Saltar al contenido principal

Libros de Narrativa en galego 1287 resultados

A Quadratura Do Círculo

A Quadratura Do Círculo

Adela Figueroa Panisse

Medulia Editorial S. l.

Nesta coletânea de contos referem-se diferentes histórias que têm como quadro ambiental Lugo. Sâo três relatos independentes, mas que tratam de temas relativos á esta cidade em diversos tempos. Aconteceres que poidam ter sucedido noutra cidade qualquer, nomeadamente da Galiza. ...

17,90 €
In Articulo Mortis

In Articulo Mortis

Garcia Mañan, Luis Manuel

Editorial Galaxia, S. a.

Despois da morte de Manuel Blanco Romasanta no presidio de Ceuta en 1863, o cura e capelán do Penal, que o atendeu "in articulo mortis", decide colgar a sotana encabuxado por distintas razóns. Pasados os anos, transformado en xuíz, é destinado á Audiencia de Ourense, onde se atopa coa historia de M. B. R. e decide estudar o proceso e determinar a razón pola que o reo manifestab...

17,60 €
O Libro Do Futbol

O Libro Do Futbol

Varios

Editorial Galaxia, S. a.

Dicía Eduardo Galeano que o fútbol é a única relixión que non ten ateos. E aínda aqueles que deostan este deporte non poden renegar das moitas veces que de nenos correron entusiasmados detrás dun balón dándolle patadas nunha rúa ou nun descampado. Unha improvisada cancha foi o feliz territorio da infancia de moitos de nós. Sobre ela forxáronse inesperadas alianzas e naceron gra...

17,60 €
O Cego de Pumardedon

O Cego de Pumardedon

Del Riego, Paco

Ir Indo Edicions, S. a.

16,00 €
Viva a Comuna!

Viva a Comuna!

Meixide, Carlos

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

«Viva a Comuna!» é a crónica novelada dos sucesos que rodearon a proclamación e a derrota da Comuna de París na primavera de 1871. É a historia dunha revolución, o relato da toma do poder por parte das clases populares dunha cidade que naquela altura era o epicentro da modernidade. Novela de longo alento, ambiciosa e emocionante, nas súas páxinas cobran vida personaxes irrepeti...

24,95 €
Nomes Propios

Nomes Propios

Pérez Recarey,Celestino

Toxosoutos, S. l.

En NOMES PROPIOS recóllense relatos breves, onde o protagonismo recae nas mulleres, nos homes e lugares onde se desenvolven estas historias.Nalgúns deles, nárranse momentos relacionados co amor nas súas diversas formas, pero tamén vivencias traumáticas como a enfermidade ou o fracaso profesional. Noutros, prodúcese un achegamento ás nosas lendas e feitos fantásticos que poden t...

12,00 €
Ninguén e Compañia

Ninguén e Compañia

G. Aneiros,Alberto

Toxosoutos, S. l.

Ningén e compaña principia cun conto, a modo de prólogo, que satiriza as xerarquías literarias estabelecidas actualmente, que priman os productos novelísticos sobre os textos de narrativa breve ou minimalista.O libro consta de dúas partes: o relato inicial da primeira inclúe tres contos dun mesmo narrador que nos vai mostrando algúns personaxes peculiares do mundo do espectácul...

13,00 €
A Petición de Auli

A Petición de Auli

Ramón Torrado Romero

Belagua Ediciones y Comunicación, S. l.

Un home solitario ao que o amor lle foi esquivo, e o seu sobriño Auli, un rapaz de once anos observador e intelixente, inician unha viaxe xuntos.Non é fácil para os protagonistas desta emotiva novela de Ramón Torrado Romero, dous seres perdidos, faltos de afecto e con escasa fe no ser humano, estar en sintonía, pero as experiencias comúns e o tempo compartido irán derrubando os...

15,00 €
Beowulf

Beowulf

Bravo García, Antonio

Universidade de Vigo

Estamos ante una traducción al castellano -expresada en verso alejandrino- del poema épico Beowulf (probablemente del s. VIII) cuyo manuscrito se encuentra en la British Library de Londres. Se trata de una traducción literal, verso a verso, de modo que la versión castellana coincide en la mayoría de las líneas métricas con el texto del mismo verso anglosajón. Se conserva la est...

10,00 €
A Monxa e o Grumete

A Monxa e o Grumete

Pardo De Neyra, Xulio

Editorial Galaxia, S. a.

Aló onde os meandros do Miranda habitan nas branquias das troitas, o ar da Terra Brava insiste en cicatrizar os pousos do alustro que fixeron dunha pel o mapa da melancolía máis atonal, Pedro e María de Miranda Ribadeneyra aprenderon a construír á vez os seus máis lícitos devezos, malia que os lóstregos da inmundicia tratasen de lles esgazar os lamentos. É esta a pintura dun re...

20,55 €
A Inmoral Doutora Cons

A Inmoral Doutora Cons

Roberto Fernández Álvarez

Aira

O Golpe, xa ancián, recorda a súa adolescencia, na década do 1940 en Pazos de Arenteiro. O tempo que compartiu coa doutora África Cons cando ela chegou para cubrir unha vacante de médica e tivo que enfrontarse á hostilidade das forzas vivas do lugar. Retrato vívido dunha época da Galicia rural que xa se extinguiu. A tensión entre tradición e progreso a través da Medicina. Drama...

22,90 €
A Gran Novela Galega

A Gran Novela Galega

Cequeliños, Cesar

Morgante

20,00 €
O Sangue Dos Camiños

O Sangue Dos Camiños

Ramón Caride Ogando

Edicións Embora

18,00 €
Funánbulas

Funánbulas

Charo Valcárcel

Edicións Embora

Os relatos de Funánbulas están protagonizados por mulleres que se ven obrigadas a facer arriscados equilibrados na perigosa fronteira da violencia, a inxustiza, a soidade, a cordura, a vinganza.... Hai mulleres que non son mulleres, hai outras que só so ...

12,00 €
Piñeiro o Aviador e o Sr. Verne

Piñeiro o Aviador e o Sr. Verne

Xavier Lorenzo Tome

Edicións Positivas, S. l.

15,00 €
Amor de Tango

Amor de Tango

Queizán, María Xosé

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

En «Amor de tango» María Xosé Queizán presenta unha novela que reconstrúe o Vigo da república e da represión franquista a través dos recordos de Margot, unha das protagonistas. É a novela das mulleres que durante os esperanzados anos 20 e 30 foron rapazas activas, ilusionadas e decididas a descubrir o mundo. É a novela das traballadoras que espertaron á vida naquela urbe pionei...

18,95 €
Vémonos Mañá

Vémonos Mañá

Monteagudo, Xosé

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

A finais de xuño de 1986 Bibiano sae de México para regresar a Galicia, a súa terra natal, que non pisa desde hai medio século. Ese mesmo día, Josefina, a muller coa que casara en 1929, lembra na súa casa de Pontevedra a felicidade e os dramas da súa xuventude. Agora pretende velo para oír dos seus labios as explicacións que leva demasiado tempo agardando. «Vémonos mañá» é o r...

19,50 €
Lobos Doentes

Lobos Doentes

Tizón, Antonio

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Ao pé da Torre de Hércules aparece o cadáver dun home que agocha na chaqueta o logotipo dunha bandeira rusa e o enderezo de tres prostíbulos. Este será o primeiro dunha serie de crimes que remiten a diferentes autorías que semellan ter un só punto en común: a aplicación da lei do talión. Esta novela, na que o policía Sánchez Pereiro se transforma noutro dos moitos lobos e loba...

20,50 €
Moza Falangueira Procura Lingua Materna

Moza Falangueira Procura Lingua Materna

Evans-Corrales,Carys

Laiovento, S. l.

"O relato dunha peregrinación á procura da verdade e da identidade a través do son das plabras". Así define este particular libro de memorias a súa autora, Carys Evans-Corrales (1949-2020), lingüistica, profesora, tradutora (traduciu ao inglés numerosos ...

16,95 €
As Voces Amadas

As Voces Amadas

Diéguez, Lois

Editorial Galaxia, S. a.

Poderías imaxinar, espertando unha mañá, mudado nunha cascuda enorme ao xeito do mestre Kafka. Ou, se non, entrando no tempo noso, mañá mesmo, trocado nun xigantesco e escuro móbil apertado a ti na cama estreita, afogándote mesmo, asfixiándote, sen que te puideses librar del, con milleiros de voces asaltándote, anguriándote, nunca facéndote feliz. Imaxina Ou non, non imaxines, ...

21,55 €
Bicame,Frank.

Bicame,Frank.

Fernandez, Miguel Anxo

Editorial Galaxia, S. a.

Frank Soutelo continúa en Galicia e agora está indignado. Todo comeza co roubo do manuscrito de "Vento mareiro", de Cabanillas, e despois co dun valioso papiro exipcio vinculado ás revoltas da primavera árabe. Demasiada xente quere o papiro, ao prezo que sexa... Soutelo sospeita que todo ten que ver coa aparición dun cadáver sen mans na praia da Lanzada. Coa súa retranca caract...

22,10 €
A Comuna de Valdonelle

A Comuna de Valdonelle

Neira Suárez , Carlos

Fervenza Edicións

Arquitecturizada con indubidable solvencia narrativa, A comuna de Valdonelle destaca polo interesante perfilado dos seus personaxes e a eficiente progresión dunha trama que leva con forza da man ao lector ata a derradeira páxina.Cal "neohippies", os heroes de Carlos Neira artellan unha comuna rural, pretexto para unha historia realista con aires ata certo punto neocostumistas, ...

17,00 €
O Espello de Dúas Caras

O Espello de Dúas Caras

Cairo Antelo,Jose Manuel

Toxosoutos, S. l.

No 1963, achouse no lugar da Barquiña, nos arrabaldes da actual vila costeira de Noia (A Coruña), un cadáver afogado na ría. ?De que se trata, /de que morreu,/ cando foi,/ como foi?/? son algunas das preguntas ás que a forense intentará das respostas, trala autopsia do cadáver. Trátase dun suicidio, dunha morte accidental ou un criminal lle arrabatou a vida á vítima? Nesta vila...

16,00 €
Lourenzá

Lourenzá

Fernández Del Riego, Francisco

Editorial Galaxia, S. a.

LETRAS GALEGAS 2023 Lourenzá é "unha historia rememorativa" onde Francisco Fernández del Riego conta "o que teño aprendido sobre o pasado da vila na que nacín e me criei. Vivencias dos días alí decorridos. Impresións sobre a paisaxe, o ambiente do lugar. Un algo tamén do que coñecín en localidades veciñas", que a memoria revivía, nestas e noutras lembranzas, mentres unha voz am...

17,90 €
Querida Paula

Querida Paula

X.antonio Andrade

Espiral Maior

"En máis de trinta anos de exercicio como avogado, teño escoitado, por boca dos meus clientes, moitas historias de amor e outras tantas de desamor, segundo queira un tomar partido por algún dos afectados. Estou a falar das historias de homes e mulleres que acoden ao meu despacho para resolver os aspectos legais da súa separación ou divorcio. Di a sicoloxía, cada vez máis vencel...

15,00 €
Etceteramente

Etceteramente

De Toro, Xelís

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Páxinas en branco, capítulos que faltan, unha lectora que se rebela, un escritor ansioso por escribir unha obra sublime, un periplo polo trasmundo interior, rebeldes contra a especulación urbanística e revolucionarios á busca do escritor, cartas a un escritor morto, a directora dunha editorial a quen non lle dan as contas, un pauto co demo, unha seita literaria que se rexe polo...

25,95 €
Claudine Na Escola

Claudine Na Escola

Colette

Editorial Galaxia, S. a.

22,10 €
Agora que Cala a Noite

Agora que Cala a Noite

Pedrosa, Elba

Aira

Voces de mulleres que berran, que se expresan, que se queixan e que se liberan. Voces que lle plantan cara á violencia machista en todas as súas facetas e que reclaman protagonizar as súas propias vidas. Elba Pedrosa tece nos tres relatos que se entrecruzan en Agora que cala a noite unha narración viva, directa e actual. ...

17,00 €
Nada Do Outro Mundo

Nada Do Outro Mundo

Caride, Ramón

Aira

Ramón Caride válese do seu inseparable Darío Gancedo para poñer en orde a súa traxectoria narrativa no formato curto dunha forma moi orixinal. Nada do outro mundo é unha antoloxía de quince relatos (un deles inédito) que se acompañan dun comentario crítico e biográfico que converte este libro en rastro e testemuño da ampla traxectoria dun dos autores máis lidos dos últimos trin...

19,95 €
Os Corpos Dos Romanov

Os Corpos Dos Romanov

Ramos, Alberto

Editorial Galaxia, S. a.

Premio DE NARRATIVA BREVE Repsol 2022 Dous homes entran nun bar. Non se coñecen, nunca cruzaron palabra e non poden sospeitar que, cinco días despois, un morrerá a mans do outro. Niso terá moito que ver unha muller, Carol Kembler, a irmá dunha nena desaparecida trinta anos atrás. E un suceso insólito: a evacuación de Augsburgo durante o Nadal de 2016 ao descubrirse unha bomba d...

17,60 €