Saltar al contenido principal
Noventa Anos Despois

Noventa Anos Despois

GliŠIc, Milovan

Nunha pequena aldea serbia, Radojka, a filla do kmet Živan Dušman, está en tratos cun mozo, Strahinja. Porén, o amor que xorde entre ambos non abonda para que o pai dela acepte dala en matrimonio. A raíz desa negativa, o home novo marcha ver mundo e axiña sabe que na aldea veciña teñen un serio problema coa xestión do muíño, pois, un tras outro, aqueles que ocupan o posto de mu...

Editorial:
Editorial Hugin e Munin
ISBN:
978-84-122593-1-5
Páginas:
60
Colección:
Vólvense os paxaros contra as escopetas
7,00 €
IVA incluido
En stock
Añadir a favoritos

Sinopsis

Nunha pequena aldea serbia, Radojka, a filla do kmet Živan Dušman, está en tratos cun mozo, Strahinja. Porén, o amor que xorde entre ambos non abonda para que o pai dela acepte dala en matrimonio. A raíz desa negativa, o home novo marcha ver mundo e axiña sabe que na aldea veciña teñen un serio problema coa xestión do muíño, pois, un tras outro, aqueles que ocupan o posto de muiñeiro acaban mortos; entra entón en xogo o vampiro, cuxa confrontación co destemido Strahinja desencadeará unha espiral de fantasiosos sucesos.

Noventa anos despois, publicada orixinalmente en 1880, é a meirande obra narrativa de Milovan Glišic e supón unha valiosa achega tanto á literatura gótica como á de temática vampírica, pois é anterior, en dezasete anos, ao Drácula do dublinés Bram Stoker. Así mesmo, cabe cualificala de curioso testemuño de época, en tanto que reflicte con acerto diversos elementos da mitoloxía e do folclore balcánicos na súa fonda relación cos vampiros: así, alude de forma directa ao mítico Sava Savanovic, introduce o muíño como o ámbito natural deste, sitúa correctamente a acción en Zarožje e conforma unha suxestiva atmosfera alicerzada sobre enterramentos, estacas de estripo, auga bendita e mórbidas chorumas. En consecuencia, esta obra breve demostra ser máis fiel á tradición eslava do que outras posteriores e máis coñecidas do xénero.

Con base no opúsculo de Glišic, o realizador Ðorde Kadijevic estreou en 1973 a adaptación cinematográfica Leptirica.

Artículos relacionados

A Primeira Dama

A Primeira Dama

Romero Suárez, Julio

Michelle Obama decide percorrer unha parte da ruta xacobea, alá polo 2010, mentres o seu esposo, dende a Casa Branca, dirixe o destino do seu país e tamén de gran parte do mundo. Na peregrinación, acompáñana unha serie de personaxes (escolta, intérprete, secretaria...).A primeira dama experimenta as ensinanzas do Camiño, reflexionando sobre as súas propias impresións, á par dos...

En stock

12,00 €

Cara a Times Square

Cara a Times Square

Gonsar, Camilo

Non vou contar como chegou ás miñas mans este relato, porque sería complicado de máis. Só direi que non coñezo o seu autor e que disto moito de ser a persoa a quen está dirixido. Disto tanto, que esta persoa seguramente é un cidadán de fala inglesa. Efectivamente, o orixinal viña en inglés, un pobre e incorrecto inglés; todo o relativo a esta circunstancia quedará claro para qu...

En stock

19,00 €

O Lapis Do Carpinteiro

O Lapis Do Carpinteiro

Rivas, Manuel

«O lapis do carpinteiro» é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega aos nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles...

En stock

19,50 €

Miniaturas e Outras Dimensións

Miniaturas e Outras Dimensións

Alvarez Caccamo, Xose Maria

Esta colección de relatos organízase en dúas unidades, onde os formatos reducidos das Miniaturas contrastan cos máis extensos do apartado Outras dimensións. O tempo comprimido das Miniaturas expándese no proceso de reinterpretación de motivos míticos e históricos, procedemento, non exclusivo no conxunto destas narracións, que dirixe, entre outras, a relectura da coñecida histor...

En stock

16,50 €

Espigas Queimadas

Espigas Queimadas

Rañales, Pablo J.

Os corpos violentados de Alba e Rafael trastocan a cotiandade de Piornedo, unha bucólica casa rural situada nas profundidades dos Ancares. Son, despois de sete días atrapados na súa habitación, unha muller esnaquizada a puñadas e un home colgado no baño. ...

En stock

15,00 €

Boundaries Road

Boundaries Road

F. Santomé, Cecilia

Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado. Nesa casa fermosa, exótica e fascinante, todos eles serán felices ata que unha crise insospeitada estale. Anos de...

En stock

18,95 €