MEMORIAS DUNHA VACA MARELA

MEMORIAS DUNHA VACA MARELA

EIRÉ LÓPEZ, AFONSO

17,90 €
IVA incluido
En breve
Editorial:
HÉRCULES EDICIONES, S.A.
Año de edición:
2018
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-948619-1-8
Páginas:
240
Encuadernación:
Rústica
17,90 €
IVA incluido
En breve

"Eu son a Cachorra. Unha vaca. Pero non unha vaca calquera. Son unha vaca marela. Unha rubia galega. Unha vaca da casa, agora enxermada e marota...".
Afonso Eiré fai reaparecer a Cachorra, aquela protagonista de Eu tamén fun coas vacas que, agora, nos fala directamente para contarnos a súa vida.
Unha vida que tamén é a transformación dunha explotación gandeira, que vai desde a corte a un moderno estábulo, desde a gandería de subsistencia a explotación industrial.
Desde o traballar xunguidas ao carro e ao arado, ao tractor con aire acondicionado e música estereofónica; desde o pacer no monte, a aparición do pastor eléctrico e a estar todo o día estabuladas; desde a chegada das vacas pintas, á desaparición das vacas marelas.
"Eu son a única vaca marela, a única vaca da casa que queda no lugar de Lucenza".
E A Cachorra cóntao todo con ollos que o viron e sabiduría de telo vivido.
Desde os anos que se facían cartos vendendo o leite á ruína dos gandeiros e o peche continuo das granxas.
Nesta historia inventada, pero tremendamente real, descríbese tamén a transformación e o declive das aldeas. Coa mestría de narrador singular que é Afonso Eiré, de quen coñece do que fala e sabe contalo para enchernos de lembranzas. Tamén nos alporiza e nos enche de carraxe... Ou nos fai soltar unha gargallada. A vida mesma, os amos retratados por unha vaca!.
A Cachorra fálanos dun tempo que foi e dun tempo que pasa.
Memorias dunha vaca marela: o libro que as lectoras e lectores estaban agardando e que nunca esquecerán, pois ollaranse nel, dun xeito ou doutro, retratados.
Deixouno escrito Castelao: "O día que saibamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida".

Artículos relacionados

  • CACHARELAS E MARUSÍAS DE PEDRA
    VILLAR FERREIRO, MAJO
    En stock

    19,00 €

  • PUNTO DE ARAÑA
    PALLARES, NEREA
    Chamada por ese espírito do mar bravo e do vento que peta na porta de todas as casas, Ari chega a Camariñas, unha vila labiríntica que lle resulta estrañamente familiar, para encargarse do museo de encaixe e exercer como guía turística, sen saber aínda que as mulleres da localidade tomaron unha decisión que está a piques de mudalo todo. Fartas do egoísmo dos homes anf...
    En stock

    16,90 €

  • AS OBRAS POSTUMAS
    GIRALDEZ, DIEGO
    Logo de saber que padece unha demencia agresiva, a escritora Pilar Fonte recibe a encarga de escribir unha obra póstuma. Pilar, xa con moitas dificultades, vaille ditando a unha amiga que a acompaña algunhas pasaxes da súa vida e, sobre todo, a súa particular relación co centro psiquiátrico San Simeón, que contemplou dende pequena asomada á venta do seu cuarto. Mais o v...
    En stock

    16,95 €

  • ASKJA
    FRAGA, MANUEL A.
    Ana viaxa polo leste de Islandia con Xurxo, a súa parella, cando a erupción do volcán Askja pon en pausa a súa vida. Confinada nunha casa de hóspedes mentres agarda a evacuación, o tempo parece dilatarse e a atmosfera faise cada vez máis irreal. Ana aproveita a paréntese para rememorar varios episodios cos homes da súa vida e decidir se realmente está namorada de Xurx...
    En stock

    17,50 €

  • INDIANA
    SAND, GEORGE / DUPIN, AMANTINE AURORE
    Indiana (París, 1832) é a primeira novela que Amantine Aurore Dupin escribe baixo o pseudónimo de George Sand, onde denuncia as condicións de vida das mulleres casadas en Francia ao longo da primeira metade do século XIX. A autora crea, con audacia, a personaxe de Indiana, unha fermosa rapaza crioula, arredada dos estereotipos, e, a través da súa historia, aborda temas t...
    En stock

    23,40 €

  • O NADADOR NO MAR SECRETO
    KOTZWINKLE, WILLIAM
    Johnny e Diane Laski esperan o seu primeiro fillo nunha recuada localidade do Canadá. Porén, todo se complica ao chegaren á sala de partos.Este breve libro conta a historia dun difícil nacemento dende o punto de vista do pai, quen narra con naturalidade os sentimentos que esperta a chegada dunha nova vida e a delgada liña que separa a vida da morte. ...
    En stock

    12,00 €

Otros libros del autor

  • O PILOTO. O ÚLTIMO GUERRILLEIRO
    EIRÉ LÓPEZ, AFONSO
    O Piloto, o último guerrilleiro (morto en combate coa Garda Civil en Chantada no ano 1965) Xosé Luís Castro Veiga (O Corgo 1915-Chantada 1965), coñecido popularmente como Piloto, non se converteu en mito por ser o último guerrilleiro morto en combate en todo o estado. As súas fazañas, a súa lenda e a necesidade dos resistentes antifranquistas xa o elevaran a esa categor...
    En stock

    14,96 €

  • A MORTE DO MEU PAI
    EIRÉ LÓPEZ, AFONSO
    A morte do meu pai. Unha historia, un mar de sentimentos, un relato persoal que se fai, ao mesmo tempo, universal ao vernos reflectidos nos episodios, nas reflexións, nas arelas e nas angustias, medo e dor, pero tamén esperanza, calma e resignación... E retranca. E anacos de historia persoal que transcenden e se converten en leccións de vida que nos explican o pasado (a pro...
    En stock

    17,90 €

  • AUSENTES
    EIRÉ LÓPEZ, AFONSO
    Ausentes é o libro global da nosa emigración. Non só son as historias dos que marchan aos distintos países de América, de Europa ou do estado español, senón tamén dos que quedan. Todos sofren de Ausencia. O retrato dos esquecidos, dos que triunfaron, dos que quedaron na diáspora e dos que regresaron, ricos ou pobres. Personaxes, persoas, que as lectoras e os lectores s...
    En breve

    24,00 €

  • A MAXIA DA AUGA
    EIRÉ LÓPEZ, AFONSO
    Case todas as lendas ancestrais galegas teñen algo en común; están, dun xeito ou doutro, relacionadas coa auga. Galiza é terra de augas. E hai fontes como as do Faro que poden ser beneficiosas, pero tamén hai fontes malas. Se non que llo digan a un peregrino que ía cara a Compostela e, na vez de seguir subindo, volveu para Penasillás. Cal é a causa de que en Galiza ago...
    En breve

    15,00 €

  • O PILOTO. EL ÚLTIMO GUERRILLERO
    EIRÉ LÓPEZ, AFONSO
    Xosé Luis Castro Veiga (O Corgo 1915-Chantada 1965), conocido popularmente como Piloto, no se convirtió en mito por ser el último guerrillero muerto en combate en todo el estado. Sus hazañas, su leyenda y la necesidad de los resistentes antifranquistas ya lo habían elevado la esa categoría en vida. Este libro no es solo una exhaustiva biografía que recoge toda su andadu...
    En breve

    14,96 €

  • INFILTRADOS 2ªED
    EIRÉ LÓPEZ, AFONSO
    En breve

    16,50 €