Saltar al contenido principal
O Raposo Renarte e o Lobo Grisengrín

O Raposo Renarte e o Lobo Grisengrín

(Roman de Renart)

Lisón,Richard De / Sain-Cloud,Pierre De

?O raposo Renarte e o lobo Grisengrín (Roman de Renart)? é unha fascinante colección de aventuras dos séculos XII e XIII que satiriza, cunha agudeza sen igual, a sociedade feudal a través dun mundo animal vibrante e complexo. Orixinariamente escritas en lingua romance, céntranse na figura astuta do raposo Renarte. A pesar das variacións de enfoque, estilo e contido, cada relato...

Editorial:
Laiovento, S. l.
Año de edición:
2024
ISBN:
978-84-8487-687-8
Páginas:
230
Encuadernación:
Bolsillo
Colección:
Narrativa
19,95 €
IVA incluido
Añadir a favoritos Avisar disponibilidad

Sinopsis

?O raposo Renarte e o lobo Grisengrín (Roman de Renart)? é unha fascinante colección de aventuras dos séculos XII e XIII que satiriza, cunha agudeza sen igual, a sociedade feudal a través dun mundo animal vibrante e complexo. Orixinariamente escritas en lingua romance, céntranse na figura astuta do raposo Renarte. A pesar das variacións de enfoque, estilo e contido, cada relato contribúe a un corpus homoxéneo que se considera parte dunha obra única e en constante evolución.
Redactadas por autores pertencentes ao ámbito clerical, estas narracións revelan unha formación culta e unha visión crítica propia da burguesía emerxente. A obra parodia a xerarquía feudal, ridiculizando os valores cabaleirescos, épicos e cortesáns, e dirixe unha aguda crítica á cobiza do rei, á súa arbitrariedade e á explotación dos súbditos. Cunha linguaxe desinhibida que non rexeita o uso de expresións obscenas nin situacións de sexualidade explícita ou violencia, esta literatura destaca pola súa irreverencia e profundidade.
Aínda que escrita por unha pluralidade de autores, a unidade temática e estilística prevalece,

Artículos relacionados

Chao, Bicos

Chao, Bicos

Bennett, Claire-Louise

Claire-Louise Bennett ofrece nesta novela o acceso a unha conciencia e aos movementos sinuosos do pensamento arredor de sucesos aparentemente mínimos. Encontros e conversas, chamadas telefónicas e obxectos esquecidos, envíos de flores e correos electrónicos inesperados aparecen e reaparecen para descubrirnos que os momentos decisivos da nosa vida raras veces permanecen inaltera...

21,00 €

Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €

O Derradeiro Gimlet

O Derradeiro Gimlet

Ameixeiras, Diego

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, men...

18,50 €

Buscando a Dalia

Buscando a Dalia

Fernandez, Miguel Anxo

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra F...

21,50 €

Oversize

Oversize

Boente, Marta

A protagonista de Oversize é unha dependenta que avanza por Madrid para ir a unha formación de traballo entre a rutina do día, accidentes e titulares. Confeccionada a través dun álbum de recordos propio, esta historia procura falarnos do que pasa ao noso carón sen apenas rozarnos e, ao mesmo tempo, do que impacta en nós sen previo aviso. Da relación, en definitiva, que se tece ...

18,10 €

Gustavos

Gustavos

Beltrám Carballeira, Ramón X.

Catorce anacos de vida que acontecen en escenarios e tempos moi diferentes. Un suicida, un amnésico, un home que soña, un opositor, un namorado... O único que teñen en común as historias é que por elas deambula alguén que se chama Gustavo, como protagonista ou como secundario.Ou talvez sexa un único Gustavo e o que cambia son as dimensións onde vive. Que cada quen resolva esa d...

13,90 €