Saltar al contenido principal
Memoria para Xoana

Memoria para Xoana

Marica Campo

Xoana, a que está por vir, a desexada, resultado dun acto libre de compromisos, recibe de súa nai o legado da memoria persoal e colectiva, legado que a sitúa na realidade das mulleres da familia e que lle entrega a modo de advertencia e prevención, mais tamén como impulso para buscar a propia felicidade e lugar no mundo. Non exenta de crítica social, esta historia, encadeada ...

Editorial:
Baía Edicións
Ano de edición:
2024
ISBN:
978-84-9995-444-8
Páxinas:
64
Encadernación:
Rústica
Colección:
BAIA NARRATIVA
12,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Xoana, a que está por vir, a desexada, resultado dun acto libre de compromisos, recibe de súa nai o legado da memoria persoal e colectiva, legado que a sitúa na realidade das mulleres da familia e que lle entrega a modo de advertencia e prevención, mais tamén como impulso para buscar a propia felicidade e lugar no mundo.
Non exenta de crítica social, esta historia, encadeada sobre a maternidade ao longo de distintas xeracións dunha familia, é tamén unha historia colectiva, e como tal relativiza as "verdades absolutas" dunha época, e anima a loitar pola propia felicidade e transformar a sociedade máis aló de convencionalismos.

Artículos relacionados

Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €

Nós, os Tolos

Nós, os Tolos

Castelo Martínez, Tania

«Nós, os tolos» narra en primeira persoa o día a día de Marta, terapeuta ocupacional nun equipo de saúde mental comunitaria que percorre o rural galego atendendo persoas con trastornos mentais graves. A través de historias como as de Berta, Modesto, Uxía, Aldara, Anxo, Samuel, Milagres ou Darío, a obra mostra vidas marcadas pola dor, o estigma e o illamento, pero tamén pola te...

15,50 €

O Derradeiro Gimlet

O Derradeiro Gimlet

Ameixeiras, Diego

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, men...

18,50 €

Arxentina Inmensa

Arxentina Inmensa

Alcalá, Xavier

A Arxentina marca innumerables historias persoais e familiares en Galicia. A Xavier Alcalá xa lle produciran grande curiosidade desde cativo as escoitadas entre a Ferrolterra e o Eume. Hai agora cincuenta anos que tomou contacto directo coa Arxentina entrando por Buenos Aires. Desde 1976 ata hoxe, por razóns de traballo e familia percorreu o país de norte a sur, desde La Quiaca...

31,00 €

O Elixido

O Elixido

Perreault, Catherine

Isabelle vive co seu fillo Éli, o elixido, un neno con trastorno do espectro autista severo que apenas pode comunicarse e que terá que vivir nun centro. A súa nai esconxura a rabia e a pena pola separación cunha narración arrebatada, luminosa e violenta que transmite, pura e poderosa, toda a forza dun amor incondicional. Primeira novela de Catherine Perreault, un éxito de críti...

19,00 €

Buscando a Dalia

Buscando a Dalia

Fernandez, Miguel Anxo

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra F...

21,50 €

Outros clientes tamén mercaron

Eu Son o Monte

Eu Son o Monte

Sara Guerrero

12,00 €

A Noite Das Cebolas

A Noite Das Cebolas

Aneiros, Rosa

Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelada» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío Bastián. A herdanza do vello faro familiar proporciónalle un inesperado refuxio onde o mar, a area e os toxos conforman a paisaxe solitaria na que ela se resigna a aceptar a súa p...

19,50 €