Saltar al contenido principal

Libros de Narrativa en galego 1228 resultados

O Libro Do Futbol

O Libro Do Futbol

Varios

Dicía Eduardo Galeano que o fútbol é a única relixión que non ten ateos. E aínda aqueles que deostan este deporte non poden renegar das moitas veces que de nenos correron entusiasmados detrás dun balón dándolle patadas nunha rúa ou nun descampado. Unha improvisada cancha foi o feliz territorio da infancia de moitos de nós. Sobre ela forxáronse inesperadas alianzas e naceron gra...

17,60 €

A Quadratura Do Círculo

A Quadratura Do Círculo

Adela Figueroa Panisse

Nesta coletânea de contos referem-se diferentes histórias que têm como quadro ambiental Lugo. Sâo três relatos independentes, mas que tratam de temas relativos á esta cidade em diversos tempos. Aconteceres que poidam ter sucedido noutra cidade qualquer, nomeadamente da Galiza. ...

17,90 €

O Cego de Pumardedon

O Cego de Pumardedon

Del Riego, Paco

16,00 €

Viva a Comuna!

Viva a Comuna!

Meixide, Carlos

«Viva a Comuna!» é a crónica novelada dos sucesos que rodearon a proclamación e a derrota da Comuna de París na primavera de 1871. É a historia dunha revolución, o relato da toma do poder por parte das clases populares dunha cidade que naquela altura era o epicentro da modernidade. Novela de longo alento, ambiciosa e emocionante, nas súas páxinas cobran vida personaxes irrepeti...

24,50 €

Nomes Propios

Nomes Propios

Pérez Recarey,Celestino

En NOMES PROPIOS recóllense relatos breves, onde o protagonismo recae nas mulleres, nos homes e lugares onde se desenvolven estas historias.Nalgúns deles, nárranse momentos relacionados co amor nas súas diversas formas, pero tamén vivencias traumáticas como a enfermidade ou o fracaso profesional. Noutros, prodúcese un achegamento ás nosas lendas e feitos fantásticos que poden t...

12,00 €

Ninguén e Compañia

Ninguén e Compañia

G. Aneiros,Alberto

Ningén e compaña principia cun conto, a modo de prólogo, que satiriza as xerarquías literarias estabelecidas actualmente, que priman os productos novelísticos sobre os textos de narrativa breve ou minimalista.O libro consta de dúas partes: o relato inicial da primeira inclúe tres contos dun mesmo narrador que nos vai mostrando algúns personaxes peculiares do mundo do espectácul...

13,00 €

A Petición de Auli

A Petición de Auli

Ramón Torrado Romero

Un home solitario ao que o amor lle foi esquivo, e o seu sobriño Auli, un rapaz de once anos observador e intelixente, inician unha viaxe xuntos.Non é fácil para os protagonistas desta emotiva novela de Ramón Torrado Romero, dous seres perdidos, faltos de afecto e con escasa fe no ser humano, estar en sintonía, pero as experiencias comúns e o tempo compartido irán derrubando os...

15,00 €

Beowulf

Beowulf

Bravo García, Antonio

Estamos ante una traducción al castellano -expresada en verso alejandrino- del poema épico Beowulf (probablemente del s. VIII) cuyo manuscrito se encuentra en la British Library de Londres. Se trata de una traducción literal, verso a verso, de modo que la versión castellana coincide en la mayoría de las líneas métricas con el texto del mismo verso anglosajón. Se conserva la est...

10,00 €

A Parte Fácil

A Parte Fácil

Ramos, Ismael

As personaxes deste libro están medrando. Ou quizais non se decaten de que xa remataron de medrar. Da adolescencia á trintena, as voces que tecen "A parte fácil" aprenden a convivir con sentimentos de culpa que non lles pertencen, coa vergonza, con segredos familiares antigos e recentes... A dificultade para comunicarse co mundo déixaos illados na inquietante xordeira de quen a...

17,50 €

A Monxa e o Grumete

A Monxa e o Grumete

Pardo De Neyra, Xulio

Aló onde os meandros do Miranda habitan nas branquias das troitas, o ar da Terra Brava insiste en cicatrizar os pousos do alustro que fixeron dunha pel o mapa da melancolía máis atonal, Pedro e María de Miranda Ribadeneyra aprenderon a construír á vez os seus máis lícitos devezos, malia que os lóstregos da inmundicia tratasen de lles esgazar os lamentos. É esta a pintura dun re...

20,55 €

A Inmoral Doutora Cons

A Inmoral Doutora Cons

Roberto Fernández Álvarez

O Golpe, xa ancián, recorda a súa adolescencia, na década do 1940 en Pazos de Arenteiro. O tempo que compartiu coa doutora África Cons cando ela chegou para cubrir unha vacante de médica e tivo que enfrontarse á hostilidade das forzas vivas do lugar. Retrato vívido dunha época da Galicia rural que xa se extinguiu. A tensión entre tradición e progreso a través da Medicina. Drama...

22,90 €

A Gran Novela Galega

A Gran Novela Galega

Cequeliños, Cesar

20,00 €

A Campá de Vidro

A Campá de Vidro

Syvia Plath

Este é o verán soñado de Esther Greenwood, o verán en que os esforzos académicos desta brillante universitaria a levan a obter un posto en prácticas nunha revista femenina de Nova York. É a oportunidade perfecta para coñecer a gran cidade e relacionarse con xente interesante e influente. En teoría, é o mellor momento da súa vida. En teoría, está ás portas dun futuro prometedor....

17,50 €

Bicame,Frank.

Bicame,Frank.

Fernandez, Miguel Anxo

Frank Soutelo continúa en Galicia e agora está indignado. Todo comeza co roubo do manuscrito de "Vento mareiro", de Cabanillas, e despois co dun valioso papiro exipcio vinculado ás revoltas da primavera árabe. Demasiada xente quere o papiro, ao prezo que sexa... Soutelo sospeita que todo ten que ver coa aparición dun cadáver sen mans na praia da Lanzada. Coa súa retranca caract...

22,10 €

O Sangue Dos Camiños

O Sangue Dos Camiños

Ramón Caride Ogando

18,00 €

Funánbulas

Funánbulas

Charo Valcárcel

Os relatos de Funánbulas están protagonizados por mulleres que se ven obrigadas a facer arriscados equilibrados na perigosa fronteira da violencia, a inxustiza, a soidade, a cordura, a vinganza.... Hai mulleres que non son mulleres, hai outras que só so ...

12,00 €

Piñeiro o Aviador e o Sr. Verne

15,00 €

Amor de Tango

Amor de Tango

Queizán, María Xosé

En «Amor de tango» María Xosé Queizán presenta unha novela que reconstrúe o Vigo da república e da represión franquista a través dos recordos de Margot, unha das protagonistas. É a novela das mulleres que durante os esperanzados anos 20 e 30 foron rapazas activas, ilusionadas e decididas a descubrir o mundo. É a novela das traballadoras que espertaron á vida naquela urbe pionei...

18,50 €

Vémonos Mañá

Vémonos Mañá

Monteagudo, Xosé

A finais de xuño de 1986 Bibiano sae de México para regresar a Galicia, a súa terra natal, que non pisa desde hai medio século. Ese mesmo día, Josefina, a muller coa que casara en 1929, lembra na súa casa de Pontevedra a felicidade e os dramas da súa xuventude. Agora pretende velo para oír dos seus labios as explicacións que leva demasiado tempo agardando. «Vémonos mañá» é o r...

18,95 €

Lobos Doentes

Lobos Doentes

Tizón, Antonio

Ao pé da Torre de Hércules aparece o cadáver dun home que agocha na chaqueta o logotipo dunha bandeira rusa e o enderezo de tres prostíbulos. Este será o primeiro dunha serie de crimes que remiten a diferentes autorías que semellan ter un só punto en común: a aplicación da lei do talión. Esta novela, na que o policía Sánchez Pereiro se transforma noutro dos moitos lobos e loba...

19,95 €

As Voces Amadas

As Voces Amadas

Diéguez, Lois

Poderías imaxinar, espertando unha mañá, mudado nunha cascuda enorme ao xeito do mestre Kafka. Ou, se non, entrando no tempo noso, mañá mesmo, trocado nun xigantesco e escuro móbil apertado a ti na cama estreita, afogándote mesmo, asfixiándote, sen que te puideses librar del, con milleiros de voces asaltándote, anguriándote, nunca facéndote feliz. Imaxina Ou non, non imaxines, ...

21,55 €

A Comuna de Valdonelle

A Comuna de Valdonelle

Neira Suárez , Carlos

Arquitecturizada con indubidable solvencia narrativa, A comuna de Valdonelle destaca polo interesante perfilado dos seus personaxes e a eficiente progresión dunha trama que leva con forza da man ao lector ata a derradeira páxina.Cal "neohippies", os heroes de Carlos Neira artellan unha comuna rural, pretexto para unha historia realista con aires ata certo punto neocostumistas, ...

17,00 €

O Espello de Dúas Caras

O Espello de Dúas Caras

Cairo Antelo,Jose Manuel

No 1963, achouse no lugar da Barquiña, nos arrabaldes da actual vila costeira de Noia (A Coruña), un cadáver afogado na ría. ?De que se trata, /de que morreu,/ cando foi,/ como foi?/? son algunas das preguntas ás que a forense intentará das respostas, trala autopsia do cadáver. Trátase dun suicidio, dunha morte accidental ou un criminal lle arrabatou a vida á vítima? Nesta vila...

16,00 €

A Saga Das Curandeiras

A Saga Das Curandeiras

Castro Cerceda, Marisa

A través da vida de Rosalía Carcedo (1911-1972) faise unha viaxe durante unha parte do século XX, desde a Galicia da que ela era natural, pasando polo Madrid da República e da Guerra Civil, ata a aldea de orixe na que volveu vivir durante a Ditadura e na que continuou exercendo a súa profesión, curandeira, a pesar da incomprensión que a rodeaba e da incredulidade de persoas con...

21,00 €

Lourenzá

Lourenzá

Fernández Del Riego, Francisco

LETRAS GALEGAS 2023 Lourenzá é "unha historia rememorativa" onde Francisco Fernández del Riego conta "o que teño aprendido sobre o pasado da vila na que nacín e me criei. Vivencias dos días alí decorridos. Impresións sobre a paisaxe, o ambiente do lugar. Un algo tamén do que coñecín en localidades veciñas", que a memoria revivía, nestas e noutras lembranzas, mentres unha voz am...

17,90 €

Querida Paula

Querida Paula

X.antonio Andrade

"En máis de trinta anos de exercicio como avogado, teño escoitado, por boca dos meus clientes, moitas historias de amor e outras tantas de desamor, segundo queira un tomar partido por algún dos afectados. Estou a falar das historias de homes e mulleres que acoden ao meu despacho para resolver os aspectos legais da súa separación ou divorcio. Di a sicoloxía, cada vez máis vencel...

15,00 €

Enredos

Enredos

García Barros, Manuel

Configura Enredos un conxunto de relatos dispersos que Manuel Garcia Barros recolleu ao longo do tempo ata conformar este volume, onde están presentes os trazos que definen a súa obra literaria: humor e retranca, progresismo ideolóxico e amor á terra, á lingua galega e ás xentes que a falan, e que en 1964 recibiu o premio "Os novos de Galicia", no concurso Nieto Pena, promovido...

16,45 €

Dos Meus Recordos

Dos Meus Recordos

Garcia Barros, Manuel

Dos meus recordos é unha miscelanea autobiográfica onde Manuel García Barros conta,con humor, retranca, amenidade e, ás veces, certa amargura, "casos" e "cousas" que deixaron fonda pegada na súa memoria, desde o servizo militar en Vigo a finais do século XIX, ata a década de 1960, na súa Pousada de Callobre.Uns "apuntamentos" que fan repaso da súa azarosa vida, desde a suxeitiv...

18,40 €

Kyra Kyralina

Kyra Kyralina

Istrati, Panait

Kyra Kyralina é a primeira novela de Istrati, coa que inicia o ciclo deos relatos de Adiren Zograffi. Nela, como unha Sherezabe balcánica, o narrador vai debullando a historia de Stavro, un salepgiu romanés que vaga polo mundo á procura de Kyira, a súa irmá perdida. ...

15,00 €

A Mona de Schrödinger

A Mona de Schrödinger

Uxío Larvós

Por falta de vacantes na súa propia especie, unha mona bonoba resígnase a que na vindeira reencarnación lle toque acomodarse nun pelello humano, posibilidade que, tendo presente que ambas as especies comparten preto do 99 % dos xenes, coida que non debe estar de todo mal. Mais axiña comprenderá o seu monumental erro de cálculo. Con este punto de partida, nunha fusión entre o d...

14,35 €