os nazis obrigaban a gravar a numeración nos brazos dos prisioneiros. Así coñeceu a Gita, da que namorou intensamente, tanto que grazas a iso puideron recobrar o sentido da vida e sobrevivir ao horror....

20,50 €

Carrusel

Carrusel

Dávila, Berta

Unha escritora que atravesa unha crise creativa decide elaborar un relato do seu percurso vital coa intención de encontrarlle sentido a un pasado difícil, marcado pola doenza mental que padece. Enfrontar as propias pantasmas nun libro lévaa a mergullarse no pouso íntimo das vivencias que o tempo deixou atrás e nas afinidades ignotas e inusitadas que elaboran as lembranzas da s...

15,90 €

As Estacións Do Lobo

As Estacións Do Lobo

Reimóndez, María

É inverno, a neve cae sobre Múnic e Clara atópase perdida. Sen comprender moi ben como, errou o camiño que a levaba a converterse nunha brillante adestradora canina no seu Lugo natal e rematou alá, nun banco conxelado do Englischer Garten. Todo por aquilo que a xente denominaba «amor». Mais, que era o amor a fin de contas? Era aquilo que estaba vivindo ou a posibilidade de algo...

23,50 €

Escribirme

Escribirme

Pose , Hector

Dous amigos estreando mocidade. Un sen apenas escola, aprendiz de carpinteiro. O outro, estudante e letraferido. O primeiro namora dunha rapariga que lle pide que a cortexe con cartas. O que estudia, accede a escribirllas? O tempo traduce ese amor plat¢nico nun matrimonio cun fillo por medio. Tam‚n d£as familias enfrontadas. A cousa non resulta e sep ranse. Os anos pasan, pero...

16,00 €

Infamia

Infamia

Costas, Ledicia

Emma Cruz é avogada e profesora de Dereito Penal. Trasládase a Merlo para impartir clases na Universidade, sen saber que ese lugar está marcado pola desgraza. A súa chegada coincide co 25 aniversario da desaparición das irmás Giraud, dúas nenas ás que semella que tragou a terra. Emma axiña descubrirá que os habitantes de Merlo gardan segredos inconfesables, algúns deles imposib...

19,95 €

Beleza Vermella

Beleza Vermella

Portabales Santomé, Arantza

Logo do éxito de Deixe a súa mensaxe despois do sinal, regresa Arantza Portabales cunha novela negra arrasadora. En Santiago cométese un espantoso crime que, en realidade, semella unha obra de arte. Unha instalación de vangarda. A asasinada é a sobriña da máis importante artista galega, e a maneira en que aparece o cadáver semella un dos seus traballos de vangarda. Todo o cuart...

21,55 €

O Paraugas Na Raiola e Outros Relatos

O Paraugas Na Raiola e Outros Relatos

Rivas Domínguez, Francisco

Atado de oito relatos, prologados polo profesor, escritor e dinamizador cultural, Bernardo Penabade, que comezan coa historia da ?Señorita de Lobeiras? e rematan coas ?Memorias do esqueleto Isolino?, dous relatos que bordean os trazos da novela curta, e que con distintos recursos literarios, segundo as diferentes historias, forman unha unidade que aparece, física e maxicamente,...

13,25 €

O Último Barco

O Último Barco

Villar, Domingo

A filla do doutor Andrade vive nunha casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co bulir da outra beira. Alí, as mariscadoras pescudan na area, os mariñeiros botan os aparellos á auga e os que van traballar á cidade agardan no peirao a chegada do barco que cruza cada media hora a ría de Vigo. Unha mañá de outono, mentres a costa galega se recupera...

24,60 €

1984

1984

Orwell, George

Imaxinas unha sociedade na que o goberno che impoña como vestir, que nova lingua falar, como actuar, como pensar? En 1984 esa sociedade existe, chámase Oceanía e comparte o dominio da Terra con outras dúas superpotencias coas que adoita estar en guerra alternativamente: Eurasia e Oriasia. Londres é a principal cidade da Aeropista Un e na súa cerna está instalado o centro do pod...

19,00 €

Apropiación Indebida

Apropiación Indebida

Andersson, Lena

Apropiación indebida: unha novela sobre o amor supuxo un auténtico fenómeno editorial en Suecia. No suxestivo escenario dun Estocolmo que irá mudando co paso das estacións, a douta ensaísta Ester Nilsson principia unha relación non sempre clara co artista Hugo Rask a partir dunha conferencia que imparte sobre a súa obra. Con tal premisa, e por medio dos actos e das elucubración...

15,00 €

Bestiario Do Vestiario Segundo Tempo

Bestiario Do Vestiario Segundo Tempo

Suárez Fraga, Martiño

Chega a segunda parte de Bestiario do vestiario e, como na anterior entrega, coñecemos historias de fracasos, de desastres... Non todo vai ser triunfar no deporte. ...

15,00 €

A Impaciencia Do Corazon

A Impaciencia Do Corazon

Stefan Zweig

A impaciencia do corazón é unha das derradeiras obras de Zweig publicadas en vida do autor (1939), a súa novela máis longa e, por múltiples motivos, un dos textos de ficción que mellor aborda o tema da compaixón alén do sentimentalismo e das connotacións relixiosas. En 1914, no declive do Imperio austrohúngaro, nun ambiente de preguerra, o tenente Hofmiller é convidado polos Ke...

19,00 €

Nós

Nós

Zamiatin, Evgenii

Evgenii Zamiatin escribiu esta novela nutricia da ciencia ficción distópica entre 1919 e 1921. Porén, debido á censura soviética -suprimida en 1988-, o autor non puido vela publicada na súa lingua orixinal e tivo que se conformar coa tradución ao inglés na editorial norteamericana Dutton, en 1924. Sucederíanse entón as traducións, tanto dende o manuscrito ruso (ao checo, por ex...

16,00 €

Unha Muller Perdida

Unha Muller Perdida

Cather, Willa

Unha muller perdida, novela publicada orixinalmente en lingua inglesa no ano 1923, ten como protagonista a suxestiva Marian Forrester, que Willa Cather, gañadora dun premio Pulitzer, presenta a través da voz narrativa e da mirada fascinada e esperta de Niel Herbert dende cativo. A historia, enriquecida cun fato de personaxes perfilados con habelencia -como o capitán Forrester, ...

15,00 €

Senlleiras (Ii Premio Illa Nova)

Senlleiras (Ii Premio Illa Nova)

Yañez Rodriguez, Antia

PREMIO DE NARRATIVA ILLA NOVA 2018 A novela das mulleres que rachan co silencio. Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta. A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes séculos. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes, baixo as es...

24,00 €

O Xogo Das Cadeiras

O Xogo Das Cadeiras

Alberdi, Uxue

O xogo das cadeiras é unha novela de carácter intimista que, a través dos testemuños de varias mulleres -Martiña, Teresa e Eulali, eixes que sosteñen a narración-, indaga nas engrenaxes da memoria. O pasado, que abrangue dende a primeira infancia até case os intres finais da vida, ten pois un peso capital, en tanto que arquivo de experiencias e lembranzas dos distintos personax...

14,50 €