Saltar al contenido principal
A Tolemia

A Tolemia

Oller, Narcís

A tolemia é unha novela realista de 1899 que, baseada nun feito real, a tráxica morte dun cliente de Oller, garda relación directa coas concepcións políticas e sociais que se derivan da revolución de setembro de 1868.O narrador, que tamén é un personaxe desta historia, segue ao longo dos anos a vida de Daniel Serrallonga, unha estrambótica figura marcada polas súas veleidades p...

Editorial:
Editorial Hugin e Munin
ISBN:
979-13-990150-4-1
Páxinas:
124
Encadernación:
Rústica
15,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

A tolemia é unha novela realista de 1899 que, baseada nun feito real, a tráxica morte dun cliente de Oller, garda relación directa coas concepcións políticas e sociais que se derivan da revolución de setembro de 1868.

O narrador, que tamén é un personaxe desta historia, segue ao longo dos anos a vida de Daniel Serrallonga, unha estrambótica figura marcada polas súas veleidades políticas. Individuo teimudo, obsesiónase co xeneral Prim, un feito a raíz do cal chega a ser deputado nas Cortes de Madrid e mesmo trata de vingar o asasinato do militar. De maneira descontinua e fragmentaria, e a través de diferentes puntos de vista, exponse a progresiva
caída na loucura de Serrallonga, para asombro daqueles que o tratan, coma o avogado Armengol ou o médico Giberga, con opinións contrapostas ao respecto de tan arroutado personaxe. O retrato mestura humor, sarcasmo, linguaxe coloquial e doses de melodrama, acollendo así mesmo as teorías psicolóxicas en voga na época ao redor da tolemia, e incluso o determinismo practicado por Zola.

Ambientada en Barcelona e en Vilaniu -espazo que traslada á ficción a vila natal do autor-, nun arco temporal que abrangue dende 1867 até 1883, trátase dun relato naturalista que afonda no estigma da tolemia para acabar por cuestionalo, de aí o seu valor.

Artículos relacionados

Arxentina Inmensa

Arxentina Inmensa

Alcalá, Xavier

A Arxentina marca innumerables historias persoais e familiares en Galicia. A Xavier Alcalá xa lle produciran grande curiosidade desde cativo as escoitadas entre a Ferrolterra e o Eume. Hai agora cincuenta anos que tomou contacto directo coa Arxentina entrando por Buenos Aires. Desde 1976 ata hoxe, por razóns de traballo e familia percorreu o país de norte a sur, desde La Quiaca...

31,00 €

Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €

Buscando a Dalia

Buscando a Dalia

Fernandez, Miguel Anxo

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra F...

21,50 €

O Elixido

O Elixido

Perreault, Catherine

Isabelle vive co seu fillo Éli, o elixido, un neno con trastorno do espectro autista severo que apenas pode comunicarse e que terá que vivir nun centro. A súa nai esconxura a rabia e a pena pola separación cunha narración arrebatada, luminosa e violenta que transmite, pura e poderosa, toda a forza dun amor incondicional. Primeira novela de Catherine Perreault, un éxito de críti...

19,00 €

O Derradeiro Gimlet

O Derradeiro Gimlet

Ameixeiras, Diego

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, men...

18,50 €

Nós, os Tolos

Nós, os Tolos

Castelo Martínez, Tania

«Nós, os tolos» narra en primeira persoa o día a día de Marta, terapeuta ocupacional nun equipo de saúde mental comunitaria que percorre o rural galego atendendo persoas con trastornos mentais graves. A través de historias como as de Berta, Modesto, Uxía, Aldara, Anxo, Samuel, Milagres ou Darío, a obra mostra vidas marcadas pola dor, o estigma e o illamento, pero tamén pola te...

15,50 €