Saltar al contenido principal
Land Rover

Land Rover

De Toro, Suso

Dous irmáns reencóntranse na cidade para repartir a herdanza da nai, unha muller temida e case meiga que marcou alá na aldea de orixe as súas vidas como unha sombra inevitable. Os dous, Abelardo (home honrado e ferido dende a infancia) e Sindo (trapalleiro e sedutor, vividor nato e sempre a un paso da ruína), percorren bares, confesións e vellos resentimentos nun día que se vai...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
ISBN:
978-84-1110-835-5
Páxinas:
184
18,95 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Dous irmáns reencóntranse na cidade para repartir a herdanza da nai, unha muller temida e case meiga que marcou alá na aldea de orixe as súas vidas como unha sombra inevitable. Os dous, Abelardo (home honrado e ferido dende a infancia) e Sindo (trapalleiro e sedutor, vividor nato e sempre a un paso da ruína), percorren bares, confesións e vellos resentimentos nun día que se vai volvendo cada vez máis negro.
Todo estoupa cun Land Rover ás escuras, dúas siluetas proxectadas na parede e un golpe seco que cambiará para sempre o destino dos irmáns.
«Land Rover» é unha novela brutal e hipnótica sobre feridas familiares que non dan curado. Volve este clásico moderno de Suso de Toro na súa máxima potencia narrativa. Entre o presente e un pasado que persiste como un maleficio.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Chao, Bicos

Chao, Bicos

Bennett, Claire-Louise

Claire-Louise Bennett ofrece nesta novela o acceso a unha conciencia e aos movementos sinuosos do pensamento arredor de sucesos aparentemente mínimos. Encontros e conversas, chamadas telefónicas e obxectos esquecidos, envíos de flores e correos electrónicos inesperados aparecen e reaparecen para descubrirnos que os momentos decisivos da nosa vida raras veces permanecen inaltera...

21,00 €

Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €

O Derradeiro Gimlet

O Derradeiro Gimlet

Ameixeiras, Diego

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, men...

18,50 €

Buscando a Dalia

Buscando a Dalia

Fernandez, Miguel Anxo

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra F...

21,50 €

Oversize

Oversize

Boente, Marta

A protagonista de Oversize é unha dependenta que avanza por Madrid para ir a unha formación de traballo entre a rutina do día, accidentes e titulares. Confeccionada a través dun álbum de recordos propio, esta historia procura falarnos do que pasa ao noso carón sen apenas rozarnos e, ao mesmo tempo, do que impacta en nós sen previo aviso. Da relación, en definitiva, que se tece ...

18,10 €

Gustavos

Gustavos

Beltrám Carballeira, Ramón X.

Catorce anacos de vida que acontecen en escenarios e tempos moi diferentes. Un suicida, un amnésico, un home que soña, un opositor, un namorado... O único que teñen en común as historias é que por elas deambula alguén que se chama Gustavo, como protagonista ou como secundario.Ou talvez sexa un único Gustavo e o que cambia son as dimensións onde vive. Que cada quen resolva esa d...

13,90 €

Outros libros do autor

Humildar

Humildar

De Toro, Suso

Este libro naceu da envexa e das soidades de quen perdeu a relixión. Da falta da palabra sagrada e do ritual, da falta da linguaxe. Naceu de quen sabe que o oficio de escribir lle deu confianza no poder das palabras. Fiando nese poder máxico, Suso de Toro ofrece a posibilidade de ordenar as nosas vidas e vivir ritualmente os momentos necesarios, dándolles así sentido e transcen...

7,50 €

O Segredo de Joseph Haydn

O Segredo de Joseph Haydn

De Toro, Suso

Suso de Toro relata un episodio descoñecido até o momento da biografía de Joseph Haydn: un desvío da ruta que o levaba a Londres e que lle permitiu coñecer o reino galego. Haydn descobre a nosa gastronomía, a nosa lingua, a música que se tocaba naquel momento en Compostela, e tamén deixa a súa influencia nos músicos do momento. Un acontecemento que imprimiu unha pegada sentimen...

14,50 €

A Sombra Cazadora

A Sombra Cazadora

De Toro, Suso

Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírtelles: «Imaxinade que a vosa sombra se separa de vós e cobra vida propia. Imaxinade que a imaxe do espello ten vida de seu e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento en que teñades d...

13,95 €

Descubrindo Ana Pontón

Descubrindo Ana Pontón

De Toro, Suso

Nesta obra, o escritor Suso de Toro segue os pasos de Ana Pontón, dende a súa infancia até a actualidade, dende aquela nena até esta muller que é observada por moita xente, desvelando a súa personalidade e o seu traballo diario. Trátase do retrato en movemento dunha persoa e dunha personaxe que resultan unha novidade para o noso país. Na súa voz destílanse as experiencias do na...

13,50 €

Ambulancia

Ambulancia

De Toro, Suso

A través dun argumento sinxelo e concentrado, "Ambulancia" relata a historia fatal de Petete e Pequeno, dous delicuentes que se atopan en situación precaria e que atracan unha gasolineira ao día seguinte de abandonaren o cárcere de Monterroso. Estamos diante dunha novela entretida e desgarradora, na que os personaxes e as súas paixóns se moven pola cidade de Compostela coma se ...

14,50 €

Unha Rosa é Unha Rosa

Unha Rosa é Unha Rosa

De Toro, Suso

"Unha rosa é unha rosa (Unha comedia de medo)" é unha traxicomedia onde non falta nin o humor, nin a aceda crítica á sociedade contemporánea. A vella Rosa reparte a súa herdanza en tres partes, entre os seus dous sobriños, Pololo e Adela, e a filla doutra sobriña xa morta. A vella Rosa é seguidora na televisión dos telefilmes do detective tenente Colombo, do que sabemos da súa ...

13,50 €