Saltar contido
A Casa Grande

A Casa Grande

Finalista Premio Xerais de Novela 2025

Sendón, Olaia

A nai morreu, e na Casa Grande só fican as pantasmas axexando tras as fendas. Os tres irmáns (Estela, Marcos e Paulina) regresan á vila para repartir os restos da herdanza, mais cada obxecto garda a pegada dunha memoria e a ameaza dun axuste de contas. No corazón desa casa, que xa non é fogar, latexan o pasado e os silencios dunha familia que camiña na corda frouxa entre a pert...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Ano de edición:
2025
ISBN:
978-84-1110-748-8
Páxinas:
176
Encadernación:
Rústica
18,50 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

A nai morreu, e na Casa Grande só fican as pantasmas axexando tras as fendas. Os tres irmáns (Estela, Marcos e Paulina) regresan á vila para repartir os restos da herdanza, mais cada obxecto garda a pegada dunha memoria e a ameaza dun axuste de contas. No corazón desa casa, que xa non é fogar, latexan o pasado e os silencios dunha familia que camiña na corda frouxa entre a pertenza e o desapego, entre a fidelidade herdada e a liberdade desexada.
«A Casa Grande» é unha novela poderosa e íntima que mergulla nas contradicións das relacións familiares: fráxiles nas formas, pero persistentes no fondo. Un relato cheo de humor, nostalxia e verdades incómodas, que nos lembra que todos estamos feitos, dalgún xeito, das historias que outros deixaron atrás.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

A Miseria

A Miseria

Quintia, Xerardo

Editorial Galaxia, S. a.

PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2026 No medio dunha cidade ateigada de guindastres onde os edificios non paran de crecer, A miseria amósanos a físgoa pola que, nun determinado momento, todo se vén abaixo, nomeadamente para os máis febles. Como forma de procurar a beleza e de afrontar a debacle, o narrador enfócase nos pequenos detalles coma se fosen luminarias. Así, nesta nove...

17,10 €
A Boca Do Río

A Boca Do Río

Lema, Alberto

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca do río» é unha novela que afonda nos abusos dos colaboradores da ditadura e amosa que o seu discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para promover inmensos negocios privados. Sen maniqueísmos nin leccións de historia disfrazada, esta o...

22,50 €
A Revolución Dos Vagalumes

A Revolución Dos Vagalumes

Rivas, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Como no peor pesadelo de ciencia ficción, unha Maquinaria de Facer Desacougar tomou o mando do rumbo do planeta. Unha apisoadora de aceleración retrógrada. A descivilización. A atmosfera intoxicouse cun «mal de aire», un pesticida do pensamento, un herbicida das palabras, un novo DDT cos ingredientes do Despotismo, a Depredación, e un Terror semántico que volve proclamar a cons...

18,50 €
Madriña

Madriña

Tizón, Antonio

Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.

No mesmo día de abril de 2010 aparecen os corpos de Ramiro Gallego Tenreiro e do delincuente coñecido como O Globero en Vigo: un no cemiterio de San Epitafio e outro enterrado nun descampado do barrio de Eirís. Estes sucesos abren un caso que define esta novela policiaca galega. O comisario Sánchez Pereiro, xa xubilado, e a súa filla Clara, incorporada recentemente ao Corpo de ...

25,00 €
O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

Monteagudo, Xosè

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

A directora dun complexo residencial intenta manter as normas de convivencia. Fronte dela, cada residente actúa conforme ás súas ideas, nunha sociedade onde as persoas se liberan dos roles tradicionais predeterminados polos vínculos. Os personaxes de «O club de lectura da fin do mundo» comezan a sentirse libres de ataduras familiares por primeira vez nas súas vidas. A unha idad...

21,50 €
Hamnet (Galego)

Hamnet (Galego)

O'farrell, Maggie

Rinoceronte Editora

Na década de 1580, unha parella que vivía en Henley Street, Stratford, tivo tres fillos: Susanna, e Hamnet e Judith, que eran xemelgos. O neno, Hamnet, morreu en 1596, aos once anos. Catro anos despois o pai escribiu unha obra de teatro titulada Hamlet.Maggie O'Farrell parte deste episodio real da vida dun dos meirandes autores da literatura universal para contarnos unha histor...

24,00 €

Outros libros do autor

Tras Da Mirada de Jose Suarez

Tras Da Mirada de Jose Suarez

Sendon, Olaia

Editorial Galaxia, S. a.

A obra de José Suárez renace neste álbum ilustrado como encontro entre fotografía e creación gráfica.Cada ilustración recorda que mirar é descubrir o que non se ve á primeira vista. ...

19,00 €
Alén e o Dragón

Alén e o Dragón

Sendón, Olaia

Antela Editorial

Alén nunca imaxinou que a súa vida en Sardiruña agochase nada extraordinario. Pero todo cambia cando un dragón comeza a aparecer nos seus soños e esperta preguntas ás que nin a súa nai, Emma, nin o seu irmán Xoel parecen poder responder. Só Mamamucha, unha enigmática anciá, semella saber máis do que conta. Porque, ás veces, os segredos dunha familia non desaparecen. Simpleme...

15,00 €
Buscaletras

Buscaletras

Sendón, Olaia

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Este é un libro para xogar. Aquí, as historias non están escritas, están agochadas e agardan por ti. Cada páxina é un mundo distinto: a neve, a estrada, a festa, o mar... E as letras e palabras xogan ás escondidas. Atoparalas todas Aprende ortografía mentres buscas e encontras. Un libro divertido, visual e cheo de sorpresas. ...

12,95 €
O Pirata Bruno

O Pirata Bruno

Sendón, Olaia

Cuarto de Inverno

Esta é a historia de Bruno, o meniño que naceu nunha illa e chocou cun barco pirata. ...

16,50 €
Nave

Nave

Sendon, Olaia

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Néboa fixo dezaseis anos hai pouco e abúrrese mortalmente na clase do profesor Nogueira. Tampouco pode deixar de pensar en que lle acontecería a Noite, a súa amiga que acaba de morrer. Polo resto, a vida de Néboa é moi normal, ou todo o normal que pode ser a vida de alguén que naceu nunha nave espacial e forma parte dos últimos cen mil superviventes da raza humana. ...

14,50 €
A Fotógrafa Perpetua

A Fotógrafa Perpetua

Sendón, Olaia

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Perpetua sempre o tivo claro: ela ía ser fotógrafa, o mellor oficio do universo! As fotos que fai contan historias, explican o mundo e axudan a recordar as cousas e a xente que se foron deixando atrás. Ser fotógrafa é marabilloso. Este libro, que tamén é un álbum de fotos, conta a vida de Perpetua, pero tamén algo máis: en todas as súas imaxes hai un segredo agochado. ...

16,95 €

Outros clientes tamén mercaron

Punto de Araña

Punto de Araña

Pallares, Nerea

Editorial Galaxia, S. a.

Chamada por ese espírito do mar bravo e do vento que peta na porta de todas as casas, Ari chega a Camariñas, unha vila labiríntica que lle resulta estrañamente familiar, para encargarse do museo de encaixe e exercer como guía turística, sen saber aínda que as mulleres da localidade tomaron unha decisión que está a piques de mudalo todo. Fartas do egoísmo dos homes anfibios e au...

17,35 €
As Despedidas

As Despedidas

F. Santome, Cecilia

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

«O avó morreu hoxe. Ou quizais foi onte». Así, entre titubeos, arrinca esta crónica íntima dun dó con sabor a outro tempo. Un en que os defuntos eran velados nas casas, en que as capelas ardentes permanecían abertas día e noite e en que os curas eran salvadores de almas... e mesmo de pelellos cando a loxística non acompañaba. Velaquí setenta e dúas horas nunha burbulla de silen...

18,50 €
La Mala Costumbre

La Mala Costumbre

Portero, Alana S.

Editorial Seix Barral, S. a.

El desgarrador viaje vital de una niña atrapada en un cuerpo que no sabe habitar.Una novela deslumbrante que no se parece a nada que hayas leído.Un fenómeno literario internacional antes de su publicación.«La mala costumbre nos enseña a volver a mirarlo todo otra vez y a entenderlo mejor.» Bob Pop «Una voz transportada por la belleza y la rabia, un canto para las arcángeles der...

19,90 €
Circe Ou o Pracer Do Azul

Circe Ou o Pracer Do Azul

Caamaño, Begoña

Editorial Galaxia, S. a.

Unha muller leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando comeza a temer a probable morte do marido, recibe a carta dunha estraña, unha muller misteriosa que a informa de que o seu home non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado. A partir de aí vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas; o home dunha e amante doutra acábase convertendo só n...

23,00 €
Hoxe Toca Leiva?

Hoxe Toca Leiva?

Pérez, Lois

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Sam, encargado do Nautilus, un local de concertos da península do Grove, comeza outro día frenético de traballo logo dunha noite moi intensa. Entre tanto, é vixiado de preto por dous esbirros dun narco da contorna. O propietario do Nautilus acompaña un amigo músico ante un suceso inesperado que poñerá a proba unha amizade complexa. Unha escritora de éxito asiste cunha amiga á r...

19,50 €