Saltar al contenido principal
Como Chega o Sal Ao Mar

Como Chega o Sal Ao Mar

Schwaiger, Brigitte

Como chega o sal ao mar, a primeira e máis coñecida novela de Brigitte Schwaiger, publicouse orixinalmente en 1977 e converteuse decontado nun incontestable éxito editorial. Vendeu case medio millón de exemplares no conxunto de territorios xermanófonos e alzouse como unha das dez novelas en lingua alemá con mellor acollida internacional no século XX grazas ás traducións publica...

Editorial:
Editorial Hugin e Munin
Ano de edición:
2024
ISBN:
978-84-128075-4-7
Páxinas:
126
Encadernación:
Rústica
15,00 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

Sinopse

Como chega o sal ao mar, a primeira e máis coñecida novela de Brigitte Schwaiger, publicouse orixinalmente en 1977 e converteuse decontado nun incontestable éxito editorial. Vendeu case medio millón de exemplares no conxunto de territorios xermanófonos e alzouse como unha das dez novelas en lingua alemá con mellor acollida internacional no século XX grazas ás traducións publicadas en máis de quince idiomas.

A obra conta en primeira persoa a historia dunha muller nova, sen nome, a quen a monotonía da existencia cotiá a canda Rolf, o seu controlador marido, fai caer na desesperanza. Malia os seus intentos iniciais de se adaptar ás convencións sociais, deseguida repara no asoballamento e a violencia aos que se ve sometida e trata de remedialos dende a transgresión. A reinvención que a protagonista acomete irá acompañada de interesantes análises de situacións concretas do pasado, onde non sempre nin ela nin os seus seres queridos saen ben parados.

As expectativas frustradas da protagonista sobre a vida conxugal, descritas con inusitada crueza, os temas tanxenciais que aborda (o provincianismo burgués, o casoiro temperán, o aborto, a depresión, a infidelidade...), o carácter autobiográfico da historia, o cariz punzante e anovador da escrita e o dominio técnico á hora de representar o fluxo da mente da narradora son algunhas das razóns que apuntalan a calidade e o atractivo do relato.

Artículos relacionados

A Primeira Dama

A Primeira Dama

Romero Suárez, Julio

Michelle Obama decide percorrer unha parte da ruta xacobea, alá polo 2010, mentres o seu esposo, dende a Casa Branca, dirixe o destino do seu país e tamén de gran parte do mundo. Na peregrinación, acompáñana unha serie de personaxes (escolta, intérprete, secretaria...).A primeira dama experimenta as ensinanzas do Camiño, reflexionando sobre as súas propias impresións, á par dos...

En stock

12,00 €

Espigas Queimadas

Espigas Queimadas

Rañales, Pablo J.

Os corpos violentados de Alba e Rafael trastocan a cotiandade de Piornedo, unha bucólica casa rural situada nas profundidades dos Ancares. Son, despois de sete días atrapados na súa habitación, unha muller esnaquizada a puñadas e un home colgado no baño. ...

En stock

15,00 €

Miniaturas e Outras Dimensións

Miniaturas e Outras Dimensións

Alvarez Caccamo, Xose Maria

Esta colección de relatos organízase en dúas unidades, onde os formatos reducidos das Miniaturas contrastan cos máis extensos do apartado Outras dimensións. O tempo comprimido das Miniaturas expándese no proceso de reinterpretación de motivos míticos e históricos, procedemento, non exclusivo no conxunto destas narracións, que dirixe, entre outras, a relectura da coñecida histor...

En stock

16,50 €

Cara a Times Square

Cara a Times Square

Gonsar, Camilo

Non vou contar como chegou ás miñas mans este relato, porque sería complicado de máis. Só direi que non coñezo o seu autor e que disto moito de ser a persoa a quen está dirixido. Disto tanto, que esta persoa seguramente é un cidadán de fala inglesa. Efectivamente, o orixinal viña en inglés, un pobre e incorrecto inglés; todo o relativo a esta circunstancia quedará claro para qu...

En stock

19,00 €

O Lapis Do Carpinteiro

O Lapis Do Carpinteiro

Rivas, Manuel

«O lapis do carpinteiro» é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega aos nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles...

En stock

19,50 €

Boundaries Road

Boundaries Road

F. Santomé, Cecilia

Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado. Nesa casa fermosa, exótica e fascinante, todos eles serán felices ata que unha crise insospeitada estale. Anos de...

En stock

18,95 €

Outros libros do autor

Por qué el Agua del Mar Es Salada

Por qué el Agua del Mar Es Salada

Schwaiger, Brigitte

"Por qué el agua del mar es salada", novela con la que su autora consiguió un gran éxito de ventas y que se tradujo enseguida a varios idiomas, comienza el día de la boda de su protagonista, una joven criada en un hogar pequeñoburgués de la Austria de mediados del siglo pasado que se ve arrastrada al matrimonio para ocupar el lugar que le exige la sociedad. A pesar de que poco ...

En breve

16,00 €