Saltar al contenido principal
Reserva Natural

Reserva Natural

Mene Pazos, Alejandro

Aos seis meses de iniciar a súa relación, Abel proponlle a Aroa facer unha viaxe ás montañas que se estenden pola fronteira entre Galicia e León para visitar uns amigos. O que ela non sabe é que está a comezar un traxecto iniciático cara ao salvaxe. Aroa irá descubrindo o pasado de Abel e dos seus amigos, pero cando todas as pezas encaixen xa será demasiado tarde. Quizais na Re...

Editorial:
Baía Edicións
Ano de edición:
2026
ISBN:
978-84-9995-475-2
Páxinas:
96
Encadernación:
Rústica
16,01 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Aos seis meses de iniciar a súa relación, Abel proponlle a Aroa facer unha viaxe ás montañas que se estenden pola fronteira entre Galicia e León para visitar uns amigos. O que ela non sabe é que está a comezar un traxecto iniciático cara ao salvaxe. Aroa irá descubrindo o pasado de Abel e dos seus amigos, pero cando todas as pezas encaixen xa será demasiado tarde. Quizais na Reserva Natural atope a resposta.

Artículos relacionados

Comerás Flores

Comerás Flores

Solla Sobral, Lucía

Un día de festa e verán, Marina queda prendida na mirada dun home e sente como lle aparecen arañiñas na pel. A pesar de que é vinte anos máis vello, a moza atopa nel a parella ideal. Pero axiña descubrirá que unha casa pode gardar dentro de si un inferno. O debú de Lucía Solla Sobral gaña público e admiración día tras día pola súa gran capacidade de relatar unha situación moi ...

19,95 €

As Malas Ideas

As Malas Ideas

Solar, María

Elías é un afamado director de produción de series, cuxa traxectoria se ve repentinamente desprestixiada cando o seu equipo de rodaxe se planta nunha absurda folga. A crise laboral coincide coa morte do pai en Ferrol e vese na obriga de deixar o traballo e volver á súa terra natal. Alí descubrirá asombrado que o seu pai fabricaba un artefacto explosivo no faiado; coñecerá a Mer...

19,50 €

O Pazo Das Marismas

O Pazo Das Marismas

Blanco Casal, Alberte

Durante a Primeira Guerra Mundial, os señores do Pazo das Marismas teñen que enfrontarse a conflitos xeracionais e protestas obreiras, mentres que unha serie de ataques violentos e asasinatos descubrirán as conexións entre crimes locais e plans militares secretos. Nunha atmosfera chea de misterio, tensión e cambios sociais, o pazo do fondo da Ría de Vigo convértese nun escenari...

21,50 €

Que Quede entre nós

Que Quede entre nós

Pereira, Josefa Suárez

Ambientada na priemeira metade do século XX, Que quede entre nós é un relato cunha clara pegada poética uqe busca honrar e, dalgún xeito, resarcir o sufrimento de quen loitou nunha batalla allea. A historía entrelázase coas vivenvias de Pepa, nacida nas Edreiras (Concello de Zas), onde comeza o debullar dunha vida que, para min, merece ser contada. Mais serán as lectoras e...

13,00 €

Ocaso e Fascinación

Ocaso e Fascinación

Baltasar, Eva

A protagonista desta novela está a piques de perder a casa. Está a piques de perder o traballo. Está a piques de perder a súa dignidade como ser humano e a esperanza. Pero a protagonista desta novela vaise resistir a claudicar. Eva Baltasar volve demostrar que a alta literatura pode ollar temas tan actuais coma a crise no acceso á vivenda e o abuso nas relacións laborais. ...

19,00 €

Conventículo

Conventículo

Moreda, , Eva

A Nena visita a súa media irmá, estudante en Gran Bretaña. Lonxe de Lucián, a vila onde se criaron, ambas atoparán novos vínculos entre si e coas persoas e ambientes que van coñecendo. Unha obra de gran brillo literario na que Eva Moreda demostra os seus dotes para captar a esencia da lingua galega oral e a súa capacidade de innovación expresiva. ...

19,00 €