Saltar al contenido principal
ZAPATILLAS ROTAS

ZAPATILLAS ROTAS

QUIROGA, XABIER

O señor Xaquín desaparece por sorpresa da residencia de anciáns na que, voluntariamente, pasa os derradeiros anos da súa vida. A mobilización para dar con el provoca un enredo en cadea que, decontado, chegará ata extremos inusitados. Ao tempo que se produce esa delirante busca, os protagonistas, un vello e un parado, figuras paradigmáticas deste inicio de século, van espertar u...

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2014
ISBN:
978-84-9914-700-0
Páginas:
400
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa
23,50 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

O señor Xaquín desaparece por sorpresa da residencia de anciáns na que, voluntariamente, pasa os derradeiros anos da súa vida. A mobilización para dar con el provoca un enredo en cadea que, decontado, chegará ata extremos inusitados. Ao tempo que se produce esa delirante busca, os protagonistas, un vello e un parado, figuras paradigmáticas deste inicio de século, van espertar unha historia do pasado que semellaba durmida. Aínda que a lectura de "Zapatillas rotas" por veces provoque o riso, mostra un perfil de tristeza, xa que esta é unha novela que fala de como somos e como procedemos, do que é esencial e, na maioría dos casos, pasa desapercibido, do que é frívolo e, porén, ten éxito no noso tempo. "Zapatillas rotas" trata, ao cabo e sen ocultar o sarcasmo, dos valores desta sociedade en crise irreversible. Esta novela confírmao como un dos narradores galegos máis sólidos e de mellor acollida entre os lectores e lectoras do noso tempo.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

ILLA DE SANGUE (PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL 2025

ILLA DE SANGUE (PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL 2025

V. VALIÑA, CARMEN

Abondan dez minutos para percorrer a illa. Fan falta millóns de invernos para esquecela. Helena chega a este territorio de sangue procurando encher coas voces das mulleres que a precederon o silencio, os segredos e as palabras que non se din. Coa voz de Coral, que ulía a mimosas e a xuventude e soñou con ser a primeira universitaria da familia. Coas voces de Lucía e María, que...

18,50 €

O TEMPO VOA

O TEMPO VOA

JOSÉ ESTÉVEZ LÓPEZ

E debo confesalo, aceptei o mandado sen discutir, pero actúo co rabo entre as pernas... Falei para min entre dentes: Xoán ou o entendes ou non o entendes (non o entendo). Dis algo?, pregunta a Sofía.Non, non. Nada, meniña. Ou si: Que estou conforme e contento, moi contento. ...

14,00 €

AS MALAS MULLERES (LECTURA FACIL)

AS MALAS MULLERES (LECTURA FACIL)

ALEIXANDRE, MARILAR

Esta é unha novela sobre meigas. Pero as meigas desta novela non son como ti cres: estas non rouban nenos e non lle fan dano á xente. As meigas desta novela viven entre nós, fan grupos de WhatsApp e axudan a quen o pide. Pero tamén se enfadan, bailan e van xuntas de festa. A protagonista desta novela é Xiana, unha rapaza de 16 anos que é neta dunha meiga. Xiana quere ser meig...

18,50 €

A CASA GRANDE

A CASA GRANDE

SENDÓN, OLAIA

A nai morreu, e na Casa Grande só fican as pantasmas axexando tras as fendas. Os tres irmáns (Estela, Marcos e Paulina) regresan á vila para repartir os restos da herdanza, mais cada obxecto garda a pegada dunha memoria e a ameaza dun axuste de contas. No corazón desa casa, que xa non é fogar, latexan o pasado e os silencios dunha familia que camiña na corda frouxa entre a pert...

17,95 €

SUPERMERCADO CARMIÑA

SUPERMERCADO CARMIÑA

CELESTINO PÉREZ RECAREY

Carmiña veve en Casal do Río, unha poboación con moita vida, ou iso di ela moi fachendosa de ter nacido neste fermoso lugar. Casal do Río non é unha aldea, pero tampouco é unha vila; anda entremedias das dúas.Aos seus sesenta e seis anos, Carmiña segue traballando no supermercado que a súa nai creou hai xa varias décadas.Canto tiña dezaseis anos, Carmiña coñeceu a César na verb...

15,00 €

MORTES CON ARGUMENTO

MORTES CON ARGUMENTO

HENRIQUE DACOSTA

Un parque eólico nos arredores da lendaria Pena Molexa. Un escritor frustrado. Un apaixonado etnógrafo. Un pescador vingativo. E dous cadáveres: un semella resultado dun ataque terrorista; o outro, vítima dun accidente. A inspectora Iria Arnoso e o seu homólogo vigués, Félix Couñago, investigarán o acontecido nunha poboación mariñeira que non deixa de esconder segredos.Tras os ...

23,00 €

Otros libros del autor

COA MAN ESQUERDA

COA MAN ESQUERDA

QUIROGA, XABIER

En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén unha nota e un cartafol cheo de follas atropeladamente manuscritas. Nelas, un vello moribundo que moraba nunha residencia de anciáns asolada pola pandemia conta os desacougantes sucesos que viviu sendo neno na súa casa afastada da aldea e que o marcaron para sempre. Esa especie de confesión ou lega...

17,95 €

LA CASA DEL NAZI

LA CASA DEL NAZI

QUIROGA, XABIER

Una novela negra deslumbrante sobre el misterioso destino de los nazis desaparecidos al término de la Segunda Guerra Mundial. Una historia que te dejará sin aliento y con la sensación de haber leído una obra maestra. «Hará unos diez meses recibí una misiva desde su tierra. Procedía de un universitario que se había decidido a rastrear la presencia en Galicia de Adolf Hitler ...

14,96 €

IZAN O DA SACA

IZAN O DA SACA

QUIROGA, XABIER

EXCELENTE.TOTAL.RECOMENDABLE sen temor a equivocarse. Sería unha mágoa que Xabier Quiroga pasara inadvertido polo panorama literario da máis alta calidade. ...

24,95 €

O CABO DO MUNDO

O CABO DO MUNDO

QUIROGA, XABIER

«Que farías se non che quedase nada de vida?» Esta é a pregunta á que se dispón a responder un profesor diagnosticado de cancro terminal. Comeza así a súa procura do esencial da vida, unha investigación centrada en dúas teimas do pasado relacionadas co seu pai e coa muller que sempre amou. A urxente busca de si mesmo achegarao sen remisión ao cerne dun segredo amoroso e duns cr...

23,50 €

O BAILE DOS ESTORNIÑOS

O BAILE DOS ESTORNIÑOS

QUIROGA, XABIER

Un afamado escritor, con problemas cardíacos e de creatividade, recibe un suposto agasallo en forma de historia por parte dun ancián moribundo co que comparte cuarto de hospital. O breve e intrigante relato, que aparentemente ten que ver con Castelao e con certos acontecementos tráxicos da posguerra galega, aviva a curiosidade do escritor, polo que iniciará unha investigación n...

24,95 €

SE BUSCABAS UN DEUS

SE BUSCABAS UN DEUS

QUIROGA, XABIER

Se buscabas un deus, a nova novela de Xabier Quiroga, non é exactamente a continuación de Atuado na braña, nin sequera -por moito que deixe resoltas as súas incógnitas- o seu complemento. Trátase dunha novela diferente, que fará que o lector matine nun futuro demencial que está aí ao lado, como agardando, para someter a vida e a persoa. A procura de Ivo, o rapaz protagonista, q...

30,50 €