Saltar al contenido principal
Poesía Galega Novísima

Poesía Galega Novísima

Marcus Daniel Cabada [Coord.]

_sobre este livroSe ben existen, como en todas as literaturas, certas inercias —e é inevitábel, porén, que algúns patróns (referenciais, espaciais, de canal, emisión ou amizade) fagan que as temáticas e as voces se acheguen dunha forma non sempre desfavorábel, pois a semellanza tamén supón cohesión e concordancia—, sería precipitado nomear a poesía nova da Galiza como construct...

Editorial:
Urutau
Año de edición:
2021
ISBN:
978-65-5900-003-6
Encuadernación:
Rústica
14,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos Avisar disponibilidad

Sinopsis

_sobre este livro
Se ben existen, como en todas as literaturas, certas inercias —e é inevitábel, porén, que algúns patróns (referenciais, espaciais, de canal, emisión ou amizade) fagan que as temáticas e as voces se acheguen dunha forma non sempre desfavorábel, pois a semellanza tamén supón cohesión e concordancia—, sería precipitado nomear a poesía nova da Galiza como constructo ou imaxinario dunha posible xeración en crecemento. As achegas difiren tanto entre si e teñen intereses tan disímiles que non poderiamos trazar, sen caer na pretensión ou no superfluo, unha liña que definise con xustiza a realidade creadora en que se desenvolven. E o certo é que sen querer entrar en controversias (...) cómpre salientar que hai en Galiza un país o suficientemente robusto no eido da poesía como para ter que propoñer xeracións literarias cada cinco anos e esquecer os autores e autoras que as compoñen porque algo novo xorde no inmediato. Claro que reformular constantemente os grupos é algo que presume de riqueza, pero non máis que a difusión, o recoñecemento e a lectura que deberían ligarse ao seu descubrimento. (...) Isto serían os novísimos que este volume acolle: poetas que escriben en galego menores de trinta anos. Atopamos neste libro algunhas liñas temáticas que trazan unha trama xeral e constrúen o que define esta non-xeración como representación dunha realidade comprimida nun espazo tan pequeno —pero suxestivo— como é Galiza.

Artículos relacionados

Nu 63

Nu 63

Vázquez Liste, José

Coma ben di no Limiar Suso Bahamonde "Espirse no inverno é duro" e aínda así "Escribo en primeira persoa" dende o convencemento de que "Este é un xardín de augas excarceradas", un remanso de "Pozas primaverais onde baixan beber tódalas sedes".Mais ese recendo de "Roupa branca e lenzaría vermella no único caixón da casa" acende a "Lava orgástica derretida no padal dos desexos" e...

13,00 €

Alaska

Alaska

Suarez, Castillo

Houbo un momento en que á voz lírica destes poemas lle saíron gromos de flores pola boca; das coxas, glaciares. Mesmo tivo o estómago atravesado por siluros. Servíndose da familia léxica do frío e evidenciando a súa condición de mamífera, a autora de Alaska toma o nome dun antigo hotel da N-I para poetizar arredor da actuación do tempo sobre os espazos e sobre as relacións huma...

17,10 €

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Gonzalez Tosar, Luis

Luís González Tosar publicou A caneiro cheo en 1986 (Premio Esquío e Premio Losada Diéguez). Nestas catro décadas, o seu labor poético foise incrementando cos títulos: Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras (1987), Remol das travesías (1989, Premio da Crítica Española), Coa forza da palabra (1993), Madeira do meu canto (1997), Invocación dun tempo (2001), Estú...

23,00 €

Val Tan Doce e Sombrío

Val Tan Doce e Sombrío

Fernández Naval, Francisco X.

Cando o home enfermouela deixou a casa da cidadee regresou á aldea;á casa familiar; á xaneladende a que falarcoa lúa. Estamos ante un autor que sabe poñerse ás ordes da emoción cando unha luz que chega sen previo aviso; desde un algures moitas veces descoñecido; lle dita o primeiro verso. O camiño que arrancou na vaga epifanía inicial vai medrando daquela arredor da libre e dis...

15,00 €

A Virxe Do Cristal

A Virxe Do Cristal

Curros Enriquez, Manuel

Unha das máis enigmáticas lendas galegas revive nesta coidada reedición d´"A Virxe do Cristal", un dos poemas narrativos máis emblemáticos e conmovedores de Manuel Curros Enríquez.Entre o misterio, a tradición popular e a forza da paisaxe galega, este libro mergúllanos nun universo onde o sabrado e o humano se entrelazan nun delicado equilibrio. ...

12,00 €

Sempre Lela

Sempre Lela

Piñeiro, Esther

Os poemas deste novo libro, Sempre Lela, seguen a liña do poemario anterior Anacos dunha vida, volvo a reflectir as experiencias da vida, coas súas tristuras, desencantos e ledicias, momentos con sentimento e tamén inquedanzas sobre a Nosa Terra, a emigración e a decadencia da nosa marabillosa lingua. ...

12,00 €