Saltar al contenido principal
Á Lus Do Candil

Á Lus Do Candil

Fole, Anxel

A Biblioteca de autor que Galaxia dedica ao autor lugués inclúe este libro que é fundamental para entender a evolución da literatura galega do século XX. A cuberta do libro reproduce un cadro de Carlos Maside e conserva o limiar que para a primeira edición fixera Salvador Lorenzana. Publicado no 1953, Á lus do candil é unha colección de quince relatos nos que a imaxinación e o ...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Año de edición:
2004
ISBN:
978-84-8288-753-1
Páginas:
168
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Literaria
18,50 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

A Biblioteca de autor que Galaxia dedica ao autor lugués inclúe este libro que é fundamental para entender a evolución da literatura galega do século XX. A cuberta do libro reproduce un cadro de Carlos Maside e conserva o limiar que para a primeira edición fixera Salvador Lorenzana. Publicado no 1953, Á lus do candil é unha colección de quince relatos nos que a imaxinación e o humor xogan un papel importante á hora de desenvolver as sorprendentes historias de misterio que xorden da vida cotiá. Coma os contos que se comparten o carón da lareira, as narracións de Fole conservan toda a frescura e espontaneidade, toda a graza e lixeireza que autores coma Italo Calvino consideran unha das virtudes fundamentais das obras literarias. Este libro foi unha contribución esencial ao rexurdimento da narrativa galega de posguerra. A descuberta dun mundo máxico que se confunde co real, onde por tras das aparencias xorden historias insospeitadas, contos de aparecidos, de lobos, de premonicións e soños fantásticos... Un libro que hoxe continúa a ofrecer aos lectores e lectoras toda a intensidade e toda a forza de sedución da gran literatura.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

A Boca de Krishna

A Boca de Krishna

Pena, Xosé Ramón

Esta é a historia de dous irmáns fascinados polas estrelas desde nenos. Ernesto Estévez hase converter nun astrofísico de sona mundial, investigador de novas galaxias; Clara Estévez convencerase de que aí fóra hai vida extraterrestre que inflúe decisivamente no devir da súa familia. Xosé Ramón Pena volve a ollada cincuenta anos atrás para contarnos a microhistoria recente de Ga...

19,95 €

Diario Do Paraíso

Diario Do Paraíso

Dahlgren, Marta

Iria ten dezaseis anos cando comeza a traballar nun pazo decadente e inabarcable como criada para todo. Ela, e o seu irmán, que é xardineiro, traballan duro para que os misteriosos dona Ana e don Xan poidan sobrevivir. Este é o diario da relación entre todos eles, un diario dun paraíso. Pero os paraísos terreais non duran para sempre. A primeira novela de Marta Dahlgren revive ...

19,95 €

O Mundo Do Tarabelo

O Mundo Do Tarabelo

Monfadal,Luciano Do

Tarabelo naceu en maio de 1975 e finou en decembro de 1990. Viviu na aldea de Abrente cunha familia de labregos e pola noite ou pola mañá, dende a súa cama de palla, vainos relatando feitos do seu día a día. Tamén nos transmite algunhas conversas que se daban naqueles tempos e, por suposto, moitos contos de lareira.É como unha bitácora, só que en vez de escribilo no camarote do...

15,00 €

A Terceira Luz

A Terceira Luz

Keegan, Claire

Durante un verán, na Irlanda rural de comezos dos anos oitenta, unha nena é deixada polo seu pai ao coidado duns parentes a quen apenas coñece. A nai da nena está embarazada e teñen moitos fillos. Na casa dos Kinsella, en cambio, non hai ningún neno. Pero esa non é a única diferenza entre o seu fogar e e a nova casa que a acolle. Todo alí parece, de feito, moi distinto. E a nen...

18,00 €

Porto Escondido

Porto Escondido

Oruña, María

Un descubrimento inesperado nunha antiga vivenda saca á luz un segredo enterrado durante décadas. O que comeza como unha investigación aparentemente rutineira convértese nunha trama complexa onde pasado e presente se entrelazan con precisión milimétrica. Unha historia de misterio, memoria e tensión narrativa que marcou un antes e un despois na carreira da autora e que, dez anos...

22,95 €

Cáncara

Cáncara

Alonso, Fran

Outubro de 1983; o alcade da vila mariñeira de Cáncara ordena apresar e deter unha vaca por pastar herba pública e a Policía Municipal condúcea ao calabozo do Concello. A noticia do acontecido percorre o mundo, e publícase no «New York Times» e no «Washington Post». A partir deste feito insólito, Fran Alonso escribe unha novela sobre o poder, ateigada de humor, que reconstrúe ...

17,95 €

Otros libros del autor

Contos Da Néboa

Contos Da Néboa

Fole, Anxel

Nos contos de Ánxel Fole conflúen a tradición do conto popular coa modernización e renovación do xénero. O autor manexa maxistralmente a fala coloquial, conservando todo o seu sentido do humor e engadindo pingadelas de misterio que manteñen o interese da lectura ata o remate. Este libro publicado por primeira vez en 1973 presenta como novidade o escenario no que se desenvolven ...

17,60 €

Historias que Ninguén Cre

Historias que Ninguén Cre

Fole, Anxel

Unha recompilación de relatos breves, escritos en diferentes épocas, que amosa a extraordinaria capacidade de Ánxel Fole para converter en literatura calquera sucedido real ou imaxinario. ...

16,80 €

Ánxel Fole. Obra Literaria Completa Iii. Obra en Castelán

Ánxel Fole. Obra Literaria Completa Iii. Obra en Castelán

Fole, Anxel

Os dous primeiros volumes reúnen a obra en galego do autor de Lugo, volumes que xa se publicaran por primeira vez no ano 1997; por iso era agora necesario reunir a súa dispersa obra poética e narrativa en castelán e unha mostra significativa da súa extensísima producción xornalística, pois non parece posible coñecer ou comprender a traxectoria creativa e profesional foleana sen...

34,75 €

Ánxel Fole. Obra Literaria Completa I. Obra en Galego

Ánxel Fole. Obra Literaria Completa I. Obra en Galego

Fole, Anxel

Os dous primeiros volumes reúnen a obra en galego do autor de Lugo, volumes que xa se publicaran por primeira vez no ano 1997; por iso era agora necesario reunir a súa dispersa obra poética e narrativa en castelán e unha mostra significativa da súa extensísima producción xornalística, pois non parece posible coñecer ou comprender a traxectoria creativa e profesional foleana sen...

30,10 €

Ánxel Fole. Obra Literaria Completa Ii. Obra en Galego

Ánxel Fole. Obra Literaria Completa Ii. Obra en Galego

Fole, Anxel

Os dous primeiros volumes reúnen a obra en galego do autor de Lugo, volumes que xa se publicaran por primeira vez no ano 1997; por iso era agora necesario reunir a súa dispersa obra poética e narrativa en castelán e unha mostra significativa da súa extensísima producción xornalística, pois non parece posible coñecer ou comprender a traxectoria creativa e profesional foleana sen...

30,10 €

Terra Brava

Terra Brava

Fole, Anxel

Este é un conxunto de relatos contados, como se o autor estivese sentado a carón do lume, por un dos mestres da narrativa galega contemporánea. É un libro de pantasmas, de celos, de premonicións, de crimes e de defuntos. Pero é tamén un libro que deixa no lector un vago sentimento apracible, levemente irónico. ...

21,05 €