Saltar al contenido principal

Libros de Narrativa en galego 1287 resultados

Os Contos de Moi

Os Contos de Moi

Fernández Sixto, Olga

Medulia Editorial S. l.

Os Contos de Moi segue as aventuras de dous misteriosos viaxeiros na Galicia do século XII, onde os seus camiños se cruzan cos de personaxes históricos como Diego Xelmírez ou a raíña dona Urraca, e tamén cos de personaxes do rico folclore galego, como mouros, trasnos e lavandeiras. Navegando este lugar e momento histórico tan únicos e específicos, os protagonistas desta novela ...

17,90 €
Enfiando a Vida

Enfiando a Vida

Fraguela Vale, Susana

Hércules Ediciones, S. a.

Lali é unha moza boa, que vive para os demais. A súa vida segue o sendeiro marcado para unha muller na primeira metade do século XX, incluso cando o seu home ten que emigrar. Pero cando a traxedia lle descobre que os seus temores eran certos e perde dúas veces o que máis quería, ten que tomar decisións e atopar outro xeito de vivir coa dor da traizón. Sofía é unha rapaza que sa...

18,00 €
A Muller de Ollos Mouros e Intensos

A Muller de Ollos Mouros e Intensos

Marina Gómez Pose

Medulia Editorial S. l.

Pouco despois da traxedia do Prestige, Celia, após un estraño e traumático accidente, aconsellada pola súa terapeuta, decide cambiar de aires. Viaxa, daquela, á Vila do Ara Solis onde se instala na antiga vivenda dunha amiga.Unha forza incomprensible fai que se sinta profundamente atraída polo retrato de mamá Adela quen custodia os vellos tesouros familiares entre os que se ato...

17,90 €
Aldonza de Compostela

Aldonza de Compostela

Romero, Xulio

Medulia Editorial S. l.

Álbum ilustrado que narra a historia de Aldonza, unha moza que vive en Santiago de Compostela baixo o xugo do seu home. Nesa triste vida vai ter un papel importante un troveiro veciño dela. As fermosas ilustracións que acomañan o relato son obra de Alba Romero. ...

14,90 €
As Almas Comunicantes

As Almas Comunicantes

Torrado Romero, Ramon

Medulia Editorial S. l.

19,90 €
Material de Construción

Material de Construción

Rodríguez, Eider

Aira

Esta é unha novela sobre o pai. Sobre a relación entre unha filla escritora e o seu pai alcólico. Sen edulcorantes nin grandilocuencia. Literatura que manca e fascina. Unha obra sobre o amor e a memoria onde o misterio queda pechado dentro dos muros da casa. Eider Rodríguez edifica a súa historia familiar cun estilo actual e preciso. A autora constrúe un relato universal cos m...

19,90 €
Mamut

Mamut

Baltasar, Eva

Aira

Unha muller que busca o seu sitio nun mundo no que lle custa atopar acomodo. Unha masía a piques da ruína que se converte no seu refuxio. Unha novela fascinante que converte o aparentemente trivial en alta literatura grazas ao poder da linguaxe. Esta novela pecha a triloxía «Tres corpos salvaxes», coa que Eva Baltasar se converteu nunha das voces máis orixinais e poéticas da li...

10,00 €
O Tigre Na Boca Do Lagarto

O Tigre Na Boca Do Lagarto

Dobao, Antón

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Unha parella que se perde no medio da fraga e se reencontra, un eterno retorno entre a paixón erótica e o abismo, a vida que constrúe o desexo ou o desexo que organiza a vida, o azar e a súa tráxica e caprichosa vontade, as lóxicas do dominio e o control, da rebelión e a sabotaxe, o desafío material da realidade e as opresións do traballo, as normas do éxito e do fracaso, a lou...

19,95 €
Raparigas de Uniforme

Raparigas de Uniforme

Winsloe, Christa

Irmás Cartoné

Manuela é a filla menor do tenente coronel Meinhardis. Cando a súa nai morre inesperadamente, o tenente coronel decide enviar a Manuela a un internado. Alí, sometida á férrea disciplina da directora da institución, Manuela atopa refuxio no cariño dunha das profesoras, da que inevitablemente se namora.Raparigas de uniforme é o relato dun primeiro amor prohibido, da descuberta da...

17,00 €
O Raposo Renarte e o Lobo Grisengrín

O Raposo Renarte e o Lobo Grisengrín

Lisón,Richard De / Sain-Cloud,Pierre De

Laiovento, S. l.

?O raposo Renarte e o lobo Grisengrín (Roman de Renart)? é unha fascinante colección de aventuras dos séculos XII e XIII que satiriza, cunha agudeza sen igual, a sociedade feudal a través dun mundo animal vibrante e complexo. Orixinariamente escritas en lingua romance, céntranse na figura astuta do raposo Renarte. A pesar das variacións de enfoque, estilo e contido, cada relato...

19,95 €
País Estático, Tempos Salvaxes

País Estático, Tempos Salvaxes

Ferreiro Chao-Abella, Fran

Morgante

Churrasco, verbena, rapaces novos que se matan en coches vellos, prebostes galeguistas que ninguén recoñece pola rúa: cando Santiago Jaureguizar lle ofreceu a Fran Ferreiro colaborar no Táboa Redonda, o suplemento cultural de El Progreso e Diario de Pontevedra, seica esperaba iso: cultura. Pero para cousas tan complicadas sempre haberá xente máis capaz. Aquí temos un observador...

15,00 €
Pagans e Pragmaticos

Pagans e Pragmaticos

Moreda, Eva

Morgante

Os British teñen as súas particularidades: corren a adorar o sol en canto sae a primeira raiola, coma se fose un atavismo de Stonehenge; tamén recean da filosofía, a beleza ou a diversidade lingüística por opoñerse á súa visión pragmática da vida.Tras dezaoito anos emigrada no Reino Unido, Eva Moreda explícanos a weltanschaaung dos británicos, de quen sabemos tanto e tan pouco....

15,00 €
Felicidade Clandestina

Felicidade Clandestina

Lispector, Clarice

Rinoceronte Editora

Felicidade clandestina contén unha serie de relatos escritos en diferentes épocas da vida da autora e recollidos por primeira vez en 1971.Tras o banal e cotián atopamos revelacións inesperadas arredor das grandes cuestións existenciais, como a amizade, o amor ou o pensamento. Mediante a técnica do fluxo de conciencia, a autora consegue dotar de gran profundidade psicolóxica per...

18,00 €
Corre, Coello

Corre, Coello

Updike, John

Rinoceronte Editora

Harry Angstrom, coñecido como «Coello», parece insatisfeito coa súa vida familiar e co seu traballo de vendedor de peladores de verduras. Un día abandona a súa muller embarazada e o seu fillo de dous anos para iniciar unha fuxida sen rumbo. Atopa o seu antigo adestrador de baloncesto e coñece unha muller, con quen inicia unha relación. Namentres, o sacerdote da congregación á q...

22,00 €
A Nosa Cinza

A Nosa Cinza

Alcalá, Xavier

Editorial Galaxia, S. a.

Unha das obras máis populares da narrativa galega é "A nosa cinza". Xavier Alcalá (Miguelturra, 1947) relembra o mundo da infancia a través do seu protagonista, un rapaz que medra durante os anos da posguerra. Os días da escola, a adolescencia, coas súas inseguridades e medos, o espertar dos sentimentos amorosos e a descuberta do valor da amizade cóntanolos o autor coa frescura...

21,55 €
A Capital Do Mundo

A Capital Do Mundo

Alcala, Xavier

Editorial Galaxia, S. a.

1957. Un adulterio ferinte, un amor tolo, imposible, impulsan a unha rapaza coruñesa a emigrar. Nova York, A capital do mundo, sempre atraera a Nieves Ocampo e cara alá marcha cunha parada previa na Habana. Ese alto na ruta, inicialmente curto, devirá en peripecia vital nunha viaxe por un mundo inimaxinable ata ese momento da Historia. A emigración é tema principal na obra de X...

23,70 €
Palabras de Pedra (Literatura Accesible)

Palabras de Pedra (Literatura Accesible)

Cruz Zamora, Ginés

Hércules Ediciones, S. a.

Esta é unha bela historia de amor que ten algo de humor e de poesía, de tristeza e de felicidade. Os protagonistas son un pai e o seu fillo pequeno. Eles móstrannos como se ve o mundo cos ollos do autismo. ...

14,00 €
O Coloso de Marusi

O Coloso de Marusi

Miller, Henry

Laiovento, S. l.

«Na terraza elevada de Amarusio, mentres a luz dos outros mundos empezaba a perder o brillo, captei a vella e a nova Grecia na súa suave translucidez e así se conservan ambas na miña memoria. Decateime nese instante de que non hai nin vella nin nova, só Grecia, un mundo concibido e creado a perpetuidade. O home que falaba deixara de ser de tamaño e proporcións humanas, converté...

19,95 €
Cartas de Marco Polo e Outros Relatos

Cartas de Marco Polo e Outros Relatos

Gabriel Rei-Doval

Edicións Embora

15,00 €
Nove Lúas

Nove Lúas

Lionel Rexes

Edicións Embora

16,00 €
Ratas de Manhattan

Ratas de Manhattan

Francisco Álvarez "Koki"

Edicións Embora

14,00 €
Memoria Dunha Aldea

Memoria Dunha Aldea

Gándara, Xoán

Ir Indo Edicions, S. a.

15,00 €
Os Anos Tranquilos

Os Anos Tranquilos

Perozo Porteiro, Llerena

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Cando María García nace, a comezos do século XX nunha aldea da montaña asturiana, as súas cartas semellan estar botadas. Todo parece indicar que o destino dela será medrar, vivir e morrer onde naceu. Mais aquela rapaza, que cría contar coas súas mans como único patrimonio, descubrirá axiña un comodín extraordinario que lle vai permitir percorrer medio mundo: a súa mente prodixi...

19,95 €
De Porteiro Xoguei Eu

De Porteiro Xoguei Eu

Pedro Lenz

Laiovento, S. l.

Nos anos oitenta do século XX, nunha vila típica de Suíza, un xonqui a quen todo o mundo coñece como Porteiro acaba de cumprir unha condena e quere reconstruír a súa vida. Mentres intenta coñecer as circunstancias exactas en que tivo lugar o seu ingreso na cadea, descobre, desconcertado, que nada é o que parecía ser. Der Goalie bin ig, de Pedro Lenz, publicouse en 2010. Escrita...

16,95 €
A Soidade Do Inquisidor

A Soidade Do Inquisidor

Blanco, Alberte

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Durante o último terzo do século XVI, chegaron á casa do Santo Oficio de Compostela rumores sobre prácticas pouco acordes coa doutrina católica no condado de Monterrei. O licenciado Xoán de Freixedo será o encargado de dirixirse á comarca do sueste ourensán para iniciar unha pescuda co fin de aclarar a natureza dos rumores. A aparición duns cadáveres de mulleres novas mortas en...

19,95 €
A Noite Do Oso

A Noite Do Oso

Tomé, Abel

Editorial Galaxia, S. a.

É 1984. Despois de tanto tempo, a xornalista Alexandra Moure regresa dende a capital á súa vila natal para acudir ao enterro do seu avó. Os días que pasa na casa familiar son unha continua revelación para ela, onde comeza a ser consciente dos feitos que a comunidade construíu durante anos, ocultos tras o silencio. Historias de nazis, da guerra, da mitoloxía, da morte... Alexand...

19,90 €
O que Non Ten Prezo

O que Non Ten Prezo

Pacho Blanco, Xosé M.

Editorial Galaxia, S. a.

Se hai algo que nos diferencia dos animais é a capacidade de soñar, de sermos mellores. Esta historia pescuda na esencia do ser humano, dende Galicia ata a India, transitando por todos os lugares que poidamos imaxinar e empapándose de todas as vidas para entender o que realmente nos une. Porque un billete de cor púrpura pode cambiar o mundo, ou polo menos tentalo. Un mundo ond...

17,20 €
A Cantiga Da Burata

A Cantiga Da Burata

Miguel Anxo Murado García

Medulia Editorial S. l.

[...] Unha prosa que atranca a lectura automática e provoca distanciamento e gozo estético reflexivo. Non se trata de pasar o tempo cunha trama entretida, senón de reparar no xogo proposto, irónico, simulador quer da linguaxe quer dos tópicos xornalísticos e académicos. Non importa descoñecer algúns termos, a lectura non é un exame; é un xogo instrutivo, un quefacer gozoso.[......

17,90 €
Blues Da Florida

Blues Da Florida

García Barral, Jose

Medulia Editorial S. l.

Corría o ano 1968 cando o mundo pegou un estoupido. As placas tectónicas da historia chocaron cunha intensidade imprevista, producíndose unha concentración de acontecementos excepcionais: algueiradas universitarias en Francia, ocupación de Praga polos carros soviéticos, asasinatos de Martin Luther King e de Robert Kennedy nos Estados Unidos, sanguenta represión en México do mov...

19,90 €
Esconxuros para un Rei

Esconxuros para un Rei

Mª Carmen Rey Núñez

Baía Edicións

Zeltia, posuidora de capacidades precognitivas especiais, é vendida pola súa nai Xacinta (que por mor de ter o pelo roxo e pencas fuxe da inquisición de Castela,) e mais o seu pai a unha meiga da montaña de Lugo. Con ela Zeltia pasa por unha fase de aprendizaxe até que esa meiga morre nun incendo, o que obriga a Zeltia a fuxir iniciando unha viaxe a Compostela disfrazada de ...

23,00 €