Saltar al contenido principal

Libros de Poesía en galego 763 resultados

Sonora

Sonora

Pato, Chus

«Sonora» é unha conversa entre o poema e a morte. Sonoro é o ollo do lago: algo cae e produce nove acordes, nove ondas no fulgor da noite. Sonora é a alianza que se herda, o anel que grava o nome na cara interna do metal. Sonoro é o coito, a éxtase. Sonora, a orfandade materna que sitúa a escrita deste libro na rompente da estirpe. ...

13,50 €

Mundil

Mundil

Henrique Feixó Feixó

Dezer de zero, partir pra chegar a ningures ese porto seguro onde embarcar meu zurzido verso proscrito, cotroliado polos rinchás zangamulas feras, aferradas ao proveito sem xeito cabal, fungamlle no rabo ao animal mentres pace no nabal. ...

12,00 €

Poetas Na Cociña Iv

Poetas Na Cociña Iv

Vv.aa.

Certo estou que concordarán comigo que a infancia é a patria do poeta, xa que logo o neno é o pai do home, en canto que a pureza e a inocencia-aínda que a maldade existe e tamén se presentiza máis do que desexariamos- non debe afogar os soños. Igualmente sabemos que a lingua que empregamos ha de ser a de cada día, aínda que cun requintamento o máis natural posíbel: Ou como dixo...

10,00 €

Nonmesquezas.

Nonmesquezas.

Mosquera, Ines

Nestes versos de Inés, somos testemuñas da longa viaxe, da intensa peregrinación que emprende para deixar marchar o loito dun destes desapegos e atopar abrigo no afastado, no, a priori, descoñecido. É unha viaxe física, visceral, que atravesa Europa ata alcanzar as lombas romanesas, os horizontes fríos de cor dourda e os arumes xitanos de biscoito de manteiga ou fume de pipa......

11,90 €

A Trasnoite

A Trasnoite

Maceda Fernández, Adrián

Esta obra rende homenaxe á literatura gótica e ao cine teenager estadounidense. O autor tráenos un libro de vampiros coming of age, pero tamén un poemario depurado (que non trasnoitado) que xoga coa lingua ata o delirio.Autor: Adrián MacedaIlustradora: Jessica Mariño ...

17,00 €

Apatria

Apatria

Riveiro De Dios, Antón

O terceiro poemario de Antón Recamán está atravesado pola soidade de pertencer a un fogar perdido.Autor: Antón RecamánPrólogo: Silvia PenasIlustración da capa: Ramon Trigo ...

13,00 €

A Cabeleira

A Cabeleira

Rodríguez Fer, Claudio

"A cabeleira (Fragmentos)" é un poema de Claudio Rodríguez Fer escrito en varios momentos do verán de 1984, concretamente durante unha estancia en Fisterra, unha viaxe a París e unha excursión ao Courel, motivado pola longa cabeleira de Carmen Blanco. Foi publicado por primeira vez na revista Grial en 1985, pero axiña apareceu en numerosas revistas e antoloxías tanto en galego ...

15,00 €

La Flor, a mi Madre, Poesía Dispersa e Traducións

La Flor, a mi Madre, Poesía Dispersa e Traducións

Castro, Rosalía De

Despois de «Cantares gallegos» (1863), «Follas novas» (1880) e «En las orillas del Sar» (1884), esta entrega, que recolle o resto da produción poética de Rosalía de Castro, acaba por completar un conxunto lírico extraordinario que converte a autora nun referente contemporáneo da literatura europea. «La flor» (1857), «A mi madre» (1863) e o conxunto da súa poesía dispersa e trad...

22,95 €

Pensar é Escuro. Poesia Reunida (1991-2004)

Pensar é Escuro. Poesia Reunida (1991-2004)

Villalta, Luisa

Esta obra recopera os catro títulos que Luisa Villalta dispuxo en vida para a súa publicación: Música reservada (1991), Ruído (1995). Rpta ap omteropr dp pññp (1995) e En concreto (2004). Estes versos converteron a autora nunha das voces máis importantes da poesía galega do noso tempo e consagrárona como unha creadora singular e inimitable. ...

23,00 €

Lugo Philadelphia

Lugo Philadelphia

Pérez, Lois / Díaz, Alba

A procura do rock and roll de Lugo a Philadelphia, vía Nova York. Imaxes e versos atrás do «azucre marrón». Un pé no profundo e outro na lama do que non brilla. Honky Tonk Husqvarna. Como un ollo aberto do que nace ao mundo. Estrofa, retrouso e riff. E as pintadas de Lito Pereira nas paredes da Piringalla. Canta o cuco na Terra Chá cando ouvean os Rolling Stones. Sempre vagabun...

18,50 €

Taramundi, Mil Versos

Taramundi, Mil Versos

Alberto Calvín Corredoira

Claro que podía escribir de outro xeitoe, anque pode facelo, non fago,pois gústame escribir tal como pensopois gústame escribir tal como falo.Non busco o aplauso dos entenditos,porque non son máis que un aficionadoe gústame escribir prós meus amigose gústame escribir pró pueblo llano.E gústame contar algunha historiade tantas como no pueblo pasaron,historias que con tempo son h...

17,50 €

Poesía Da Vida

Poesía Da Vida

Mora Fragoso, Ángeles

Poesía da vida es la primera antología poética en gallego de Ángeles Mora (Rute, Córdoba, 1952), una de nuestras escritoras más reconocidas. Con su libro Ficciones para una autobiografía, recibe el Premio Nacional de la Crítica y el Premio Nacional de Poesía en 2016.Bajo el título de Poesía da vida (Poesía de la vida) —propuesto por el crítico literario gallego Luciano Rodrígue...

12,00 €

Materia

Materia

Castaño, Yolanda

Legados, relacións e ata proxeccións familiares: velaí a materia da que estamos feitas. Tanto na súa líquida versión capaz de humectar as raíces antepasadas, coma na solidez do que hoxe nos conforma mesmo se só asoma unha parte, ata a volatilidade gasosa dun futurible familiar. Dende a memoria histórica aos clarescuros da renuncia á maternidade se tratan nesta poderosa proposta...

13,50 €

Ex-Céntricas

Ex-Céntricas

Lema París, Ánxela / Villar Aira, Sara

Benvidas a este poemario de Ánxela Lema París e Sara Villar Aira a catro mans, dúas ex-céntricas, que chegaron para nos seducir coas súas palabras, levándonos da man por versos onde o desexo e o amor o constrúe todo, onde se reinventan as cidades, facendo de nós espectadoras dunha obra en construción abismal, dun xeito de vivir, de sentir e de amar torrencial.Enchéndonos de mús...

13,00 €

Cráter

Cráter

Novo, Olga

Comparece aquí o canto xeral das xentes que poboaban un mundo en extinción, nunha voz que chega desde o belvís da memoria facendo apoloxía dos traballos e os días da estirpe e a refutando o dano que lle causou á alma colectiva o abandono dos vellos vencellos coa terra; e di algunha vez a poeta: «Están os meus meus soños organizando o comité da noite». Comparece aquí tamén a fer...

15,00 €

Intraguerras

Intraguerras

Dourado, Beatriz

non foi doadopara lavar a louza coma se nadatendese a roupa da criatura ao sol cosorriso desinteresado de naique queda sen pinzas para que un calcetín xire nasmesmas carreiras coaterra aínda metida nas uñasentre os dentes e o bocascuspindo onomatopeas perfumadaspara que non lle falte o alentopara contar o conto da carapuchiñaque sempre leva a fouce no home mentres sentes ao tra...

8,50 €

Como Dúas Crebas

Como Dúas Crebas

Álvarez Landesa, María

Mil noites condensadas nesta luz solar de brea.Ti, eu e o son das ondas nesta fiestra mariña.A túa man satisfeita acaricia docemente as miñas costas.A miña man descansa en ti.Pecho os ollos.Respiro.Dúas crebas.Malandesa ...

11,90 €

Anxos Abandonados en Mosaicos Despois Do Combate

Anxos Abandonados en Mosaicos Despois Do Combate

Julio Fer

Poema escénico para ser levado dun xeito ceibe a escena, Un consxunto de voces que falan desde corpos imaxinados de anxos, pallasos e soldados e que nos transportan a un universo de conciencias sen ataduras, sen pechaduras. ...

7,00 €

Nós Nus

Nós Nus

Novo, Olga

«Nós nus», é unha mestura de líquidos íntimos que tiran do poema coma dun becerro. Os deste libro son versos que levan o erotismo do corpo, do sacho e do alpendre no seu útero de bruxa. A autora abriu as coxas e pariu a verba. ...

13,50 €

Poesia Galega Reunida(1991-2017)

Poesia Galega Reunida(1991-2017)

Novo, Isidro

Escritor outsider, malia constituír un dos poetas máis arriscados e fulgurantes de Galicia,tal e como o definiu Román Raña, Isidro Novo resultou practicamente esquecido polo relato oficial e as antoloxías poéticas. Posuidor dunha lírica orixinal e moderna, foi acaso máis coñecido pola súa, tamén arriscada, escrita narrativa, con títulos tan sobranceiros coma Carne de can ou Un ...

25,75 €

De Catro a Catro. Manuscrito Inédito

De Catro a Catro. Manuscrito Inédito

Pérez Sánchez, Manuel Antonio

Presentamos a segunda edición de De catro a catro. Manuscrito orixinal, de Manuel Antonio, un volume ao coidado de Anxo Tarrío Varela, catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela. Publicamos o manuscrito por vez primeira en decembro de 2016. Esa edición primeira chegou a ser cualificada pola crítica como 'Un dos achados documentais m...

22,90 €

Ano Mmxx / Año Mmxx

Ano Mmxx / Año Mmxx

Paz Montenegro, Conchita

Novo poemario da artista luguesa Conchita Paz Montenegro que desta volta fala de solidariedade, perda, soidade nuns tempos tan duros como este 2020. ...

12,00 €

M-Talá

M-Talá

Pato, Chus

Denominada Edición do Vixésimo Aniversario, esta edición inclúese nun volume extra polo seu carácter de celebración e, sobre todo, polo significado singular que este poemario tivo tanto respecto da obra ata aquel momento publicada pola poeta coma pola forma en que foi recibido, recepción que outorgou a condición de feito extraordinario a esta obra.Trátase dunha nova edición, re...

17,00 €

E se a Memoria está Na Boca

E se a Memoria está Na Boca

Suanzes, Angel. Clara Honorato Soto (Fotografía)

_sobre este livroUnha querenza agreta e, polas fendas, cóanse, oportunistas, as incertezas, que invaden a rutina, asolan o desexo e culminan co derrubamento dos corpos. Intemperados xacen, pero as ascuas permanecen latentes, nun afán por tentar o rescate: as intencións minguadas insisten na confianza; as epidermes erosionadas esfórzanse no tacto; as bocas desaboridas buscan rep...

12,00 €

Fragmento / Creba

Fragmento / Creba

Pérez, Abraham

Un poemario dun autor que, malia a súa xuventude, é quen de gravitar coa palabra no máis profundo da conceptualidade ontolóxica, esa en que hai que entrar para entender o mundo ou, cando menos, para significalo. A realidade non é uniforme. A existencia móstrasenos. E a través das súas fendas, o poeta penetra dende sílabas tamén feitas anacos. O poema é un mapa que encaixa na re...

17,50 €

Follas Novas

Follas Novas

De Castro, Rosalía

Rosalía de Castro (1837-1885) publicou Follas novas en 1880, comprometida como estaba na recuperación e dignificación da nosa lingua, despois da edición de Cantares gallegos en 1863. Posiblemente aquí están as páxinas e os versos máis intensos da nosa autora, os sentimentos máis desacougantes, as grandes preguntas universais, a sociedade, a morte, a inxustiza, o baleiro... Tam...

15,50 €

Atlas

Atlas

Cid, Alba

Velaquí este poemario de Alba Cid, unha poeta chamada a ocupar un lugar de seu na poesía galega próxima. Recoñecida dende moi nova en moitos certames poéticos, publica agora Atlas, un texto singular en que a palabra e a imaxe viaxan da man canda a ollada asombrada da poeta. Etimoloxías, historias naturais, prácticas culturais diversas Os poemas e as fotografías fan calas nos c...

13,60 €

A Herba de Namorar

A Herba de Namorar

Do Cebreiro, Maria

Vinte anos de poesía non son poucos. A herba de namorar condensa en cincuenta poemas a produción de María do Cebreiro dende a aparición de o estadio do espello en 1998 ata o recente Soños. Arquivos. Cartas (2018). Neste volume onde tamén atopamos poemas inéditos acompañamos o caudal e os meandros dunha das voces máis singulares e recoñecidas da poesía do novo século. A herb...

17,10 €

Un Libre Favor

Un Libre Favor

Pato, Chus

Que lea esta obra hase atopar coa poesía nun estadio material, de cousa. Non esa poesía que está dentro dunha urna e non se pode tocar. Ao contrario, a sensación da apalpar algo maleable e ao tempo firme, sereno e desacougante, inasible e propio. A sensación dunha apropiación que non é propiedade. Poesía cun ton e unha intención, cunha forma e unha música que, con distorsións ...

14,35 €

Con Pólvora e Magnolias

Con Pólvora e Magnolias

Méndez Ferrín, X. L.

Con pólvora e magnolias (1976) é unha referencia obrigada na lírica contemporánea. Unha certa perspectiva histórica salienta cada vez máis a significación deste libro, que marcou un fito, unha mudanza radical e necesaria na poesía galega dos últimos anos. Amor e desamor, paixón pola vida e afirmación de vellos e inconmovibles soños constitúen a base principal deste poemario re...

11,95 €