Saltar al contenido principal
Os Contos de Moi

Os Contos de Moi

Fernández Sixto, Olga

Os Contos de Moi segue as aventuras de dous misteriosos viaxeiros na Galicia do século XII, onde os seus camiños se cruzan cos de personaxes históricos como Diego Xelmírez ou a raíña dona Urraca, e tamén cos de personaxes do rico folclore galego, como mouros, trasnos e lavandeiras. Navegando este lugar e momento histórico tan únicos e específicos, os protagonistas desta novela ...

Editorial:
Medulia Editorial S. l.
Año de edición:
2024
ISBN:
978-84-10324-37-4
Páginas:
298
17,90 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Os Contos de Moi segue as aventuras de dous misteriosos viaxeiros na Galicia do século XII, onde os seus camiños se cruzan cos de personaxes históricos como Diego Xelmírez ou a raíña dona Urraca, e tamén cos de personaxes do rico folclore galego, como mouros, trasnos e lavandeiras. Navegando este lugar e momento histórico tan únicos e específicos, os protagonistas desta novela tamén enfrontan temas universais como o amor, o desamor, a sexualidade, os medos, a soidade, a amizade, a familia, a morte, a migración, o retorno e o paso da infancia á vida adulta.
A historia estrutúrase dun xeito que permite ó lector diferentes posibilidades na orde de lectura dos capítulos, revelando simultaneamente tanto as fazañas actuais dos protagonistas como as súas misteriosas orixes na súa terra natal de Neda.

Artículos relacionados

A Primeira Dama

A Primeira Dama

Romero Suárez, Julio

Michelle Obama decide percorrer unha parte da ruta xacobea, alá polo 2010, mentres o seu esposo, dende a Casa Branca, dirixe o destino do seu país e tamén de gran parte do mundo. Na peregrinación, acompáñana unha serie de personaxes (escolta, intérprete, secretaria...).A primeira dama experimenta as ensinanzas do Camiño, reflexionando sobre as súas propias impresións, á par dos...

12,00 €

Cara a Times Square

Cara a Times Square

Gonsar, Camilo

Non vou contar como chegou ás miñas mans este relato, porque sería complicado de máis. Só direi que non coñezo o seu autor e que disto moito de ser a persoa a quen está dirixido. Disto tanto, que esta persoa seguramente é un cidadán de fala inglesa. Efectivamente, o orixinal viña en inglés, un pobre e incorrecto inglés; todo o relativo a esta circunstancia quedará claro para qu...

19,00 €

O Lapis Do Carpinteiro

O Lapis Do Carpinteiro

Rivas, Manuel

«O lapis do carpinteiro» é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega aos nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles...

19,50 €

Miniaturas e Outras Dimensións

Miniaturas e Outras Dimensións

Alvarez Caccamo, Xose Maria

Esta colección de relatos organízase en dúas unidades, onde os formatos reducidos das Miniaturas contrastan cos máis extensos do apartado Outras dimensións. O tempo comprimido das Miniaturas expándese no proceso de reinterpretación de motivos míticos e históricos, procedemento, non exclusivo no conxunto destas narracións, que dirixe, entre outras, a relectura da coñecida histor...

16,50 €

Espigas Queimadas

Espigas Queimadas

Rañales, Pablo J.

Os corpos violentados de Alba e Rafael trastocan a cotiandade de Piornedo, unha bucólica casa rural situada nas profundidades dos Ancares. Son, despois de sete días atrapados na súa habitación, unha muller esnaquizada a puñadas e un home colgado no baño. ...

15,00 €

Boundaries Road

Boundaries Road

F. Santomé, Cecilia

Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado. Nesa casa fermosa, exótica e fascinante, todos eles serán felices ata que unha crise insospeitada estale. Anos de...

18,95 €