MORTES CON ARGUMENTO
HENRIQUE DACOSTA
Un parque eólico nos arredores da lendaria Pena Molexa. Un escritor frustrado. Un apaixonado etnógrafo. Un pescador vingativo. E dous cadáveres: un semella resultado dun ataque terrorista; o outro, vítima dun accidente. A inspectora Iria Arnoso e o seu homólogo vigués, Félix Couñago, investigarán o acontecido nunha poboación mariñeira que non deixa de esconder segredos.Tras os ...
Sinopsis
Un parque eólico nos arredores da lendaria Pena Molexa. Un escritor frustrado. Un apaixonado etnógrafo. Un pescador vingativo. E dous cadáveres: un semella resultado dun ataque terrorista; o outro, vítima dun accidente. A inspectora Iria Arnoso e o seu homólogo vigués, Félix Couñago, investigarán o acontecido nunha poboación mariñeira que non deixa de esconder segredos.
Tras os seus libros de relatos Á deriva e O estraño caso da bicicleta amarela, Henrique Dacosta sorpréndenos agora cun thriller policial que mantén o suspense de xeito brillante. Levados polo seu proverbial dominio da linguaxe e o seu empeño propio en manter vivas as expresións da zona, percorremos a admirable paisaxe de Ferrolterra onde o autor teima en situar as súas obras.
Mortes con arguemnto é unha excitante novela que mergulla o lector nun xogo sen fin onde descubrirá que todos os personaxes teñen algo que ocultar. E ti? Matarías pola túa causa ? Encubrirías o crime dun amigo ?
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroArtículos relacionados