Saltar al contenido principal

Libros de Galicia 1329 resultados

Cuando el Viento Hable

Cuando el Viento Hable

Banzas, Ángela

Editorial Planeta, S. a.

Un país en silencio. Un misterio que aún respira. Un drama familiar de posguerra.Sofía nace en el otoño de 1939, tras una tragedia familiar, y crece rodeada de secretos en la Galicia rural de la posguerra. Sus abuelos paternos la crían bajo una estricta vigilancia, mientras su padre, un bibliotecario que vive oculto en las sombras, le alimenta la imaginación con historias fantá...

21,90 €
A Casa Grande

A Casa Grande

Sendón, Olaia

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

A nai morreu, e na Casa Grande só fican as pantasmas axexando tras as fendas. Os tres irmáns (Estela, Marcos e Paulina) regresan á vila para repartir os restos da herdanza, mais cada obxecto garda a pegada dunha memoria e a ameaza dun axuste de contas. No corazón desa casa, que xa non é fogar, latexan o pasado e os silencios dunha familia que camiña na corda frouxa entre a pert...

18,50 €
A Novela Do Bravu

A Novela Do Bravu

Souto, Xurxo

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Isto non é (só) un libro de música. Velaquí a experiencia colectiva dun fato de xente nova que, nos anos noventa, decidiu saír do rego do discurso dominante e -co poder da lingua galega- dialogar con vehemencia coa súa propia realidade. Proclama que transcendeu dende as marxes e deixou pegada en toda a súa xeración. A ruta continúa. Porque, como dixo Miguel Anxo Murado: «Na ant...

25,50 €
Os Rotulos Da Nosa Vida (Reportaxe)

Os Rotulos Da Nosa Vida (Reportaxe)

Cocho, Ana / Lens, Jorge / Willemse, Robert

Editorial Galaxia, S. a.

Durante décadas, nomearon tendas, guiaron pasos, anunciaron oficios e acolleron historias. Os rótulos comerciais antigos non son unicamente ferramentas de comunicación: son fragmentos de identidade, testemuños dunha forma de vida que se resiste a desaparecer. Este libro recolle máis de 600 pezas fotografadas por toda Galicia: letras pintadas, vidros dourados, rótulos corpóreo...

24,40 €
Mortes con Argumento

Mortes con Argumento

Henrique Dacosta

Belagua Ediciones y Comunicación, S. l.

Un parque eólico nos arredores da lendaria Pena Molexa. Un escritor frustrado. Un apaixonado etnógrafo. Un pescador vingativo. E dous cadáveres: un semella resultado dun ataque terrorista; o outro, vítima dun accidente. A inspectora Iria Arnoso e o seu homólogo vigués, Félix Couñago, investigarán o acontecido nunha poboación mariñeira que non deixa de esconder segredos.Tras os ...

23,00 €
As Cousas Polo Seu Nome

As Cousas Polo Seu Nome

Salm,Rebekka

Laiovento, S. l.

«Vale, a historia per se non é nada novo. Un tío pilla unha nena. A nena nonquere. Aínda así, o tío píllaa, porque pode. Igual tamén porque ten que facelopara ser un tío, ou? Todo o mundo o sabe. Fin. Pois iso, esta é a historia».Nos anos oitenta, nunha vila da Suíza alemá, unha rapaza é violada e,apremada polos pais, casa co violador. O delito queda tapado baixo un mantode sil...

19,95 €
Un Formigueiro de Mulleres

Un Formigueiro de Mulleres

Jorge Pereira, Natalia

Universidad de Santiago de Compostela

A importancia das mulleres do trapiche na posguerra foi mais alá do seu papel de subministradoras de produtos ausentes dos mercado oficial, protexeron a súa identidade e conservaron referentes culturais. Os rostros imposibles de borrar da lembranza, as saias que tapaban as mandanas, o cesto na cabeza, a lingua desafiante e pícara. áAndar no contrabando foi un medio de vida pero...

12,00 €
Crónicas Transatlánticas

Crónicas Transatlánticas

Bieito Alonso

Laiovento, S. l.

Estas historias de emigrantes. Crónicas de emigrantes. Como de tantas outras persoas que acordaron abandonar o territorio de orixe e instalarse, por máis ou menos tempo, nos lugares de acollida. Foron traballadores, apenas cualificados, que exerceron a súa ocupación laboral en condicións de grande dureza, en ámbitos pragados de explotación e discriminación, illados de moitos do...

21,95 €
Soño de Liberdade

Soño de Liberdade

Marisa Castro Cerceda

Hércules Ediciones, S. a.

En Soño de liberdade, a xornalista Rocío Cid, a quen coñecemos como biógrafa de Rosalía Carcedo en A saga das curandeiras, relátanos a vida dunha hipotética muller, nada no rural galego, Sabela Couto Roriz (1949). A novela é un percorrido pola súa vida, desde o seu nacemento na época das cartillas de racionamento ata a chegada da democracia, xa na súa mocidade. Narra a batalla ...

22,50 €
Discurso Da Servidume Voluntária

Discurso Da Servidume Voluntária

De La Boétie,Étienne

Laiovento, S. l.

Num tempo em que a liberdade se dissolve entre o consumo, a apatia e a despolitizaçom, este livro recupera umha pergunta incómoda formulada no século XVI por Étienne de La Boétie: por que é que os povos obedecem - e até luitam - pola sua servidume? A resposta, tam lúcida quanto perigosa, revela que a tirania nom se impom pela força, mas sí polo consentimento dos governados. O h...

11,95 €
O Xénero Detrás Da Cámara

O Xénero Detrás Da Cámara

Jennifer Novoa Domínguez / Miguel Anxo Rodríguez González (Eds.)

Alvarellos Editora

A fotografía, como medio, sempre se prestou ao cuestionamento dos límites entre o público e o privado, ás exploracións que, desde o íntimo, acadan unha dimensión pública e política. Neste libro preténdese ampliar os relatos sobre fotografía en Galicia asumindo unhas coordenadas hoxe moi presentes na análise da arte e a cultura visual. Presentamos unha hostoria plural e inclusi...

22,00 €
Lis e o Bosque Das Sombras

Lis e o Bosque Das Sombras

Artiaga, Clara

Antela Editorial

Lis quere ser cabaleira, e acompañada do seu amigo Bigotes internarase no Bosque das Sombras. Mais os perigos son máis difíciles do que ela pensaba, e en ocasións tamén poden vir do noso interior. Conseguirá superalos e chegar a ser unha cabaleira coma a das lendas Lis e o Bosque das Sombras é a historia de afouteza e solidariedade na que descubrir o que de verdade importa. Atr...

16,90 €
O Silencio Redimido

O Silencio Redimido

Santiago, Silvio

Editorial Galaxia, S. a.

Inspirada nas experiencias vitais de Silvio Santiago, O silencio redimido narra os acontecementos máis tráxicos da Guerra Civil vividos polos que sufriron a brutal represión de sinistros personaxes que, amparados pola forza, mostraron o seu desprezo pola dignidade humana, e que converten esta obra nun canto á fraternidade e unha denuncia da barbarie e a degradación á que poden ...

22,00 €
Asociacionismo Galego en America

Asociacionismo Galego en America

Loureiro Rodriguez, Carlos

Editorial Galaxia, S. a.

Carlos Loureiro Rodríguez achéganos, tras un inxente traballo de documentación (completado con material accesible a través da web de Editorial Galaxia), a historia da sociedade Hijos del Ayuntamiento de La Estrada en Cuba, fundada na Habana en 1915, que hoxe segue puxante e cun pé en cada beira do Atlántico. A importancia da emigración estradense no asociacionismo da illa carib...

22,40 €
Mulleres que Viven Xuntas

Mulleres que Viven Xuntas

Camino, Abril

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

En 1955, despois da morte de seu pai, Isabel, que aínda non fixo os dez anos, vese na obriga de marchar para Londres, onde será acollida polos tíos. Cando en 1968 regresa á súa aldea, preto de Compostela, coñece a Chus, unha mestra que coidou da súa nai mentres ela non estaba e con quen vai iniciar unha relación de amor que durará toda a vida. O medo ao que dirán e a manifestar...

19,50 €
Ventre de Madeira

Ventre de Madeira

Carou, Jose

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Ás tres menos vinte da madrugada do xoves 11 de outubro de 1990 Filucha pousou a súa copa na barra dun local das aforas de Santiago e dixo que era mellor marchar porque había exame á segunda hora. Xiao caía co sono e pasou a noite no meu cuarto, na miña cama. Erguémonos ás oito e media e saímos os dous en dirección ao campus. A cidade notábase distinta, triste. Despois, na cafe...

18,50 €
O País Invisible

O País Invisible

Lezcano González, Arturo

Libros del K. o.

Guiado pola desmesura de vinte anos de viaxes e mudanzas, entrevistase lecturas, armado das ferramentas do reporteirismo minucioso eadobiado polo talento literario, Arturo Lezcano asina unha obramonumental que se le como unha fábula, un libro de viaxes, unha elexía e unha crónica en primeira persoa. Ou coma un Mil e unha noites dasAméricas contada a través dunha galería de pers...

25,90 €
Empatías

Empatías

Dacosta,Fernando

Laiovento, S. l.

En Empatías Fernando Dacosta interroga un dos conceptos máis complexos da experiencia humana. Doce pezas narrativas e poéticas articúlanse como un mosaico inquietante. A empatía non aparece aquí como territorio seguro, senón como unha zona ambigua onde a comprensión pode ser transformadora, perigosa ou imposible. Un mozo de dereitas, obsesionado coa perfección do seu peiteado, ...

14,94 €
Un Socialismo Propio: o Cooperativismo no Beiras Mozo

Un Socialismo Propio: o Cooperativismo no Beiras Mozo

Carlos Calvo Varela, Xosé Manuel Beiras

Companha

En 1959 un mozo Xosé Manuel Beiras publica os seus dous primeiros traballos científicos na recén creada Revista de Economía de Galicia. Durante o último curso en París frecuentara asiduamente o fondo nórdico da Bibliothèque Sainte-Geneviève e os seminarios do especialista en economía cooperativista Georges Lasserre. Esta nova bagaxe teórica moderna xunto co acopio de material e...

20,00 €
Somos

Somos

Valle Regueiro, Luis

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

«Somos» propón un camiño no que as palabras se alían á procura da rítmica dun outro discurso social -se non posible, si necesario-, abordando a outra historia: a do soño, a invisibilidade e o irrealizable. Trátase -explica o autor- «de experimentar e sentir o que trisca, laia e despunta no poema, de perderse e atoparse nun outro lugar -paisaxe , sensación , desexo , emboscadura...

13,50 €
Ruth Matilda Anderson

Ruth Matilda Anderson

Rodríguez Saavadra,Alba

Laiovento, S. l.

Ruth Matilda Anderson, foi a maior tradutora de Rosalía ao inglés e autora dunha monografía clave sobre Galiza: Gallegan Provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña, . Este libro, baseado na investigación de Alba Rodríguez Saavedra, reivindica a súa figura e denuncia os mecanismos que a mantiveron á marxe. Unha obra que recupera a voz das mulleres rurais e a Galiza esquecida p...

19,95 €
El País Invisible

El País Invisible

Lezcano González, Arturo

Libros del K. o.

No hay Galicia sin América porque todo ocurrió antes allí. En La Habana se tocó por primera vez el himno «Os Pinos» y frente al mar Caribe se oficializó y popularizó la bandera blanca y azul; en Buenos Aires se compuso «A Rianxeira» y se escribió la mejor novela de la literatura gallega. La lista es infinita, como todas las historias de este libro sobre la emigración, el exili...

25,90 €
A Reescritura Do Mito Na Novelística de Materia Clásica de Álvaro Cunqueiro

A Reescritura Do Mito Na Novelística de Materia Clásica de Álvaro Cunqueiro

Mariño Mexuto, Marta

Universidade de a Coruña. Servicio de Publicacións

"Mi obra es esencialmente fabuladora. He sido siempre un gran aficionado a la mitología. Podríamos decir que de oficio soy mitógrafo". ...

20,00 €
A Forza de Traballo en Galiza

A Forza de Traballo en Galiza

Natividad López Gromaz

Sermos Galiza S. a.

Natividad López Gromaz realiza neste libro sobre a forza laboral galega unha análise minuciosa e anovadora das características estruturais que a definen no presente, así como a evolución nas décadas últimas. A singular evolución da poboación activa galega sitúase como base sustentadora das características compoñentes da poboación ocupada e da parada: desde 2002 a 2024 o increme...

15,00 €
De la Habana Ha Venido un Barco...

De la Habana Ha Venido un Barco...

Marita De La Figuera

Belagua Ediciones y Comunicación, S. l.

En la Galicia de finales del XIX y principios del XX, sin un trozo de pan que llevarse a la boca, Moucho embarca rumbo a América junto a otros infortunados muchachos. Tras huir de los campos de caña de azúcar, a punto de perder la vida, el destino le sonreirá con la protección de los emigrantes gallegos Alfredo y Luciano López, accederá a la educación y participará en la labor ...

21,00 €
E Ti, por que Queres Falar Diso?

E Ti, por que Queres Falar Diso?

Leirós De La Peña,Paz

Alvarellos Editora

Quen foron os que apoiaron o golpe de Estado de 1936 en Santiago de Compostela? Por que o fixeron? Este libro é un testemuño literario cunha enorme carga de verdade, honestidade, dor e contradicións, que plasma un tiempo difícil e incómodo dun xeito extraordinariamente orixinal, un tempo que expresa ademais a dificultade das mulleres para tomar decisións sobre a súa propia vida...

16,50 €
Historia Do Antigo Concello de Conxo

Historia Do Antigo Concello de Conxo

G. Ferreira,Rafael

Alvarellos Editora

O histórico barrio de Conxo, ao sur de Santiago de Compostela, foi concello independente durante case un século, entre 1835 e 1925. Da súa estación de ferrocarril partiu a primeira liña de tren de Galicia e nel naceu a fundadora da literatura galega moderna, Rosalía de Castro. Conxo protagonizaría loitas imprescindibles para entender hoxe a mellora das condicións de vida da cla...

19,90 €
Crear Porvir. (75 Aniversario de Editorial Galaxia)

Crear Porvir. (75 Aniversario de Editorial Galaxia)

Aa.vv.

Editorial Galaxia, S. a.

No mesmo Vigo xa ten fortes raíces a Editorial máis dedicada ao pensamento galego, a Galaxia [] que ten espallado centos de libros de antigos e modernos temas nas súas variadas series de publicacións, sendo coñecida en todos os países cultos []. ¿Non consoan estas e algunhas outras institucións, neste doce mes de San Xoán que se abre como froita gustosa, da crise terrible da No...

22,50 €
Flotando en Litio

Flotando en Litio

Otero Verzier, Marina

Caniche Editorial

En Flotando en litio, Marina Otero Verzier se sumerge en los manantiales de aguas litínicas de Galicia y el norte de Portugal y sus históricos balnearios del bienestar, una cultura en peligro por los proyectos de explotaciones mineras en la región lusa de Barroso. Este libro ùa la vez crónica, ensayo, archivo y manifiestoù rastrea las tensiones, contradicciones y promesas que o...

14,00 €
Et In Gallaecia Ego

Et In Gallaecia Ego

Larson,Pär

Laiovento, S. l.

Os misterios da lírica medievalArmado coa precisión dun paleógrafo e a audacia irredutible do neófito, o romanista sueco Pär Larson converteuse no detective máis perspicaz dos manuscritos medievais. Nestes oito estudos, interroga códices galego-portugueses coma se fosen testemuñas silenciosas de crimes literarios, desentrañando secretos que durante séculos permaneceron sepultos...

19,95 €