NOMES PROPIOS

NOMES PROPIOS

PÉREZ RECAREY,CELESTINO

12,00 €
IVA incluido
En stock
Editorial:
TOXOSOUTOS, S.L.
Año de edición:
2023
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-125915-7-6
Páginas:
139
Encuadernación:
Bolsillo
Colección:
Nume

En NOMES PROPIOS recóllense relatos breves, onde o protagonismo recae nas mulleres, nos homes e lugares onde se desenvolven estas historias.
Nalgúns deles, nárranse momentos relacionados co amor nas súas diversas formas, pero tamén vivencias traumáticas como a enfermidade ou o fracaso profesional. Noutros, prodúcese un achegamento ás nosas lendas e feitos fantásticos que poden ter un fondo histórico.
Así mesmo, descríbense situacións e circunstancias que calquera persoa puido vivir nalgunha ocasión da súa vida. Afloran sensibilidades como a honradez ou a covardía, pero tamén circunstancias vividas na escola, no deporte ou no traballo. Igualmente se expoñen temas relacionados co alcoholismo, coa infidelidade ou mesmo coa morte. Ademais, hai unha aproximación á nosa rica e variada literatura de tradición oral.
Finalmente, salientamos que en todos os relatos deste libro está sempre presente un sentimento inalterable: o amor ás persoas e á nosa terra.

Artículos relacionados

  • CANAS AO VENTO
    GRAZIA DELEDDA
    Do esplendor doutro tempo non resta na casa das nobres irmás Pintor máis que o seu teimudo orgullo e a lealdade inquebrantable de Efix, o seu criado, que se esforza día e noite por manter o pouco que sobrevive da facenda. A chegada do aposto Giacinto, fillo da menor das irmás, Lia, que fuxiu da casa paterna moitos anos atrás, fará acordar novamente dores, paixóns e culpa...
    En stock

    17,00 €

  • OS ESTRAÑOS
    GARRIGASAIT, RAÜL
    Un mozo prusiano de boa familia e coa cabeza máis na música ca no mundo real, chega no ano 1837 a Solsona, en Catalunya, para loitar a prol do pretendente Carlos de Borbón, a prol da Orde na guerra contra o liberalismo da raíña María Cristina. Mais nada do que atopa é como el pensaba, e en vez da mística bélica vai atopar a amizade, a compaixón, se cadra un amor co qu...
    En stock

    18,00 €

  • PERDER AS BESTAS
    VEIGA TABOADA, MANUEL
    A acción transcorre nunha comarca preto da fronteira. As partidas de guerrilleiros comezan a reagruparse coa esperanza de que o final do nazismo sexa tamén o final da ditadura. O goberno organiza entón as chamadas contrapartidas, formadas por gardas e exmilitares, que actúan baixo falsa bandeira coa finalidade de sementar o terror e desprestixiar os seus adversarios. Acompa...
    En stock

    16,95 €

  • O ANO DAS MAZÁS
    FERREIRA FERVENZA, MONTSERRAT
    É o tempo da posguerra, tempo de miseria, tempo de desacougo. Os rapaces rabuñaban no lixo das casas ricas para apañar as mondas das patacas, que logo fervían e comían con ansia. Agora, nin iso, xa non hai mondas porque os ricos nos as tiran, gárdanas para cear cun chisco de aceite. Non é así en Vilaveiga -unha aldea morriñenta de montaña-, onde teñen mazás a rego c...
    En stock

    19,50 €

  • CRIME EN COMPOSTELA
    G. REIGOSA, CARLOS
    Gañadora da primeira edición do Premio Xerais de Novela, "Crime en Compostela" está considerada un fito da literatura galega por ser a obra que inaugura o xénero de novela policial e é un indiscutido best-séller da narrativa galega dos últimos corenta anos. Protagonizada polo aventureiro Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, presenta as pescudas arredor dun esc...
    En stock

    13,95 €

  • O QUE QUEDA DE NÓS
    MAYORAL, MARINA
    O que queda de nós ofrece xuntas as dúas versión da historia de dous seres que a vida separou e que se amaron sempre. (Unha árbore, un adeus, 1988; Ao pé do magnolio, 2004). Marina Mayoral narra a historia de Laura e Paco e amósanos unha reflexión sobre ese sentimento misterioso que chamamos amor: “Un sentimento escolleito que moi poucos chegan a vivir, aínda que todo ...
    En stock

    21,00 €

Otros libros del autor

  • ANDAINAS
    PÉREZ RECAREY,CELESTINO
    En Andainas recóllense relatos breves clasificados en tres esfereas . A primeira e máis extensa está relacionada co amor nas súas facetas máis diversas, como o amor de xuventude , o amor platónico , o amor romántico , o amor non correspondido , o amor ausente ... A segunda esfera recompila narracións relacionadas con algunhas das actividades docentes que o autor compart...
    En breve

    12,00 €