NOMES PROPIOS

NOMES PROPIOS

PÉREZ RECAREY,CELESTINO

12,00 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
TOXOSOUTOS, S.L.
Ano de edición:
2023
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-125915-7-6
Páxinas:
139
Encadernación:
Bolsillo
Colección:
Nume

En NOMES PROPIOS recóllense relatos breves, onde o protagonismo recae nas mulleres, nos homes e lugares onde se desenvolven estas historias.
Nalgúns deles, nárranse momentos relacionados co amor nas súas diversas formas, pero tamén vivencias traumáticas como a enfermidade ou o fracaso profesional. Noutros, prodúcese un achegamento ás nosas lendas e feitos fantásticos que poden ter un fondo histórico.
Así mesmo, descríbense situacións e circunstancias que calquera persoa puido vivir nalgunha ocasión da súa vida. Afloran sensibilidades como a honradez ou a covardía, pero tamén circunstancias vividas na escola, no deporte ou no traballo. Igualmente se expoñen temas relacionados co alcoholismo, coa infidelidade ou mesmo coa morte. Ademais, hai unha aproximación á nosa rica e variada literatura de tradición oral.
Finalmente, salientamos que en todos os relatos deste libro está sempre presente un sentimento inalterable: o amor ás persoas e á nosa terra.

Artículos relacionados

  • O QUE ME QUEDABA POR DICIRCHE
    MANCEBO, ALBERTO
    A vida de Xoán transcorre nunha especie de entresoño que o obriga a manter unha relación dificultosa e estraña co mundo que o rodea. A súa inusitada beleza, na que todos reparan, e as experiencias que percibe cando adormece, convérteno nun mozo tan peculiar coma a súa familia. Ao pouco de coñecer a Paula, decidida, madura e cunha marcada historia, Xoán descobre unha ca...
    En stock

    17,95 €

  • ALGUÉN NOS LEMBRARÁ
    Unha casa de bonecas, un campamento, cartas, amigues, tritóns, resacas, amor, odio, coidados, memoria... Moitas son as historias que durante séculos ficaron exiliadas entre as liñas, que non foron permitidas ou que se ignoraron á mantenta. Hoxe as marxes alzan a voz para enunciar con orgullo a narrativa dunha realidade diversa.O que tes entre as mans é unha antoloxía con ...
    En stock

    14,50 €

  • A PINTURA DEBIDA
    RIVAS PARDO, FABIO
    Un grupo de nenos que queren coñecer como berran os ourizos, un rapaz que mira o seu reflexo no gume dun coitelo antes de matar o seu primeiro porco, unha nena cega que é violada e quere desfacerse dese alcume ou un pintor que se arrepinte dos asasinatos cometidos para inspirar a súa obra. Estas son algunhas das historias que compoñen "A pintura debida", un libro de relatos...
    En stock

    14,50 €

  • ENDEREZO DESCOÑECIDO
    TAYLOR, KRESSMAN
    "Enderezo descoñecido" conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California: Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. Esta obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perver...
    En stock

    13,95 €

  • ÓSOS DE SANTO
    XOSÉ MANUEL DEL CAÑO
    Ósos de santo, no rego encetado con Un tiro para Méndez Ferrín e outras historias, nútrese de relatos, textos e situacións de agora mesmo, acabados de saír do forno, que aparecen ao lado de retallos doutros que foron agromando ao longo das últimas catro décadas. Todos teñen como denominador común, unha vez máis, a fascinación que sentiu e sente X.M. del Caño, polos...
    En stock

    16,00 €

  • A URNA DAS CARTAS
    POSE PORTO, HÉCTOR
    Fran regresa de adulto á vila de onde o desterraron de cativo. Vén a se desfacer da casa patrucial, chea de tristes recordos. Decorado de cartón pedra, reserva do eco, a vila semella estar sumida nun letargo perenne. Don Tino —un carteiro e mestre represaliado polo franquismo— fixera feliz por un tempo aquel neno, mais xa todo fica no pretérito. Todo? O pasado non pasa nu...
    En stock

    18,50 €

Outros libros do autor

  • ANDAINAS
    PÉREZ RECAREY,CELESTINO
    En Andainas recóllense relatos breves clasificados en tres esfereas . A primeira e máis extensa está relacionada co amor nas súas facetas máis diversas, como o amor de xuventude , o amor platónico , o amor romántico , o amor non correspondido , o amor ausente ... A segunda esfera recompila narracións relacionadas con algunhas das actividades docentes que o autor compart...
    En breve

    12,00 €