O BAILE DOS ESTORNIÑOS

O BAILE DOS ESTORNIÑOS

QUIROGA, XABIER

24,95 €
IVA incluido
En breve
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2021
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9121-913-2
Páginas:
800
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa

Un afamado escritor, con problemas cardíacos e de creatividade, recibe un suposto agasallo en forma de historia por parte dun ancián moribundo co que comparte cuarto de hospital. O breve e intrigante relato, que aparentemente ten que ver con Castelao e con certos acontecementos tráxicos da posguerra galega, aviva a curiosidade do escritor, polo que iniciará unha investigación na que, en principio, non cre.
Concibida como remate da Triloxía da Ribeira Sacra, «O baile dos estorniños» fusiona de xeito maxistral unha investigación actual, a cargo do escritor e mais dun personaxe con alma de detective, o Reina, cunha escura e sorprendente trama do pasado. Nela mestúrase con poderoso trazo a decadencia dunha familia fidalga (e a vida de criados, labregos e veciños que traballan arredor do pazo no que mora) coa persecución das partidas de fuxidos do sur de Lugo, o roubo de bebés e a represión do franquismo durante a Guerra Civil e a posguerra.
Logo de varios anos de silencio, reaparece Xabier Quiroga na narrativa galega. Faino para, combinando realidade e ficción e apoiado nunha lingua vizosa de seu, mergullarnos no espazo épico da Ribeira Sacra (centrado esta vez no pazo de Tor, e co lugar de Albaredo, o mosteiro das Bernardas e o pantano de Bouzuás como elementos destacados) e ofrecernos unha historia dura e cativadora na cal ninguén é quen cre ser e case nada do que nos contaron coincide exactamente coa realidade.

Artículos relacionados

  • OS ANOS TRANQUILOS
    PEROZO PORTEIRO, LLERENA
    Cando María García nace, a comezos do século XX nunha aldea da montaña asturiana, as súas cartas semellan estar botadas. Todo parece indicar que o destino dela será medrar, vivir e morrer onde naceu. Mais aquela rapaza, que cría contar coas súas mans como único patrimonio, descubrirá axiña un comodín extraordinario que lle vai permitir percorrer medio mundo: a súa ...
    En stock

    19,50 €

  • MEMORIA DUNHA ALDEA
    GÁNDARA, XOÁN
    En stock

    15,00 €

  • SOMOS UN PESTANEXO RADIANTE NA TERRA
    VUONG, OCEAN
    Un fillo escríbelle unha longa carta á súa nai, que non sabe ler. A carta é en realidade un exame de conciencia, un repaso aos elementos clave que foron conformando a súa identidade como fillo dunha familia de vietnamitas que fuxiu do seu país rumbo aos Estados Unidos e como mozo que descobre e asume a súa homosexualidade. Esta novela é asemade un testemuño do amor ten...
    En stock

    19,00 €

  • NAUFRAXIOS SINGULARES
    BENJAMÍN SANDE RODRÍGUEZ
    Esta obra son historias de naufraxios reais, cun toque novelado. O título pode parecer pouco orixinal, pero ao lector debe cumprille a certeza de que se parecerá moi pouco a outros de títulos semellantes. A diferenza é que, parte deste relato, se basea en fontes directas dos personaxes, non son lecturas de comunicados oficiais, nin de persoas interesadas. Por outra ba...
    En stock

    17,00 €

  • PERO...COMO MORREN AS PEGAS?
    M.GUZMAN, OSCAR
    V Premio de Novela Vilar Ponte 2023 Resulta curioso como a morte, a solución final que lle dá senso á vida, semella unha novidade abraiante en cada ocasión que nos toca de preto. Así lle acontece a Saladino Mariño, inspector xefe da Policía Nacional, cada vez que se chanta diante dun cadáver nunha das súas investigacións criminais. Desta volta, acompañado polo seu s...
    En stock

    19,50 €

  • GOLFARÓNS DE SANGUE
    XOSÉ FARIÑA JAMARDO
    O escritor de Caldas de Reis, a través da súa longa actividade na Administración Local, profundiza nos campos de referencia, vencéllase coas situacións contextuais galegas, axeitadas para artellar media ducia de libros de contos e novelas. Este denso corpus narrativo, encetado hai un cuarto de século, coas arreguizadas historias do wolfram, chega arestora ao cumio con Gol...
    En stock

    24,95 €

Otros libros del autor

  • COA MAN ESQUERDA
    QUIROGA, XABIER
    En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén unha nota e un cartafol cheo de follas atropeladamente manuscritas. Nelas, un vello moribundo que moraba nunha residencia de anciáns asolada pola pandemia conta os desacougantes sucesos que viviu sendo neno na súa casa afastada da aldea e que o marcaron para sempre. Esa especie de confesión ou...
    En stock

    17,95 €

  • LA CASA DEL NAZI
    QUIROGA, XABIER
    Una novela negra deslumbrante sobre el misterioso destino de los nazis desaparecidos al término de la Segunda Guerra Mundial. Una historia que te dejará sin aliento y con la sensación de haber leído una obra maestra. «Hará unos diez meses recibí una misiva desde su tierra. Procedía de un universitario que se había decidido a rastrear la presencia en Galicia de Adol...
    En stock

    13,95 €

  • IZAN O DA SACA
    QUIROGA, XABIER
    EXCELENTE.TOTAL.RECOMENDABLE sen temor a equivocarse. Sería unha mágoa que Xabier Quiroga pasara inadvertido polo panorama literario da máis alta calidade. ...
    En stock

    24,95 €

  • ZAPATILLAS ROTAS
    QUIROGA, XABIER
    O señor Xaquín desaparece por sorpresa da residencia de anciáns na que, voluntariamente, pasa os derradeiros anos da súa vida. A mobilización para dar con el provoca un enredo en cadea que, decontado, chegará ata extremos inusitados. Ao tempo que se produce esa delirante busca, os protagonistas, un vello e un parado, figuras paradigmáticas deste inicio de século, van es...
    En stock

    23,50 €

  • O CABO DO MUNDO
    QUIROGA, XABIER
    «Que farías se non che quedase nada de vida?» Esta é a pregunta á que se dispón a responder un profesor diagnosticado de cancro terminal. Comeza así a súa procura do esencial da vida, unha investigación centrada en dúas teimas do pasado relacionadas co seu pai e coa muller que sempre amou. A urxente busca de si mesmo achegarao sen remisión ao cerne dun segredo amoros...
    En stock

    23,50 €

  • EL CABO DEL MUNDO
    QUIROGA, XABIER
    Una gran novela galardonada con el Premio de la Crítica en Galicia que rescata uno de los episodios más siniestros y desconocidos del franquismo.¿Qué harías si no te quedase nada de vida? Esta es la pregunta que se dispone a responder el profesor Carlos Pereiro, protagonista de esta historia, cuando su médico le dice que le faltan pocos meses para morir.Comienza así un...
    En breve

    20,90 €

Otros clientes también compraron

  • NINGUÉN QUEDA
    BRAIS LAMELA
    Entre o verán sufocante de Nova York e as montañas neboentas de Negueira de Muñiz, Ninguén queda segue os pasos dun mozo galego na metrópole nor­teamericana mentres rastrexa a historia dunha muller desaparecida nos asentamentos de colonización da Terra Chá levantados pola ditadura na década de 1960.Os pisos de estudantes no estranxeiro, as comunas que emerxen dos resto...
    En stock

    18,00 €

  • AS MALAS MULLERES (PREMIO BLANCO AMOR 2020)
    MARILAR ALEIXANDRE
    A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal, visitadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para entendermos a nosa historia e as do “mudo coro das malas...
    En stock

    21,00 €

  • A CULPA
    SOLAR, MARÍA
    Cada seis meses, coma un cravo, os empregados dunha pequena sucursal bancaria reciben a visita desagradable da señora Gondar, unha muller de aspecto miserable e cun fedor corporal insoportable que controla ata o mínimo detalle as súas contas millonarias. Amanda, unha novísima empregada da oficina, aténdea unha soa vez. Un mes despois do encontro, a señora Gondar falece e ...
    En stock

    18,50 €

  • NON PENSES NUN ELEFANTE ROSA
    YAÑEZ, ANTÍA
    Aurora é nova, independente, ten traballo, amigas, vive soa na cidade, le novelas eróticas, sae cando quere e déitase con quen lle prace. Todo sería perfecto... se non fose porque na súa existencia case nada vai como debería. A súa vida cambalea, a súa parella abandonouna, foxe das súas amigas para non ter que dar explicacións e prefire manterse afastada da familia. U...
    En stock

    19,50 €

  • DRAMA
    TELGEMEIER, RAINA
    A Callie le encanta el teatro. Y, aunque se muere de ganas de participar en el musical La luna sobre el Misisipi que se va a representar en su instituto, canta fatal. Pero cuando los alumnos del club de teatro le ofrecen un puesto como escenógrafa, no duda en aceptar. Su misión será crear unos decorados dignos de Broadway. ¿Pero será capaz de conseguirlo? No sabe nada...
    En stock

    17,90 €