Saltar al contenido principal
O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

Monteagudo, Xosè

A directora dun complexo residencial intenta manter as normas de convivencia. Fronte dela, cada residente actúa conforme ás súas ideas, nunha sociedade onde as persoas se liberan dos roles tradicionais predeterminados polos vínculos. Os personaxes de «O club de lectura da fin do mundo» comezan a sentirse libres de ataduras familiares por primeira vez nas súas vidas. A unha idad...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Año de edición:
2026
ISBN:
978-84-1110-876-8
Páginas:
304
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa
21,50 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

A directora dun complexo residencial intenta manter as normas de convivencia. Fronte dela, cada residente actúa conforme ás súas ideas, nunha sociedade onde as persoas se liberan dos roles tradicionais predeterminados polos vínculos. Os personaxes de «O club de lectura da fin do mundo» comezan a sentirse libres de ataduras familiares por primeira vez nas súas vidas. A unha idade en que dispoñen de capacidades e de tempo para si mesmos, unha urbanización de luxo situada na Costa da Morte pode ser o lugar ideal para explorar unha realidade pola que nunca transitaran. E malia que o pasado resulta ás veces unha carga demasiado pesada, as ansias de conquistar o propio espazo case sempre son máis grandes. Cun estilo coidado e transparente e unha estrutura onde as historias se separan e entrelazan decontino, «O club de lectura da fin do mundo» ofrécenos un microcosmos humano, o retrato dunha xeración que chega á madurez sen manuais de instrucións, negociando a soidade, o desexo e o pasado. Unha novela coral sobre o que significa envellecer hoxe e que prefigura tamén un futuro que está cada vez máis próximo.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

A Boca Do Río

A Boca Do Río

Lema, Alberto

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca do río» é unha novela que afonda nos abusos dos colaboradores da ditadura e amosa que o seu discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para promover inmensos negocios privados. Sen maniqueísmos nin leccións de historia disfrazada, esta o...

22,50 €
A Revolución Dos Vagalumes

A Revolución Dos Vagalumes

Rivas, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Como no peor pesadelo de ciencia ficción, unha Maquinaria de Facer Desacougar tomou o mando do rumbo do planeta. Unha apisoadora de aceleración retrógrada. A descivilización. A atmosfera intoxicouse cun «mal de aire», un pesticida do pensamento, un herbicida das palabras, un novo DDT cos ingredientes do Despotismo, a Depredación, e un Terror semántico que volve proclamar a cons...

18,50 €
Madriña

Madriña

Tizón, Antonio

Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.

No mesmo día de abril de 2010 aparecen os corpos de Ramiro Gallego Tenreiro e do delincuente coñecido como O Globero en Vigo: un no cemiterio de San Epitafio e outro enterrado nun descampado do barrio de Eirís. Estes sucesos abren un caso que define esta novela policiaca galega. O comisario Sánchez Pereiro, xa xubilado, e a súa filla Clara, incorporada recentemente ao Corpo de ...

25,00 €
O Elixido

O Elixido

Perreault, Catherine

Aira

Isabelle vive co seu fillo Éli, o elixido, un neno con trastorno do espectro autista severo que apenas pode comunicarse e que terá que vivir nun centro. A súa nai esconxura a rabia e a pena pola separación cunha narración arrebatada, luminosa e violenta que transmite, pura e poderosa, toda a forza dun amor incondicional. Primeira novela de Catherine Perreault, un éxito de críti...

19,00 €
Nós, os Tolos

Nós, os Tolos

Castelo Martínez, Tania

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

«Nós, os tolos» narra en primeira persoa o día a día de Marta, terapeuta ocupacional nun equipo de saúde mental comunitaria que percorre o rural galego atendendo persoas con trastornos mentais graves. A través de historias como as de Berta, Modesto, Uxía, Aldara, Anxo, Samuel, Milagres ou Darío, a obra mostra vidas marcadas pola dor, o estigma e o illamento, pero tamén pola te...

15,50 €
Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €

Otros libros del autor

Vémonos Mañá

Vémonos Mañá

Monteagudo, Xosé

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

A finais de xuño de 1986 Bibiano sae de México para regresar a Galicia, a súa terra natal, que non pisa desde hai medio século. Ese mesmo día, Josefina, a muller coa que casara en 1929, lembra na súa casa de Pontevedra a felicidade e os dramas da súa xuventude. Agora pretende velo para oír dos seus labios as explicacións que leva demasiado tempo agardando. «Vémonos mañá» é o r...

19,50 €
Eternity

Eternity

Monteagudo, Xosé

Editorial Galaxia, S. a.

Cando alguén morre, ¿que queda, á parte dun nome nunha lápida? ¿Canta xente e durante canto tempo se lembran del? Para asegurarse de que a historia da vida, de que a historia de cada unha das vidas se preserva, Dalmao, un mozo licenciado universitario, decide crear Eternity. Un lugar en Internet onde a memoria virtual das persoas se ha conservar perenne e indeleble, tal e como...

18,90 €