Saltar al contenido principal
E se a Memoria está Na Boca

E se a Memoria está Na Boca

Suanzes, Angel. Clara Honorato Soto (Fotografía)

_sobre este livroUnha querenza agreta e, polas fendas, cóanse, oportunistas, as incertezas, que invaden a rutina, asolan o desexo e culminan co derrubamento dos corpos. Intemperados xacen, pero as ascuas permanecen latentes, nun afán por tentar o rescate: as intencións minguadas insisten na confianza; as epidermes erosionadas esfórzanse no tacto; as bocas desaboridas buscan rep...

Editorial:
Urutau
Año de edición:
2020
ISBN:
978-65-87076-10-2
Encuadernación:
Rústica
12,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

_sobre este livro
Unha querenza agreta e, polas fendas, cóanse, oportunistas, as incertezas, que invaden a rutina, asolan o desexo e culminan co derrubamento dos corpos. Intemperados xacen, pero as ascuas permanecen latentes, nun afán por tentar o rescate: as intencións minguadas insisten na confianza; as epidermes erosionadas esfórzanse no tacto; as bocas desaboridas buscan reparar a memoria.

A ausencia, o desacerto, a fraude e outros desencantos nutren este texto, e conflúen nunha secuencia de fotogramas que o autor arrebola coma proxectís, co propósito de perforar a carne da lectora, sen danarlle os órganos, mais procurando que a metralla desalentada enquiste, e levede, nas súas entrañas.

A seca da atracción, a perda da complicidade e a loita por manter o afecto, conducen á resignación, á aceptación da deriva. Entón xa só resta driblar os cascallos, asumir a inercia, desistir: "Entornar, / desde hai tempo, enferruxados os gonzos, / sen azos para mudar o mecanismo."

Alén do rubor, a decepción ou o temor, non hai cabezas de cartel nesta rodaxe sobre a intimidade, só unha voz en off que expón, abatida, o seu desamparo, coroado por unha sentenza perplexa, ou por unha inseguridade irada. Conclusións coas que achegarse á indemnidade nun espazo de desconforto, coas que pretender exorcizar o fracaso.

Flashbacks porfiados amalgámanse nun guión desde o que observar e percorrer, coa discreción dun travelling, os lugares da devastación, ou as fábulas da idealización, estas últimas reincidentes cando interrompen as escenas con recordos que vernizan, coa súa pátina edulcorada, o pasado, sacoden a desgana e reinician o prodixio da descuberta, esquivando á sempre axexante caducidade: " (...) e o xemido inútil de agarrar, / o que vai fuxir / co teu corpo."

Iolanda Zúñiga

Artículos relacionados

50 Poemas de Luz

50 Poemas de Luz

Luz Pozo Garza

Un dos principais desexos de Luz era que a súa poesía puidese chegar a todos os públicos. Estes cincuenta poemas están reunidos precisamente con este obxectivo. A profesora Olivia Rodríguez González é toda unha experta na poeta, coñeceuna persoalmente moi a fondo, e elaborou agora para nós unha selección de cincuenta dos seus mellores poemas. Escritos ao longo de case oitenta a...

16,90 €

Irreversible

Irreversible

Sanchez, Oscar

"comprendédeme só no irreversible,neste punto á marxe onde toda cousa é allea"Autor: Óscar SánchezIlustrador: Óscar Sánchez ...

17,00 €

Poetas Do Ribeiro

Poetas Do Ribeiro

Aa.vv., Aa.vv.

Obra colectiva que reúne poemas e textos de autores vencellados á comarca, como Estevan Faián, Xesús Alonso Montero, Carlos Abeledo Maristany, Nesto Fernández, Adela Figueroa Panisse, Armando González López, Paula Rodríguez Bouzas e Eladio Rodríguez Fernández. Contido: Trátase dunha recompilación e antoloxía poética que dialoga coa identidade, a memoria, a paisaxe e a tradición...

20,00 €

Alaska

Alaska

Suarez, Castillo

Houbo un momento en que á voz lírica destes poemas lle saíron gromos de flores pola boca; das coxas, glaciares. Mesmo tivo o estómago atravesado por siluros. Servíndose da familia léxica do frío e evidenciando a súa condición de mamífera, a autora de Alaska toma o nome dun antigo hotel da N-I para poetizar arredor da actuación do tempo sobre os espazos e sobre as relacións huma...

17,10 €

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Gonzalez Tosar, Luis

Luís González Tosar publicou A caneiro cheo en 1986 (Premio Esquío e Premio Losada Diéguez). Nestas catro décadas, o seu labor poético foise incrementando cos títulos: Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras (1987), Remol das travesías (1989, Premio da Crítica Española), Coa forza da palabra (1993), Madeira do meu canto (1997), Invocación dun tempo (2001), Estú...

23,00 €

Val Tan Doce e Sombrío

Val Tan Doce e Sombrío

Fernández Naval, Francisco X.

Cando o home enfermouela deixou a casa da cidadee regresou á aldea;á casa familiar; á xaneladende a que falarcoa lúa. Estamos ante un autor que sabe poñerse ás ordes da emoción cando unha luz que chega sen previo aviso; desde un algures moitas veces descoñecido; lle dita o primeiro verso. O camiño que arrancou na vaga epifanía inicial vai medrando daquela arredor da libre e dis...

15,00 €